C. D. BAIO - S. D. DUBRA B 5 - 0

S. D. LAXE - C. D. BAIO 0 - 5
O sábado 6 de agosto desprazouse o CLUB DEPORTIVO BAIO a Laxe para disputar un partido amigable no campo do Cabo de Area fronte á S. D. LAXE. Pouca historia tivo tamén o encontro aínda que nos minutos iniciais o equipo locatario contou con algunha ocasión, pero logo de que Martín MC (o goleador da tarde) abrise a conta á media hora de xogo, xa todo foi costa abaixo para os baieses.
Polo CD BAIO xogaron: Pollo (Manuel 46'), Matías, Iván (Fredi 75'), José Antonio (Pardo 52'), Fermín, Mario (Pablo 60'), Pirucho (Fachal 46'), Alberto, Rubio, Martín MC, Canay (Martín 46').
Goles: 0-1 Martín MC (31'), 0-2 Martín MC (43'), 0-3 Alberto (61'), 0-4 Martín MC (66'), 0-5 Martín MC (72')
No hay comentarios:
Publicar un comentario