C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

3 ene 2014

PARTIDOS DA 1ª XORNADA DO 2014 (SÁBADO)


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO SEGUNDO)
C. D. BAIO - BERTAMIRÁNS F. C. B
Sábado 4 de xaneiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Jorge Villamuelas Castro.
Asistentes: Diego García García / Diego Lago Barros.

HISTORIAL: PX: 0

Primeiro partido na historia entre o Baio e o filial do Bertamiráns, aínda que non entre estes dous clubs, pois xa coincidiron nesta mesma categoría o primeiro equipo do Bertamiráns e os baieses. Foi na temporada 1994-95, e en terras de Amaía disputouse o partido inaugural da liga, no que venceron os locais de xeito apertado (4-3). Na volta disputada en Baio a vitoria foi clara para os rapaces de Moncho Varela, que se colocaban con ela en postos de ascenso e estaban no medio dunha racha de 26 partidos sen perder que os levaría ao título de liga. O Baio formara con: Norberto, Gerardo, Nando, Bareta, Canillas, Javier Beiro, Pastoriza, Rolando, Manolito (Touriñán 55'), Silvariño (Víctor 60' (Pena 80')), Chema (Santi 63'). Os goles foran obra de Manolito, Nando, Javier B. e Víctor.
O do sábado será o partido 401 do CD Baio na 1ª Autonómica; nos anteriores 400 o Baio gañou 173, empatou 111 e perdeu 116; con 691 goles a favor e 551 en contra. Agora, tras un decembro negro no que se empataron dous partidos e se perderon os outros dous, chega un novo ano que esperemos que acabe coa mala sorte que están tendo os nosos rapaces, tanto en forma de resultados como de lesións. 

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
CABANA S. D. - C. D. BAIO
Sábado 4 de xaneiro; 16:00 horas.
Saída ás 14:45 horas.
Campo: As Redondas (Neaño).
Árbitro: Sergio Bermúdez Seoane.

No hay comentarios:

Publicar un comentario