C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

3 mar 2017

PREVIA DO BUÑO SD-CD BAIO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1804
699
419
686
2962
2995
TOTAL LIGAS
1580
607
363
610
2525
2628
LIGA DA COSTA
818
325
158
335
1493
1555

 Na xornada 25ª o CD Baio viaxa ao campo de Xaviña para enfrontarse ao Buño SD, un dos equipos históricos da Costa, que leva competindo 45 temporadas, aínda que non de xeito ininterrompido. Este dato colócao no 8º posto dos clubs costeiros (empatado co Corcubión), pero se nos atemos ao número de partidos xogados, baixa ao 13º posto. Desas 45 temporadas, 11 foron na 3ª Rexional/Autonómica e as outras 34 na Liga da Costa. Nesta competición ocupa, logo, o 4º posto, tanto en temporadas disputadas como en partidos xogados. Nas súas vitrinas hai 2 Ligas da Costa (68-69 e 78-79) e outra da 3ª Autonómica (09-10); e dúas Copas da Costa (67-68 e 69-70), perdendo tamén dúas finais nas temporadas 64-65 e 77-78. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

BUÑO S.D.
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1155
473
236
446
2113
1984
LIGA DA COSTA
887
333
181
373
1530
1641

Esta temporada é a 22ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Buño, todas elas na Liga da Costa. O seu primeiro enfrontamento foi o 30 de maio de 1965, no Balsiño, e acabou co vitoria baiesa (2-0), mentres que o primeiro partido en campo oleiro foi o 1 de agosto de 1965, e o Buño goleou ao Baio (6-1). Nas seis primeiras visitas a Xaviña o Baio acabou derrotado, e mesmo goleado, como o 13-1 da temporada 68-69. Foi na 70-71 a primeira vez que o Baio gañou aló (1-2). Despois de cinco temporadas sen encontrarse pola desaparición do Buño, volveron as vitorias oleiras en Xaviña nas catro seguintes confrontacións. Foi nos comezos da década dos oitenta cando o Baio sacou tallada, con vitoria na 80-81 (1-2), empate na 81-82 (0-0) e goleada na 82-83 (0-4). Tras dez anos sen volver verse, foi na 92-93 con vitoria baiesa (0-1) e na 93-94 con empate (1-1) as dúas únicas confrontacións desta década. Porque ata a 06-07 non volverían coincidir, con empate no marcador (1-1), resultado que se repetiu na seguinte (desta vez, 3-3) e na 10-11 (1-1). As dúas últimas veces que cadraron o Baio trouxo os tres puntos de Xaviña, na 11-12 (1-2) e na 12-13 (0-1). Aínda que as estatísticas amosan unha superioridade oleira nos partidos disputados no seu campo, a última vez que lle gañaron en Xaviña ao Baio foi na 78-79, concretamente o 29 de abril de 1979, cando os buñeses xa eran campións de liga.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
43
18
07
18
74
96
Xogados en Buño
21
06
05
10
23
56

O partido do domingo
Once do Buño que saíu contra o Ponteceso [FB Ponteceso]
O Camariñas figura na actualidade na 14ª posición, con 23 puntos, colleitados grazas a 7 vitorias e dous empates, mentres que perdeu 15 encontros. Xogou 11 partidos como local e 13 como visitante, sumando 10 puntos na casa e 13 fóra. Leva marcados 34 goles e encaixou 57, o que supón que é o terceiro equipo menos goleador e o quinto máis goleado. O seu máximo goleador é Martín, con 8 goles, seguido de Alexander e Jorge Calvete, con 5.
Coa presenza no banco de Mauro, ex-xogador de Celta e Compostela, ata 21 xogadores participaron nas aliñacións do Buño, aínda que algúns de xeito testimonial. A base do equipo está na presenza case segura de Toni na portería, Pablo Canedo, Eloy e Miguel Dourado na defensa, Os irmáns Dani e Jorge Calvete no medio, e Martín na dianteira. Para completar o once, aparecen homes como Emilio, Jordan, Adrián Rama, Fran, Mario, Juan Antelo e Alexander. Menos minutos tiveron Aitor, Richard, Dimitri ou Gesto. O equipo oleiro vén de cinco derrotas consecutivas que quererá atallar para saír desa posición perigosa que ocupa. A solución o domingo coa resaca da Micaela do sábado.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
BUÑO S.D. - C.D. BAIO
Domingo 5 de marzo; 17:30 h.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: Xaviña (Buño).
Árbitro: Juan Diego Sornichero Caicedo.


XUVENIL: C.D. BAIO – CAMARIÑAS F.C.

No mediodía do sábado, en estraño horario motivado pola festa da Micaela buñesa, enfróntase na cuarta xornada da liga previa da Copa da Costa Xuvenil. Tras tres vitorias na primeira volta, os rapaces de Fredi queren seguir co pleno de triunfos e reciben ao Camariñas no Platas Reinoso, un conxunto camariñán que non coñece a vitoria aínda nesta liguiña, con só tres goles a favor e 16 en contra. Pola súa parte, o Baio mantén unha boa xeira, marcando menos goles dos que debería polas ocasións que ten, pero apenas encaixa (só tres en contra), polo que saca con soltura os partidos adiante.

COPA DA COSTA XUVENIL (GRUPO 2º)
C.D. BAIO – CAMARIÑAS F.C.
Sábado 4 de marzo; 13:30 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan Diego Sornichero Caicedo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario