A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1817
|
710
|
419
|
688
|
2997
|
3002
|
TOTAL
LIGAS
|
|||||
1590
|
616
|
363
|
611
|
2556
|
2633
|
1ª
AUTONÓMICA
|
|||||
418
|
170
|
110
|
138
|
638
|
613
|
Volve
o CD Baio á 1ª Autonómica, agora rebautizada como 1ª Galicia,
categoría que disputará por 13ª ocasión dentro das 55 que leva o
club baiés competindo. Os 418 partidos que leva disputados
convérteno no segundo equipo da Costa nesta categoría, por detrás
do Camariñas (449), club ao que superará esta temporada.
Preséntase moi competida esta 1ª Galicia, con equipos que fixeron grandes investimentos, como é o caso do Flavia, Lalín, Sigüeiro ou Soneira, que parten no paquete de favoritos xunto con outros que manteñen a liña de temporadas anteriores, como é o caso do Agolada, Piloño ou Puebla. Nas novidades están os ascendidos, que como Bastavales ou Chaián tamén se reforzaron para a nova categoría. E como dato a subliñar a presenza de xogadores históricos nesta liga, como é o caso de Juanito, que próximo aso 50 anos segue unha temporada máis no Sigüeiro; ou Padín, que cambiou de aires este ano e fichou polo Flavia desde o Cordeiro; e chega a esta liga un ilustre como Changui, que recalou no Puebla, procedente do Ribadumia.
O
debut desta campaña 17-18 para o CD Baio será cun vello coñecido,
o Chaián CF, co que coincidira nos comezos do século XX nesta mesma
categoría. Será un duelo de campións da temporada pasada na 2ª
Galicia, o Baio na Liga da Costa e o Chaián na Liga do Sar (Grupo 5º
da 2ª Galicia). O equipo do concello de Trazo foi campión con
suficiencia sobre o Belvís e o Conxo, conseguindo o título con
xornadas de antelación. Nos 35 partidos disputados gañou 25,
empatou 7 e perdeu 3, conseguindo 77 goles e encaixando 26, cifras
estas dúas que o colocan como o máximo goleador do seu grupo e o
menos goleado. E dentro do conxunto destacou o seu goleador Jacobo
López, que conseguiu 34 goles.
Enfrontamentos
Totais Liga
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
8
|
2
|
4
|
2
|
11
|
12
|
Xogados
en Baio
|
|||||
4
|
2
|
1
|
1
|
06
|
06
|
Esta
é a quinta temporada que coinciden os dous conxuntos, todas elas na
1ª Rexional. As catro anteriores foron consecutivas entre a campaña
01-02 e a 04-05. O primeiro enfrontamento foi o 11 de novembro de
2001, no Platas Reinoso, con vitoria baiesa por 3-2. Participaron
naquel partido tres xogadores que seguen aínda hoxe no plantel
baiés, como son Ramón, Martín e Mario. Na temporada seguinte o
Chaián gañaría en Baio, para empatar na 03-04 e gañar de novo o
Baio na última visita tracense ao Platas Reinoso, na 04-05 (2-1). As
estatísticas amosan unha igualdade entre os dous equipos, que son
lixeiramente favorables aos baieses nos partidos xogados como local.
O
partido do domingo
Coincidindo
coas festas baiesas dispútase este encontro, que supoñerá unha
pedra de toque para o equipo de Pedro Gómez, pois o Chaián
demostrou a temporada pasada unha gran fortaleza e esta reforzouse
con xogadores expertos na categoría. Segue mantendo a base da
campaña anterior, na que foron xente imprescindible xogadores como
Raúl, Pájaro, o porteiro Peri, Jacobo López, Carracedo, Jacobo
Estévez, Antón ou Roberto Prendes. As novidades desta temporada
veñen da man do porteiro Miguel, que destacou estes anos no
Mazaricos; o defensa Jacobo Paz, que deixou o Sigüeiro logo de 3
temporadas; para a medular chegaron Pablo, que alternou o ano pasado
o Sigüeiro da 1ª Galicia co filial, Cea, que chega do Bertamiráns
B, e Martín González, que deixou o Villestro despois de 5
temporadas. Para a dianteira firmaron a Iván, procendente do
Esclavitud (5 goles), e Álex Caeiro, que chega do desaparecido
Conxo, no que o ano pasado só marcou 11 goles, pero fora o pichichi
do grupo na temporada anterior.
PRIMEIRA
GALICIA – GRUPO 2
C.D.
BAIO – CHAIÁN F.C.
Domingo
3 de setembro; 18:30 horas.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
David Vázquez Lema
Asistentes:
Pablo Rama Cotelo / Santiago Boedo Varela
XUVENIL:
C.D. BAIO – OUTES F.C.
Principia
esta semana tamén a Liga da Costa xuvenil, que despois de moitísimas
temporadas volve a ter un grupo único. 17 equipos participan nesta
liga que conta un ano máis co CD Baio. Baixo a dirección técnica
dos xogadores do primeiro equipo Bieito e Martín MC ata o momento
son 18 os xogadores cos que conta no plantel e que prometen facer
unha boa competición.
Debutan
este venres día 1, coincidindo coas festas recibindo ao Outes FC,
que a temporada pasada lograra clasificarse para a segunda fase da
liga ao rematar no 3º posto do Grupo Sur. Aínda que na Copa da
Costa quedara eliminado nos oitavos de final ao perder precisamente
co CD Baio (2-1 no Platas Reinoso).
XUVENIL
(1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
C.D.
BAIO – OUTES F.C.
Venres
1 de setembro; 18:30 horas.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Luis M. Insua Lago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario