C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

11 mar 2013

GOLEADORES E CLASIFICACIÓNS

Xa están aquí as táboas de goleadores da Liga da Costa e das distintas categorías do CD BAIO. Na primeira delas Martín MC anotou un gol e son catro os que mantén de distancia co esteirán Kike, mentres que Juan Chans tamén conseguiu marcar. Boa racha leva o sofanista Abel, que alcanzou a Roberto Pladur. En canto aos goleadores do Baio, temos dous hat-trick esta semana: Christian en xuvenís e Anxo en infantís. O primeiro xa está pillando a Santi Díaz, mentres que Anxo xa se achega aos 40 goles.
 
En canto ás clasificacións das categorías de base do CD BAIO sinalar unha derrota máis do equipo xuvenil, a cuarta consecutiva; a vitoria dos cadetes que lles permite abandonar o último posto; a cómoda vitoria dos infantís no seu desprazamento a Ponteceso; mentres que os alevíns e benxamíns loitaban sen éxito ante o potente Vimianzo. A próxima semana xa empezan os pre-benxamíns en Fútbol-8!!!
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario