C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

4 sept 2011

COMA SEMPRE... DERROTA NAS FESTAS

BAIO 1 - CAMARIÑAS 3

Partido igualado e de poucas ocasións o que se disputou este domingo no Platas Reinoso. O encontro comezou cun forte ritmo, que se viu freado cando o Camariñas logrou o primeiro gol nun erro defensivo baiés. Non houbo moitas máis ocasións na primeira parte, salvo algún que outro lanzamento lonxano.
Na segunda o Baio apretou na busca da igualada, pero nunha xogada afortunada Leo conseguía o segundo dos camariñáns, tras rebotar nun defensa e descolocar ao porteiro Pollo. Logo duns minutos de desconcerto, o Baio intentou ir polo partido, e conseguiu meterse nel logo dun penalty sinalado polo colexiado tras mans de Carlos, que convertía Alberto. Tivo varias ocasións para obter o empate, pero non estaban atinados o xogadores locais. Co partido case rematado, Leo conseguía o gol da tarde cun lanzamento de falta pola escuadra desde corenta metros.

Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Matías, Iván, José Antonio, Fermín (Valentín 87'), Mario, Eloy, Martín, Alberto, Martín MC, Canay.

Polo CAMARIÑAS: Pombo, Pesqui, Breo, Carlos, Maikel, Moriño, De la Sierra, David (Alberto 81'), Javier (Dani 70'), Juan O Vello (Yuyu 89'), Leo.

Goles: 0-1 De la Sierra (7'), 0-2 Leo (49), 1-2 Alberto (p., 65'), 1-3 Leo (88').

* * *

Outros resultados da xornada: O Pindo 0 - Sofán 2; Corcubión 1 - Corme 1; Mazaricos 0 - Fisterra 1; San Lorenzo 0 - Esteirana 3; Muros 1 - Dumbría B 2; Buño 1 - Sp.Zas 3; Nantín 1 - Malpica 6; Castriz - Club do Mar 4. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario