C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 sept 2011

GRAN PARTIDO E POUCO PROVEITO

Gran partido o disputado polo CD BAIO na tarde do sábado na Porta Santa de Paiosaco contra o Club do Mar, que non se tradiciu nun resultado positivo. Dominou o encontro boa parte do partido, tendo o control do balón sen deixar que os perigosos atacantes caioneses se aproximasen á portería de Pollo. No único despiste defensivo da primeira parte, un balón que lle chegou a Santi Silvar, o mellor dos locais, puxo un centro magnífico que rematou Bertín adiantándose á defensa visitante. A pesar da inxustiza do resultado non se veu abaixo o equipo baiés, e non tardou en chegar o empate por medio de Fermín, que rematou diante do porteiro local logo dunha serie de rexeites despois dunha falta lateral.
Fermín, dous goles e unha lesión
Antes de chegar o descanso unha gran xogada de Fermín, que arrancou desde o seu lateral esquerdo, e despois de facer a parede con Javi Suárez, batía por baixo ao porteiro local e poñía aos visitantes por diante. Non reaccionou o equipo caionés na segunda parte, incapaz de facerlle dano ao equipo baiés, que incluso puido ampliar a súa vantaxe se o árbitro sinalase un claro penalti cometido sobre Javi Suárez, e Matías non enviase fóra unha clara ocasión chegando polo lateral. A falta dun cuarto de hora o Club do Mar conseguía o empate nunha xogada a balón parado, rematando en segunda instancia un córner, xogada esta moi protestada polos visitantes pois parece que Pollo foi empuxado por un rival cando tiña o balón nas mans. A partir de aquí os locais colleron novos ánimos e os visitantes moi mermados polas lesións de Mario e Fermín, non aguantaron o vendaval caionés con goles de Repi e, xa na última xogada do partido, de Bertín, esta tamén protestada por un máis que posible fóra de xogo.
En definitiva, marchou o CD BAIO de baleiro da Porta Santa dun partido no que o colexiado tivo unha directa intervención no resultado. Non está facendo o fútbol xustiza co equipo baiés neste Tourmalet das seis primeiras xornadas, nas que se enfronta a todos os favoritos para estar arriba na liga.

Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Matías, Iván, José Antonio, Fermín (Pablo 76'), Eloy, Mario (Rubio 55'), Martín, Alberto (Canay 80'), Martín MC, Javi Suárez. 

Goles: 1-0 Bertín (20'), 1-1 Fermín (34'), 1-2 Fermín (44'), 2-2 Alberto (75'), 3-2 Repi (86'), 4-2 Bertín (92').

No hay comentarios:

Publicar un comentario