C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

11 sept 2011

OS TRES PRIMEIROS PUNTOS

S. D. SOFÁN 1 - C. D. BAIO 2

Matías logrou o primeiro
Partido competido no Carral entre dous equipos aos que lle gusta o fútbol combinativo. Comezou mellor o Baio o encontro, con ocasións de Canay e Eloy, mais un erro defensivo custoulle o gol na primeira chegada do Sofán cun tiro de fóra da área do lateral Diego que non puido atrapar Pollo. A partir de aquí o equipo local veuse arriba, todo o contrario que o Baio, que se mostrou bastante nervioso na parcela defensiva. Nestes minutos puido incrementar o Sofán o marcador con dúas claras ocasións que milagrosamente se foron fóra dos tres paus. Cando peor o estaba pasando o Baio chegou o gol do empate nun lanzamento durísimo de falta botada por Matías que ímpactaba no poste, logo no porteiro Richard e remataba no fondo da rede.


Na segunda parte parece que o Baio lle volvía a coller o rítmo do partido, e aos poucos minutos chegou a xogada que resultou clave no desenvolvemento do encontro. David Pensado facíalle unha falta por detrás a Eloy co que viu a súa segunda tarxeta amarela e consecuente expulsión. A partir de aquí o Baio foi amo e señor do encontro, perdoando varias ocasións de gol, por parte de Javi Suárez, Alberto ou Martín, ata que a cinco minutos para o final unha internada na área de MC foi cortada en falta por Diego, sinalando o colexiado o penalti, perdoándolle a expulsión ao lateral sofanista (nin sequera lle ensinou o cartón amarelo, que era o segundo). Transformou o penalti Alberto e aí rematou o partido, pois os desesperados intentos finais do equipo local, morrían na ben colocada defensa baiesa.
Non errou Alberto o penalti

En definitiva, os tres primeiros puntos desta liga, que polos marcadores rexistrados, parece que vai ser moi igualada, pois calquera lle pode gañar a calquera. Destacar o debut de Javi Suárez, que a pesar de non marcar, fixo un gran partido loitando contra a experimentada zaga sofanista.

Pola SD SOFÁN xogaron: Richard, Adrián García, Juan Rabuñal, Juanjo, Diego (Jacobo Boedo 89'), Alberto Pensado (Berti 54'), Alemán, Suso Docampo, Iván Rey, David Pensado, Abel (Edu Miranda 86').

Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Matías, Mario, Iván, José Antonio (Andrés 37'), Eloy, Martín, MC, Alberto (Rubio 87'), Canay, Javi Suárez.

Goles: 1-0 Diego (25'), 1-1 Matías (42'), 1-2 Alberto (p., 85').

* * *
Outros resultados:
Club do Mar 3 - Corcubión 0; Fisterra 0 - Nantón 1; Camariñas 1 - Buño 2; Malpica 1 - Castriz 3; Dumbría B 5 - San Lorenzo 3; Sp. Zas 1 - Muros 3; Esteirana 2 - Mazaricos 1; Corme - O Pindo (susp.).

No hay comentarios:

Publicar un comentario