C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

9 sept 2011

JAVI SUÁREZ FICHA POLO CD BAIO


Javier Suárez Amado, "Javi Suárez", formalizou por fin a súa ficha polo CD BAIO para a presente temporada. O xogador, natural de Vilar-Zas, ten 22 anos e procede do Sporting Zas, no que xogou a pasada campaña. Javi Suárez fixo toda a pretemporada co club baiés pero problemas contratuais fixeron que non conseguise asinar ata agora co CD BAIO. A este respecto a directiva do CD BAIO quere facer pública a seguinte nota:

NOTA DA XUNTA DIRECTIVA DO C. D. BAIO

A xunta directiva do C. D. Baio anuncia que no día de onte se fixo oficial a fichaxe de Javier Suárez Amado, "Javi Suárez", por este equipo, procedente do Sporting Zas. Este xogador, como así foi o seu desexo, fixo toda a pretemporada co noso equipo, a pesar de que non conseguía a liberdade do seu club de procedencia, inmerso nunhas eleccións para obter nova directiva. Foi por este motivo polo que se demorou a súa fichaxe. Unha vez aclarada a situación entre esta directiva e a nova directiva do Sp. Zas chegouse agora a bo fin. A xunta directiva do CD BAIO quere, por se nalgún momento se produciu algún malentendido, pedir desculpas á xunta directiva e aos socios do Sporting Zas. Ademais, quere agradecerlle ao xogador, Javi Suárez, o seu respecto á palabra dada con este club, a pesar destes problemas xurdidos e da interferencia doutros clubs.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario