C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

2 oct 2011

VITORIA ANTE O POTENTE MALPICA

C. D. BAIO 4 - S. C. D. MALPICA 2

Chegaba este domingo a Baio o Malpica, un dos grandes favoritos a gañar esta Liga da Costa a tenor da calidade das fichaxes realizadas, pero atopouse cun gran Javi Suárez que resolveu con tres goles. Empezou ben o partido o conxunto baiés e xa aos dous minutos conseguía adiantarse por mediación de Javi Suárez recollendo un pase de MC. Tivo Canay o 2-0 pero o seu remate foise fóra cando se atopaba só diante da portería. Antes do empate malpicán puido marcar de novo Javi Suárez, pero sería Neucha nun lanzamento de falta o que acadaría o empate a 1-1, resultado co que se chegou ao descanso.
Javi levou un balón firmado
polos seus compañeiros
Reanudouse o partido coa entrada dun renqueante Martín polo lesionado Canay, e nestes minutos o Malpica estirouse un pouco na busca da vitoria, e conseguiu poñerse por diante no marcador grazas a un lanzamento de Neucha dende máis de 30 metros que botou diante de Pollo, que nada puido facer. Intentou reaccionar o Baio, e fíxoo movendo o balón e buscando os desmarques dos seus dianteiros, pero o protagonismo nestes minutos centrais da segunda parte foi para o colexiado, que se fartou a sacar cartóns a discreción: 12 cartóns amarelos e tres vermellos, nun partido limpo que apenas tivo faltas. Viron o camiño do vestiario antes de tempo o baiés Matías (m. 69) e o malpicán Cheo (m. 80), ademais do delegado local. Unha mala actuación dun árbitro de Preferente que desesperou aos dous equipos coa súa falta de rigor, aínda que non influiu no marcador. 
Cando parecía que o protagonismo arbitral despistara aos baieses, apareceu de novo a figura de Javi Suárez para empatar o partido aproveitando unha bonita internada pola banda dereita que rematou cun lanzamento á escuadra coa zurda. Tivo dúas claras ocasións o Malpica para poñerse por diante, pero foi o capitán Martín quen minutos despois empuxaba á rede un rexeite do porteiro malpicán Suso tras un tiro do propio Martín. E xa nas postrimerías do partido Javi Suárez sentenciaba o choque ao aproveitar unha contra do equipo local.  

Xogaron polo CD BAIO: Pollo, Matías, Iván, Fredi, José Antonio (Pardo 85'), Eloy, Pirucho (Rubio 60'), Alberto, MC (Fermín 89'), Canay (Martín 46'), Javi Suárez. 

Pola SCD MALPICA: Suso, Víctor, Marcos Amado, Dani, Iago, Rancaño, Neucha, Cheo, Pablo, Andrés (Manu Pardo 75'), Alfrediño (Daniel 69').

Goles: 1-0 Javi Suárez (8'), 1-1 Neucha (40'), 1-2 Neucha (55'), 2-2 Javi Suárez (65'), 3-2 Martín (75'), 4-2 Javi Suárez (88').

No hay comentarios:

Publicar un comentario