C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

3 oct 2011

XUVENIL, CADETE, INFANTIL

XUVENIL: S. C. D. MALPICA 2 - C. D. BAIO 1

Mala primeira parte do equipo baiés que se viu superado polo líder e invicto Malpica con dos goles, a pesar de que fose o Baio o que dominase máis o balón. Na segunda parte, cos cambios parece que espertaron os visitantes, e conseguiron reducir distancias por medio de Rubio, pero non foi suficiente para sacar algo de proveito de Pedra Queimada.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Maikel (Lucas 46'), Iago (Manuel 50'), Pablo (David 46'), Cachopo, Fachal, Rubio, Rafa, Bieito, Valentín, Martín.


CADETE: C. D. BAIO 8 - S. D.CORISTANCO 0

Xoel xa leva 4 goles!!!

Nova goleada no Platas Reinoso dos cadetes, desta vez ante o Coristanco. De novo a dupla atacante Santi-Christian funcionou á perfección, creando numerosas ocasións de gol e conseguindo cadanseu hat-trick. O partido xa quedou resolto nos primeiros corenta minutos, pois no descanso xa levaba o Baio media ducia de goles, tres cada un dos dianteiros. Na segunda metade saíron máis relaxados, aínda así o conxunto local creou moitas ocasións de gol, pero só frutificaron as de Xoel e Hío.

Polo CD BAIO xogaron: Alberto (Álex 63'), José Antonio (Xenxo 26'), Miguel, Pablo, Xoel, Anxo, Santi, Estefan, Pedro (Hío 55'), Christian, Alfonso.


INFANTIL: C. D. BAIO 1 - CONCELLO DE CARNOTA 10

Golazo de Santi
Mal partido o disputado polo equipo infantil, que se viu superado polo do Concello de Carnota en todo momento, a través dun fútbol combinativo e de presión. Os rapaces de Cambeiro xa se foron aos vestiarios con media ducia de goles, resultado que ampliaron na segunda parte, só maquillada por parte local co bonito gol de Santi cunha volea dende trinta metros.

Polo CD BAIO xogaron: Julián (Cedrón 70'), Alejandra (Ariel 70'), Queiro, Fran, Andrea, José Antonio, Santi (Aarón 66'), Javi Muíño, Eloy (Manuel Mª 60'), Sergio, Éver (Sabela 41').
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario