C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

9 nov 2011

CRÓNICA DOS PARTIDOS DO FÚTBOL BASE



A continuación ofrecémosvos as crónicas dos partidos do fútbol base do C.D. BAIO disputados o pasado martes 1 e esta primeira fin de semana de novembro:

Valentín, goleador no derby
XUVENIL: SP. ZAS 0 - CD BAIO 1

Partido entretido e disputado este derby do concello que se resolveu cun gol de Valentín na primeira parte. Mentres o equipo local propuxo un xogo de forza e chegada rápida, o Baio apostou polo seu tradicional xogo combinativo e de posesión, o que lle permitiu controlar o balón e impediu que o Zas crease moito perigo. Con este resultado remata a primeira volta na terceira praza, consolidando o seu posto para disputar a segunda fase da liga.
Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Maikel, Yago, David, Fachal, Rafa, Rubio, Lucas, Alberto (Martín 56'), Bieito, Valentín.

CADETE: CD BAIO 7 - SP. ZAS 0

Santi leva xa 14 goles
Non tivo moita historia este derby na categoría cadete, na que quedou clara a diferenza existente na táboa clasificatoria. O partido xa quedou resolto na primeira parte, que rematou co resultado de 3-0, aínda que o equipo local fixo méritos para conseguir algún gol máis. Na segunda o Baio tomouno con máis tranquilidade, sabedor da súa superioridade, pero aínda así conseguir sumar catro tantos máis, destacando a boa actuación de Santi, que quedou reflectida cun hat-trick. Os outros goles foron obra do "pichichi" Christian (en 2 ocasións), Pablo e o infantil Éver.
Polo CD BAIO xogaron: Alberto, Miguel (Fran 61'), Pablo, Alfonso (Xenxo 51'), Anxo, José Antonio (Pedro 53'), Cristian (Álex 69'), Kevin, Javi (Éver 61'), Santi, Christian.

CADETE: CAMARIÑAS CF 1 - CD BAIO 3

Partido disputado na mañá do sábado 5, e que rematou cunha nova vitoria do equipo cadete. A mala noticia foi a lesión de Miguel, que sufriu un auténtico calvario para que unha ambulancia chegase ao campo (a ambulancia da mutua non contestaba). Con todo, o partido quedou encarrilado na primeira parte con dous goles de Christian (leva xa 22 goles), e quedou refrendado por Javi na segunda. O Camariñas conseguiu o gol do honor nos minutos finais.
Estas vitorias serviron para asentar o equipo nos postos altos da táboa, sendo na actualidade quintos, empatado co cuarto e a só cinco puntos do líder, o Dumbría.
Polo CD BAIO xogaron: Alberto (Álex 51'), Miguel (Fran 31'), Pablo, Alfonso (Éver 72'), Anxo, José Antonio (Javi 47'), Cristian, Kevin, Pedro, Santi, Christian.

INFANTIL: CD BAIO 5 - ED OS MIÚDOS 3

José Antonio, bigoleador
Primeira vitoria do equipo infantil, o que supuxo unha gran alegría entre os rapaces, pois o desánimo parecía apoderarse deles nos últimos partidos. Aínda así tiveron que remontar en dúas ocasións, pois foi o equipo muradán o que se poñía por diante, pero dous goles de Eloy e José Antonio dábanlle a volta ao marcador, para chegar así ao descanso. Na reanudación colleu impulso o conxunto visitante, que con dous goles volvíase poñer por diante, pero a ilusión dos baieses fixo que se fosen arriba e conseguisen tres goles máis, por mediación de José Antonio, Fran e Éver.
Con esta vitoria o Baio sobe un posto na clasificación, sendo na actualidade décimocuartos.
Polo CD BAIO xogaron: Julián, Alejandra (Fran Caneda 50'), Andrea, Fran, Queiro, Javi Muíño, José Antonio, Santi (Sabela 58'), Sergio (Cedrón 73'), Éver, Eloy (Anxo 40').
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario