C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

27 nov 2011

VITORIA NO MINI-DERBY FRONTE AO NANTÓN

C. D. BAIO 4 - C. D. NANTÓN 0


Manuel, a figura do partido
Partido igualado o disputado no Platas Reinoso este domingo a pesar do resultado, que só se desequilibrou por uns golpes de sorte que favoreceron ao equipo local e sepultaron aos visitantes. Non tivo un dominador claro a primeira parte e apenas tivo ocasións de gol, con moito balón aéreo e pouco control. O Nantón permaneceu ben pechado atrás, intentando cortar os pases entre liñas dos baieses, que só inquietaban a portería de Bonano polas internadas de Javi Suárez pola banda. Nunha delas a piques estivo de marcar MC pero o seu remate a bocaxarro enviouno a córner o porteiro visitante. Parecía que se ía chegar ao descanso coa igualada no marcador, pero nunha falta lonxana Matías conseguía superar a Bonano, que se víu sorprendido polo bote do balón, e poñer o 1-0 no último minuto. A piques estivo de empatar o Nantón na xogada seguinte, cando Luis rematou un córner e Manuel facía o seu primeiro paradón da tarde.
Unha vez máis espectacular
un gol, dúas asistencias
Saíu con ganas o Nantón do vestiario, intentando levar o equipo arriba na busca da igualada, e tivo a mellor ocasión aos catro minutos da reanudación cando Manolo do Cruceiro controlaba na área e o seu balón era interceptado coa man por Iván, sinalando o árbitro penalti. Un penalti que lanzaba o xogador-adestrador Luis pero era despexado por Manuel, que se convertía no heroe da tarde para os baieses. Esta xogada cambiou o partido, pois poucos minutos despois MC aproveitaba unha boa xogada de paredes con Canay para bater o porteiro visitante por baixo. Non tivo tempo o Nantón a reaccionar pois xa deseguido chegou o terceiro para os locais, nun envío en longo de Matías que aproveitou Canay para marcar de vaselina ante a saída do porteiro. As escasas esperanzas nantonesas quedaron mermadas a falta de vinte minutos cando era expulsado David Lareu por unha rigurosa segunda amonestación. A partir de aí desapareceu o Nantón e o Baio dedicouse a mover o balón, introducíu aos xuvenís que estaban no banco, e intentou aumentar o marcador, cousa que lograron a falta de quince minutos nun bonito pase de Yago a Canay, que se internou pola banda e logo de desfacerse do seu marcador deu o pase da morte a Alberto que poñía o que sería definitivo 4-0 no marcador.
Con este resultado ascende o Baio á sexta praza, con 19 puntos, e cun partido menos, o que ten que disputar en dez días fronte ao Dumbría B, aprazado polo temporal.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Iván, José Antonio, Ramón (Yago 70'), Eloy (Martín 45'), Mario, Alberto, MC (Valentín 84'), Javi Suárez, Canay (Rubio 80').

Goles: 1-0 Matías (44'), 2-0 MC (52'), 3-0 Canay (55'), 4-0 Alberto (73').

No hay comentarios:

Publicar un comentario