C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

20 dic 2011

CLASIFICACIÓNS FÚTBOL BASE


RESUMO DAS CATEGORÍAS BASE DO C. D. BAIO AO REMATAR O ANO

XUVENIL: A falta de que remate esta primeira fase da Liga e se decidan quen van ser os catro que pelexen polo título da Liga da Costa Xuvenil cos catro clasificados do grupo Sur, temos que dicir que a campaña do equipo xuvenil do C. D. BAIO é bastante irregular, pero ao mesmo tempo esperanzadora. Despois duns pinchazos no inicio da competición, parecía que os rapaces demostraban a súa capacidade e encadeaban vitoria tras vitoria. Pero nas últimas xornadas acumularon tres derrotas consecutivas, que fixo que baixasen á cuarta praza e que estea en perigo optar a disputar a 2ª fase da liga. Agora deben pelexar co Camariñas e co Ponteceso para asegurar continuar na competición ligueira e disputar o título de liga cos oito mellores conxuntos costeiros.

CADETE: Rematou para o C. D. BAIO a primeira volta (descansa na última xornada) e faino nunha posición media-alta da táboa clasificatoria. O bo comezo de campaña viuse freado un pouco nas últimas xornadas, o que podía ser previsible debido a ter un plantilla curta que ademais acusou moitas baixas, sobre todo as de longa duración de Xoel e Javi. Con todo, destaca o seu poder goleador, con dous killers como Christian e Santi, apoiados na fortaleza defensiva de Pablo e no mando no medio de Anxo. Tamén hai que destacar a axuda dos infantís que se tiveron que incorporar ao equipo, algúns xa de maneira definitiva, outros de forma puntual. Esperemos que a segunda volta lles sexa propicia e, habendo sorte coas lesións, poder quedar nos primeiros postos da clasificación.

INFANTÍS: A falta de unha xornada para rematar a primeira volta, o C. D. BAIO atópase nos últimos postos da clasificación. A pesar dos decepcionantes resultados obtidos, os rapaces baieses afrontan os partidos coa maior ilusión de ir pola vitoria, e aínda que despois de xogar se mostren algo contrariados, xa pensan no seguinte encontro con ánimo de sacar algo positivo. Evidentemente, botan en falta moitas veces os seus compañeiros que van cos cadetes, pero teñen un plantel amplo de xogadores, e ao final van xogando todos, que nestas categorías é do que se trata. A ver se a segunda volta lles trae máis sorte en forma de resultados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario