C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

8 dic 2011

CÓMODA VITORIA NO CONCO

C. F. DUMBRÍA B 0 - C. D. BAIO 3

Gran partido o disputado polo CD BAIO este xoves no Conco ante o Dumbría B, no encontro aprazado da 8ª xornada que fora suspendido polo temporal. O resultado final de 0-3 non reflexa a ampla superioridade dos visitantes, que puideron vir cunha goleada de escándalo ante un rival que apenas creou perigo na porta de Manuel.

Fredi "Beckenbauer"
deslumbrou cos seus recortes
Xa desde ben pronto se viu que o Baio saía a por todas, e dous disparos de Mario desde a frontal foron o preludio do primeiro gol baiés. Alberto rouba un balón na medular e dálle unha perfecta asistencia a Javi Suárez, que por alto supera a Anxo. O xogo combinativo e rápido dos visitantes desarbolaba aos dumbrieses que só podían correr detrás do balón. Non tardou en aumentar o marcador o Baio, de novo por medio de Javi Suárez, que nunha xogada persoal desfacíase do seu marcador e volvía bater a porta local. Ao mando de Alberto, o centro do campo baiés apropiouse do balón, e o tridente ofensivo movíase constantemente na busca de espacios que facían sufrir aos seus marcadores. As incorporacións de Matías, e as chegadas en segunda xogada de Eloy e Mario, facían que o balón só tivese un dono e as ocasións sucedíanse diante de Anxo. Con todo, houbo que esperar ao último minuto da primeira parte para ver o terceiro gol, cun fermoso pase de Alberto en diagonal que controlou perfectamente MC e batiu a Anxo.
Javi Suárez leva 11 goles
A segunda parte apenas tivo historia, o Dumbria B non daba sinais de recuperación e o Baio dedicouse a controlar o balón e buscar ás puntas, que tiveron numerosas ocasións, sobre todo dúas de MC e outras dúas de Javi Suárez, e incluso os xuvenís Rubio e Valentín puideron marcar, pero perdoaron fronte a Anxo.
Con esta vitoria ascende o Baio á quinta praza da clasificación, con 23 puntos, e confirma unha racha de cinco partidos seguidos sen perder (catro vitorias e un empate), que fai que a xente mire xa máis para arriba que para abaixo. Pero queda moita liga!!!

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías (Fredi 75'), Iván, José Antonio, Ramón, Eloy, Mario (Yago 52'), Alberto (Valentín 82'), MC, Javi Suárez, Canay (Rubio 38').  

Goles: 0-1 Javi Suárez (10'), 0-2 Javi Suárez (19'), 0-3 MC (44').

No hay comentarios:

Publicar un comentario