C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

11 dic 2011

TRABALLADO TRIUNFO E XA ESTAMOS 4º

C. D. BAIO 3 - U. D. CORCUBIÓN 1

Tarde desapacible no Platas Reinoso, o que non foi motivo para que rexistrase unha boa entrada, como sempre coa fiel afección baiesa. Partido trabado e disputado, que se resolviu nos últimos minutos cunha gran remontada baseada na fe dos futbolistas locais, que lles sae todo de cara ultimamente.
O partido empezou cun Baio que quería mover o balón e un Corcubión, adestrado polo histórico Manín, que se pechou ben atrás, buscando saír á contra. Non houbo moitas ocasións, salvo un tiro de Canay que marchou lambendo o poste, antes da primeira contra perigosa dos visitantes que acabou en gol, cando apenas se levaban 10 minutos de encontro.
Este gol puxo nervioso ao Baio, que se mostrou impreciso e moitas veces acelerado, querendo empatar pronto o partido, e perdendo con moita facilidade o balón, ante un Corcubión que se botou aínda máis atrás. Aínda así, tiveron os locais dúas clarísimas ocasións de gol por parte de MC, que se foron fóra co porteiro xa batido.
A segunda parte comezou co cambio de Matías, que se resentíu da súa lesión no pé, e a entrada do "talismán" Ramón. Entraron con ganas no campo os baieses, que dispuxeron dunha clara ocasión nada máis empezar, cunha sucesión de remates que milagrosamente non entraron na porta corcubionesa. Co cambio de sistema de Tono, deixando tres defensas e subindo a Mario ao centro do campo, o dominio do Baio foi abrumador e o Corcubión apenas saía do seu campo. Parecía que o gol local tiña que chegar, pero os dianteiros baieses tiñan a pólvora mollada pois malogran unha e outra chegada área. Foi a falta de dez minutos, cando Canay recibe un baón na frontal da área e tras diblar ao seu rival batía por alto ao porteiro visitante. Unha vez aberta a lata, daba a impresión que non tardaría en chegar o segundo, pero o Corcubión dedicouse a perder tempo, con continuas interrupcións e apenas se xogou nada nos seguintes minutos. Pero o empeño e a fe locais fixo que chegase o gol da vitoria de MC nun remate por baixo aproveitando un balón entre liñas de Martín. Impresionante a racha de MC, que leva marcando nas últimas oito xornadas. Intentou o Corcubión ir arriba á desesperada, pero o único que sucedeu foi que Javi Suárez fixese unha gran xogada, índose de varios defensas rivais e dándolle o pase da morte a MC, que a porta baleira establecía o definitivo 3-1.
Esta vitoria sufrida, pero con todo merecida, pon de manifesto o estado de gracia no que está o equipo, pois seguramente noutro momento este partido non se gañaría, como tantas veces nos pasou esta temporada. O triunfo de hoxe fai que o Baio ascenda á cuarta praza da clasificación despois de seis xornadas invicto (cinco triunfos e un empate), que neste momento case aseguraría unha praza de ascenso. Pero como dixemos o outro día, queda moita liga!!!

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías (Ramón 45'), Mario, Iván, José Antonio, Eloy (Rubio 84'), Martín, Alberto, MC, Javi Suárez, Canay (Fredi 88'). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario