C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 sept 2012

DEBUT CON GOLEADA DOS INFANTÍS

C. D. BAIO 7 - S. D. SOFÁN 0
 
Na mañá chuviosa do domingo debutaron esta temporada os infantís do CD BAIO, e fixérono cunha goleada ante o débil Sofán. A pesar do tempo achegáronse moitos afeccionados ao Platas Reinoso, tanto de Baio como de terras carballesas. É de destacar o comportamento destes, que animaron aos seus durante todo o partido e ao final ovacionáronos para levantarlles o ánimo. Con esta ampla vitoria os baieses encabezan a clasificación desta primeira xornada. 
A verdade é que foron moitas as ocasións de gol que tiveron os rapaces adestrados por Pastoriza, que puideron conseguir unha goleada de escándalo. A súa maior forza física enfrontábase a un Sofán, novo na categoría, e que presentou un plantel con moitos alevíns, e que non están afeitos a xogar en campo grande.
Con todo, o Baio conseguiu trenzar boas xogadas, desde unha defensa segura e ben colocada a un centro do campo que moveu con criterio o balón sobre os rápidos dianteiros. Tamén é de destacar a eficiencia nas xogadas a balón parado, cun Éver que puxo moitos pases de gol.
 
Polo CD BAIO xogaron: Julián, Alejandra (Queiro 60'), Carlos, Víctor (Fran 51'), Andrea (Suárez 60'), Santi, José Antonio (Manuel Mª 68'), Éver, Sergio, Eloy, Anxo.
 
Foron os goleadores: Santi (2), José Antonio, Sergio, Anxo, Carlos e Eloy.
 
Quedades aquí cunhas fotos da autoría de Santi Soneira, entre elas a serie do gol de Carlos e a serie do gol de Anxo, e unha ocasión de Suárez (recorda que podes picar na foto para ampliala):









 
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario