C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 sept 2012

VITORIA DOS XUVENÍS ANTES DE FIN DE ANO

CORME C. F. 0 - C. D. BAIO 1

Adiantouse á tarde do venres este partido de categoría xuvenil por mor da festa de fin de ano que se celebrou esta fin de semana en Corme. Conseguiron os rapaces do CD BAIO unha merecida vitoria ante un rival que puxo as cousas difíciles e que sempre estivo no partido debido á súa boa colacación no campo e no bo movemento do balón, buscando con perigo as bandas e as incorporacións desde segunda liña.
Chegaba mermado o Baio, coa baixa de Cachopo por culpa da selectividade, e cun Christian renqueante dunha lesión lumbar. Por se fosen poucas as desgrazas, no transcurso do partido tamén se lesionaron Anxo e Xoel. A parte positiva estivo no debut de Carlos, que deixou mostras das súas capacidades.
O partido foi moi igualado, sobre todo na primeira parte, na que o Baio dispuxo dalgunha ocasión, pero o centrocampismo foi a tónica dominante neste período. Cos trocos ofensivos introducidos por Emilio no descanso tivo o Baio os seus mellores minutos con moitas ocasións, pero que non se vían reflectidas no marcador. Houbo que agardar ao minuto 72 para ver o único gol do partido, nunha rápida contra levada por Lucas, que cedeu para Christian, que lla cruzou a Santi Díaz, que dun remate seco ao segundo pau puxo o 0-1 que sería definitivo. Botouse arriba o equipo cormelán nos últimos minutos na busca do empate e conseguiu encerrar aos baieses na súa área, pero tiveron a tranquilidade necesaria para conxurar o perigo creado polos locais e facer bo o gol obtido.
Con esta vitoria continúa o pleno dos baieses, que os mantén na cabeza da clasificación cun partido menos, á espera do gran enfrontamento do próximo sábado contra o Ponteceso, no que agardemos poidan estar todas as pezas da artillería baiesa (incluído o seu adestrador Emilio, mancado na tarde do luns).
 
Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Marcos (Carlos 45'), Xoel (Iván 70'), Pablo, Alberto, Fachal, David, Lucas, Anxo (Kevin 16'), Hío (Christian 45'), Santi Díaz (Pedro 85').
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario