C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

24 mar 2012

UN ANO MÁIS, NA PREVIA DA COPA

En primeiro lugar, pedir desculpas por estar unha semana fóra de servizo. Xa estamos aquí de novo, agradecendo aos que nos botastes en falta.
E pasamos a falar do sorteo da Copa da Costa que se celebrou logo de tensos e surrealistas debates e votacións (algún solicitaba unha cousa e votaba a contraria. Así lle vai ao fútbol da Costa!!!!). E como cada ano no sorteo ao Baio tocoulle xogar a previa. Comezará esta o 21 da abril porque a maioría de clubs declinou xogar na Semana Santa, disque porque os xogadores van de vacacións. AVISO IMPORTANTE PARA A HOSTELERÍA: Avalancha de xogadores da Costa de vacacións. HAI QUE RESERVAR CON URXENCIA!!!!

Deparou o sorteo cinco eliminatorias na fase previa, que se xogarán o 21 e 28 de abril: (1) Corcubión-Lira, (2) Mazaricos-San Lourenzo, (3) Esteirana-BAIO, (4) Outes-Camariñas e (5)Fisterra-Monte Louro.
A primeira eliminatoria xogarase o 1 e 5 de maio. OLLO: os equipos que pasen da previa xogarán tres partidos en catro días: copa sábado, liga domingo e copa martes. As eliminatorias son as seguintes: Vencedor (1)-Vencedor (2), Vencedor (3)-Vencedor (4), Nantón-Corme, Laxe-Independente, Cabana-O Pindo, Zas-Muxía, Club do Mar-Dumbría, Porteño-Sofán, Cee-Camelle; Alcaián-Corcoesto, Buño-Xallas, Carnota-Voalntes, Soneira-Cerqueda, Coristanco-Muros, Santa Comba-Malpica, Ponteceso-Vencedor (5).
Os oitavos de final disputaranse o 12 e 17 de maio, os cuartos o 20 e 27 de maio, as semifinais o 3 e 10 de xuño, e a final 17 e 24 de xuño. O campión da Copa disputará ao fin de semana seguinte a Copa de Copas que patrocina a Deputación da Coruña, entre os campións das seis copas que se celebran na provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario