C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

8 abr 2013

GOLEADORES E CLASIFICACIÓNS

Xa están aquí as táboas de goleadores da Liga da Costa e do CD BAIO. Na primeira delas, non marcou o líder Martín MC, pero si algúns dos seus perseguidores. O esteirán Kike anotaba un gol, o cormelán Juan Chans marcaba dous, mentres que o tamén esteirán Roberto Pladur conseguía esta semana un hat-trick. En canto aos diferentes equipos do Baio, nos afeccionados Alberto asalta a terceira praza, mentres que nos infantís, no medio do festival goleador, destacaron os catro goles anotados por Éver, logo de moitas xornadas lesionado.

E tamén vos ofrecemos as distintas clasificacións das categorías de base do CD BAIO. Cos xuvenís xogando as eliminatorias da Copa da Costa, os cadetes melloraron moito a imaxe doutras xornadas e a piques estiveron de conseguir sumar algún punto no derby co Zas. Os infantís seguen o seu ritmo imparable, e esta semana foi o Muxía a vítima da capacidade realizadora dos rapaces de Pastoriza.

XUVENIL (COPA DA COSTA): CORME C. F. 1 - C. D. BAIO 1

Hío e o seu estilo inconfundible

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Marcos (Oreiro 53'), Kevin, Pablo, David, Javi Lema (Álex 86'), Fachal, Anxo, Lucas, Christian, Carlos (Hío 57').

Goles: 1-0 Brais, 1-1 Hío.






CADETE: SP. ZAS 2 - C. D. BAIO 1

Alfonso, quedaron coa boca aberta

Polo CD BAIO xogaron: Julián, Alejandra (Fran Caneda 49'), Alberto, Miguel, Javi Muiño, Fran, Andrea (Ayoub 69'), Estefan, Alfonso (Cedrón 78'), Cristian, José Figueiras. 

Goles: 1-0 Andrés (40'), 1-1 Alfonso (60'), 2-1 Andrés (72').






INFANTIL: C. D. BAIO 11 - MUXÍA C. F. 2
Eloy rindo?
Anxo 42

Polo CD BAIO xogaron: Julián (Cedrón 38'), Fran (Suárez 48'), Víctor, Carlos, Queiro (Antía 54'), Ariel, José Figueiras (Éver 50'), Álex, Anxo, Sergio, Eloy (Dani 51').

Goles: José Figueiras, Sergio (2), Anxo (2), Eloy (2), Éver (4). 





Yerik, ese gato imprevisible
Entre os máis pequenos hai que sinalar que rematou a competición en fútbol sala, e aquí tendes as clasificacións finais nas tres categorías. Con respecto ao fútbol-8, rematou a primeira volta en alevíns e benxamíns, e o CD BAIO facendo honor á súa historia ocupa, ao igual que en pre-benxamíns, o último posto. Xa virán tempos mellores!

No hay comentarios:

Publicar un comentario