C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

5 sept 2016

AS FESTAS NO PLATAS REINOSO

C.D. BAIO 3 - C.D. BAÍÑAS 2

O balón volveu a rodar na Liga da Costa
Na xornada do domingo enfrontábanse no Platas Reinoso o CD Baio e o CD Baíñas, coincidindo coas festas das dúas localidades. Tarde de sol na vila baiesa que foi aproveitada por máis de 400 afeccionados que se achegaron a presenciar o debut desta nova edición da Liga da Costa.
Yago, autor do 1º gol
Dous equipos que se coñecen ben, aínda que con moitos cambios, sobre todo polo bando visitante, depararon uns primeiros minutos igualados, nos que a mellor ocasión foi un córner directo botado por Martín MC que se foi ao traveseiro (min.7). Pouco a pouco os visitantes foron impoñendo a súa forza no centro do campo e chegando con máis ou menos perigo á meta do debutante Recarey, que solventou o traballo que lle crearon nestes minutos de acoso. A xogada de maior perigo veu  dun triple remate baiñés, que entre o porteiro e a defensa baiesa conseguiron conxurar (min.36). Cando parecía que se ía chegar ao descanso co marcador inamovible, chegou o primeiro gol da tarde, ao rematar de cabeza Yago un remate previo de MC, á saída dun córner.

Segunda parte de goles (marcados por ex)

Luis sentenciou o partido
O segundo tempo comezou coa expulsión por dobre amarelo de Moreno (min.51), que non obstante non foi óbvice para que os locais controlasen o xogo, e grazas a iso chegaría unha grande ocasión de Martín MC, que se plantou ante o xuvenil Maikel, pero este conseguía evitar o gol en dous tempos (min.53). Un lanzamento desde fóra da área de Canay que superou por alto a Recarey supuxo o empate (min.62), e uns minutos de desconcerto nos locais. Pero non tardaron en controlar de novo o xogo de ataque, e Javi Suárez non desaproveitou a ocasión de poñer de novo por diante aos baieses de preciosa vaselina (min.68). Pareceu sentenciar o partido outro ex do Baíñas, Luis Alvite, que de preciosa falta directa pola escuadra poñía o 3-1 (min.71). Cando parecía todo sentenciado, chegou unha nova xogada a balón parado, neste caso lanzada por Canay, que bateu no traveseiro e Braulio, moi atento, aproveitaba o rexeite para reducir distancias (min.84). Aguantou ben o equipo baiés o arreón final do Baíñas e non se viu seriamente en perigo. Incluso aproveitou para sacar algunha contra, como a que lle custou a expulsión por segundo amarelo a Esteban (min.93), ao cortar un avance de Pedro.
Vitoria apertada nun partido con máis emoción que xogo, que deixa a anécdota dos autores dos goles da segunda parte, que foron marcados por ex-xogadores do equipo rival. Con estes tres puntos empeza de maneira máis que produtiva o CD Baio, sempre remiso a sumar no partido das festas.



XUVENIL: Un punto que sabe a gloria

CD BAIO 2 - SD SOFÁN 2

Chegaba o equipo baiés moi mermado de efectivos a este primeiro partido da Liga, con tan só 11 homes na convocatoria, e mesmo o porteiro Cedrón tivo que xogar de improvisado dianteiro. 
Josiño marcou e asistiu
O encontro parecía moi disputado nos seus inicios, cun Sofán cunha liña moi adiantada, que permitía o xogo en longo dos locais, que non souberon aproveitar polo bo facer do meta visitante, sempre atento a eses envíos en profundidade. Pola contra o Sofán aproveitou moi ben as súas chegadas, e en dúas delas conseguiu marcar e deixar un claro 0-2 ao descanso.
Parecía darse por vencido o equipo local, e máis cando o xa renqueante Damián tiña que abandonar o campo ao resentirse da súa lesión. Mais nos 10 minutos finais, cun cambio táctico ordenado por Roberto Lozano, chegou o arreón que permitiu salvar un punto perdido. Un pase en profundidade de Fran sobre Josiño, era aproveitado por este para bater no man a man (min. 80), e novamente Josiño sacaba en curto un córner e o seu centro non era atallado polo meta visitante, e o rexeite quedoulle nos pés a Cedrón, que só tiña que empurrala.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario