C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

9 sept 2016

PREVIA DO SD SAN LORENZO-CD BAIO

No campo das Pedreiras espérase ver un gran partido. [Foto: FB San Lorenzo]

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1553
591
354
608
2484
2615
LIGA DA COSTA
795
308
155
332
1435
1528

Pedro volve a Berdillo
Segunda xornada da Liga da Costa 16-17, na que o C.D. Baio viaxa ata terras carballesas para enfrontarse á S.D. San Lorenzo de Verdillo, logo da vitoria na xornada de debut ante o Baíñas.
O rival é un dos clásicos da Costa, fundado en 1979, e desde esa data participou nas 38 temporadas seguintes ata hoxe en día, 4 delas na 1ª Rexional, 5 na 3ª Rexional e esta vai ser a 29ª na 2ª Galicia, como se denomina hoxe en día. Dentro dos equipos costeiros, ocupa o posto 15º no total das temporadas disputadas e dos partidos xogados, pero se nos centramos na Liga da Costa é 5º en partidos xogados e 8º en número de temporadas. No cadro podedes ver as súas estatísticas ligueiras.

S.D. SAN LORENZO
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1073
410
249
414
1786
1772
LIGA DA COSTA
835
331
187
317
1412
1350

Esta será a 14ª temporada na que o C.D. Baio e a S.D. San Lorenzo compitan no mesmo grupo, con lixeira vantaxe estatística para o cadro baiés no global, mais nos xogados no campo berdillés os datos favorecen ao San Lorenzo. Pódese dicir que hai tres etapas nestes enfrontamentos: unha primeira no comezo dos anos oitenta (desde a fundación do cadro carballés); outra en dúas temporadas de principios dos noventa; e unha última xa no século XXI, desde que nas tempadas 04-05 e 05-06 coincidiron os dous na 1ª Rexional provincial. O primeiro enfrontamento en terras berdillesas data da temporada 79-80, con vitoria local (2-1), mentres que a última foi na 12-13, con empate (2-2). A última vitoria baiesa nas Pedreiras data da campaña 91-92 (1-3).

Enfrontamentos Totais
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
26
10
08
08
42
33
Xogados en Berdillo
13
03
04
06
14
18

Isaac, outro que volve
Preséntase o partido do domingo como o da volta do adestrador Pedro Gómez á que foi a súa casa nas dúas últimas temporadas, así como a do lateral Isaac. Pero o morbo aumenta pois no banco local sentará Óscar Suárez, que dirixiu o cadro baiés no comezo da temporada pasada. Con respecto á temporada pasada, na que foi un dos grandes animadores do campionato, rematando na 3ª posición, conta coas altas de Jorge Pichel (Laxe) e de Diego e Samuel (Bergantiños Xuvenil); pola contra, foron baixa, ademais de Isaac, homes como Mario ou Álex Figueiras. Na anterior xornada perdeu na súa visita ao Malpica (2-0).

SEGUNDA GALICIA – GRUPO 2º
S.D. SAN LORENZO – C.D. BAIO
Domingo 11 de setembro; 17:00 horas
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: As Pedreiras (Berdillo-Carballo)
Árbitro: Pedro Patiño García


XUVENIL

Visita ás Redondas para un enfrontamento clásico no fútbol base costeiro dos últimos anos, entre dous equipos que adoitan conseguir bos resultados nestas categorías. O ano pasado foron segundo e terceiro no grupo Norte da Liga da Costa, e esta campaña intentarán repetir, ou se cabe, mellorar eses resultados. Na xornada inaugural o Cabana perdeu pola mínima na súa visita a Corme (3-2), mentres que os baieses empataron in extremis fronte ao Sofán (2-2). Para este partido, Roberto Lozano agarda recuperar algún dos xogadores que non puideron estar no encontro inaugural da liga, e así ir mellorando nas prestacións do equipo.

S.D. CABANA – C.D. BAIO
Sábado 10 de setembro; 17:00 horas
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: As Redondas (Neaño)
Árbitro: Juan Núñez Fiúza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario