C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

1 sept 2016

PREVIA DO CD BAIO-CD BAÍÑAS



C.D. BAIO - C.D. BAÍÑAS
Domingo 4 de setembro, 19:00 horas
Árbitro: Héctor Pérez Álvarez
Campo: Platas Reinoso (Baio)

Estatística

Este domingo o CD Baio iniciará a súa 54ª temporada competindo de maneira consecutiva nunha nova edición da Liga da Costa. Será o partido número 1553 dos disputados en todas as competicións ligueiras, que nin que dicir ten que é a cifra máis alta de todos os clubs costeiros. Dos 1552 encontros anteriores gañou 590, empatou 354 e perdeu 608, con 2481 goles a favor e 2613 en contra.

E centrándonos na propia categoría, será a temporada 33ª do CD Baio na Liga da Costa, na que disputou 794 partidos, con 307 vitorias, 155 empates e 332 derrotas; os goles a favor son 1432 e en contra 1526.
O Baio-Baíñas da pasada Copa da Costa
O rival:

O rival desta primeira xornada vai ser o C.D. Baíñas, club de recente formación, pois esta será a súa 5ª temporada. Disputou 122 partidos ligueiros, con 63 vitorias, 22 empates e 37 derrotas; 268 goles a favor e 172 en contra. Deles, na Liga da Costa foron 68 encontros disputados, con 36 triunfos, 11 igualadas e 21 derrotas, 149 goles a favor e 94 en contra.

Taski, míster baiñán
Entre o CD Baio e o CD Baíñas non hai precedentes ligueiros, mais si os hai na Copa da Costa, pois ambos os dous se enfrontaron a última edición, con resultado global favorable para os baieses, despois da vitoria en Vimianzo (1-3) e empate no Platas Reinoso (1-1).

Con todo, o cadro baiñán modificou substancialmente a configuración do seu plantel, no que se produciron moitas baixas. Da man do ex-xogador Tasky no banco, intentarán formar un novo equipo competitivo que aspire a estar nos postos altos, destacando entre os novos xogadores, o dianteiro David Blanco, autor de 38 goles na temporada pasada co Sp. Zas, o que lle valeu o segundo posto entre os goleadores costeiros.

Entre as baixas baiñáns un novo xogador do C.D. Baio, o dianteiro Javi Suárez, para quen será un partido especial despois de tres temporadas alí. O killer de Quintáns e as outras cinco incorporacións únense a un completo grupo de xogadores que continúan da temporada anterior, e que pretenden dar moita guerra nesta Liga da Costa, da man do novo míster Pedro Gómez. Este domingo primeira pedra de toque.
Esperemos ver no Platas Reinoso un bo espectáculo nestas datas festeiras en Baio e en Baíñas.

XUVENIL

C.D. BAIO - S.D. SOFÁN
Sábado 3 de setembro; 19:00 horas.
Árbitro: Pablo Rama Cotelo
Campo: Platas Reinoso (Baio)

Os xuvenís gañaron a pasada semana o Trofeo do Concello

Esta fin de semana tamén se inicia a Liga da Costa Xuvenil, co partido que vai enfrontar ao CD Baio e á SD Sofán, club este que despois de moitos anos volve contar con equipo nesta categoría. 
Os rapaces de Roberto Lozano esperan comezar con bo pé a temporada, a pesar das festas e das baixas que padece o equipo polas lesións.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario