C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

29 oct 2011

RESULTADOS

MARTES 1 DE NOVEMBRO

XUVENIL: SP. ZAS 0 - C. D. BAIO 1
                                     [Valentín]

CADETE: C. D. BAIO 7 - SP. ZAS 0
         [Santi (3), Christian (2), Pablo, Éver]

SÁBADO E DOMINGO

LIGA DA COSTA: C. D. BAIO 2 - SP. ZAS 3
                        [Javi Suárez, MC]
XUVENIL: C. D. BAIO 2 - CORME C. F. 0
               [Rubio (2)]

CADETE: S. C. D. MALPICA 3 - C. D. BAIO 3
                                             [Javi, Christian, Santi]

INFANTIL: U. C. CEE 8 - C. D. BAIO 1
                                         [Sergio]
* * *
Outros resultados:

Liga da Costa: Club do Mar 1 - Malpica 1; Corcubión 1 - San Lorenzo 2; Sofán 3 - Esteirana 1.
Xuvenil: Cabana 5 - Laxe 2; Malpica 3 - Coristanco 1; Muxía 0 - Camariñas 5; Ponteceso 2 - Dumbría B 7.

Cadete: Ponteceso 1 - Dumbría 9; Muxía 4 - Porteño 2; Cee 7 - Muros 0; Zas 0 - Santa Comba 6; Outes 3 - Cabana 2; Fisterra 1 - Coristanco 1.

Infantil: Dumbría 9 - Os Miúdos 0; Corme 3- Santa Comba 5; Coristanco 4- E. M. Vimianzo 0.

27 oct 2011

PARTIDOS: 2 XORNADAS - 3 DERBYS

A continuación ofrecemos os horarios dos partidos da próxima fin de semana e do martes festivo, no que hai xornada nas categorías de base. Destaca nesta dobre xornada o triple derby entre o Baio e o Zas, en maiores, xuvenís e cadetes. E ollo que na noite do domingo cambia a hora!!!


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - SP. ZAS
Domingo 30 de outubro, 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Carlos Álvarez Vega.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - CORME C. F.
Sábado 29 de outubro, 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Luis E. Pérez Fernández.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. C. D. MALPICA - C. D. BAIO
Sábado 29 de outubro, 11:00 horas.
Saída de Baio ás 09:30 horas.
Campo: A Pedra Queimada (Malpica)
Árbitro: Julio César Otero Taboada.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
U. C. CEE - C. D. BAIO
Sábado 29 de outubro, 18:30 horas.
Saída de Baio ás 17:00 horas.
Campo: San Paio de Refoxos (Cee).
Árbitro: José Antonio Díaz Miras.

MARTES 1 DE NOVEMBRO

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
SP. ZAS - C. D. BAIO
Martes 1 de novembro, 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:50 horas.
Campo: San Andrés (Zas)
Árbitro: Jorge López Lesta.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - SP. ZAS
Martes 1 de novembro, 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Jesús Souto Budiño.

23 oct 2011

CRÓNICAS DA XORNADA DO 22 E 23

Xornada atípica para os equipos do CD BAIO, pois dous dos partidos previstos non chegaron a disputarse. O primeiro equipo veu de Dumbria sen poder xogar o partido da Liga da Costa a causa das adversas condicións atmosféricas. Unha tromba da auga anegou por completo o campo do Conco e o árbitro coruñés Zas Vázquez decidiu suspender o partido. Agora os dous clubs deben poñerse de acordo para a súa disputa. Con este partido aprazado o Baio ocupa o 11º posto, aínda que esta zona media está bastante igualada.
Por outra parte, na tarde do sábado tampouco se disputou o partido de categoría CADETE entre o CD BAIO e o MUXÍA CF ao non presentarse este último a xogar. Segundo nos avisaron da Federación o equipo muxián presentouse na mañá do sábado en Baio ao descoñecer que o horario fixado oficialmente do Baio para toda a temporada é das 16:00 horas. Ante esta situación o Muxía comunicoulle á Federación que non se ía presentar pola tarde, e así foi comunicado desde o ente federativo ao Baio. De todos os xeitos o árbitro personouse no Platas Reinoso e estendeu acta da non presentación do Muxía. Seguramente a Federación resolverá dar por gañador ao Baio por 3-0, e o Muxía será castigado con dous puntos menos e algunha sanción económica. Con todo, os rapaces do Baio estaban desgustados por non poder xogar o partido pois contaban acadar un bo número de goles (o Muxía levaba unha media de máis de 10 goles en contra por partido) que os aupase máis na igualada clasificación desta categoría; pero con este resultado estipulado pola normativa perderán un posto na clasificación (serán sextos).

XUVENIL: LAXE C. F. 1 - C. D. BAIO 4

Gran partido de Maikel:
un muro en defensa,
dous goles en ataque.

Feo partido de rivalidade o que disputaron o Laxe e o Baio logo de moitos anos sen enfrontarse nesta categoría. Partido especial para tres xogadores do Baio (Rafa, Bieito e Martín) naturais de Laxe que se enfrontaban aos seus veciños, e partido especial para algún xogador do Laxe, como Manuel, que se enfrontaba ao que fora seu club en categorías inferiores. O bo tempo fixo que se desen cita moitos espectadores nas bancadas, que puideron contemplar unha primeira parte con moitas ocasión por parte baiesa, que se viron reflectidas no marcador, xa sentenciado ao chegar ao descanso con tres goles de vantaxe. A segunda parte foi moi insulsa pois o Baio limitouse a deixar pasar o tempo e de vez en cando lanzaba algunha contra, pero sen moitas ocasións de cara á porta. Tamén hai que ter en conta que o vento soprou con forza nalgúns momentos, o que impedía o correcto control do balón. Por parte do Laxe, apenas creou perigo en todo o partido, salvo nalgún balón parado. Con todo seu foi o gol máis bonito da tarde, xa no desconto do partido, ao aproveitar Manuel un erro da defensa baiesa e marcar desde trinta metros de vaselina por riba de Sergio. Con este resultado o Baio ascende á terceira praza neste grupo, e mantense dentro das catro que dan acceso á segunda fase ligueira.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo (Sergio 62'), Maikel (Pardo 55'), Yago (Penelo 62'), David (Pablo 62'), Fachal, Rafa, Rubio (Eloy 65'), Lucas, Bieito, Valentín, Martín. 

Goles: 0-1 Maikel (15'), 0-2 Rubio (23'), 0-3 Rubio (40'), 0-4 Maikel (52'), 1-4 Manuel (92').

INFANTIL: C. D. BAIO 1 - C. F. DUMBRÍA 5


Ariel, un dos catro alevíns
que xogaron o partido

Bo partido o disputado polo equipo baiés ante o todopoderoso Dumbría. Parece que os nosos se crecen cando se enfrontan a grandes rivais. A primeira parte rematou co marcador favorable aos dumbrieses por 0-3, pero na segunda recortou distancias o Baio por medio de Santi (aínda que na acta figura o alevín Ariel), e xa nos minutos finais sentenciaron os visitantes con dous goles máis. A ver se o bo partido os anima a conseguir mellores resultados no futuro e saír desa penúltima praza que ocupan.

Polo CD BAIO xogaron: Julián (Cedrón 62'), Alejandra (Ariel 62'), Queiro, Fran, Andrea, Santi, Sergio, Javi Muíño (José Antonio 19'), Eloy (Sabela 52'), Éver, Anxo (Manuel Mª 62').

RESULTADOS

LIGA DA COSTA: C. F. DUMBRÍA B - C. D. BAIO
                           [Suspendido polo mal tempo ]
XUVENIL: S. D. LAXE 1 - C. D. BAIO 4
                                    [Maikel (2), Rubio (2)]

CADETE: C. D. BAIO - MUXÍA C. F.
[Partido non disputado por incomparecencia do Muxía. Seguramente a Federación resolva conceder a vitoria ao Baio por un resultado de 3-0]

INFANTIL: C. D. BAIO 1 - C. F. DUMBRÍA 5
                    [Ariel]
* * *
Outros resultados:

LIGA DA COSTA: Club do Mar 1 - Buño 2; Fisterra 1 - Sofán 2; Zas 5 - O Pindo 1; Mazaricos 0 - Nantón 1; Malpica 2 - Corme 2; Muros 2 - Corcubión 0; San Lorenzo 1 - Castriz 4; Esteirana 1 - Camariñas 3.

XUVENIL: Dumbría B 18 - Muxía 0; Corme 1 - Zas 0; Camariñas 5 - Cabana 2; Coristanco 2 - Ponteceso 5.

CADETE: Dumbría 8 - Fisterra 1; Soneira 6 - Zas 0; Coristanco 0 - Esteirana 8; Porteño 2 - Ponteceso 4; Cabana 6 - Camariñas 3; Santa Comba 4 - Malpica 0; Muros 0 - Outes 4.

INFANTIL: E.M. Vimianzo 2 - Fisterra 4; Outes 1 - Concello Carnota 3.

20 oct 2011

PARTIDOS DO 22 E 23 DE OUTUBRO




LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. F. DUMBRÍA B - C. D. BAIO
Domingo 23 de outubro, 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: O Conco (Dumbría).
Árbitro: José Luis Zas Vázquez.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
S. D. LAXE - C. D. BAIO
Sábado 22 de outubro, 16:30 horas.
Saída de Baio ás 03:10 horas.
Campo: Cabo de Area (Laxe)
Árbitro: Luis E. Pérez Fernández.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - MUXÍA C. F.
Sábado 22 de outubro, 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Alfonso Santiago Souto.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - C. F. DUMBRÍA
Domingo 23 de outubro, 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Luis Vázquez Expósito.

16 oct 2011

RESULTADOS

LIGA DA COSTA: C. D. BAIO 5 - S. D. ESTEIRANA 0
                        [Javi Suárez (3), Canay, MC]

XUVENIL: C. D. BAIO 4 - CAMARIÑAS C. F. 0
             [Lucas, Valentín, Fachal, David]

CADETE: S. D. PONTECESO 3 - C. D. BAIO 7
                                         [Christian (4), Santi (2), Hío]

INFANTIL: AS BALEAS F. S. 4 - C. D. BAIO 3
                                              [Fran, Éver, Eloy]

14 oct 2011

PARTIDOS DO 15 E 16 DE OUTUBRO


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. ESTEIRANA
Domingo 16 de outubro, 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Rubén Rivas Rodríguez.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - CAMARIÑAS C. F.
Sábado 15 de outubro, 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Brais Lodeiros Lafuente.

CADETE (2ª AUTONÓMICA  - GRUPO 3º)
S. D. PONTECESO - C. D. BAIO
Sábado 15 de outubro, 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:15 horas.
Campo: O Pinguel (Ponteceso).
Árbitro: Raúl Benito Martínez.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
AS BALEAS F. S. - C. D. BAIO
Domingo 16 de outubro, 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: Hermanas Patiño (Camariñas).
Árbitro: José Antonio Díaz Mirás.

12 oct 2011

RESULTADOS DO MÉRCORES 12

XUVENIL: C. F. DUMBRÍA B 0 - C. D. BAIO 1
                                                   [Bieito]

CADETE: C. D. BAIO 8 - S. D. FISTERRA 3
             [Christian (4), Santi, Pedro, Estefan, Hío]

INFANTIL: C. D. BAIO 1 - CORME C. F. 8
                  [Sergio]

10 oct 2011

PARTIDOS DO MÉRCORES 12

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. F. DUMBRÍA B - C. D. BAIO
Mércores 12 de outubro, 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: O Conco (Dumbría).

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. FISTERRA
Mércores 12 de outubro, 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Alejandro Gesto Moral.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - CORME C. F.
Mércores 12 de outubro, 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Sergio Goyeneche García.

8 oct 2011

VAI POLO VENTO, VÉN POLO AIRE

S. D. FISTERRA 2 - C. D. BAIO 2


O xuvenil Yago debutou
co primeiro equipo
O partido deste sábado no Ara Solis tivo un protagonista destacado: o vento. Foi o maior condicionante dun encontro disputado que tivo dúas partes claramente diferenciadas, conforme fose o equipo que o tivese a favor. Comezou o partido co equipo local axudado polo vento e dominou por completo estes corenta e cinco minutos ante un Baio que non fixo máis que defenderse, iso sí, con mérito pois contaba no once inicial con cinco xuvenís, entre eles o debutante Yago, debido ás numerosas baixas por sancións, lesións e traballo. Creaba moito perigo o equipo fisterrán, sobre todo a balón parado, pois embotellaba aos baieses na súa área e non eran quen de sacar con solvencia o balón dos seus dominios. Froito da insistencia local chegou o primeiro gol local, un fermoso gol olímpico de Mané, que coa zurda superaba a Pollo e entraba o balón na meta baiesa logo de bater no poste.
MC, "o rei da asistencia"
Tras este gol parece que se calmou un pouco o partido, e tan só hai que sinalar nos seguintes minutos a lesión do meta baiés Pollo, que tivo que deixarlle o seu sitio a Manuel por culpa dun golpe na man. A pouco para chegar o descanso chegaba o segundo gol dos fisterráns, nunha falta sacada rapidamente por Nico, que dende trinta metros sorprendía a un adiantado Manuel; o balón pegou no traveseiro e botou presumiblemente dentro (o árbitro non o entendeu así), pero o rexeite chegoulle franco a Mané que a empurrou coa cabeza.
Tras o descanso cambiou a decoración. Tono sacou ao campo a dinamita que tiña no banco, coa idea de remontar o partido. Con todo, o Fisterra sorprendeu presionando arriba, o que desconcertou aos baieses durante uns minutos. Pero unha bonita internada de MC pola banda foi aproveitada por Canay para recortar distancias no marcador, e ao mesmo tempo serviu para meterlle o medo no corpo ao equipo local, que vía como podía perigar a vitoria. Combinou máis o Baio, animado pola posibilidade de darlle a volta ao encontro, e dunha xogada de Canay chegou unha falta na beira da área que foi materializada por Alberto cun forte lanzamento pola escuadra. Tivo a vitoria o Baio nos seguintes minutos ao dispoñer de claras ocasións, como un cabezazo de MC que se lle foi arriba cando se atopa só, ou unha internada de Javi Suárez que se foi de todos en velocidade, pero que en vez de rematar á porta quixo ceder a MC pero anticipouse a defensa local. Nos últimos quince minutos o encontro decaeu, quizais dando por bo os dous equipos o empate, e non arriscaron o máis mínimo. En definitiva, un punto para cada equipo que reflice o visto no Ara Solis nesta ventosa tarde.

Polo CD BAIO xogaron: Pollo (Manuel 31'), Fermín, Iván, Yago, José Antonio, Mario, Fachal, Rubio (MC 46'), Alberto, Canay, Valentín (Javi Suárez 46').

Goles: 1-0 Mané (24'), 2-0 Mané (41'), 2-1 Canay (56'), 2-2 Alberto (66'). 

RESULTADOS DO SÁBADO 8 / DOMINGO 9

LIGA DA COSTA: S. D. FISTERRA 2 - C. D. BAIO 2

XUVENIL: C. D. BAIO 2 - S. D. CORISTANCO 2

CADETE: S. D. ESTEIRANA 5 - C. D. BAIO 1

INFANTIL: C. D. BAIO - DESCANSA
* * *
Outros resultados:

Liga da Costa: Club do Mar 2 - Sofán 0; Esteirana 2 - O Pindo 0; Sp. Zas 1- Castriz 2; San Lorenzo 3 - Mazaricos 2; Muros 6 - Nantón 2; Malpica 0 - Camariñas 4; Dumbría B 1 - Corcubión 1; Corme 5 - Buño 3.

Xuvenil: Sp. Zas 3 - Dumbría B 3; Cabana 2 - Malpica 5; Muxía 0 - Ponteceso 7; Corme 1 - Camariñas 2.

Cadete: Sp. Zas 0 - Cee 11; Ponteceso 2 - Soneira 2; Muxía 2 - Cabana 6; Malpica 2 - Muros 0; Camariñas 0 - Outes 3; Fisterra 0 - Santa Comba 5; Coristanco 1 - Porteño 1.

Infantil: Vimianzo 2 - Ponteceso 6; Corme 0 - Cee 4; Esteirana 3 - Muxía 4; As Baleas 0 - Dumbría 10; Fisterra 2 - Outes 0; E. M. C. Carnota 5 - Os Miúdos 2; Coristanco 5 - Santa Comba 2.

3 oct 2011

XUVENIL, CADETE, INFANTIL

XUVENIL: S. C. D. MALPICA 2 - C. D. BAIO 1

Mala primeira parte do equipo baiés que se viu superado polo líder e invicto Malpica con dos goles, a pesar de que fose o Baio o que dominase máis o balón. Na segunda parte, cos cambios parece que espertaron os visitantes, e conseguiron reducir distancias por medio de Rubio, pero non foi suficiente para sacar algo de proveito de Pedra Queimada.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Maikel (Lucas 46'), Iago (Manuel 50'), Pablo (David 46'), Cachopo, Fachal, Rubio, Rafa, Bieito, Valentín, Martín.


CADETE: C. D. BAIO 8 - S. D.CORISTANCO 0

Xoel xa leva 4 goles!!!

Nova goleada no Platas Reinoso dos cadetes, desta vez ante o Coristanco. De novo a dupla atacante Santi-Christian funcionou á perfección, creando numerosas ocasións de gol e conseguindo cadanseu hat-trick. O partido xa quedou resolto nos primeiros corenta minutos, pois no descanso xa levaba o Baio media ducia de goles, tres cada un dos dianteiros. Na segunda metade saíron máis relaxados, aínda así o conxunto local creou moitas ocasións de gol, pero só frutificaron as de Xoel e Hío.

Polo CD BAIO xogaron: Alberto (Álex 63'), José Antonio (Xenxo 26'), Miguel, Pablo, Xoel, Anxo, Santi, Estefan, Pedro (Hío 55'), Christian, Alfonso.


INFANTIL: C. D. BAIO 1 - CONCELLO DE CARNOTA 10

Golazo de Santi
Mal partido o disputado polo equipo infantil, que se viu superado polo do Concello de Carnota en todo momento, a través dun fútbol combinativo e de presión. Os rapaces de Cambeiro xa se foron aos vestiarios con media ducia de goles, resultado que ampliaron na segunda parte, só maquillada por parte local co bonito gol de Santi cunha volea dende trinta metros.

Polo CD BAIO xogaron: Julián (Cedrón 70'), Alejandra (Ariel 70'), Queiro, Fran, Andrea, José Antonio, Santi (Aarón 66'), Javi Muíño, Eloy (Manuel Mª 60'), Sergio, Éver (Sabela 41').
  

2 oct 2011

VITORIA ANTE O POTENTE MALPICA

C. D. BAIO 4 - S. C. D. MALPICA 2

Chegaba este domingo a Baio o Malpica, un dos grandes favoritos a gañar esta Liga da Costa a tenor da calidade das fichaxes realizadas, pero atopouse cun gran Javi Suárez que resolveu con tres goles. Empezou ben o partido o conxunto baiés e xa aos dous minutos conseguía adiantarse por mediación de Javi Suárez recollendo un pase de MC. Tivo Canay o 2-0 pero o seu remate foise fóra cando se atopaba só diante da portería. Antes do empate malpicán puido marcar de novo Javi Suárez, pero sería Neucha nun lanzamento de falta o que acadaría o empate a 1-1, resultado co que se chegou ao descanso.
Javi levou un balón firmado
polos seus compañeiros
Reanudouse o partido coa entrada dun renqueante Martín polo lesionado Canay, e nestes minutos o Malpica estirouse un pouco na busca da vitoria, e conseguiu poñerse por diante no marcador grazas a un lanzamento de Neucha dende máis de 30 metros que botou diante de Pollo, que nada puido facer. Intentou reaccionar o Baio, e fíxoo movendo o balón e buscando os desmarques dos seus dianteiros, pero o protagonismo nestes minutos centrais da segunda parte foi para o colexiado, que se fartou a sacar cartóns a discreción: 12 cartóns amarelos e tres vermellos, nun partido limpo que apenas tivo faltas. Viron o camiño do vestiario antes de tempo o baiés Matías (m. 69) e o malpicán Cheo (m. 80), ademais do delegado local. Unha mala actuación dun árbitro de Preferente que desesperou aos dous equipos coa súa falta de rigor, aínda que non influiu no marcador. 
Cando parecía que o protagonismo arbitral despistara aos baieses, apareceu de novo a figura de Javi Suárez para empatar o partido aproveitando unha bonita internada pola banda dereita que rematou cun lanzamento á escuadra coa zurda. Tivo dúas claras ocasións o Malpica para poñerse por diante, pero foi o capitán Martín quen minutos despois empuxaba á rede un rexeite do porteiro malpicán Suso tras un tiro do propio Martín. E xa nas postrimerías do partido Javi Suárez sentenciaba o choque ao aproveitar unha contra do equipo local.  

Xogaron polo CD BAIO: Pollo, Matías, Iván, Fredi, José Antonio (Pardo 85'), Eloy, Pirucho (Rubio 60'), Alberto, MC (Fermín 89'), Canay (Martín 46'), Javi Suárez. 

Pola SCD MALPICA: Suso, Víctor, Marcos Amado, Dani, Iago, Rancaño, Neucha, Cheo, Pablo, Andrés (Manu Pardo 75'), Alfrediño (Daniel 69').

Goles: 1-0 Javi Suárez (8'), 1-1 Neucha (40'), 1-2 Neucha (55'), 2-2 Javi Suárez (65'), 3-2 Martín (75'), 4-2 Javi Suárez (88').

RESULTADOS

LIGA DA COSTA: C. D. BAIO 4 - S. C. D. MALPICA 2
                        [Javi Suárez (3), Martín]

XUVENIL: S. C. D. MALPICA 2 - C. D. BAIO 1
                                                    [Rubio]

CADETE: C. D. BAIO 8 - S. D. CORISTANCO 0
             [Christian (3), Santi (3), Xoel, Hío]

INFANTIL: C. D. BAIO 1 - CONCELLO DE CARNOTA 10
                  [Santi]
* * *
Outros resultados:

LIGA DA COSTA: Corcubión 1 - Esteirana 1; Nantón - Sp. Zas (susp.); Mazaricos 2 - Muros 0; Camariñas 3 - Club do Mar 3; Castriz 0 - Dumbría B 3; Buño 2 - San Lorenzo 1; Sofán 1 - Corme 2; O Pindo 0 - Fisterra 2.

XUVENIL: Camariñas 6 - Laxe 0; Coristanco 0 - Sp. Zas 6; Dumbría B 7 - Corme 0; Ponteceso 4 - Cabana 2.

CADETE: Santa Comba 1 - Esteirana 2; Soneira 4 - Fisterra 1; Outes 4 - Sp. Zas 0; Porteño 0 - Dumbría 9; Cee 9 - Malpica 1; Muros 8 - Muxía 0; Ponteceso 1 - Cabana 2.

INFANTIL: Muxía 2 - Coristanco 5; Outes 5 - E. M. Vimianzo 1; Ponteceso 0 - Cabana 17; Santa Comba 2 - Fisterra 2; Dumbría 7 - Corme 0.