C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

31 mar 2012

RESULTADOS

Liga da Costa: C. D. BAIO 4 - MAZARICOS C. F. 1
                [Javi Suárez (2), Lucas, Canay / Kevin]
Xuvenil: U. D. CORCUBIÓN 4 - C. D. BAIO 2
                                                   [Bieito, Rafa]
Cadete: C. D. BAIO 3 - U. C. CEE 2
         [Santi (2), Christian]

Infantil: SANTA COMBA C. F. 6 - C. D. BAIO 1
                                                       [José Antonio]

Alevín: C. D. BAIO 5 - S. D. CORISTANCO 6

Benxamín: C. D. BAIO 1 - S. D. CORISTANCO 4

30 mar 2012

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - MAZARICOS C. F.
Domingo 1 de abril, 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Samuel Pardo Pose.

XUVENIL (LIGA DA COSTA - 2ª FASE)
U. D. CORCUBIÓN - C. D. BAIO
Sábado 31 de marzo; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:50 horas.
Campo: Novo Cubaleiro (Corcubión).

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - U. C. CEE
Sábado 31 de marzo; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Daniel González Seoane.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
SANTA COMBA C. F. - C. D. BAIO
Sábado 31 de marzo; 12:30 horas.
Saída de Baio ás 11:00 horas.
Campo: San Pedro (Castriz).
Árbitro: Jaime Herraez García.

BENXAMÍN/ALEVÍN (FÚTBOL 7 - COSTA NORTE)
C. D. BAIO - S. D. CORISTANCO
Sábado 31 de marzo; 18:00 horas e 19:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: David Vázquez Lema.

CLASIFICACIÓNS E GOLEADORES


24 mar 2012

RESULTADOS

Liga da Costa: SAN LORENZO S. D. 1 - C. D. BAIO 1
                                                                  [Mario]

Xuvenil: C. D. BAIO 8 - CAMARIÑAS F. C. 3
            [Lucas (2), Rubio (2), Bieito, Maikel, Vereda, Pardo]

Cadete: OUTES F. C. 1- C. D. BAIO 3
                                [Christian, Santi (2)]

Infantil: C. D. BAIO 0 - MUXÍA C. F. 1

Alevín: PONTECESO S. D. 10 - C. D. BAIO 1

Benxamín: PONTECESO S. D. 0 - C. D. BAIO 7

UN ANO MÁIS, NA PREVIA DA COPA

En primeiro lugar, pedir desculpas por estar unha semana fóra de servizo. Xa estamos aquí de novo, agradecendo aos que nos botastes en falta.
E pasamos a falar do sorteo da Copa da Costa que se celebrou logo de tensos e surrealistas debates e votacións (algún solicitaba unha cousa e votaba a contraria. Así lle vai ao fútbol da Costa!!!!). E como cada ano no sorteo ao Baio tocoulle xogar a previa. Comezará esta o 21 da abril porque a maioría de clubs declinou xogar na Semana Santa, disque porque os xogadores van de vacacións. AVISO IMPORTANTE PARA A HOSTELERÍA: Avalancha de xogadores da Costa de vacacións. HAI QUE RESERVAR CON URXENCIA!!!!

Deparou o sorteo cinco eliminatorias na fase previa, que se xogarán o 21 e 28 de abril: (1) Corcubión-Lira, (2) Mazaricos-San Lourenzo, (3) Esteirana-BAIO, (4) Outes-Camariñas e (5)Fisterra-Monte Louro.
A primeira eliminatoria xogarase o 1 e 5 de maio. OLLO: os equipos que pasen da previa xogarán tres partidos en catro días: copa sábado, liga domingo e copa martes. As eliminatorias son as seguintes: Vencedor (1)-Vencedor (2), Vencedor (3)-Vencedor (4), Nantón-Corme, Laxe-Independente, Cabana-O Pindo, Zas-Muxía, Club do Mar-Dumbría, Porteño-Sofán, Cee-Camelle; Alcaián-Corcoesto, Buño-Xallas, Carnota-Voalntes, Soneira-Cerqueda, Coristanco-Muros, Santa Comba-Malpica, Ponteceso-Vencedor (5).
Os oitavos de final disputaranse o 12 e 17 de maio, os cuartos o 20 e 27 de maio, as semifinais o 3 e 10 de xuño, e a final 17 e 24 de xuño. O campión da Copa disputará ao fin de semana seguinte a Copa de Copas que patrocina a Deputación da Coruña, entre os campións das seis copas que se celebran na provincia.

14 mar 2012

PARTIDOS DA PRÓXIMA FIN DE SEMANA


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. MUROS
Domingo 18 de marzo; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Manuel Grañas Martínez.

XUVENIL (LIGA DA COSTA - 2ª FASE)
C. D. BAIO - U. C. CEE
Sábado 17 de marzo; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Domingo Álvarez Iglesias.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - CAMARIÑAS F. C.
Domingo 18 de marzo; 11:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Manuel Trillo López.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
OS MIÚDOS - C. D. BAIO
Domingo 18 de marzo; 11:45 horas.
Saída de Baio ás 09:45 horas.
Campo: Miraflores (Muros).

ALEVÍN-BENXAMÍN (FÚTBOL 7 - COSTA NORTE)
C. D. BAIO - E. M. F. VIMIANZO
Sábado 17 de marzo; 18:15 e 19:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Óscar Romero Chouza.

CLASIFICACIÓNS E GOLEADORES




13 mar 2012

GOLEADA NO DERBY

SPORTING ZAS 0 - C. D. BAIO 4

Moita xente no campo de San Andrés nunha tarde de sol e calor para presenciar un derby municipal que tivo clara color visitante e que rematou cun 0-4 que marca ben ás claras dúas traxectorias opostas nos dous conxuntos.
Momento do gol de Javi Suárez, que xa leva 20,
coma o seu dorsal.  (Foto: Santi Díaz)
Presentaban os equipos o seu once de gala, salvo as baixas significativas de Jorge nos locais e de José Antonio nos visitantes. Pero axiña se comprobou que o partido non ía ter historia. O Baio fíxose dono do balón e movíao dunha banda á outra, buscando os espazos, mentres o Zas se repregaba atrás e buscaba os balóns en longo para o seu dianteiro Pablo Muíño, coas axudas de Jaime e Rubio por detrás del, pero os defensas baieses estiveron moi seguros durante todo o partido. Non tardou en desequilibrar o marcador o Baio cun lanzamento desde fóra da área de Canay, que botou diante de Elías e fixo inútil a súa estirada. O gol deixou tocado aos locais, que vían como apenas cinco minutos despois Alberto recollía un balón na frontal da área e con calidade colocaba o balón na escuadra de Elías. Non tivo tempo a reaccionar o Zas, pois o Baio manexaba unha e outra vez o balón ao seu antollo facendo que os locais se dedicasen a correr detrás deles, e cando se adiantaban a presionar Matías poñía o balón en longo nos pés dos dous extremos. Non se chegaba ao minuto vinte e unha combinación de MC con Alberto remataba cun lanzamento cruzado deste que establecía o 0-3 no marcador.
Alberto e Canay. Non hai palabras
(Foto: Santi Díaz)
Este gol desesperou aos locais, e máis cando erraron a súa grande ocasión, nun novo lanzamento en longo cara a Pablo Muíño, que tras loitar cos dous centrais, o balón sáelle rebotado aos seus pés e só diante de Manuel envía o balón fóra. Acabou de sentenciar o partido Rubio -o do Zas- coa súa expulsión no minuto 30 por dous cartóns amarelos, o segundo deles por protestar unha decisión do colexiado. Acto seguido, un magnífico pase de Eloy deixaba a Javi Suárez en franquía para bater a Elías polo primeiro pau e poñer o que ía ser o marcador definitivo. Vista a superioridade numérica e sobre todo a de xogo entre un e outro, fixo que os visitantes baixasen o seu ritmo e se dedicasen a contemporizar. Aínda así tiveron varias ocasións antes do descanso para aumentar o marcador, sobre todo a través das internadas de Javi Suárez pola banda, como unha que a piques de chegar ao intermedio se pasou practicamente pola liña de gol saíndo pola liña de fondo sen que chegase MC.


Matías deu unha clase de como mandar o balón
a máis de sesenta metros e que che caia no pé.
Que comerá este home?  (Foto: Santi Díaz)
 
Comezou a segunda parte polos mesmos derroteiros cos que acabou a primeira: o Baio controlando o balón e o Zas pechado atrás. A piques estivo Matías de conseguir un golazo cun lanzamento desde case o medio do campo que salvou milagrosamente Elías. Non tardou moito Tono en facer os trocos, sobre todo pensando no próximo partido fronte ao Muros, e retirou do campo os homes que estaban apercibidos de cartóns. Os trocos pararon o partido e decaeu o ritmo, o que estivo a piques de aproveitalo o Zas para conseguir o gol da honra, tras unha internada de forza e velocidade pola esquerda de Pablo Muíño que centra para Jaime, quen só diante de Manuel dispara ao traveseiro. Para colmo de males dos de Zas, nesa xogada o bravo dianteiro de Baíñas lesionouse ao centrar e tivo que ser sustituído. Axiña retomou o mando o Baio e creou algunha xogada de perigo, sobre todo hai que subliñar unha dobre que tiveron primeiro MC só diante de Elías, que consegue tapar o disparo, pero o rexeite cáelle a Javi Suárez, pero o seu lanzamento é sacado por un defensor na liña de gol. Intentouno MC en varias ocasións, pero non tiña o seu día cara ao gol, aínda así fixo un bo partido. Desta segunda parte, hai que subliñar os magníficos pases de Matías en diagonal sobre Canay, e os non menos espectaculares controis deste que xa pagaron a entrada (aínda que a de onte en San Andrés fose de cinco euros). Tamén Martín tivo as súas opcións de marcar en lanzamentos desde fóra a área, pero o destino non quixo ser cruel co equipo local e deixou o marcador no 0-4 que reflectía xa á media hora de xogo.
Con esta vitoria, atrapa o Baio ao Corme, producíndose un triple empate co Muros, próximo rival o vindeiro domingo no Platas Reinoso. Parece que estes tres equipos van loitar pola quinta praza, pero os empates de Malpica e Fisterra, achéganos un pouco aos postos altos da clasificación.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Fredi (Fermín 61'), Yago, Ramón, Mario (Fachal 71'), Eloy, Alberto (Martín 52'), MC, Javi Suárez, Canay (Rubio 69').

Goles: 0-1 Canay (5'), 0-2 Alberto (9'), 0-3 Alberto (19'), 0-4 Javi Suárez (31'). 

12 mar 2012

XUVENIL E CADETE

XUVENIL: S. C. D. MALPICA 3 - C. D. BAIO 0


Rafa presionando a saída do balón
(Foto: Pablo Rodríguez)

Moito ambiente na Pedra Queimada nunha tarde soleada, aínda que coma case sempre naquel campo tamén fría, para ver un partido entre dous dos mellores conxuntos desta categoría na Costa, dous conxuntos que practican un fútbol moi distinto pero que tanto a uns coma a outros lles está dando moitas alegrías. O fútbol directo e de balóns longos dos malpicáns impúxose este sábado ao fútbol de toque e combinativo dos baieses con un contundente marcador que non reflicte o que realmente sucedeu no campo.
Momento do penalti sobre Santi.
(Foto: Pablo Rodríguez)
Non ía transcurrido medio minuto e xa se adiantaron os locais cando un balón en longo non é despexado pola defensa baiesa nin polo porteiro Pollo, e Adra máis listo aproveita o regalo para marcar de vaselina. O gol parece que noqueou aos baieses e estiveron uns minutos perdidos no campo. Os malpicáns pola súa parte xa tiñan o marcador de cara e podían practicar o xogo que mellor lles gusta: pecháronse atrás e balóns en longo sobre os seus rápidos puntas. Mais só tivo o Malpica outras dúas ocasións nesta primeira parte: un lanzamento de falta de Adra que despexou Pollo e foi ao travesaño, e unha xogada de contra sen aparente perigo pero que a defensa baiesa, moi errática neste partido contra do que é habitual, despexa mal e déixalle o balón franco a Uruguaio que empalma con forza pero Pollo realiza unha boa intervención, pero o seu despexe cáelle a Camilo que de cabeza pon o dous a cero. A pesar deste segundo gol os baieses estaban xogando ben e chegando á meta dos locais pero pecaban de falta de acerto; xa antes do segundo gol puideron empatar cun remate de Silvariño que, aínda escorado, tiña o porteiro batido tras unha fermosa xogada pola esquerda; e Fachal rematou mal un centro medido dun saque de córner, pero chegouse ao descanso cun inmerecido 2-0 para os locais.
Que toque de balón!! Que calidade!!  (Foto de Santi Díaz
feita por Pablo Rodríguez coa cámara de Santi Díaz)
Cambiou o sistema Nacho tras o descanso e pasou a xogar con tres defensas para presionar máis arriba e ter máis homes preto da área rival, pero o dominio abrumador non se vía reflectido no marcador, e pola contra a única vez no segundo tempo que os visitantes se achegaron con perigo á portería baiesa chegou o terceiro por medio de Juny. Desesperábanse os baieses pois os malpicáns con catro ocasión fixeron tres goles e eles non conseguían materializar ningunha. A saída do cadete Santi revitalizou un pouco o ataque baiés, e aos tres minutos de entrar xa forzaba un penalti ao irse en velocidade dos seu marcador, e ser derrubado por Pepis cando entraba na área, falta que lle custaba ao defensa malpicán o seu segundo cartón amarelo e conseguinte expulsión. Pero estaba claro que non era o día dos baieses e Rubio erraba o penalti e tampouco aproveitaba o rexeite do porteiro. Baixaron os brazos os xogadores visitantes pois vían que non tiñan a sorte de cara e que o Malpica se pechaba aínda máis atrás polo que a remontada era misión imposible.
Non deben decaer os xuvenís por este resultado adverso, pois manteñen todas as opcións nesta segunda fase da Liga da Costa debido aos resultados colleitados por Dumbría B e Cee, que tampouco conseguiron a vitoria nesta xornada.
Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Pardo (David 67'), Yago, Pablo, Cachopo (Santi 66'), Fachal, Rafa, Rubio, Silvariño (Lucas 45'), Bieito, Martín.
Goles: 1-0 Adra (1'), 2-0 Camilo (37'), 3-0 Juny (62').


CADETES: SPORTING ZAS 1 - C. D. BAIO 7

Por momentos os do Baio "bailaron"
aos de Zas. (Foto: Santi Díaz)
Na mañá do sábado xogábase o derby na categoría cadete, previo ao derby dos maiores do domingo. Non tivo historia este partido dada a superioridade dos baieses, que a pesar de contar coa baixa do seu segundo máximo goleador Santi, non tiveron problemas para impoñérense aos zasenses. A pesar de que o marcador do descanso (1-3) dera a entender certa igualdade a diferenza entre estes equipos é moi grande, e máis se dispón dun xogador coma Christian, que xa leva 46 goles no que vai de liga. Hai que destacar no partido do sábado o debut goleador de Anxo, de Kevin e do infantil José Antonio, que acompañaron os tres goles de Christian e o de Estefan.
Felicitacións a Kevin polo seu primeiro
gol da temporada. (Foto: Santi Díaz)
Con esta vitoria ascenden os cadetes á sexta praza e seguen loitando por asaltar esa quinta posición que agora ostenta o Outes. A próxima semana reciben ao Camariñas no Platas Reinoso antes de render visita ao da Serra.
Polo CD BAIO xogaron: Álex, Diego (Fran 63'), Miguel, Pablo, Adrián (Hío 48'), Kevin, Anxo, Estefan, José Antonio (Alfonso 60'), Pedro (Pazos 53'), Christian.

Momento histórico do gol de Anxo. Tivo que ser de penalti.
(Foto-montaxe: Santi Díaz)


9 mar 2012

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
SPORTING ZAS - C. D. BAIO
Domingo 11 de marzo; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: San Andrés (Zas).
Árbitro: José Jesús Souto Budiño.

XUVENIL (LIGA DA COSTA - SEGUNDA FASE)
S. C. D. MALPICA - C. D. BAIO
Sábado 10 de marzo; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: Pedra Queimada (Malpica).
Árbitro: Diego Lago Barros.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
SPORTING ZAS - C. D. BAIO
Sábado 10 de marzo; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:15 horas.
Campo: San Andrés (Zas).
Árbitro: César Dacal López.

BENXAMÍN-ALEVÍN (FÚTBOL-7 COSTA NORTE)
CABANA S. D. - C. D. BAIO
Sábado 10 de marzo; 17:00 horas e 18:00 horas.
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: As Redondas (Neaño).
Árbitro: David Castreje Ferrío.

ALEVÍN-BENXAMÍN (FS - COSTA BERGANTIÑÁ)
C. D. BAIO - CONCELLO CABANA
Sábado 10 de marzo; 10:00 horas e 10:45 horas.
Pavillón Polideportivo de Baio.
Árbitro: Santiago Soneira Muíño.

5 mar 2012

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA


C. D. BAIO 4 - C. F. DUMBRÍA B 0

Despois de tres partidos sen conseguir a vitoria, volveuse encontrar co triunfo o equipo baiés a pesar das baixas que están mermando o equipo, a última esta semana de Iván Pardiñas, que deixa o equipo por motivos laborais. Tivo que botar man Tono dos xuvenís, e ata seis estiveron na convocatoria no día de hoxe, ante un Dumbría B que tamén presentaba varios xuvenís na súa convocatoria polas necesidades do primeiro equipo.
Alberto volveu con forza despois da súa lesión.
(Foto: Santi Díaz)
Non tardou cinco minutos en desequilibrar o choque o Baio, pois un balón en longo de Canay sobre Javi Suárez é interceptado coa man desde o chan por Denís, sinalando o árbitro o conseguinte penalti, que se encargou de transformar Alberto. A partir de aí tratou de combinar o Baio no medio do campo co tridente ofensivo, pero hoxe notouse unha falta de "feeling" que facía estragar unha tras outra xogada de ataque. Con todo dispuxo de varias ocasións claras o Baio, que se lle ían desviadas ou eran detidas polo meta Anxo, a figura do partido. Os disparos de MC, Canay, Javi, Mario ou dun activo Alberto non lograban o obxectivo final do gol e así se chegou ao descanso coa vitoria mínima para os locais.
"Discreto" partido de Javi Suárez [Foto: Santi Díaz]:
dous goles, unha asistencia e un penalti provocado.
Saíron os dumbrieses con ánimos tras o descanso, pois en vista de que o Baio non mataba o partido viñéronse arriba a ver se pescaban algo. Intentárono con balóns en longo para os seus veloces puntas e en disparos de media distancia, pero a defensa mostrouse segura para controlar as acometidas visitantes. Tivo que saír o capitán Martín para impoñer o seu criterio no centro do campo para controlar o partido. Tivo Martín o segundo nunha bonita xogada que acabou nun pase da morte para o capitán pero o seu lanzamento foi magnificamente despexado por Anxo. Pero foi un pase seu sobre Javi Suárez o que supuxo o 2-0 e a sentenza definitiva. A partir de aquí os visitantes baixaron os brazos e non creron xa no milagre, e o Baio aproveitou para conseguir dous goles máis; o primeiro de Alberto que empuxou á rede o balón logo dunha fermosa xogada de Javi Suárez pola banda, e o segundo do dianteiro de Quintáns que bateu por baixo ao porteiro dumbriés.
Nunca choveu que non escampara, e cando escampa xa
está Chino atento co riego (Foto: Toury).
Cómoda vitoria do CD Baio que o mantén na sexta posición da clasificación, e que ten para a semana que desprazarse a Zas para xogar o derby.
  
Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías (Pardo 80'), Yago, Fredi, Ramón, Eloy, Mario (Fachal 76'), Alberto, MC (Martín 59'), Javi Suárez, Canay (Rubio 68').

Goles: 1-0 Alberto (p., 4'), 2-0 Javi Suárez (71'), 3-0 Alberto (74'), 4-0 Javi Suárez (79').

4 mar 2012

CRÓNICAS DO FÚTBOL BASE DO CD BAIO

XUVENIL: SONEIRA S. D. 0 - C. D. BAIO 2

Xa o di o contenedor: o toque de Pardo "ten moito valor"
(Foto: Santi Díaz)
Na tarde do sábado os xuvenís do CD BAIO conseguiron unha cómoda vitoria no seu desprazamento a Vimianzo, ante un Soneira que apenas inquietou a porta de Guillermo. Desde un primeiro momento controlou o partido o Baio, a pesar de contar coas importantes baixas de Yago, Bieito e Valentín.  Puido anotar algún gol nas ocasións de Martín, Lucas e Rubio, pero o porteiro soneirán Víctor, o mellor dos locais, mostrouse moi acertado. Tivo que ser Cachopo nunha galopada pola súa banda esquerda o que conseguise abrir o marcador chegando a media hora de xogo. Non mostrou reacción o Soneira, que seguiu a mercede dos visitantes. Puido cambiar o encontro no minutos 43 cando se produce a expulsión do baiés Maikel, nun rifirrafe con Cristian. Reorganizou o equipo Nacho no descanso e saíu na segunda parte con defensa de tres, co que seguiu dominando o centro do campo. Un dominio e un control de balón que se viu incrementado coa entrada do cadete Christian, que desde a punta combinou á perfección cos centrocampistas. Dous pases seus deixaron só a Rubío fronte ao porteiro, no primeiro non errou o "pìchichi" baiés para poñer o 0-2 definitivo; no segundo o balón foise ao traveseiro. 

Ata os futbolistas do Soneira quedaban abraiados co xogo
de Christian ("O Messi de Bamiro")  [Foto: Santi Díaz]
Excelente resultado do Baio que o mantén no coliderato antes de xogar cos dous equipos que acabaron primeiros nos seus respectivos grupos na primeira fase da Liga da Costa.
Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Maikel, David (Penelo 84'), Pablo, Cachopo, Fachal, Rafa, Rubio, Lucas (Vereda 81'), Alberto (Christian 61'), Martín (Pardo 46').

CADETE: C. D. BAIO 3 - S. C. D. MALPICA 3
Aos cadetes sentoulles mal o descanso. (Foto:piratasdemuxia)
Na mañá do sábado xogaron os cadetes no Platas Reinoso ante un Malpica que viña de conseguir uns bos resultados nas últimas xornadas. A pesar das baixas, sobre todo a do seu goleador Christian que foi cos xuvenís, xogou un aceptable primeiro tempo, no que cando despregaron o seu fútbol habitual de toque desarbolaban aos malpicáns, pero foron moi intermitentes no seu xogo. Con todo, lograron materializar tres ocasións, por medio de Hío, Santi e Adrián, antes de chegar ao descanso. Sentoulles mal o intermedio aos baieses pois xogaron unha das peores partes do que vai de liga. Na primeira ocasión dos malpicáns conseguen recortar distancias, e no saque de centro dos baieses unha indecisión entre os defensas fai que o balón lle quede franco ao dianteiro malpicán para poñer o 3-2. Estes dous goles nun minuto aumentaron o nerviosismo dos baieses, que se vían co partido gañado, e agora tiñan diante un rival crecido. Pero non acabarían aí os regalos dos locais, pois nun córner botado polo Malpica, o máis pequeno dos atacantes rematou só no segundo pau poñendo o empate que sería definitivo. Ben é certo que a partir de aí o Baio creou varias ocasións claras de gol, como tres man a man de Santi co porteiro que se lle foron fóra ou un claro penalti que o árbitro non sinalou por despexe coa man dun defensor cando se coaba o balón.
Con este empate sitúase o Baio na sétima posición, nese grupo de equipos que loitan por acaban na quinta praza. E para a semana derby en Zas.

Observa detidamente esta foto de piratasdemuxia e responde:
Que mirará Alberto? (Admítense comentarios)
Polo CD BAIO xogaron: Álex, Diego, Miguel (Fran 60'), Pablo, Adrián, Kevin, Anxo, Hío (Pazos 50'), Pedro (Alfonso 58'), Estefan (José Antonio 75'), Santi.

INFANTIL: C. D. BAIO 0 - U. C. CEE 5

A crónica de Javi Muíño:
"Salín eu e salvei 2 goles".
Na chuviosa mañá do domingo enfrontábase o Baio infantil co Cee, terceiro clasificado da categoría e ata hai unhas xornadas candidato ao título ligueiro. E como sempre que vén un equipo forte poñen os rapaces os cinco sentidos no partido e conseguen un marcador meriotorio a tenor do que acontece esta temporada. Ao final un marcador de 0-5, con catro goles dos ceenses na primeira parte e o quinto nos últimos minutos do partido. Agora a descansar a semana que vén antes de afrontar os oito partidos que lle restan de competición e nos que os rapaces intentarán demostrar que se loitan e se esforzan poden levar máis dunha alegría.
Polo CD BAIO xogaron: Julián, Fran Caneda (Sabela 68'), Queiro (Álex 68'), Alejandra, Andrea, Santi (Javi Muíño 58'), Sergio, José Antonio, Eloy (Anxo 49'), Noelia, Ayoub (Éver 45'). 

RESULTADOS

Liga da Costa: C. D. BAIO 4 - C. F. DUMBRÍA B 0
             [Alberto (2), Javi Suárez (2)]

Xuvenil: SONEIRA S. D. 0 - C. D. BAIO 2
                                        [Cachopo, Rubio]

Cadete: C. D. BAIO 3 - S. C. D. MALPICA 3
         [Hío, Santi, Adrián]

Infantil: C. D. BAIO 0 - U. C. CEE 5

Alevín (FS): C. D. BAIO 0 - CONCELLO MALPICA 12

Benxamín (FS): C. D. BAIO 2 - CONCELLO MALPICA 2

1 mar 2012

PARTIDOS DA PRÓXIMA FIN DE SEMANA


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - C. F. DUMBRÍA B
Domingo 4 de marzo; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José María Carro Moreira.

XUVENIL (LIGA DA COSTA 2ª FASE)
SONEIRA S. D. - C. D. BAIO
Sábado 3 de marzo; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: Municipal (Vimianzo).
Árbitro: Diego Castro Besada.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. C. D. MALPICA
Sábado 3 de marzo; 11:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Julio César Otero Taboada.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - U. C. CEE
Domingo 4 de marzo; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: David Castreje Ferrío.

ALEVÍN/BENXAMÍN (FS - COSTA BERGANTIÑÁ)
C. D. BAIO - CONCELLO DE MALPICA
Sábado 3 de marzo; 10:00 horas e 10:45 horas.
Pavillón Polideportivo de Baio.
Árbitro: Santiago Soneira Muíño.

FOTOS DOS CADETES EN PIRATAS DE MUXÍA

Coma sempre atento ao fútbol base, Xosé Búa, na súa web "Piratas de Muxía" colgou unha escolma de fotos do partido que enfrontou o pasado sábado ao Muxía C. F. e ao C. D. BAIO. Podes acceder ás fotos picando aquí: piratasdemuxia.

CD BAIO CADETE en Muxía. Foto: Piratas de Muxía

CLASIFICACIÓNS E GOLEADORES

Clasificación das categorías base nas que participa o C. D. BAIO:


 E, coma sempre, tamén as dos goleadores do CD BAIO e da Liga da Costa: