C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

27 sept 2013

PRIMEIRO DERBY DA TEMPORADA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
CAMARIÑAS F. C. - C. D. BAIO
Domingo 29 de setembro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: Irmás Patiño (Camariñas).
Árbitro: Ion Ander Mundín Mendizábal.
Asistentes: Fabián Blanco Rodríguez / Adonay Pérez Espallardó.

HISTORIAL: PX: 26 / PG 04 / PE: 04 / PP: 18 / GF: 26 / GC: 55

Chega o primeiro derby da temporada coa visita ao Camariñas FC, un rival que historicamente se lle deu mal ao CD Baio, pois nos 26 enfrontamentos ligueiros que tiveron, os camariñáns venceron en 18. O último enfrontamento no campo Irmás Patiño data de hai dúas temporadas, cando os dous disputaban a 2ª Autonómica, e o Camariñas venceu pola mínima (1-0). Tan só en dúas ocasións gañou o Baio en terras camariñanas, e foron ambas as dúas por 1-2, na temporada 1994-95 e na 2011-12.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - CORME C. F.
Sábado 28 de setembro; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Alexandre López Vila.

CADETE (COPA DA COSTA - FASE PREVIA)
S. C. R. D. ESTEIRANA - C. D. BAIO
Sábado 28 de setembro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 08:30 horas.
Campo: Xosé Luis Vara (Esteiro).

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
MUXÍA C. F. - C. D. BAIO
Sábado 28 de setembro; 11:00 horas.
Saída de Baio ás 09:30 horas.
Campo: A Arliña (Muxía).
Árbitro: Elisardo Javier Mella Fernández.

24 sept 2013

DAVID VENCEU A GOLIAT

C. D. BAIO 1 - C. F. NOIA 0

Na calorosa tarde do domingo xogou no Platas Reinoso o CD Baio o seu terceiro partido da temporada ante o potente CF Noia, o máximo favorito para gañar este campionato. Dous conxuntos que forman parte da historia da Liga da Costa, aínda que o conxunto noiés abandonou esta competición ao desaparecer como SD Noia na temporada 1985-86, e cando se refundou dous anos despois como CF Noia preferiu participar na Liga do Sar. Con todo, volveríanse atopar posteriormente, a última delas cando o Baio xogou na 1ª Autonómica por última vez antes de descender á 2ª Autonómica, que coincidiu co ascenso noiés á Preferente. O Noia tamén pasará á historia do CD Baio polo partido de homenaxe que lle tributaron ao noso club no antigo campo de San Alberto o 27 de marzo de 1975, encontro a beneficio do único club que disputara todos os campionatos costeiros, que naquel momento pasaba por graves problemas económicos.
A anécdota foi a rotura da rede que repararon Mario e Manuel

Pero deixémonos de historia e volvamos ao partido do domingo. Chegaba o Noia, un equipo renovado con moitas fichaxes e cun obxectivo claro, como é o ascenso á Preferente, e durante todo o encontro demostrou a súa fortaleza e as súas moitas armas, que a bo seguro han de ser unha boa base para alcanzar os seus propósitos. Diante estaba un equipo que acaba de ascender, que o domingo se presentaba con 15 dos 16 xogadores convocados formados na canteira baiesa. O encontro foi dun altísimo ritmo e a fortaleza física que amosaron os dous conxuntos, a pesar da calor, foi admirable.
Aínda que os primeiros minutos estiveron moi igualados, cos dous equipos querendo facerlle dano ao rival, pero gardando sempre as espaldas, o gol de Bieito cambiou o decorrer do encontro. Unha xogada de Canay por banda, que combina con Alberto e este con Bieito, que de disparo colocado dende a frontal batía a meta noiesa. A partir de aquí o Baio resgardouse un pouco, mentres que o seu rival se foi achegando moito máis á meta de Anxo, e foron varias as oportunidades que tiveron para igualar o encontro, pero unhas veces a mala puntería noiesa, e outras a intervención da defensa e do porteiro baieses impedírono.
Anxo, a figura, acabou no hospital [Fotos: S. Díaz]
A segunda parte, transcorreu da mesma maneira, co Baio atrás, buscando unha contra a través dos seus puntas, e o Noia achegándose unha e outra vez ás inmediacións da área baiesa, creando moitas ocasións de perigo, que solventou Anxo con varias intervencións de mérito que o converteron no heroe do partido. Con todo, a ocasión máis clara tívoa o dianteiro noiés Toni, que lle gañou as costas aos centrais, e tras irse de Anxo rematou a porta, pero Fredi chegaba a tempo de despexar antes de que o balón se introducise na meta. Tivo tamén o Baio algunha oportunidade para sentenciar. Sen dúbida a máis clara veu dunha xogada por banda de Martín MC, que centrou para a chegada de Canay, pero o lanzamento deste batía contra o poste da meta de Borja. Con moito sufrimento, e coa lesión do meta Anxo que chegou ao final a pesar dun forte golpe na cabeza que o levou ao hospital, rematou o partido no que o débil David venceu ao todopoderoso Goliat. 
Con esta vitoria suma o Baio cinco puntos e mantense invicto logo de tres xornadas. A vindeira semana hai que render visita a Camariñas, no que será o primeiro derby costeiro da actualidade. 

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Antonio (Ramón 75'), Mario, Yago, Eloy, Norber, Fachal (Fredi 65'), Bieito, Martín MC, Alberto (Rubio 60'), Canay.

Gol: 1-0 Bieito (20'). [Se picas no nome podes ver o vídeo do gol]

XUVENIL: LAXE C. F. 3 - C. D. BAIO 7

Despois de dous partidos nos que deixou moitas dúbidas e unha falta de acerto cara á porteira, os rapaces de Pastoriza desquitáronse o pasado sábado cunha goleada que puido ser maior se non fose pola relaxación dos minutos finais. Non houbo color no encontro, e o Baio foi moi superior ao rival, cuns Estefan e Santi moi resolutivos ante a porta local. Ao descanso chegouse co claro marcador de 0-4, que se incrementou na reanudación, aínda que os ex-xogadores baieses Manuel e Adrián maquillaron o resultado final. 

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo (Álex 78'), Fabián, Michi, Pablo, Silvariño (Alfonso 76'), José Antonio, Anxo, Pazos (Javi 46'), David, Santi Díaz, Estefan (Pedro 75').

Goles: 0-1 David (4'), 0-2 Estefan (10'), 0-3 Estefan (32'), 0-4 Santi (33'), 0-5 Santi (54'), 1-5 Manuel (60'), 1-6 Santi (70'), 1-7 Javi (80'), 2-7 Adrián (83'), 3-7 Adrián (89'). 

CADETE: C. D. BAIO 3 - S. D. FISTERRA 3

Comezou o sábado o CD Baio a Copa da Costa na categoría cadete ante un Fisterra que se mostrou moi forte. Proba desa fortaleza foron os primeiros goles visitantes na primeira parte, que os puxeron en franca vantaxe no descanso. Pero os baieses saíron con forza dos vestiarios e o dianteiro Anxo lograba igualar a contenda con dous magníficos goles a pesar de ter un forte golpe no nocello que lle impedía correr con normalidade. Os fisterráns volvéronse adiantar de novo, pero unha xogada de pillo do infantil David, adiantándose á defensa e á saída do porteiro, poñían a igualada definitiva no marcador.

Polo CD BAIO xogaron: Julián, Queiro, Alberto, Fran, Damián, Javi Muíño, Manuel Mª (Éver 44'), Sergio, David, Eloy (Víctor 56'), Anxo.

Goles: 0-1 Andrés (20'), 0-2 Álex (30), 1-2 Anxo (46'), 2-2 Anxo (56'), 2-3 Álex (75'), 3-3 David (77').

INFANTIL: C. D. BAIO 1 - S. D. CABANA 11

Partido que non tivo moita historia, sobre todo na segunda parte, na que os cabaneses pasaron por riba dun Baio aínda en formación e con bastantes baixas. A pesar de todo, os baieses aguantaron no primeiro tempo e chegouse ao descanso cun apertado 1-3, co gol baiés obra do dianteiro Pablo Queiro. No segundo período, os rapaces de Fariña foron moi superiores e gañaron física e tacticamente ao combinado baiés.

Polo CD BAIO xogaron: Cedrón (David 41'), Víctor, Ariel, Miguel, Manuel Mª, Daniel, Martín (Antía 47'), Iago, Pablo, David, Queiro.

19 sept 2013

DUELO DE HISTÓRICOS


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - C. F. NOIA
Domingo 22 de setembro; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Borja Sánchez García (Colexio da Coruña)
Asistentes: Jaime Sainz Evans / Álvaro Miguel Millán Mallo.
HISTORIAL: PX: 26 / PG: 09 / PE: 02 / PP: 15 / GF: 27 / GC: 70

Partido entre dous equipos históricos da Costa, que se viron as caras en 13 temporadas (sobre todo co SD Noia, precursor do actual), na que os resultados das primeiras foron sempre avultados para os noieses, pero que nos últimos enfrontamentos foron cambiando as tornas. Aínda que o último partido que xogaron en Baio gañou o Noia 2-4; foi na temporada 2005-06, na 1ª Autonómica, e o Noia acabaría proclamándose campión e o Baio descendeu de categoría. 

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
LAXE C. F. - C. D. BAIO
Sábado 21 de setembro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: Cabo de Area (Laxe).
Árbitro: Luis M. Insua Lago.

CADETE (COPA DA COSTA 1ª FASE)
C. D. BAIO - S. D. FISTERRA
Sábado 21 de setembro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Miguel Antonio González Rey.

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - CABANA S. D.
Domingo 22 de setembro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Diego Lago Barros.

17 sept 2013

XORNADA DE EMPATES

S. D. FLAVIA 1 - C. D. BAIO 1
Os dous equipos e o trío arbitral no Souto [Foto: S. Soneira]

Primeiro partido da liga lonxe do Platas Reinoso e tocaba visita a un histórico como a SD Flavia, que nos recibía no campo do Souto aínda coa feira de Padrón sen rematar. Boa tarde para acudir ao fútbol, aínda que o escenario municipal non presentaba boa entrada, con igualdade de afeccionados dos locais coma dos visitantes. Chegaba o Baio con moitas baixas a este encontro, como foron as dos viaxeiros Eloy, Mario e Martín MC, e os lesionados Christian, Martín e Pablo. Por se fose pouco, ao cuarto de hora tiña que abandonar o terreo de xogo José Antonio cunha brecha na cabeza, o que lle custou varios puntos de sutura nun hospital santiagués.
O partido supuxo os debuts de Alberto Carballo e do xuvenil Santi Díaz como xogadores do Baio en partido oficial, o primeiro como titular e o segundo entrando desde o banco. Non puido principiar de mellor forma o partido, pois logo de recuperar o balón o Baio despois do saque inicial local, un pase en profundidade de Fachal para Canay, que gaña en velocidade aos centrais e bate ao porteiro na súa saída, cando se levaban disputados só 28 segundos. Despois do golpe que lles afectou aos padroneses, e da lesión de José Antonio, o Flavia empezou a chegar con perigo á meta baiesa, sobre todo a través da velocidade do seu dianteiro Benson, que foi un pesadelo para os defensas visitantes. Chegando á media hora de xogo, prodúcese un claro penalti por falta de Alberto Carballo, que se encarga de lanzar o capitán local Iván, pero nunha grande intervención conseguía deter o meta Anxo. Seguiu presionando o equipo padronés na busca do empate, pero unha vez a defensa, outras o porteiro e outras a falta de acerto fixeron que se chegase ao descanso coa mínima vantaxe para o Baio.
Comezou o segundo tempo polos mesmos derroteiros, pero cando apenas se levaban disputados tres minutos empataría o Flavia por medio do seu dianteiro Benson, ao aproveitar un balón solto na área, logo dun saque de esquina. Sufriu o Baio este golpe, e durante moitos minutos estivo impreciso e nervioso, con moitos erros que non foron aproveitados polos locais, debido ao gran partido de Anxo, e dos seus defensas. Intentou cambiar Félix a situación con variantes tácticas que non deron os froitos apetecidos, aínda que durante moitos minutos o Baio conseguiu facerse algo máis coa posesión do balón e chegou ás inmediacións da áreal rival, aínda que sen moito perigo. Si levaba perigo Benson, que unha vez tras outra poñía en apertos ao seu par, pero non soubo definir as oportunidades que el mesmo creaba. Ao final empate a uns, que lles soubo máis aos visitantes que aos locais, pero que lle serve ao Baio para sumar o seu segundo punto nas dúas xornadas disputadas, antes de recibir o vindeiro domingo no Platas Reinoso ao CF Noia, o auténtico favorito desta competición, como o está demostrando coas súas goleadas.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, Chema, Alberto Carballo (Fredi 69'), Yago, José Antonio (Ramón 18'), Norber, Fachal, Rubio (Santi Díaz 60'), Bieito, Alberto (Valentín 87'), Canay.

Goles: 0-1 Canay (1'), 1-1 Benson (48'). [Se picas no seu nome podes ver o gol do Baio]


XUVENÍS: C. D. BAIO 0 - S. D. CORISTANCO 0

Disputado na tarde do venres o partido correspondente á terceira xornada de liga, o segundo na conta dos baieses, por canto descansaron na anterior xornada. A pesar de que os rapaces de Pastoriza o intentaron durante todo o partido, non conseguiron bater a porta bergantiñá, polo que se chegou ao final co empate inicial, o que supón o primeiro punto na conta local.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo (Álex 83'), Fabián, Michi, José Antonio (Kevin 46'), Pablo, David, Anxo, Silvariño (Alfonso 83'), Pedro (Anxo II 46'), Estefan (Pazos 72'), Santi Díaz.  

INFANTÍS: S. D. SOFÁN 3 - C. D. BAIO 3

Na tarde do sábado viaxaba o equipo infantil do CD Baio ao campo do Carral en Sofán, un equipo aínda en formación con varias baixas, pero que xa vai collendo forma e ritmo de competición. Soubo sobrepoñerse ben ás embestidas locais, que ata por tres veces se adiantaron no marcador, pero os rapaces de Julio Vila lograron igualar para sumar un punto na clasificación.

Polo CD BAIO xogaron: Cedrón, Ariel, Víctor, Miguel (David 57'), Manuel Mª, Eloy, Álvaro, Ezequiel (Marina 40'), Dani, Torrado (Samuel 49'), Queiro.

Goles: 1-0 Sebas (10'), 1-1 Manuel Mª (15'), 2-1 Nacho (35'), 2-2 Torrado (37'), 3-2 Ángel (61'), 3-3 Eloy (75').

12 sept 2013

PARTIDOS DA FINDE DA BARCA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
FLAVIA S. D. - C. D. BAIO
Domingo 15 de setembro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: Municipal do Souto (Padrón).
Árbitro: Miguel Ángel Vilas Lorenzo.
Asistentes: Alberto Zas Varela / Roberto Fernández Cela.
HISTORIAL: PX: 14 / PG: 5 / PE: 4 / PP: 5 / GF: 12 / GC: 15. 

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - S. D. CORISTANCO
Venres 13 de setembro; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Adonay Pérez Espallardó.

CADETE (COPA DA COSTA)
C. D. BAIO DESCANSA

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. D. SOFÁN - C. D. BAIO
Sábado 14 de setembro; 18:00 horas.
Saída de Baio ás 16:30 horas.
Campo: O Carral (Sofán).
Árbitro: Luis Santiago Pérez Ponte.

10 sept 2013

EMPATE NO PARTIDO DAS FESTAS

C. D. BAIO 0 - S. D. AGOLADA 0

Principiou a temporada na 1ª Autonómica e o CD BAIO colleitou un empate ante o equipo dezano da SD Agolada, que, coma nós, ascendía o ano pasado de categoría. O partido veu marcado polas festas patronais da vila baiesa, que puideron facerse notar co decorrer dos minutos. Con todo o Baio foi superior ao seu rival, sobre todo no segundo tempo, e aínda que non houbo moitas ocasións de gol, si mereceu colleitar un mellor resultado. 
Moito público o congregado no Platas Reinoso, que aproveitou a xornada festiva e o bo tempo para vir animar os seus. O Baio contaba coa ausencia do seu adestrador Félix, que a semana anterior contraía matrimonio, exercendo os labores técnicos o mancado capitán Martín. O Agolada, ben colocado sobre o campo, baseaba o seu xogo de ataque en balóns sobre o seu dianteiro-tanque Pablo, que prolongaba para as incursións dos mediapuntas ou controlaba na espera das incorporacións do centro do campo, pero a defensa baiesa mostrouse moi segura, e apenas puxeron en apuros a Anxo.
Na segunda parte o Baio puxo máis empeño na busca do gol da vitoria, mentres que o Agolada daba un paso máis atrás e apenas atravesaba o medio do campo. Pero o ataque baiés estaba falto de frescura pois combinaban ben ata as proximidades da área, pero non chegaba o pase definitivo. A ocasión máis clara estivo nos pés de Canay, que controlou un balón de costas á portería, e tras desfacerse do seu marcador era derrubado sen que o árbitro sinalase un que parecía claro penalty, pero aínda así Canay lograba desde o chan golpear o balón e este ía petar no poste co porteiro superado. Ao final, moita precipitación nas súas accións, que non deron o froito desexado.
Un punto agridoce que serve para inaugurar a temporada e que se pode facer bo o próximo domingo na visita a Padrón, para renderlle visita ao histórico Flavia. 

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Antonio (Ramón 79'), Mario, Yago, Eloy, Norberto, Fachal (Rubio 66'), Bieito, Alberto, Christian (Canay 46'), Martín MC.   

INFANTÍS: C. D. BAIO 0 - E. M. F. VIMIANZO 5

Partido inaugural da liga infantil que se xogou na tarde do luns, condicionado polas festas de Baio. O equipo do novo míster Julio Vila, aínda en fase de formación, acusou as baixas, pois só contaba con doce xogadores dispoñibles. Diante tivo un bo equipo, que este ano vai recoller os froitos da boa campaña que desenvolveu o seu equipo alevín. Con todo, foi nos minutos finais cando os visitantes lograron a goleada, pois bo parte do encontro foi disputado de poder a poder.

Polo CD Baio xogaron: Cedrón, Ariel, Víctor, Miguel, Leal, Eloy, Álvaro, Daniel, Torrado, Samuel (Atenea 41'), Queiro.

6 sept 2013

EMPEZA A TEMPORADA DO 50 ANIVERSARIO

Esta fin de semana comeza o CD BAIO unha temporada especial por cumprírense os 50 anos desde a fundación oficial do club decano da Costa. Será o domingo ante o Agolada, rival na promoción de ascenso da temporada anterior, e ambos os dous ascendidos á 1ª Autonómica. Só houbo dous enfrontamentos na historia entre estes dous equipos, cunha vitoria para cada un, con seis goles a favor do Baio e dous a favor do Agolada.
O equipo XUVENIL, que xa principiou a liga a semana pasada, descansará esta semana coincidindo coas festas de Baio. O luns pola tarde dará inicio a liga INFANTIL, co debut dos rapaces de Julio Vila.

1ª AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - S. D. AGOLADA
Domingo 8 de setembro; 19:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Marco Gil Soriano.
Asistentes: Juan Orozco Corredoira / Jesús Iván Patricio Blanco.
 
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO DESCANSA
 
INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - E. M. F. VIMIANZO
Luns 9 de setembro; 18:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Julián Carlos Brea Sánchez.
 

1 sept 2013

CALENDARIO DO CD BAIO NA 1ª AUTONÓMICA

Aquí tendes o calendario oficial dos partidos que vai disputar o CD BAIO esta temporada na 1ª Autonómica (Grupo 2º), con algúns datos dos clubs cos que competiremos, incluíndo o historial dos enfrontamentos contra eles, así como o das once campañas anteriores que militou o Baio nesta categoría (pica na imaxe para agrandala):