C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

30 abr 2014

PARTIDOS DESTA PONTE DO 1º DE MAIO



COPA DA COSTA (16 º DE FINAL VOLTA)
C. D. BAIO - MAZARICOS C. F.
Xoves 1 de maio; 19:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

PRIMEIRA AUTONÓMICA - GRUPO 2º
C. D. BAIO - SIGÜEIRO F. C.
Domingo 4 de maio; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - SP. ZAS
Sábado 3 de maio; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

BENXAMÍN (TORNEO RC DEPORTIVO A CORUÑA)
RÁPIDO DE NEDA - C. D. BAIO
Xoves 1 de maio; 12:35 h. (Campo 4)
TRAZO C. F. - C. D. BAIO
Xoves 1 de maio; 13:25 h. (Campo 16).
Saída de Baio ás 10:00 horas.
Campo: O Mundo do Fútbol (Acea de Ama-Abegondo).

BENXAMÍN (FÚTBOL-8 COSTA NORTE)
C. D. BAIO - AS BALEAS F. S. "B"
Sábado 3 de maio; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

23 abr 2014

PARTIDOS DESTA SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
S. D. PILOÑO - C. D. BAIO
Domingo 27 de abril; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:15 horas.
Campo: O Camballón (Vila de Cruces).
Árbitro: Manuel Paz Hermida.
Asistentes: José Luis Miguélez Granja / Bruno Iglesias Penela.

XUVENIL (COPA DA COSTA - 8º FINAL VOLTA)
OUTES F. C. - C. D. BAIO
Xoves 24 de abril; 18:30 horas.
Saída de Baio ás 16:30 horas.
Campo: O Conchido (A Serra de Outes).

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
FISTERRA S. D. - C. D. BAIO
Sábado 26 de abril; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: Ara Solis (Fisterra).
Árbitro: David Rodríguez Varela.

ALEVÍN/BENXAMÍN (FÚTBOL 8 - COSTA NORTE)
S. D. SOFÁN - C. D. BAIO
Venres 25 de abril; 19:00 h e 20:00 h.
Saída de Baio ás 17:45 horas.
Campo: O Carral (Sofán).
Árbitro: Vítor Recarei Pazos.

ALEVÍN/BENXAMÍN (FÚTBOL 8 - COSTA NORTE)
C. D. BAIO - AS BALEAS F. S.
Sábado 26 de abril; 18:30 h e 19:30 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

PRE-BENXAMÍN (FÚTBOL 8 - COSTA LESTE)
XALLAS DE SANTA COMBA C. F. - C. D. BAIO
Sábado 26 de abril; 12:30 horas.
Saída de Baio ás 11:00 horas.
Campo: San Pedro (Castriz).
Árbitro: José Manuel González Laíño.


16 abr 2014

PARTIDOS EN SEMANA SANTA


COPA DA COSTA (16º DE FINAL)
MAZARICOS C. F. - C. D. BAIO
Xoves 17 de abril; 18:00 horas.
Saída de Baio ás 16:15 horas.
Campo: Pedra do Ouro (O Pino do Val).
Árbitro: Marco Gil Soriano.

XUVENIL (COPA DA COSTA - 8º FINAL)
C. D. BAIO - OUTES F. C.
Sábado 19 de abril; 18:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

BENXAMÍN/ALEVÍN (F-8 COSTA NORTE)
APRAZADOS PARA O 25-04

PRE-BENXAMÍN (F-8 COSTA LESTE)
C. D. BAIO - OUTES F. C.
Luns 21 de abril; 18:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Santiago Vázquez Passannante.

15 abr 2014

VOLVE ABRIR A EXPOSICIÓN. E CAMISETAS E FESTA!!!

SE NON A VICHES NA SEMANA SANTA TES OUTRA OPORTUNIDADE

Para todos aqueles que non puideron ver a Exposición de fotos, fichas, trofeos, bandeiríns, recortes de prensa e demais material que recollemos destes 50 anos de vida do C. D. BAIO, teñen agora unha nova oportunidade na Semana Santa. E tamén para aqueles que a queiran volver ver, claro.

A exposición estará aberta só VENRES, SÁBADO e DOMINGO, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas os dous primeiros días e só no horario matutino o último.

Ademais da visita tamén podes adquirir algún dos produtos conmemorativos que se fixeron con ocasión deste aniversario: bufandas, camisetas, polos, mochilas, paraugas ou viño. E tamén o chándal CD Baio-50 Aniversario. Despois xa podes ir ver mundo ben equipado:



AGORA TAMÉN PODES TER A CAMISETA OFICIAL DO C.D. BAIO

· Xogaches no Baio pero non conservas unha camiseta deste histórico club?
· Viches centos de partidos do Baio e non o puideches animar vestindo a súa camiseta?

Non te preocupes, agora chega a solución:
Podes mercar a camiseta oficial desta temporada do C.D. Baio (marca Adidas, especial 50 Aniversario) e personalizala co teu número e co teu nome no lombo. 

Para ti para sempre, para levala aos partidos, para colgala no medio do salón ou para regalala... 

Máis información sobre como mercar a camiseta picando en comprar camiseta

E NON ESQUEZAS QUE O 8 DE XUÑO ESTAMOS DE FESTA!!!

O 8 de xuño haberá unha gran festa xantar na Carballeira de Baio, organizada pola Comisión do 50 Aniversario, e á que está invitado todo aquel que queira pasalo ben. Poderá comer, beber, bailar, xogar nos inchables ou conversar cos vellos compañeiros de todas as épocas. 

Toda unha xornada festiva polo módico prezo de 25 Euros: recolle previamente o teu ticket nun dos seguintes establecementos: BAR TRÉBOL - BAR O CRUCE - CERVECERÍA RÍO GRANDE - ELECTRODOMÉSTICOS JAVI DÍAZ, e prepárate para unha celebración histórica.

Se pinchas no cartel pódelo ver máis grande, pero segue sendo igual de barato:


9 abr 2014

HOMENAXE A TODOS OS PRESIDENTES DO C.D. BAIO

DOMINGO 13 DE ABRIL, 16:45 HORAS, NO PLATAS REINOSO

O próximo domingo a Comisión do 50 Aniversario quérelle render unha homenaxe a todos os que foron presidentes do C. D. Baio nos seus cincuenta anos como club federado. A razón da escolla desta data está en que o 12 de abril se cumpren eses 50 anos do primeiro partido da Liga da Costa, que tivo como protagonista ao club baiés. O Baio xogou o 12 de abril de 1964 no campo do Laxe o primeiro encontro oficial, e un dos seus xogadores, Pepe de Agosto (Agosto I), tivo a honra de ser o autor do primeiro gol desta xa histórica competición, ao marcar no primeiro minuto deste partido, aínda que ao final o Baio acabaría perdendo (3-1).
Nos prolegómenos do partido Baio-Villestro do vindeiro domingo, esta Comisión quere que os que tiveron a honra e o traballo de dirixir este club vexan recompensados os seus esforzos co aplauso e recoñecemento dos socios e seguidores baieses. Con tal motivo foron convocados eses 16 presidentes (ou familiares no caso dos ausentes) a participar deste sinxelo pero emotivo acto.

Os dezaseis heroes son os seguintes:

  1- MANUEL PÉREZ MAROÑO (1963-64 e 1975-76)
  2- JOSÉ Mª LEMA DE LA IGLESIA (de 1964-65 a 1968-69 e de 1970-71 a 1973-74)
  3- JESÚS RIAL PAZ (1969-70)
  4- JOSÉ LUIS LÓPEZ GONZÁLEZ (1974-75)
  5- JOSÉ DÍAZ CASTRO (1976-77)
  6- SANTIAGO ROMERO BUDIÑO (1977-78, 1979-80, 1980-81 e 1995-96)
  7- JOSÉ MIRA REY (1978-79, de 1983-84 a 1985-86 e 1987-88)
  8- JULIO DÍAZ RELLÁN (1981-82 e 1988-89)
  9- ÓSCAR LEMA SOUSA (1986-87 e 2008-09)
10- MANUEL GÓMEZ AMEIJEIRAS (1987-88)
11- JOSÉ MUÍÑO ESPASANDÍN (1989-90 e 1990-91)
12- JOSÉ RAMÓN TOURIÑÁN CHANS (de 1991-92 a 1994-95)
13- JOSÉ RODRÍGUEZ EIROA (de 1995-96 a 1997-98)
14- FAUSTINO ESPASANDÍN RIAL (1998-99, 1999-00, 2003-04 e 2004-05)
15- JESÚS R. SOUTO GARCÍA (de 2000-01 a 2002-03 e de 2005-06 a 2007-08)
16- DIEGO DÍAZ ROMERO (de 2009-10 a 2012-13)

A nosa admiración a todos eles.

PARTIDOS DESTA SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - S. D. VILLESTRO
Domingo 13 de abril; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

HISTORIAL: PX: 01 / PG: 00 / PE: 00 / PP: 01 / GF: 01 / GC: 04

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - AS BALEAS F. S.
Xoves 10 de abril; 18:45 horas.
Campo: As Fontiñas (Nantón).
Árbitro: Alexandre López Vila.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - XALLAS SANTA COMBA C. F.
Domingo 13 de abril; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

ALEVÍN (FÚTBOL 8 - COSTA NORTE)
E. F. B. CORCUBIÓN - C. D. BAIO
Sábado 12 de abril; 13:00 horas.
Saída de Baio ás 11:00 horas.
Campo: Novo Cubaleiro (Corcubión).

BENXAMÍN (FÚTBOL 8 - COSTA NORTE)
PONTECESO S. D. - C. D. BAIO
Sábado 12 de abril; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: O Pinguel (Ponteceso).

PRE-BENXAMÍN (FÚTBOL 8 - COSTA LESTE)
U. C. CEE "B" - C. D. BAIO
Sábado 12 de abril; 12:00 horas.
Saída de Baio ás 11:00 horas.
Campo: San Paio de Refoxos (Cee).


3 abr 2014

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
LAMELA C. F. - C. D. BAIO
Domingo 6 de abril; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: Mularedos (Lamela-Silleda).

HISTORIAL: PX: 01 / PG: 00 / PE: 01 / PP: 00 / GF: 00 / GC: 00

INFANTIL (COPA DA COSTA - PREVIA)
S. D. FISTERRA - C. D. BAIO
Venres 4 de abril; 18:30 horas.
Saída de Baio ás 17:00 horas.
Campo: Ara Solis (Fisterra).

BENXAMÍN-ALEVÍN (FÚTBOL 8 - COSTA NORTE)
C. D. BAIO - MUXÍA C. F.
Venres 4 de abril; 18:00 h e 19:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

1 abr 2014

A CAMISETA DO 50 ANIVERSARIO Á VENDA!!!



Debido a unha enchente de peticións decidimos poñer á venda a camiseta oficial ADIDAS que luce esta temporada o C. D. BAIO para celebrar o seu 50 Aniversario como club federado.


Non te preocupes que dispoñemos de TODAS AS TALLAS (desde para nenos de 6 anos ata a XXL).


Hai tres prezos diferentes dependendo do equipada que a queiras:

a)  BÁSICA (cos dous escudos e publicidade):  40 Euros.
b)  NUMERADA (Básica + número no lombo): 43 Euros.
c)  PERSONALIZADA (Numerada + nome):     45 Euros.

COMO CONSEGUILA? Para facerte con unha tes que mandar unha mensaxe privada ao FACEBOOK do Baio (Cdbaio Baio) ou solicitala na cantina do campo, indicando a talla e cal das tres modalidades escolles (e no seu caso número e nome que desexes poñerlle). As camisetas só se encargarán previo pago. O prazo para pedila finaliza o 1 de maio.

CHÁNDAL 50 ANIVERSARIO

Tamén está á venda o chándal LUANVI do 50 Aniversario. Ponte tamén en contacto con nós para conseguilo.
O seu prezo son 30 Euros e dispoñemos das tallas S, M e L.