C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

2 ago 2016

C.D. BAIO TEMPORADA 2016-17


Xa está aquí a nova temporada futbolística, na que o CD Baio vai disputar de novo a Liga da Costa, ou de forma oficial a Segunda Galicia Grupo 2º, logo do descenso da temporada pasada polos moitos arrastres que se produciron na Primeira Galicia.

Iniciamos ilusionados esta nova temporada coa esperanza de brindarlles aos nosos afeccionados as alegrías que non tiveron na última campaña e para iso fixéronse unhas pequenas modificacións, tanto no equipo directivo, como no corpo técnico e tamén no cadro de xogadores.

Esta vai ser a Xunta Directiva do CD Baio 2016-2017:

  • Presidente: Chema Rey Lema
  • Vicepresidente Deportivo: Manuel Mouzo Doval
  • Vicepresidenta Económica: Martina López Romero
  • Secretario: Miguel Ángel Fernández López
  • Tesoureiro: Manuel Ángel Barreira Rial
  • Vogal: Julio Castro López
  • Vogal: Manuel Espasandín Romar
  • Vogal: Rebeca Facal Fuentes 
Pedro Gómez 
Para a parte deportiva apostamos este ano por un novo adestrador, Pedro Gómez Ferreiro (Carballo, 1978), procedente da SD San Lorenzo, na que estivo as dúas últimas campañas, con notables resultados colleitados, e anteriormente foi 2º adestrador do Bergantiños FC na 3ª División, ademais de responsable de varias categorías deste club carballés. Exercerá como delegado do equipo Manuel Romar.


En canto aos xogadores mantense o bloque do ano pasado, coas únicas baixas dos porteiros Pablo e Pollo e do dianteiro Luisito (Xallas CF). Para compensalo chegaron catro novos xogadores: o porteiro Diego, procedente do Laracha da Preferente Galicia, o lateral-interior Isaac, que xogou a temporada pasada na SD San Lorenzo, e os retornos de dous dianteiros, o baiés Santi Díaz, que estivo no Xallas CF estes últimos dous anos, e Javi Suárez, que logo de abandonarnos para xogar no XSC CF e despois no CD Baíñas, volve para demostrar que é un dos grandes goleadores da Costa. 
Este é o plantel do CD Baio na actualidade:

Diego
  • Porteiros:
Diego Mallo Varela, Diego. Carballo. 21 anos. Laracha CF 2016
Julián Fuentes Caamaño, Julián. Baio. 16 anos. CD Baio Xuvenil
  • Defensas:
José Luis Alvite Lema, Luis. Olveira (Dumbria). 32 anos. CD Baíñas 2015
Yago Couto Tasende, Yago. Camafreita (Cabana). 23 anos. CD Baio Xuvenil 2012
Ramón Gómez Costa, Ramón. Baio. 34 anos. CD Baio Xuvenil 2000
Eloy Lema Ordóñez, Eloy. Baio. 26 anos. CD Baio Xuvenil 2009
Pablo Portomeñe Gómez, Porto. Palas de Rei, 30 anos. CD Santa Comba 2014
Pablo Rodríguez Calo, Costiña. Baio. 19 anos. CD Baio Xuvenil 2015
Mario Romero Rodríguez, Mario. Baio. 32 anos. CD Baio Xuvenil 2001
Alfredo Soneira Muíño, Fredi. Baio. 34 anos. CD Baio Xuvenil 1999

Isaac
  • Centrocampistas:

Rodrigo Fachal Rial, Fachal. Baio. 22 anos. CD Baio Xuvenil 2013
Iván García Espasandín, Rubio. Suíza. 22 anos. CD Baio Xuvenil 2012
Brais Garrido Rodríguez, Brais. Anos (Cabana). 22 anos. Bergantiños FC 2014
Norberto González Pose, Norber. Lamas (Zas). 23 anos. Bergantiños FC 2012
Diego Méndez Mariño, Moreno. Cesullas (Cabana). 20 anos. Cabana SD 2015
Martín Pérez Gómez, Martín. Baio. 37 anos. CD Nantón 1999
Isaac Rojo Rodríguez, Isaac. Carballo. 20 anos. SD San Lorenzo 2016
Adrián Touriñán Mallón, Peque. Zas, 24 anos. Sp. Zas 2015

    Santi Díaz
  • Dianteiros:
Santiago Díaz Cancela, Santi Díaz. Baio. 19 anos. Xallas CF 2016
Martín Fuentes Santos, Martín MC. Baio. 25 anos. CD Baio Xuvenil 2009
Christian Ordóñez García, Christian. Bamiro. 20 anos. CD Baio Xuvenil 2013
Javier Suárez Amado, Javi Suárez. Quintáns-Vilar (Zas). 27 anos. CD Baíñas 2016
Manuel Suárez Saleta, Saleta. Laxe. 20 anos. SD Laxe 2015

Tamén están a facer a pretemporada, procedentes dos xuvenís:

Manuel J. Brandón Gándara, Brandón. A Agualada. 19 anos. CD Baio Xuvenil 2016
Cristian Pazos Lema, Cristian. Baio. 19 anos. Baio Xuvenil 2016

Javi Suárez
Por outra parte, tras a disputa da Copa Deputación, xa están definidos os encontros amigables que se van celebrar esta pretemporada, que son os seguintes:

  • 5 agosto: CD Baio - Atl. Coruña Montañeros (1ª Galicia); Platas Reinoso
  • 10 agosto: CD Baio - Camariñas CF (2ª Galicia), Platas Reinoso
  • 13 agosto: CD Baio - CF Dumbría (1ª Galicia); Platas Reinoso
  • 20 agosto: CD Baio - Xallas CF (Preferente); Platas Reinoso
  • 24 agosto: CD Baio - Fisterra SD (1ª Galicia); Platas Reinoso
  • 28 agosto: Sp. Zas (1ª Galicia) - CD Baio; San Andrés (Trofeo Concello de Zas)