C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

31 mar 2017

PREVIA DO UC CEE-CD BAIO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1808
703
419
686
2972
2996
TOTAL LIGAS
1584
611
363
610
2535
2629
LIGA DA COSTA
822
329
158
335
1503
1556

Na xornada 29ª o CD Baio visita no San Paio de Refoxos ao UC Cee, club que comparte cos baieses a fundación da Liga da Costa. Os ceenses son os segundos que máis temporadas levan competindo, 53, unha menos que o Baio, pois non participaron na temporada 75-76, aínda que por número de partidos xogados supéraos tamén o Fisterra. Desas 53 temporadas, 10 foron na Rexional Preferente, outras 10 na 1ª Rexional/Autonómica provincial ou semiprovincial e as restantes 33 na Liga da Costa. Este número fai que sexa o 5º nesta categoría (empatado co Baio), aínda que por partidos xogados sexa o 7º. O UC Cee é o club máis laureado da Costa, principiando polas Liga e Copa da Costa das dúas primeiras temporadas, que lle valeu o calificativo na prensa coruñesa de "acaparador Cee". Suma un total de 6 Ligas da Costa (63-64, 64-65, 79-80, 91-92, 00-01 e 06-07) e 7 Copas da Costa (63-64, 64-65, 77-78, 79-80, 91-92, 92-93, 06-07), sendo ademais finalista noutras dúas edicións (07-08 e 09-10). Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

U.C. CEE
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1562
721
302
539
2904
2382
LIGA DA COSTA
824
412
155
227
1852
1178

Esta temporada é a 26ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Cee, seis delas na Preferente, outras dúas na 1ª Rexional provincial e as outras 19 na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 24 de maio de 1964 no vello campo das Raíces con goleada local (6-1), resultado avultado que se repetiu nas dúas seguintes visitas. Conseguiu empatar o Baio (2-2) na 66-67, pero de novo o Cee gañou nas cinco seguintes, algunha tamén con goleada incluída. Volveu empatar na 72-73 o equipo baiés co mesmo resultado que a anterior, para perder pola mínima as dúas seguintes. Tras un ano sen competir o Cee, volveu cunha nova goleada antes de que pasasen oito anos sen enfrontarse. A seguinte vez que cadraron xa foi na Preferente, do ano 84-85, e o Cee gañou 1-0, resultado que se repetiu nas dúas seguintes visitas, nas 87-88 e 88-89, tamén na Preferente, novas vitorias locais (2-1 e 3-1, respectivamente). Na 90-91 volveron os dous para a Liga da Costa e o Baio logrou o seu primeiro triunfo en campo ceense, ademais por goleada (0-4). Tras catro campañas volveron cadrar na 1ª Rexional provincial, na que o Baio sería campión e o Cee subcampión, e no partido xogado en Cee empataran (1-1). Xa que logo, subiran os dous á Preferente, na que o Baio se impuxo de novo por clara diferenza (0-3). Houbo que agardar seis temporadas para que cadrasen de novo, na 1ª Rexional provincial da 01-02, con vitoria baiesa (0-1). As tres últimas foron xa na Liga da Costa, e nas tres gañou o equipo local, na 06-07 cun claro 3-0, na 07-08 con moitos goles (5-3) e na 12-13 de novo se deu un 3-0. Polo tanto, as estatísticas indican que os ceenses apenas deixan lugar á sorpresa no seu terreo, onde nunha gañou o Baio na Liga da Costa (si en categorías superiores), , e como no campo baiés están os números máis igualados, as xerais son bastante favorables aos ceenses.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
51
14
06
31
74
127
Xogados en Cee
25
03
03
19
28
73

O partido do domingo
O Cee figura na actualidade na 11ª posición, con 34 puntos, colleitados grazas a 9 vitorias e 7 empates, mentres que perdeu 12 encontros. Xogou 14 partidos como local e 14 como visitante, sumando 22 puntos na casa e 12 fóra. Leva marcados 38 goles, o que é a cuarta cifra máis baixa do grupo, e encaixou 48. O seu máximo goleador é Javi, con 6 goles, seguido con 5 por Martín, Leo, Juan o Vello e Uri.
Once do Cee contra o Ponteceso [Foto: FB Ponteceso]
Coa presenza no banco de Rafael Pais, son moitos os xogadores utilizados, varios deles xuvenís que fixeron acto de presenza nas convocatorias dos sénior. A base do equipo está formado polo meta Paulo, que xogou todos os minutos, Martín, Nico, Esteban, Juan o Vello e o xuvenil Chema. Tras a recente marcha de Julito ao Dumbría, o resto dos postos dispútanos Javi, Carlos Leis, Uri, Carlos, Aitor, Leo ou Noé, e do banco saen a cotío Álex Castro e Jorge Trillo. O equipo ceense ten certificada a permanencia, sobre todo despois da vitoria ante o Ponteceso de hai quince días, co que afronta con tranquilidade este final ligueiro, o que o converte nun equipo perigoso por canto lle pode gañar a calquera, coa súa mestura de xuventude e veteranía.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
U.C. CEE – C.D. BAIO
Domingo 2 de abril; 17:30 h.
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: San Paio de Refoxos (Xallas-Cee).
Árbitro: Diego Cedeira Méndez.


XUVENIL: C.D. BAIO – OUTES F.C.

Comezan as eliminatorias da Copa da Costa Xuvenil, e nos oitavos de final, xogados a partido único ao CD Baio correspondeulle no sorteo do pasado martes un duro rival, o Outes FC. O equipo outiense fora 3º no seu grupo na primeira fase da Liga, clasificándose polo tanto para a segunda fase. Nesta non estivo moi afortunado e acabou no último posto dos seis, perdendo os dez partidos disputados, o que non debe despistar sobre a calidade do equipo, pois ben sabemos que disputar a segunda fase non é tarefa doada. Teñen aos seus máximos goleadores en Adán, 19, e Simón, 14, no que vai de temporada. Pola súa parte, os baieses afrontan as eliminatorias despois de ter que xogar a liguiña previa, na que quedaron na primeira posición do seu grupo. Isto debe darlles moral para demostrar a súa valía ante un rival de tal nivel, para o que deben dar todo o fútbol que levan dentro, pois non hai volta de folla. O que gañe, pasa e continúa xogando.

COPA DA COSTA XUVENIL (OITAVOS)
C.D. BAIO – OUTES F.C.
Sábado 1 de abril; 17:00 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan Núñez Fiúza.


27 mar 2017

MARCAR... E GARDAR A ROUPA

C.D. BAIO 2 - S.D. CORISTANCO 0

Bieito e Isaac
impulsaron ao Baio
Pouca xente se congregou na tarde do domingo no Platas Reinoso, quizais influídos polo cambio de hora, pero non chegaron a 200 os afeccionados alí presentes. Visitaba o campo baiés a SD Coristanco 23 temporadas despois, e facíao coa intención de sumar algún punto para escapar dos postos baixos. Con cinco defensas e catro homes por diante intentou manter a porta a cero e ir intentando saír á contra, pero Corral arriba estaba moi só e non era quen de crear situacións de perigo. O Baio intentaba combinar e achegarse por banda, pero perdía claridade nas inmediacións da área. Tan só un tiro de Martín MC desde a frontal da área colocado á cepa do poste que saca Brais con dificultades a córner (min.9) foi o máis significativo dos primeiros minutos. Intensificou o seu dominio o cadro local no último cuarto de hora, e froito diso chegou o primeiro gol nunha xogada de Javi Suárez por banda, o seu centro recólleo no segundo pau Martín MC, que toca para a chegada de Bieito que bate a Brais (min.35). Nunha nova combinación da dianteira, chegou un centro de Martín MC que remata de cabeza Isaac adiantándose á defensa para poñer o 2-0 (min.40) co que se chegou ao descanso.
Principiou o segundo tempo co Baio intentando pechar o partido, con oportunidades para Javi Suárez (min.47) e Bieito (min.52) que se foron fóra por moi pouco. Tivo Corral a oportunidade do Coristanco nun lanzamento mordido que se foi lambendo o pau da meta de Diego (min.55), pero non houbo máis achegamentos perigosos dos visitantes. O partido ía esmorecendo pouco a pouco e o Baio dedicouse a gardar o balón e deixar pasar os minutos. Seguiuno intentando a dupla atacanta na busca do seu gol, pero Martín MC rematou ao pau tras unha boa xogada de Javi Suárez e pase entre liñas que deixou ao pichichi baiés ante o porteiro (min.63). Pouca máis historia tivo o encontro, que chegou ao remate sen moverse o marcador da primeira parte, aínda que un remate de Martín MC no segundo pau que saca un defensa na liña de gol (min.87) puido variar o resultado.
En definitiva, tres puntos máis os sumados este domingo que deixan as cousas como estaban nos dous primeiros postos, aínda que o terceiro agora é o San Lorenzo polo tropezo do Mazaricos. A vindeira semana toca render visita ao club máis laureado da Costa, o UC Cee.
Serviu ademais esta vitoria ante o Coristanco para resaltar un dato estatístico para o CD Baio: é a primeira vez na súa historia, e van 54 temporadas, que presenta nos seus partidos ligueiros un número maior de vitorias que de derrotas, con 611 por 610. Tan só lograra ter igual número co 1-1 despois da 2ª xornada da primeira Liga da Costa 63-64, e chegou a ter un balance negativo de -135 (89 por 224) logo da temporada 80-81.

Ficha do partido da FGF
Clasificación da Liga da Costa

XUVENIL: C.D. BAIO - S.D. LAXE

Simulacro de partido o disputado polo equipo xuvenil do CD Baio na tarde do sábado para pechar a liguiña previa da Copa da Costa. O rival era a SD Laxe, que se presentou con só dez xogadores no Platas Reinoso. Cando ían disputados menos de dez minutos, retírase un xogador visitante lesionado. Ante isto os baieses xogaron cun rival pechado na súa área e tras infinidade de ocasións, algunhas erradas polos dianteiros, outras abortadas polas grandes intervencións do porteiro laxense, tan só puideron os locais marcar un gol, obra de Sergio cando se chegaba á media hora do partido.
Tras a saída dos vestiarios para a segunda parte, o delegado visitante infórmalle ao árbitro que dous xogadores máis non saltaban ao campo por estar lesionados. E non se levaban máis de tres minutos da reanudación cando un novo xogador visitante se ten que retirar. Con seis xogadores no campo, o colexiado dá por concluído o encontro co marcador 1-0, aínda que seguramente o Comité de Competición decrete un 3-0 para os locais. 
Con todo, queda a honra de acabar esta fase de grupos no primeiro posto, e agardar agora pola verdadeira competición co sorteo dos oitavos de final do próximo martes, no que estarán todos os equipos participantes menos o Camariñas e o Corcubión.

24 mar 2017

PREVIA DO CD BAIO-SD CORISTANCO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1807
702
419
686
2970
2996
TOTAL LIGAS
1583
610
363
610
2533
2629
LIGA DA COSTA
821
328
158
335
1501
1556

Na xornada 28ª o CD Baio recibe no Platas Reinoso á SD Coristanco, club que non visitaba o campo baiés desde a temporada 93-94. O Coristanco fundouse en 1980, a canda outros moitos clubs creados nos finais dos setenta e inicio dos oitenta. Leva, polo tanto, 37 temporadas competindo de xeito ininterrompido. Esta marca sitúao no posto 17º entre os clubs costeiros, tanto en número de campañas (igualado con Corme e Lira), con en partidos xogados. Dese total, 17 delas foron na 3ª Rexional/Autonómica e as outras 20 na Liga da Costa; cifra esta que o coloca nesta categoría no posto 20º entre os clubs costeiros (empatado con Laxe e Monte Louro), pero baixa ata o 231 posto en número de partidos xogados. Nas súas vitrinas destaca a Copa da Costa conseguida ante o Camariñas na temporada 86-87, perdendo outra final na 82-83, precisamente ante o Baio. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

S.D. CORISTANCO
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1049
421
230
398
1886
1708
LIGA DA COSTA
593
215
133
245
990
1041

Esta temporada é a 9ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Coristanco, todas elas na Liga da Costa. Coincidiron nas tres primeiras temporadas de vida dos bergantiñáns, sendo o primeiro enfrontamento o 9 de novembro de 1980, no Balsiño, con triunfo visitante (0-1), mesmo resultado que se daría ao ano seguinte. Na 82-83, co Baio campión de liga, serían os locais os que gañasen por vez primeira no Balsiño (2-0). Tiveron que pasar sete temporadas para que volvesen cadrar, e fixérono durante cinco campañas consecutivas. Na 89-90 produciuse un empate (1-1), mentres que ao ano seguinte o Baio acabou goleando (5-1), vitoria axustada dos locais na seguinte temporada (3-2), para pasar a unha goleada dos coristanqueses na 92-93 (0-4). O último enfrontamento data, como dixemos da campaña 93-94, e nel o Baio gañou pola mínima (1-0). Polo tanto, aínda que as estatísticas xerais son favorables aos baieses, non o son tanto as dos partidos disputados en terreo soneirán, por canto o Coristanco foi quen de puntuar na metade das súas visitas.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
17
09
04
04
28
18
Xogados en Baio
08
04
01
03
12
10

O partido do domingo
O Coristanco figura na actualidade na 13ª posición, con 27 puntos, colleitados grazas a 7 vitorias e 6 empates, mentres que perdeu 14 encontros. Xogou 14 partidos como local e 13 como visitante, sumando 14 puntos na casa e 13 fóra; e a pesar da dificultade de xogar na Rocheira para os seus visitantes, o Coristanco perdeu máis partidos na súa casa que nos desprazamentos (8 por 6); isto é, puntuou en máis partidos fóra dos que perdeu. Leva marcados 43 goles e encaixou 61, o que dá mostra de que nin é un equipo moi goleador nin encaixa moitas goleadas. Os seus máximos goleadores son Jorge Lorenzo e Marcos Corral, con 8 goles, seguido de Gonzalo, con 5, e Magovi, con 4.
Once do Coristanco que venceu no Pinguel [FB Ponteceso]
Coa presenza no banco do ex-xogador baiés Alberto Pensado, ata 23 xogadores sénior participaron nas aliñacións do Coristanco, ademais dalgún xuvenil circunstancialmente, mais nesta segunda volta o adestrador bergantiñán está utilizando practicamente só 16 xogadores. Forman a base do equipo oito xogadores que son case fixos no once inicial: o porteiro Brais, e os xogadores de campo Álex Mato, Gustavo, Javi, Pazos, Iván, Jorge Lorenzo e Marcos Corral. As outras tres prazas repártenas entre Damián, Samu, Rubén Rial e Magovi, fundamentalmente. Desde o banco, adoitan saír Añón, Gonzalo, Sergio e Álvaro. O equipo coristanqués, en contra do sinalado máis arriba, vén de tres goleadas consecutivas: dúas colleitadas por el como local, con San Lorenzo (1-5) e Malpica (2-6), e outra protagonizada por el en Ponteceso (0-5). Esa irregularidade maniféstase na capacidade para sorprender aos equipos cabeceiros, como o fixo vencendo en Berdillo ou Ponteceso, ou empatando en Malpica e na casa co Corme.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
C.D. BAIO – S.D. CORISTANCO
Domingo 26 de marzo; 16:30 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Luis M. Insua Lago.

XUVENIL: C.D. BAIO – S.D. LAXE

Remata con este partido a liguiña previa da Copa da Costa Xuvenil, e faino cun partido entre dous dos conxuntos clasificados. O Laxe na 3ª posición e o Baio pode acabar de 1º se vence na tarde do sábado aos laxenses, toda vez que o outro partido do grupo xa se xogou a semana pasada (Camariñas-Sofán 1-3). Despois da derrota pola mínima en Sofán que lles permitiu aos baieses manter a golaveraxe favorable, teñen que rematar esta liguiña cunha vitoria que lles dea moral para as inminentes eliminatorias que van comezar xa para a vindeira semana (o martes será o sorteo). O Laxe leva dúas vitorias nos cinco partidos, e suma 19 goles -catro máis que os baieses- aínda que 16 deles marcáronos nos dous partidos co Camariñas; por 23 en contra. No partido xogado na primeira volta, o Baio saíu vencedor do Cabo da Area por 0-2.

COPA DA COSTA XUVENIL (GRUPO 2º)
C.D. BAIO – S.D. LAXE
Sábado 25 de marzo; 16:30 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan J. Espiñeira Vara.


20 mar 2017

TRES PUNTOS MÁIS E GOL 1500LC

U.D. MONTE LOURO 0 - C.D. BAIO 4

Rubio marcou o gol 1500 do CD Baio
na Liga da Costa
Crónica sinxela a desta semana por non podernos desprazar ata o campo da Agra de Filgueira para ver o encontro entre a UD Monte Louro e o CD Baio correspondente á 27ª xornada da Liga da Costa. Unha xornada marcada polo derbi galego da 1ª División, que fixo que se xogasen varios partidos na xornada matinal, mais o Baio achegábase a terras muradanas na tarde deste domingo solleiro, con bo ambiente nas bancadas.
A primeira parte deixounos un encontro igualado en canto ao marcador, pero chegando ao seu remate o gol de cabeza de Yago (min.43) abriu a lata e puxo en vantaxe aos visitantes. Era un gol dos chamados psicolóxicos, como tamén o foi o marcado por Luis nun centro-chut nada máis iniciarse o segundo período (min.47), que puxo terra de por medio e sentenciou o choque. Foi o premio a estes dous defensas que estiveron moitos partidos lonxe dos campos por senllas lesións, e de feito o propio Luis volvía logo de dous meses. Un dos xogadores máis destacados sobre o céspede na tarde de hoxe, Rubio, foi o autor do gol máis bonito do partido, tras bo control do propio Rubio, parede con MC que lle devolve de tacón para que Rubio marcase diante do porteiro (min.62). Significou ademais o gol 1500 do CD Baio na Liga da Costa. 
Nos minutos finais chegou o gol de Martín MC, que o estivo buscando toda a tarde, pero non estaba afortunado cara ao gol. Tivo que ser por mediación dun penalti, cando quedaban uns cinco minutos para o final.
Con esta vitoria o CD Baio sobe ao primeiro posto da clasificación, aproveitando a vitoria do San Lorenzo en Corme, polo que agora o cadro cormelán queda a dous puntos e a seis segue o Mazaricos e sete o San Lorenzo. Pero aínda queda moita liga e a vindeira semana recibiremos ao Coristanco SD no Platas Reinoso.

Ficha do partido da FGF
Clasificación da Liga da Costa

17 mar 2017

PREVIA DO UD MONTE LOURO - CD BAIO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1806
701
419
686
2966
2996
TOTAL LIGAS
1582
609
363
610
2529
2629
LIGA DA COSTA
820
327
158
335
1497
1556

Na xornada 27ª o CD Baio viaxa ata terras muradanas para enfrontarse á UD Monte Louro, club que suma esta temporada a súa 33ª campaña competindo na Costa, aínda que non todas consecutivas (non saíu nas 89-90, 90-91 e 10-11). Este número de temporadas fai que ocupe o posto 25º entre os clubs costeiros, aínda que por partidos xogados baixa ao 27º. Desas campañas, trece foron na 3ª Rexional e as outras 20 na Liga da Costa. Dato este que o coloca no posto 23º, un por abaixo se falamos de partidos xogados. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

U.D. MONTE LOURO
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
860
267
155
438
1304
1764
LIGA DA COSTA
578
130
103
345
711
1332

Esta temporada é a 6ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Monte Louro, todas elas na Liga da Costa. A pesar de fundarse en 1981, non cadraron no mesmo grupo e categoría ata a temporada 2006-07. O seu primeiro enfrontamento tivo lugar no Platas Reinoso, con vitoria baiesa, mentres que o primeiro xogado en Agra de Filgueira foi o 24 de xaneiro de 2007, e o Baio saíu goleado (4-1), derrota que se repetiu nas dúas seguintes visitas nas campañas sucesivas. Na 2009-10 gañou por vez primeira o Baio en campo muradán (1-3), como o tamén o fixo a última vez que o fixo, na 12-13, co campo aínda de terra (1-2). As estatísticas xerais son lixeiramente favorables aos baieses, mais as dos partidos xogados en campo loureán son favorables aos locais por un partido máis gañado.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
11
06
01
04
23
17
Xogados en Louro
05
02
00
03
08
10

O partido do domingo
O Monte Louro figura na actualidade na 9ª posición, con 32 puntos, colleitados grazas a 10 vitorias e dous empates, mentres que perdeu 14 encontros. Xogou 12 partidos como local e 14 como visitante, sumando 22 puntos na casa e 10 fóra; os puntos como local veñen de sete vitorias, e un empate, con só catro derrotas. Leva marcados 49 goles e encaixou 71, o que é o segundo peor rexistro do grupo. Con todo, sácalle proveito aos goles que marca e minimiza os goles encaixados, por canto colleitou máis puntos que outros equipos menos goleados. O seu máximo goleador é Geiko, con 17 goles, seguido do xuvenil Juan de Celia, con 8, e Riki, con 7.
Once do Monte Louro que se enfrontou ao Ponteceso
Coa presenza no banco de Óscar Leis, moitos anos nos equipos de base do CF Dumbría, ata 23 xogadores sénior participaron nas aliñacións do Monte Louro, ademais de varios xuvenís, comandados por Juan de Celia. A base do equipo confórmana David Lestón, Geiko, Riki, Yeray, Raúl e Manolo Chouza, case imprescindibles no once inicial. Tamén son importantes no equipo Abel, Miguel, Juan de Celia, Pablo Vidal e na portería Santi (por diante de Fer e Isma). Contan tamén con moitos minutos Kanelo, Gabri, José Ángel, Dani ou Gelo. O equipo muradán vén dunha xeira de cinco partidos sen gañar (catro derrotas seguidas), pero os éxitos encadeados anteriormente fan que practicamente estea salvado e cumprido o seu obxectivo para esta temporada, polo que a tranquilidade coa que xogará o partido será unha arma de dobre filo para os baieses.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
U.D. MONTE LOURO – C.D. BAIO
Domingo 19 de marzo; 16:30 h.
Saída de Baio ás 14:15 horas.
Campo: Agra de Filgueira (Louro).
Árbitro: David Castreje Ferrío.