C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 sept 2015

PREVIA DOS PARTIDOS DESTA XORNADA


1ª AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C.D. BAIO - C.D. UNIÓN
Domingo 27 de setembro, 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Pedro Rodríguez Penas (Colexio da Coruña).
Asistentes: Alberto Arranz Gil / Rubén Pérez Rosende.

Décimoquinto enfrontamento na historia entre dous equipos que o ano pasado acabaron en postos de honra neste grupo 2º da 1ª Autonómica. As estadísticas mostran unha pequena vantaxe dos visitantes, pois venceron en 7 dos 14 enfrontamentos, con só 5 triunfos baieses e 2 empates. A temporada pasada os rianxeiros foron capaces de gañar os dous encontros, 0-4 no Platas Reinoso e 1-0 no campo de Vilas.
O Unión parte este ano de novo como un dos favoritos ao título, e para iso renovaron boa parte do seu plantel, con ata nove fichaxes, ou oito, pois Manoliño, logo de fichar no verán polo Ribadumia da 3ª División, volveu agora a Asados. As incorporacións chegaron fundamentalmente do ascendido Puebla, do que viñeron Óscar Rebollido, Peki, Walter e Saviola; mentres que outras altas foron: Óscar (Sp. Lampón), Pablo (Crocha), Kevin Armas (Boiro Xuvenil) e Mikel (Unión Xuvenil). A estes hai que engadir a continuidade dos Miguel, Dani Conde, Santi, Víctor, Álex Lorenzo, Sergio Nieto ou Andrés. Pola contra, foron baixa neste equipo xente como Cristian (Domaio), David Triñanes (Flavia), Robinson e Kante (Berres), Charles (Puebla) ou Jacobo (Taragoña).


XUVENIL 1ª AUTONÓMICA (GRUPO 3º)
MUXÍA C.F. - C.D. BAIO
Sábado 26 de setembro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: A Arliña (Muxía).
Árbitro: Eduardo Rodríguez Penas.

O equipo xuvenil desprázase a Muxía para enfrontarse ao equipo local, nun duelo máis desta liga que se presume moi igualada polo visto ata agora. Os muxiáns contan con cero puntos, pero só disputaron un encontro, debido ás festas da Barca e a que lles correspondeu descansar, pero nel a piques estiveron de puntuar no difícil campo da Rocheira. 


CADETE 1ª AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C.D. BAIO - E.D. OS MIÚDOS
Domingo 27 de setembro, 11:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José María Carro Moreira.

Tras a derrota inxusta da pasada fin de semana na Serra, reciben os nosos cadetes a un novo equipo do sur, Os Miúdos muradáns, que suman catro puntos nas dúas xornadas disputadas, con empate en Cabana e vitoria na casa fronte ao Ponteceso.

3 sept 2015

CALENDARIO DO CD BAIO NA 1ª AUTONÓMICA GRUPO 2º 2015-16

O vindeiro domingo 6 de setembro iniciarase unha nova temporada na 1ª Autonómica Grupo 2º, no que competirá o C.D. Baio. Coincidindo coas festas patronais, os rapaces de Óscar Suárez recibirán á S.D. Piloño no Platas Reinoso, en horario das 18:30 horas. Non faltes e anima o teu equipo.
Aquí vos deixamos o calendario do C.D. BAIO para esta temporada, cos datos máis significativos dos seus rivais: