C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 may 2017

PREVIA DA COPA: CD BAÍÑAS-CD BAIO

A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1815
709
419
687
2995
3000
TOTAL COPAS
225
093
056
076
439
367
COPA DA COSTA
201
084
049
068
406
330

Eliminatoria de cuartos de final da LIV Copa da Costa, que enfronta a CD Baio e CD Baíñas no Municipal de Vimianzo o próximo domingo. Esta é a participación número 47 do Baio no torneo (non puido disputar varias edicións cando estaba na Preferente) e a 5ª do Baíñas; os baieses superaron os 200 partidos no torneo e o Baíñas é a primeira vez que alcanza os cuartos de final. O Baio chegou a esta rolda logo de eliminar ao Corme e ao Porteño, este tras a aliñación indebida do partido de ida; mentres tanto, o Baíñas deixou na cuneta ao Ameixenda na primeira eliminatoria e nos oitavos ao Cabana, a quen goleou nos dous encontros.

C.D. BAÍÑAS
TOTAL LIGAS + COPA
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
170
81
31
58
377
267
COPA DA COSTA
14
07
01
06
41
33

Esta é a 2ª vez que Baio e Baíñas disputen unha eliminatoria da Copa da Costa. A anterior foi a temporada pasada, e curiosamente o Baíñas tamén se desfixera na eliminatoria previa do Ameixenda. O ano pasado o enfrontamento tivo lugar nos oitavos de final, e o partido de ida disputouse tamén no Municipal vimiancés. O encontro rematou con vitoria baiesa por 1-3, que se viu refrendada co empate do Platas Reinoso na volta. Polo tanto, mínima estatística entre estes dous conxuntos na Copa da Costa.

Enfrontamentos Totais Copa da Costa
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
02
01
01
00
04
02
Xogados en Vimianzo
01
01
00
00
03
01


COPA DA COSTA (CUARTOS DE FINAL-IDA)
C.D. BAÍÑAS – C.D. BAIO
Domingo 28 de maio; 16:00 h.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: Municipal (Vimianzo).
Árbitro: Enrique Larrosa Pérez.
Asistentes: Sergio Bermúdez Seoane / Bruno Méndez Castro.

17 may 2017

PREVIA DA COPA: CD BAIO-CF PORTEÑO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1814
708
419
687
2993
3000
TOTAL COPAS
224
092
056
076
437
367
COPA DA COSTA
200
083
049
068
404
330


Eliminatoria de oitavos de final da LIV Copa da Costa, que enfronta a CD Baio e CF Porteño no Platas Reinoso este mércores e a volta o próximo domingo na Grixa. Esta é a participación número 47 do Baio no torneo (non puido disputar varias edicións cando estaba na Preferente) e a 36ª do Porteño; os baieses alcanzaron na rolda anterior os 200 partidos no torneo e os porteños están a piques de chegar aos 100. Os dous equipos contan con un título da Copa da Costa, o do Baio conseguido na temporada 82-83 e o do Porteño na 72-73. Na eliminatoria de dezaseisavos o Baio eliminou ao Corme mentres que o Porteño desfíxose do Corcubión.

C.F. PORTEÑO
TOTAL LIGAS + COPA
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1035
355
199
481
1851
2340
COPA DA COSTA
097
028
019
050
179
254

Esta é a 4ª vez que Baio e Porteño disputen unha eliminatoria da Copa da Costa. Das tres anteriores xa choveu. A primeira vez foi na eliminatoria previa da temporada 70-71, e no partido de ida no Balsiño impúxose o Porteño (1-4), goleando tamén na volta (5-0). Tres campañas despois, na 73-74, o Porteño volveu vencer, tamén na previa, co mesmo resultado nos dous partidos (4-1), tanto no Balsiño como na Grixa. A terceira e última confrontación tivo lugar na temporada 78-79, nos oitavos de final. Nesta ocasión o partido de ida xogouse na Grixa e venceron os locais (3-1), e na volta no Balsiño deuse o mesmo resultado a favor dos baieses, polo que o pase aos cuartos resolveuse nos penaltis, e neles estivo máis atinado o Baio. Polo tanto seis encontros e cinco vitorias do Porteño, por tan só unha do Baio, no último partido disputado.

Enfrontamentos Totais Copa da Costa
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
06
01
00
05
07
21
Xogados en Baio
03
01
00
02
05
09

COPA DA COSTA (OITAVOS DE FINAL-IDA)
C.D. BAIO – C.F. PORTEÑO
Mércores 17 de maio; 17:30 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: David Vázquez Lema.

COPA DA COSTA (OITAVOS DE FINAL-VOLTA)
C.F. PORTEÑO – C.D. BAIO
Domingo 21 de maio; 17:00 h.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: A Grixa (A Ponte do Porto).



15 may 2017

FIN DE FESTA. TROFEO E RÉCORD DE PUNTOS

C.D. BAIO 6 - S.D. LAXE 2

Disputouse este domingo o último partido da temporada na Liga da Costa 16-17 que pasará á historia do CD Baio polo título acadado tras moitos anos sen facelo. E precisamente na previa do encontro fíxose entrega do trofeo de campión por parte do vicepresidente da FGF, Juan Luis Villamisar, e o subdelegado da Costa, Manuel Corredoira, acompañados do alcalde Manuel Muíño. Despois do pertinente "pasillo" realizado polos xogadores da SD Laxe, encargouse de recoller o trofeo Martín, a quen lle cedeu o brazalete o esta temporada capitán Martín MC.
Co ambiente festivo que se viviu esta fin de semana en Baio, concentrouse bastante xente no Platas Reinoso, aproveitando a tregua que deu a chuvia na tarde dominical. O partido en si pouca historia tivo, cun Baio moi espeso por momentos e uns minutos tolos no segundo tempo no que se sucederon os goles por un e outro bando.
A primeira parte foi de control do balón por parte do Baio e co Laxe ben pechado atrás, e a falta de fluidez no xogo facía que non houbese moitas ocasións claras. Tan só sinalar a xogada do primeiro gol, nun balón que leva Javi Suárez por banda e que cedeu para deixar a Martín MC só ante o porteiro, e non errou no man a man (min.24). Do resto temos que facer mención dun gran intento de Bieito, nun balón levado por el desde campo propio e cando estaba a uns 35 metros intentou unha vaselina sobre un adiantado Jacobo, pero o balón saíu por riba do traveseiro (min.35). Coa mínima vantaxe chegouse ao descanso.
A segunda parte principiou polo mesmo camiño que a primeira, iso si, o Baio foi acumulando ocasións que non daba materializado. Logo do cambio múltiple de Pedro, dando entrada a todos os suplentes, o xogo revitalizouse e nos últimos 20 minutos chegaron sete goles que lle deron algo de picante ao encontro que parecía esmorecer. O primeiro deles foi obra de Martín MC no min.69, e tres minutos despois unha internada de Christian na área e cortada en falta; do penalti encargouse Martín MC para marcar un novo hat-trick na súa conta da temporada e chegar ata os 44 goles nesta temporada. No min. 76 un disparo desde a frontal da área de Santi Díaz poñía o 4-0 e despois chegou a relaxación local, que viu como chegaban tres ocasións claras dos visitantes. Na primeira delas, Julián fixo un paradón ante Carrabete, pero á segunda o xogador formado nas categorías inferiores do Baio marcou o primeiro para o Laxe (min.78); dous minutos despois o propio Carrabete era derrubado na área, e outro ex-baiés, Felipe, transformaba o penalti (min.80). Espeliuse o Baio e Javi Suárez tivo tres grandes ocasións, marcando dúas delas, a primeira no min.85 e a segunda no último minuto, para facer xustiza á súa boa temporada.
Con este triunfo o CD Baio rematou esta liga na que sumou 84 puntos, o que significa igualar o récord de puntuación da Liga da Costa, compartíndoo coa SD Fisterra da temporada pasada. E temos que destacar tamén os 44 goles de Martín MC, que supoñen non só a segunda marca deste grupo costeiro por detrás do cormelán Alejo, senón que é tamén o segundo de todos os grupos galegos da 2ª Autonómica. E ademais colócase na 4ª posición na historia da Liga da Costa, por detrás de Isidro (61 goles no Fisterra 91-92), Alejo (56 no Corme 16-17) e novamente Isidro (52 no Fisterra 92-93).

Ficha do partido da FGF
Clasificación final da Liga da Costa
Goleadores da Segunda Galicia (todos os grupos)



12 may 2017

PREVIA DO CD BAIO-SD LAXE


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1813
707
419
687
2987
2998
TOTAL LIGAS
1589
615
363
611
2550
2631
LIGA DA COSTA
827
333
158
336
1518
1558

Na xornada 34ª e última desta temporada ligueira 16-17 o CD Baio recibe no Platas Reinoso á SD Laxe, un dos clubs fundadores desta competición, aínda que non competiu máis que en 38 temporadas. Este dato colócao no posto 15º (empatado con Lira e San Lorenzo), aínda que por partidos xogados sobe ata o posto 21º. Desas 38 temporadas 16 foron na 3ª Rexional/Autonómica, 2 na 1ª Rexional e as outras 20 na Liga da Costa; este último dato colócao no posto 23º nesta categoría (igualado con Coristanco e Monte Louro), mentres que por partidos xogados a súa posición é a 26ª. Nas súas vitrinas figuran unha Liga da Costa (81-82) e outra da 3ª Autonómica (15-16), pero onde destacou foi na Copa da Costa, da que ten 3 títulos (80-81, 83-84 e 90-91), ademais de perder outras tres finais (87-88, 88-89 e 93-94). Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

S.D. LAXE
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1007
375
182
450
1817
2072
LIGA DA COSTA
535
195
90
250
935
1154

Esta temporada é a 15ª que coinciden no mesmo grupo o Baio e o Laxe, unha delas na 1ª Rexional semiprovincial e as demais na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar en terras laxenses, no primeiro partido da Liga da Costa o 12 de abril de 1964, con vitoria local (3-1), e o primeiro no Balsiño foi o 31 de maio de 1964, e gañaron os locais (3-2). Tras 11 campañas sen competir, o Laxe volveu na 74-75, temporada na que gañou o Baio o seu partido como local (4-2). Nas seguintes seis temporadas o Laxe gañou sempre no Balsiño (en cinco delas marcando tres goles), e curiosamente na sétima, na que o Laxe foi campión, só puideron empatar (1-1). Logo dun ano sen coincidir fixérono na 1ª Rexional semiprovincial, e aquí a vitoria foi baiesa pola mínima (2-1). Non cadraron de novo ata sete temporadas despois, na 90-91, con empate sen goles xa no Platas Reinoso. As seguintes tres temporadas o resultado en campo baiés foi o mesmo: 3-0, e desde a última desta, a 93-94 o Laxe no visitaba o campo baiés. Xa que logo, 23 campañas despois volven encontrarse no mesmo grupo competicional da Liga da Costa. As estatísticas están tremendamente igualadas, pois o Baio e o Laxe gañaron o mesmo número de partidos, e só o Baio supera por un gol aos laxenses. A superioridade baiesa amosouse nos primeiros e nos últimos enfrontamentos, e a do Laxe foi no final da década dos setenta. En canto ás estatísticas xerais tamén están moi igualadas, só desnivelada polo partido da primeira volta da temporada actual.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
29
13
04
12
59
55
Xogados en Baio
14
06
02
06
24
23

O partido do domingo
O Laxe figura na actualidade na 18ª e última posición, con 17 puntos, colleitados grazas a 3 vitorias e 8 empates, con 22 derrotas. Xogou 17 partidos como local e 16 como visitante, sumando 8 puntos na casa e 9 fóra. Marcou un total de 39 goles, a cifra máis baixa dos equipos do grupo, e encaixou 112, o que supón que sexa o equipo máis goleado. Os máximos goleadores son Saleta e o xuvenil Santi Casas, con 6 goles, seguidos de Felipe, Miguel Varela e Zurich, con 4.
Once do Laxe no Pinguel [Foto. FB Ponteceso]
Con tres adestradores no que vai de temporada, na actualidade faise cargo do equipo Bruno Pérez. Ata 24 foron os sénior que xogaron ao longo da temporada, e tamén foron varios os xuvenís que tiveron minutos co primeiro equipo. A base do equipo na actualidade confórmano Borja, Saleta, Gora, Iván Bras, Aarón e Pablo, con Jacobo na portería. Menos titularidades tiveron Esmorís, Felipe, Alessandro, Jacinto ou o xuvenil Santi Casas. Alternaron a presenza no once co banco, Martín, Santi, Pedro, Carrabete, Miguel Varela, Rafa e os xuvenís Cousillas ou Bieito. O equipo laxense, xa farol vermello da liga, acumula 11 derrotas consecutivas, sumando só seis puntos nesta 2ª volta, o que demostra que tras un primeiro de tramo no que intentou sen éxito de saír de postos de descenso, deixouse ir neste remate ligueiro con vistas á próxima campaña na 3ª, dándolle entrada a moitos xuvenís.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
C.D. BAIO – S.D. LAXE
Domingo 14 de maio; 17:30 h.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Samuel Pardo Pose.