C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

31 jul 2013

PRESENTACIÓN DO CD BAIO 2013-14

 
O luns 29 ás 20:30 horas como estaba anunciado botou a andar o CD BAIO 2013-14. Coa presenza de directivos, adestrador e xogadores púxose en marcha o equipo que nos vai levar esta temporada pola 1ª Autonómica. Tan só faltaron á cita por motivos laborais o porteiro Anxo e o defensa Chema, mentres que Ramón e Eloy Lema non chegaron á sesión fotográfica. Como xa dixemos farán a pretemporada co primeiro equipo seis xuvenís, e tamén o defensa Alberto Carballo, que, procedente do Soneira, estará a proba estas semanas.
Aquí podedes ver unhas fotos de Santi Soneira desta presentación:

Bieito, Alberto C., Canay
Os seis xuvenís




Fachal sobe do xuvenil

 


27 jul 2013

XA ESTÁ AQUÍ A TEMPORADA 2013-14

O vindeiro luns 29 de xullo ás 20:30 horas comeza a pretemporada o CD BAIO no Platas Reinoso. Cando se cumpre pouco máis dun mes do final da temporada anterior, rematada co magnífico ascenso á 1ª Autonómica, toca poñerse de novo a funcionar, con novos e importantes retos que nos agardan por diante.
De primeiras, o CD BAIO conta con nova Xunta Directiva. Despois dos catro anos que estivo baixo o mandato de DIEGO DÍAZ, este renunciou a ser reelixido. A maioría dos membros da anterior xunta consideraron que se podía seguir na liña marcada con outra persoa á cabeza, e escolleron a CHEMA REY para que encabezase esta candidatura, que ao final foi a única que se presentou para facerse cargo do club. E agora presentámosvos a nova xunta directiva, formada por practicamente as mesmas persoas que o ano anterior, coas baixas de Diego Díaz e Carlos Rodríguez. Estes son os directivos e os seus cargos:

PRESIDENTE: Chema Rey Lema.
VICEPRESIDENTE: Manuel Mouzo Doval.
SECRETARIO: Miguel A. Fernández López.
TESOUREIRO: Luis B. Álvarez Astray.
VICETESOUREIRA: Martina López Romero.
VOGAIS: Verónica Canosa Mouzo, F. Javier Castiñeira Fuentes, Rebeca Facal Fuentes, Marcos Fuentes Romero, Joaquín Lema Senande, Iván López Romero, Cristóbal Paredes Montero.

O plantel do primeiro equipo continuará dirixido por FÉLIX GARCÍA RAPOSO, coa preparación física de EFRÉN RODRÍGUEZ GALLEGO, e conta cos seguintes xogadores:

Porteiros: Anxo, Manuel.
Defensas: Chema, Eloy, Fredi, José Antonio, Mario, Pablo, Ramón.
Medios: Alberto, Bieito, Fachal, Martín, Norberto, Rubio, Yago.
Dianteiros: Canay, Martín MC, Valentín.

Van facer a pretemporada co primeiro equipo os xuvenís: Anxo, Christian, David, Guillermo, Pablo Costiña e Santi Díaz

Como xa informamos foron alta Bieito e Canay, procedentes do Ponteceso, e Fachal, que se incorpora desde os xuvenís. Pola contra, causaron baixa Eloy Vilas (Malpica), Jorge e Pardo.

Xa están practicamente pechados os encontros de pretemporada que vai disputar o equipo, aínda que algúns poden variar por compromisos dalgúns dos rivais (Copa Deputación). En principio son estes os partidos programados:

07 de agosto:   CD BAIO - SD SONEIRA
10 de agosto:   Triangular CD BAIO-SD ABADÍN-RIAL CF
17 de agosto:   CD BAIO - LARACHA CF
21 de agosto:   CD BAIO - CF DUMBRÍA
28 de agosto:   CD BAIO - AT. ARTEIXO
1 de setembro: CD BAIO - SP. ZAS

GRAZAS, CHUCHO!!!

Eloy, Eloy Vilas, Eloy de Malpica, ou Chucho, por calquera destes nomes era coñecido o bravo e gran xogador que durante dúas temporadas defendeu a camisola do CD BAIO e que agora nos deixa para volver ao seu equipo de sempre. Deixa aquí grandes recordos, grandes partidos e grandes amigos. Chegou na temporada 2011-12, baixo a dirección de Tono Méndez, para cubrir as necesidades que o equipo tiña no medio do campo e acabou xogando 2626 minutos en 33 partidos, sendo o terceiro en minutos no total do equipo. A pasada temporada, xa ás ordes de Félix García, participou en 2757 minutos dos 36 partidos, anotando ademais 6 goles. Foron en total 5.383 minutos, o que viría dar uns 60 partidos enteiros, pero foron tamén moitas horas de adestramentos e de momentos que compartimos. 
Queremos desde aquí renderlle a nosa admiración con esta serie de fotos (obra de Santi Díaz e Santi Soneira) e desexarlle toda a sorte do mundo. Grazas Chucho por estes dous anos no CD BAIO!!!






































23 jul 2013

PERFILADOS OS CALENDARIOS 2013-14

En reunión celebrada este martes no Auditorio do Pavillón de Baio, a Federación Galega de Fútbol perfilou os calendarios para as distintas competicións, desde afeccionados ata infantís. En quince-vinte días cóntase con que xa estean totalmente confeccionados. 

A 1ª Autonómica (Grupo 2º), na que está encadrado o CD BAIO, vai principiar a liga o vindeiro 8 de setembro, rematando o 11 de maio. Non haberá competición o 29 de decembro nin o 20 de abril (Semana Santa). 

A 2ª Autonómica (Grupo 3º) terá as mesmas datas de competición que o grupo da 1ª Autonómica. Foron varios os equipos que solicitaron disputar os seus partidos como locatarios os sábados: Cabana, Camelle, Corcubión e Fisterra.

A 3ª Autonómica (Grupo 4º) contará tan só con 13 equipos participantes, logo das baixas de Dumbría B, Alcaián e Xaviña, e a alta do Sp. Seaia. Comezarán a liga o 29 de setembro e rematarán o 6 de abril, descansando o 29 de decembro e o 5 de xaneiro. Logo terán que disputar a promoción os clasificados nos postos 3º a 6º. Solicitaron xogar o sábado como locatarios o Ameixenda, Laxe e Soneira B.

En Xuvenís participan ao final 22 equipos, divididos en dous grupos de once. No Grupo 3º están: Cee, Corcubión, Dumbría, Esteirana, Fisterra, Lira, Mazaricos, Muros, Outes, Soneira e Xallas Santa Comba. No Grupo 4º figuran: CD BAIO, Cabana, Camariñas, Castriz, Coristanco, Corme, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Porteño. A competición iniciarase o 31 de agosto e rematará o 1 de febreiro. Os tres primeiros clasificados de cada grupo xogarán a 2ª fase ligueira, mentres que os demais xogarán a 1ª fase da Copa; tanto uns coma os outros entre o 8 de febreiro e o 12 de abril. As eliminatorias de Copa celebraranse do seguinte xeito: Oitavos: 19 de abril (partido único); Cuartos: 26 de abril e 1 de maio; Semifinais: 3 de maio e 10 de maio; Final: 17 de maio (partido único). Os dous primeiros da 2ª fase ligueira xogarán a promoción á Liga Galega, nun formato que este ano varía e que explicaremos máis abaixo.

En Cadetes participan 15 equipos: As Baleas, CD BAIO, Cabana, Cee, Concello de Carnota, Corcubión, Coristanco, Esteirana, Fisterra, Muros, Muxía, Outes, Ponteceso, Xallas Santa Comba e Sp. Zas. Comezará a liga o 28 de setembro e rematará o 17 de maio; descansando o 28 de decembro, o 4 de xaneiro e o 19 de abril. Xogarán o sábado pola tarde (16:00 h.) o Muros e o Sp. Zas, e tamén As Baleas, sen horario fixo. Os dous primeiros da liga xogarán a fase de ascenso, polo sistema que logo explicaremos.

En Infantís participan tan só 13 equipos: As Baleas, CD BAIO, Cabana, Cee, Coristanco, Corme, Esteirana, Fisterra, Muxía, Os Miúdos, Outes, Sofán e E.M. Vimianzo. A liga comezará o vindeiro 8 de setembro e rematará o 16 de marzo, descansando o 29 de decembro e o 5 de xaneiro. O Cee xogará os seus partidos os sábados ás 12:00 horas. Co fin de que non sexa tan curta a competición creouse unha Copa da Costa Infantil, que terá lugar unha vez remate a liga, e extenderase ata o 18 de maio. O primeiro clasificado da liga xogará a fase de ascenso á Liga Galega.


NOVO FORMATO DE ASCENSO Á LIGA GALEGA EN XUVENÍS, CADETES E INFANTÍS     

Na Asemblea Anual da Federación Galega de Fútbol aprobouse por unanimidade un novo formato de ascenso á Liga Galega nas tres categorías, pola que se premia aos equipos que quedaron campións. O novo formato inclúe as seguintes fases:

- FASE PREVIA: Os campións dos grupos da Coruña, das Mariñas e da Costa (enténdese por campión da Costa o vencedor da 2ª fase ligueira) disputarán unha liga a unha volta, en campo neutral e nunha fin de semana (venres, sábado e domingo), para determinar un campión destes grupos.
- 1ª FASE DE CAMPIÓNS: O campión da anterior Fase Previa xúntase cos campións dos grupos de Ferrol, Lugo e Santiago, para que, logo dun sorteo, disputen unha eliminatoria polo sistema de copa a dobre volta. Os dous vencedores desta eliminatoria ascenderán directamente á Liga Galega.
- 1ª FASE RESTO: Ao mesmo tempo, os dous equipos eliminados da Fase Previa e os dez equipos restantes clasificados (entre eles o subcampión da Costa) disputarán, logo dun sorteo, unha eliminatoria polo sistema de copa a dobre volta. Os seis equipos gañadores clasifícanse para a 2ª Fase.
- 2ª FASE: Os dous equipos eliminados na 1ª Fase de Campións e os seis clasificados da 1ª Fase Resto disputarán, logo dun sorteo, unha eliminatoria polo sistema de copa a dobre volta. Os catro equipos gañadores clasifícanse para a Fase Final.
- FASE FINAL: Os catro gañadores da 2ª Fase xogarán, logo dun sorteo, unha eliminatoria a partido único e en campo neutral, mediante o que se determinarán os outros dous conxuntos que ascenderán á Liga Galega.

4 jul 2013

CANAY E BIEITO VOLVEN Á CASA

O CLUB RENOVOU ADEMAIS A ANXO, NORBERTO E FACHAL

O dianteiro Canay e o centrocampista Bieito volven para a temporada 2013-14 ao CD BAIO, club no que se formaron e do que se foron na pasada temporada para recalar no Ponteceso SD. Agora asinaron para a vindeira campaña no equipo que adestrará Félix.

Eloy Canay Pazos (Baio, 1991) formouse nas categorías inferiores do CD Baio e formou parte do plantel do primeiro equipo nas temporadas 2010-11 e 2011-12. Na temporada 2012-13 realizou a pretemporada co Laracha CF da Preferente Autonómica e acabou fichando polo Ponteceso SD da 1ª Autonómica.

Bieito Pose Rodríguez (Laxe, 1994) tamén xogou nas categorías inferiores do CD Baio, xogando varios partidos co primeiro equipo nos seus anos de xuvenil. Sendo aínda xuvenil asinou a campaña 2012-13 polo Ponteceso SD, no que combinou o equipo xuvenil co afeccionado.

Por outra parte, a directiva do CD Baio asegurou a continuidade de varios dos xogadores que remataban a súa relación co club. É o caso do porteiro Anxo e do centrocampista Norberto, ademais de asinar Fachal a súa ficha como integrante do equipo de afeccionados.


Anxo Lema Grille (Brens, 1986) chegou na pasada temporada ao CD Baio procedente do CF Dumbría e agora renova a súa relación co equipo baiés para a 1ª Autonómica.

Norberto González Pose (Lamas, 1993) tamén chegou na campaña 2012-13 ao CD Baio despois de varios anos no xuvenil do Bergantiños, e agora continuará como integrante do equipo para a vindeira temporada.

Rodrigo Fachal Rial (Baio, 1994) xogou nas categorías inferiores do CD Baio, salvo unha paréntese no Bergantiños, e agora que remata a súa etapa xuvenil asina como membro do primeiro equipo, no que xa xogou moitos partidos nestes dous últimos anos.
  

3 jul 2013

CRÓNICA DUN ASCENSO

O ASCENSO: NOTICIAS, FOTOS, VÍDEOS

Diferentes medios escritos fixéronse eco da Fase de Ascenso á 1ª Autonómica que disputou o C. D. BAIO e que tan brillantemente gañou. Aquí vos deixamos uns enlaces con distintas noticias sobre os partidos disputados e a posterior celebración do ascenso:

Calendario e entrevista a Félix: Depor Sport 15-05-2013
Crónica do Agolada-Baio: Depor Sport 20-05-2013
Crónica do Agolada-Baio: Quepasanacosta 20-05-2013
Previa do Baio-Sálvora: Depor Sport 02-06-2013
Crónica do Baio-Sálvora: Depor Sport 03-06-2013
Crónica do Baio-Sálvora: Quepasanacosta 03-06-2013
Os rivais falan do Baio: Depor Sport 06-06-2013
Previa do Baio-Agolada: La Voz de Galicia 09-06-2013
Previa do Baio-Agolada: Depor Sport 09-06-2013
Crónica do Baio-Agolada: La Voz de Galicia 10-06-2013
Crónica do Baio-Agolada: Depor Sport 10-06-2013
Crónica do Baio-Agolada: Quepasanacosta 10-06-2013
Primeira bala do ascenso: Depor Sport 14-06-2013
Desprazamento a Ribeira: La Voz de Galicia 19-06-2013
Invasión a Ribeira: Quepasanacosta 19-06-2013
Entrevista a Martín MC: Piratasdemuxia 20-06-2013
O desembarco en Ribeira: Depor Sport 21-06-2013
O desembarco (II): Depor Sport 22-06-2013
Previa do Sálvora-Baio: Depor Sport 23-06-2013
Crónica do Sálvora-Baio: Piratasdemuxia 23-06-2013
Crónica do Sálvora-Baio: La Voz de Galicia 24-06-2013
Crónica do Sálvora-Baio: Depor Sport 24-06-2013
Crónica do Sálvora-Baio: Quepasanacosta 24-06-2013
A afección do Baio en Ribeira: La Voz de Galicia 25-06-2013
Celebración do ascenso: Depor Sport 25-06-2013
Artigo de Xosé Mª Lema: La Voz de Galicia 28-06-2013

A continuación podedes ver os centos de fotos que fixeron os nosos socios do encontro Sálvora-Baio, coa viaxe, o partido e posterior celebración, nos seguintes enlaces de Facebook:


- Vídeo do gol de Martín (0-1) [Santi Soneira]
- Vídeo do gol de Martín MC (2-3) [Santi Soneira]