C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

29 feb 2016

ALEVÍNS, BENXAMÍNS E PREBENXAMÍNS ACABARON A LIGA DE FÚTBOL SALA

Este pasado sábado rematou a Liga de Fútbol-Sala que como cada ano organiza Costa Bergantiñá para as categorías Alevín, Benxamin e Prebenxamín. 
Na categoría máis pequena, a dos Prebenxamíns, excelente torneo dos nosos, que remataron nada menos que como subcampións, perdendo tan só un único partido, precisamente na última xornada ante o campión Malpica A. 
Tamén temos que destacar o papel feito por Alevíns e Benxamíns, que aínda que non os acompañaron os resultados sempre loitaron ata o final sen desfalecer. Os benxamíns, algo máis xustos de xente, foron cuartos escapándolle a terceira praza por moi pouco; mentres que os alevíns remataron no quinto posto.
Felicidades a todos os rapaces e rapazas dos tres equipos, ao seu adestrador, ao seu delegado e aos pais que colaboraron por este traballo, e agora xa a pensar no Fútbol-8. 
Aquí vos deixamos as clasificacións finais: