C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

23 dic 2011

O C. D. BAIO NA COPA COCA COLA


O C. D. BAIO na súa categoría CADETE vai participar por segundo ano consecutivo na Copa Coca Cola, que se celebrará na cidade da Coruña (Campos da Torre) os próximos días 3 e 4 de xaneiro. Este ano inscribíronse un total de 37 equipos procedentes das provincias da Coruña e de Lugo (da Costa só se anotou con nós o Outes F. C.), que foron distribuídos en grupos de 2 ou de 3 clubs, para axustar o cadro para a segunda fase. Foron declarados exentos os catro "grandes": Deportivo, Lugo, Racing de Ferrol e Montañeros; que pasan directamente á 2ª fase.

Celebrado o sorteo, o C. D. BAIO quedou encadrado no GRUPO 2.3., formado por dous equipos: SPORTING BURGO e CD BAIO, que se enfrontarán en partido único de 70 minutos de duración o martes 3 de xaneiro ás 19:45 horas no Campo 1. 
O gañador desta eliminatoria enfrontaríase ao potente RACING DE FERROL o mércores 4 de xaneiro, en horario de 10:30 horas no Campo 2, nun partido de 35 minutos.
O noso rival, o Sporting Burgo (do lugar do Burgo -Culleredo-), compite na Liga das Mariñas Cadete (2ª Autonómica - Grupo 2º), liga composta de tan só 11 equipos que principiou hai un mes e da que se levan xogadas 4 xornadas. O Sp. Burgo disputou 3 partidos (unha xornada descansou), perdendo os dous primeiros (0-4 e 4-1) e gañando o último (3-1). O ano pasado participaba na 1ª Autonómica (Grupo 2º), pero os malos resultados (só 9 puntos) levárono ao descenso de categoría.


C. D. BAIO na COPA COCA COLA 2010-2011


Foto publicada no suplemento
especial de La Voz de Galicia











Esperemos que os rapaces aproveiten esta experiencia para disfrutar dun día (ou dous) de fútbol na Coruña, ao igual que fixeron os que tiveron a sorte de ir o ano pasado. 


COPA COCA COLA 2011-2012
SPORTING BURGO - C. D. BAIO
Martes 3 de xaneiro; 19:45 horas.
Campo: 1 da Torre (A Coruña).

Gañador Sp. Burgo/CD Baio - RACING FERROL
Mércores 4 de xaneiro; 10:30 horas.
Campo: 2 da Torre (A Coruña).

20 dic 2011

CLASIFICACIÓNS FÚTBOL BASE


RESUMO DAS CATEGORÍAS BASE DO C. D. BAIO AO REMATAR O ANO

XUVENIL: A falta de que remate esta primeira fase da Liga e se decidan quen van ser os catro que pelexen polo título da Liga da Costa Xuvenil cos catro clasificados do grupo Sur, temos que dicir que a campaña do equipo xuvenil do C. D. BAIO é bastante irregular, pero ao mesmo tempo esperanzadora. Despois duns pinchazos no inicio da competición, parecía que os rapaces demostraban a súa capacidade e encadeaban vitoria tras vitoria. Pero nas últimas xornadas acumularon tres derrotas consecutivas, que fixo que baixasen á cuarta praza e que estea en perigo optar a disputar a 2ª fase da liga. Agora deben pelexar co Camariñas e co Ponteceso para asegurar continuar na competición ligueira e disputar o título de liga cos oito mellores conxuntos costeiros.

CADETE: Rematou para o C. D. BAIO a primeira volta (descansa na última xornada) e faino nunha posición media-alta da táboa clasificatoria. O bo comezo de campaña viuse freado un pouco nas últimas xornadas, o que podía ser previsible debido a ter un plantilla curta que ademais acusou moitas baixas, sobre todo as de longa duración de Xoel e Javi. Con todo, destaca o seu poder goleador, con dous killers como Christian e Santi, apoiados na fortaleza defensiva de Pablo e no mando no medio de Anxo. Tamén hai que destacar a axuda dos infantís que se tiveron que incorporar ao equipo, algúns xa de maneira definitiva, outros de forma puntual. Esperemos que a segunda volta lles sexa propicia e, habendo sorte coas lesións, poder quedar nos primeiros postos da clasificación.

INFANTÍS: A falta de unha xornada para rematar a primeira volta, o C. D. BAIO atópase nos últimos postos da clasificación. A pesar dos decepcionantes resultados obtidos, os rapaces baieses afrontan os partidos coa maior ilusión de ir pola vitoria, e aínda que despois de xogar se mostren algo contrariados, xa pensan no seguinte encontro con ánimo de sacar algo positivo. Evidentemente, botan en falta moitas veces os seus compañeiros que van cos cadetes, pero teñen un plantel amplo de xogadores, e ao final van xogando todos, que nestas categorías é do que se trata. A ver se a segunda volta lles trae máis sorte en forma de resultados.

19 dic 2011

GOLEADORES

GOLEADA EN LOMBÁNS PARA PECHAR O ANO

O PINDO C. F. 1 - C. D. BAIO 8

Houbo que madrugar para ver unha nova vitoria do CD BAIO nesta Liga da Costa, e abofé que os escasos afeccionados que se achegaron na mañá do domingo ao campo de Lombáns puideron apreciar unha chuvia de goles, no que supón a maior goleada polo momento na competición. Non tivo historia o partido, que xa estaba sentenciado ao cuarto de hora, e a única incerteza era cantos goles podían chegar. Ao final foron oito a favor dos visitantes, pero ben puideron ser moitos máis de os necesitar, pois O Pindo demostrou o porqué da súa clasificación e apenas opuxo resistencia ante a superioridade técnica e física dos baieses, cun centro do campo no que Alberto e Martín movían o balón coa súa calidade habitual.
MC leva 13 goles: non hai quen o
pare (en todos os sentidos)
Xa desde o primeiro minuto se comprobou que o Baio ía decidido polo partido, con dúas ocasións clarísimas erradas por Canay e por Iván, antes da chegada do primeiro gol de Matías, nunha internada que remataba cun balón cruzado ante a saída do porteiro. Tres minutos despois era Javi Suárez o que aproveitaba outro magnífico pase de Martín para establecer o segundo no marcador. E xa no vinte MC abría a súa conta particular nun fermoso gol, tras regatear ao porteiro. Ampliaría diferenzas Canay á media hora, e xusto antes de chegar ao descanso Alberto convertía unha falta pola escuadra do xa superado porteiro pindés.
Guillermo debutou
cos maiores
Aproveitou Tono para dar descanso aos xogadores tocados e introducir no campo aos suplentes, entre eles aos xuvenís Yago e Valentín. Co partido sentenciado, a segunda parte fíxose monótona e longa, e a relaxación apoderouse dos baieses, que se limitaban a mover o balón. Aínda así chegaron varios goles máis, o primeiro deles de Martín, que remataba cunha preciosa volea un córner botado por MC. Sería este o protagonista do seguinte gol, ao aproveitar un balón solto na área local. A relaxación fixo que os carnotáns se achegasen con algún perigo máis á meta de Manuel, e nun córner conseguían o gol da honra ao despexar cara á súa porteira José Antonio. Reaccionou rapidamente o Baio e dous minutos despois MC pechaba o resultado co seu terceiro gol no partido. De aquí ata o final só hai que destacar o debut do porteiro xuvenil Guillermo, unha das perlas da canteira.
Pouco hai máis que dicir deste partido, que supón prolongar a racha de sete invictos (19 puntos conseguidos dos últimos 21), o que fai que se asenten na cuarta praza, con dous puntos de distancia do Corme e a catro do terceiro, o Fisterra. Do bo momento do Baio fíxose eco esta semana do Depor Sport, cunha reportaxe sobre o seu tridente que podedes ver aquí (Depor Sport) Agora chega o parón, que esperemos que non lles afecte aos nosos, e a agardar logo de Reis ao Buño para pechar a primeira volta da liga.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel (Guillermo 82'), Matías, Iván, José Antonio, Ramón (Fredi 45'), Eloy (Valentín 51'), Martín, Alberto, MC, Javi Suárez, Canay (Yago 45'). 


Goles: 0-1 Matías (11'), 0-2 Javi Suárez (14'), 0-3 MC (20'), 0-4 Canay (31'), 0-5 Alberto (44'), 0-6 Martín (48'), 0-7 MC (63'), 1-7 José Antonio (pp) (76'), 1-8 MC (78').

18 dic 2011

RESULTADOS

LIGA DA COSTA: O PINDO C. F. 1 - C. D. BAIO 8
                      [J. Antonio (pp) / MC (3), Matías, Javi Suárez, Canay, Alberto, Martín]
XUVENIL: C. D. BAIO 0 - C. F. DUMBRÍA B 1

CADETE: SANTA COMBA C. F. 4 - C. D. BAIO 0

INFANTIL: C. D. BAIO 2 - E. M. F. VIMIANZO 4

ALEVÍN (FS): C. CORISTANCO 7 - C. D. BAIO 2

BENXAMÍN (FS): C. CORISTANCO 0 - C. D. BAIO 3

Outros resultados:

Liga da Costa: Corcubión 1 - Camariñas 0; Mazaricos 0 - Club do Mar 2.

Cadete: Zas 9 - Muxía 2; Cabana 2 - Dumbría 4.

Infantil: Dumbría 3 - Coristanco 0; Cee 2 - Fisterra 0.

13 dic 2011

ÚLTIMA XORNADA DO ANO



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
O PINDO C. F. - C. D. BAIO
Domingo 18 de decembro; 12:15 horas.
Saída de Baio ás 10:00 horas.
Campo: Lombáns (Carnota).
Árbitro: Jorge Fernández Iglesias.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - C. F. DUMBRÍA B
Sábado 17 de decembro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
SANTA COMBA C. F. - C. D. BAIO
Sábado 17 de decembro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 15:00 horas.
Campo: San Pedro (Castriz).
Árbitro: Luis Santiago Pérez Ponte.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - E. M. F. VIMIANZO
Domingo 18 de decembro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso.
Árbitro: Raúl Benito Martínez.

11 dic 2011

TRABALLADO TRIUNFO E XA ESTAMOS 4º

C. D. BAIO 3 - U. D. CORCUBIÓN 1

Tarde desapacible no Platas Reinoso, o que non foi motivo para que rexistrase unha boa entrada, como sempre coa fiel afección baiesa. Partido trabado e disputado, que se resolviu nos últimos minutos cunha gran remontada baseada na fe dos futbolistas locais, que lles sae todo de cara ultimamente.
O partido empezou cun Baio que quería mover o balón e un Corcubión, adestrado polo histórico Manín, que se pechou ben atrás, buscando saír á contra. Non houbo moitas ocasións, salvo un tiro de Canay que marchou lambendo o poste, antes da primeira contra perigosa dos visitantes que acabou en gol, cando apenas se levaban 10 minutos de encontro.
Este gol puxo nervioso ao Baio, que se mostrou impreciso e moitas veces acelerado, querendo empatar pronto o partido, e perdendo con moita facilidade o balón, ante un Corcubión que se botou aínda máis atrás. Aínda así, tiveron os locais dúas clarísimas ocasións de gol por parte de MC, que se foron fóra co porteiro xa batido.
A segunda parte comezou co cambio de Matías, que se resentíu da súa lesión no pé, e a entrada do "talismán" Ramón. Entraron con ganas no campo os baieses, que dispuxeron dunha clara ocasión nada máis empezar, cunha sucesión de remates que milagrosamente non entraron na porta corcubionesa. Co cambio de sistema de Tono, deixando tres defensas e subindo a Mario ao centro do campo, o dominio do Baio foi abrumador e o Corcubión apenas saía do seu campo. Parecía que o gol local tiña que chegar, pero os dianteiros baieses tiñan a pólvora mollada pois malogran unha e outra chegada área. Foi a falta de dez minutos, cando Canay recibe un baón na frontal da área e tras diblar ao seu rival batía por alto ao porteiro visitante. Unha vez aberta a lata, daba a impresión que non tardaría en chegar o segundo, pero o Corcubión dedicouse a perder tempo, con continuas interrupcións e apenas se xogou nada nos seguintes minutos. Pero o empeño e a fe locais fixo que chegase o gol da vitoria de MC nun remate por baixo aproveitando un balón entre liñas de Martín. Impresionante a racha de MC, que leva marcando nas últimas oito xornadas. Intentou o Corcubión ir arriba á desesperada, pero o único que sucedeu foi que Javi Suárez fixese unha gran xogada, índose de varios defensas rivais e dándolle o pase da morte a MC, que a porta baleira establecía o definitivo 3-1.
Esta vitoria sufrida, pero con todo merecida, pon de manifesto o estado de gracia no que está o equipo, pois seguramente noutro momento este partido non se gañaría, como tantas veces nos pasou esta temporada. O triunfo de hoxe fai que o Baio ascenda á cuarta praza da clasificación despois de seis xornadas invicto (cinco triunfos e un empate), que neste momento case aseguraría unha praza de ascenso. Pero como dixemos o outro día, queda moita liga!!!

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías (Ramón 45'), Mario, Iván, José Antonio, Eloy (Rubio 84'), Martín, Alberto, MC, Javi Suárez, Canay (Fredi 88'). 

RESULTADOS

LIGA DA COSTA: C. D. BAIO 3 - U. D. CORCUBIÓN 1
                         [Canay, MC (2)]

XUVENIL: S. D. CORISTANCO 2 - C. D. BAIO 3
                                              [pp., Fachal, Alberto]

CADETE: C. D. BAIO 3 - SONEIRA S. D. 2
          [Santi, Christian (2)]

INFANTIL: CABANA S. D. 10 - C. D. BAIO 1
                                                [Sergio]

8 dic 2011

CÓMODA VITORIA NO CONCO

C. F. DUMBRÍA B 0 - C. D. BAIO 3

Gran partido o disputado polo CD BAIO este xoves no Conco ante o Dumbría B, no encontro aprazado da 8ª xornada que fora suspendido polo temporal. O resultado final de 0-3 non reflexa a ampla superioridade dos visitantes, que puideron vir cunha goleada de escándalo ante un rival que apenas creou perigo na porta de Manuel.

Fredi "Beckenbauer"
deslumbrou cos seus recortes
Xa desde ben pronto se viu que o Baio saía a por todas, e dous disparos de Mario desde a frontal foron o preludio do primeiro gol baiés. Alberto rouba un balón na medular e dálle unha perfecta asistencia a Javi Suárez, que por alto supera a Anxo. O xogo combinativo e rápido dos visitantes desarbolaba aos dumbrieses que só podían correr detrás do balón. Non tardou en aumentar o marcador o Baio, de novo por medio de Javi Suárez, que nunha xogada persoal desfacíase do seu marcador e volvía bater a porta local. Ao mando de Alberto, o centro do campo baiés apropiouse do balón, e o tridente ofensivo movíase constantemente na busca de espacios que facían sufrir aos seus marcadores. As incorporacións de Matías, e as chegadas en segunda xogada de Eloy e Mario, facían que o balón só tivese un dono e as ocasións sucedíanse diante de Anxo. Con todo, houbo que esperar ao último minuto da primeira parte para ver o terceiro gol, cun fermoso pase de Alberto en diagonal que controlou perfectamente MC e batiu a Anxo.
Javi Suárez leva 11 goles
A segunda parte apenas tivo historia, o Dumbria B non daba sinais de recuperación e o Baio dedicouse a controlar o balón e buscar ás puntas, que tiveron numerosas ocasións, sobre todo dúas de MC e outras dúas de Javi Suárez, e incluso os xuvenís Rubio e Valentín puideron marcar, pero perdoaron fronte a Anxo.
Con esta vitoria ascende o Baio á quinta praza da clasificación, con 23 puntos, e confirma unha racha de cinco partidos seguidos sen perder (catro vitorias e un empate), que fai que a xente mire xa máis para arriba que para abaixo. Pero queda moita liga!!!

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías (Fredi 75'), Iván, José Antonio, Ramón, Eloy, Mario (Yago 52'), Alberto (Valentín 82'), MC, Javi Suárez, Canay (Rubio 38').  

Goles: 0-1 Javi Suárez (10'), 0-2 Javi Suárez (19'), 0-3 MC (44').

PARTIDOS DO 8 AO 11 DE DECEMBRO



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. F. DUMBRÍA B - C. D. BAIO
Xoves 8 de decembro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: O Conco (Dumbría)
Árbitro: José Luis Zas Vázquez.



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - U. D. CORCUBIÓN
Domingo 11 de decembro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Daniel Torreiro Ramos.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
S. D. CORISTANCO - C. D. BAIO
Sábado 10 de decembro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:20 horas.
Campo: A Rocheira (Coristanco).
Árbitro: Brais Lodeiros Lafuente.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - SONEIRA S. D.
Sábado 10 de decembro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso.
Árbitro: Alejandro Montes Montes.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
CABANA S. D. - C. D. BAIO
Domingo 11 de decembro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:15 horas.
Campo: As Redondas (Neaño).
Árbitro: Emilio Rafael Galán Amor.

CRÓNICAS

S. D. CASTRIZ 2 - C. D. BAIO 2

Entretido e disputado partido o xogado na tarde-noite do domingo no campo de San Pedro, que deixa nos visitantes a sensación de dous puntos perdidos polo seu bo xogo e polas ocasións desperdiciadas, sobre todo na segunda metade. Tarde chuviosa en Castriz que non arredou aos afeccionados baieses que acudiron en bo número a terras xalleiras.
A primeira parte non tivo un dominador claro, o xogo estivo algo embarullado, pero aínda así era o Baio o que ofrecía sensación de perigo cando se achegaba á área rival. Con todo adiantaríanse os locais a través dun balón parado, que foi como crearon case todo o seu perigo. Unha falta lateral é mal despexada por Mario e o balón quédalle nos pés a Pablo que só ten que empurrala á rede. Foise o Baio polo empate e non tardaría en chegar nun dobre remate, primeiro de Canay que saca o porteiro, pero o rexeite chégalle a MC fóra da área que bate por baixo a Herrera. A partir do aquí o Baio seguiu tendo o control do balón, pero nun novo lanzamento de esquina o Castriz volvía poñerse por diante, ao adiantarse Toniño á defensa baiesa e rematar sen que Manuel poida facer nada. Con vitoria local chegábase ao descanso.
Saíu con máis forza o Baio na reanudación, cun cambio fundamental como foi a entrada do capitán Martín, que se fixo dono do centro do campo e cos seus pases creou numerosas oportunidades de perigo na porta contraria. Xa no primeiro minuto tivo unha clarísima MC, que logo de recibir un centro de Javi Suárez, vía como o seu remate franco era desviado coa cara por Herrera. Non tardou en chegar o empate nun fermoso contrataque de toda a dianteira do Baio, que resolveu Javi Suárez cun lanzamento cruzado ante a saída do porteiro. Tivo varias ocasións para levar o partido o Baio, as máis claras foron un lanzamento de Canay só diante de Herrera que saíu rozando o poste, un lanzamento de falta de Martín ao traveseiro ou unha internada de MC que se lle foi lambendo o largueiro cando estaba diante do porteiro.
Este empate rompe a racha de tres vitorias consecutivas e impide alcanzar o quinto posto, pero rectifica o bo xogo e as ganas que lle poñen uns xogadores nunhas condicións tan duras de frío e chuvia como as sufridas este domingo no campo de San Pedro.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Yago (Martín 45'), José Antonio, Ramón, Eloy, Mario, Alberto, MC, Javi Suárez, Canay (Rubio 87').

Goles: 1-0 Pablo (15'), 1-1 MC (23'), 2-1 Toniño (41'), 2-2 Javi Suárez (53').

XUVENIL: C. D. BAIO 1 - S. C. D. MALPICA 3

Importante partido que tiñan os xuvenís este sábado no Platas Reinoso, por canto chegaba o líder deste grupo, e era necesario sumar puntos para conseguir canto antes clasificarse para a segunda fase da liga, pois achéganse perigosamente por detrás Camariñas e Ponteceso. Empezou ben o partido, aínda que con nervios por parte dos dous conxuntos, que non conseguían facer boas xogadas. Aínda así o cadro local foi superior nestes primeiros 45 minutos, creando moito perigo pola banda de Lucas, que superaba unha e outra vez ao seu marcador. Froito deste dominio chegou o gol de Rubio, que cun lanzamento desde fóra da área sorprendía ao porteiro malpicán. Con este resultado chegouse ao descanso.
Na segunda parte o Baio saíu durmido e pagouno moi caro. En dous minutos os malpicáns conseguían darlle a volta ao partido, e o que foi máis importante deixaron moi tocados aos locais. Pouco a pouco fórono intentando os baieses, tratando de combinar ante a daquela xa pechada defensa visitante, pero só crearon perigo intermitentemente, como un remate de cabeza de Fachal á saída dun córner. Pola contra, os de Malpica poñían en práctica a súa efectividade cun fermoso lanzamento de falta de Eme que se coaba pola escuadra de Guillermo. Seguíuno intentando o Baio, sobre todo por medio de Cachopo, que se fixo dono da súa banda, pero os seus centros e remates non acabaron por modificar o marcador. Agora hai que procurar volver á boa racha que se viu truncada nestes dous últimos partidos, para manter o colchón que teñen co Ponteceso e asegurar unha desas catro prazas.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, David, Pardo (Vereda 88'), Pablo, Fachal, Rafa, Rubio (Alberto 81'), Lucas, Bieito, Valentín, Martín (Cachopo 51').   

CADETES E INFANTÍS: EMPATE E DERROTA

Saíu cun empate o equipo cadete do seu desprazamento a terras cabanesas no partido disputado o sábado á noite, que ben puido ser unha vitoria se non fose polo segundo gol local conseguido no desconto do partido. Adiantouse o Baio na primeira parte por mediación de Christian, pero os cabaneses conseguiron empatar. Na segunda Pablo poñía de novo por diante aos visitantes, no que parecía ser o gol da vitoria, pero a última hora tiveron que conformarse cun empate a dous goles, nun partido no que presentaban moitas baixas.
Na mañá do domingo os infantís tentaron facerlle fronte ao Ponteceso, pero non lograron aumentar a súa puntuación na táboa clasificatoria, e perdían contra os da vila do bardo, por un claro 2-5, con goles locais de Javi Muíño e Éver.

3 dic 2011

RESULTADOS

LIGA DA COSTA: S. D. CASTRIZ 2 - C. D. BAIO 2
                                                       [MC, Javi Suárez]

XUVENIL: C. D. BAIO 1 - S. C. D. MALPICA 3
                   [Rubio / Camilo, Eme (2)]

CADETE: CABANA S. D. 2 - C. D. BAIO 2
                                          [Pablo, Christian]
INFANTIL: C. D. BAIO 2 - PONTECESO S. D. 5
              [Javi Muíño, Éver]

ALEVÍN: C. D. BAIO 4 - CONCELLO DE LAXE 4
         [Ariel, Pablo, Manuel Mª, Carlos]

BENXAMÍN (FS): C. D. BAIO 1 - CONCELLO DE LAXE 0
                           [Samuel]

Outros resultados:

Liga da Costa: Corcubión 4 - O Pindo 0; Nantón 0 - Camariñas 2; Dumbría B 2 - Fisterra 3; Muros 0 - Club do Mar 2; Esteirana 4 - Buño 1; Zas 2 - Malpica 3; San Lorenzo 2 - Corme 2; Mazaricos 1 - Sofán 1.

Xuvenil: Cabana 2 - Ponteceso 0; Corme 0 - Dumbría B 8; Zas 3 - Coristanco 2; Laxe - Camariñas (xoves).

Cadete: Camariñas 0 - Esteirana 4; Zas 2 - Fisterra 1; Soneira 0 - Santa Comba 5; Outes 4 - Coristanco 2; Malpica 2 - Ponteceso 2; Muros 3 - Porteño 0; Cee 1 - Dumbría 1.

Infantil: Cee 4 - Cabana 3; Dumbría 9 - Vimianzo 0; Muxía 0 - Santa Comba 4; As Baleas 0 - Fisterra 5; Os Miúdos 2 - Outes 1; Corme - Coristanco (martes).