C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

30 nov 2011

COMEZA A TEMPORADA DE FÚTBOL SALA

ALEVÍN E BENXAMÍN: C. D. BAIO - LAXE

Este próximo sábado comeza a competición de fútbol sala da "Costa Bergantiñá" en categoría alevín e benxamín. Este ano por vez primeira participará o CLUB DEPORTIVO BAIO, competindo contra os equipos dos concellos desa comarca que estarán representados polos seus respectivos concellos. Polo tanto será o noso o único club de fútbol como tal, mentres que o resto dos participantes serán equipos formados e financiados pola entidade municipal.
Son un total de seis os equipos que participan: Cabana, Coristanco, Laxe, Malpica, Ponteceso, e o propio CD BAIO. Comeza a competición o sábado 3 de decembro co enfrontamento entre o CD BAIO e o Concello de Laxe, en horario de 10:00 horas os alevíns e 10:45 horas os benxamíns no Pavillón Polideportivo de Baio.

FÚTBOL SALA ALEVÍN (COSTA BERGANTIÑÁ)
C. D. BAIO - LAXE
Sábado 3 de decembro; 10:00 horas.
Pavillón Polideportivo de Baio.

FÚTBOL SALA BENXAMÍN (COSTA BERGANTIÑÁ)
C. D. BAIO - LAXE
Sábado 3 de decembro; 10:45 horas.
Pavillón Polideportivo de Baio.

PARTIDOS DOS DÍAS 3 E 4 DE DECEMBRO


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. D. CASTRIZ - C. D. BAIO
Domingo 4 de decembro; 16:45 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: San Pedro (Castriz).
Árbitro: Jesús Iván Patricio Blanco.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - S. C. D. MALPICA
Sábado 3 de decembro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Luis Santiago Pérez Ponte.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
CABANA S. D. - C. D. BAIO
Sábado 3 de decembro; 20:00 horas.
Saída de Baio ás 18:45 horas.
Campo: As Redondas (Neaño).
Árbitro: Domingo Álvarez Iglesias.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - PONTECESO S. D.
Domingo 4 de decembro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Manuel Grañas Martínez.

27 nov 2011

VITORIA NO MINI-DERBY FRONTE AO NANTÓN

C. D. BAIO 4 - C. D. NANTÓN 0


Manuel, a figura do partido
Partido igualado o disputado no Platas Reinoso este domingo a pesar do resultado, que só se desequilibrou por uns golpes de sorte que favoreceron ao equipo local e sepultaron aos visitantes. Non tivo un dominador claro a primeira parte e apenas tivo ocasións de gol, con moito balón aéreo e pouco control. O Nantón permaneceu ben pechado atrás, intentando cortar os pases entre liñas dos baieses, que só inquietaban a portería de Bonano polas internadas de Javi Suárez pola banda. Nunha delas a piques estivo de marcar MC pero o seu remate a bocaxarro enviouno a córner o porteiro visitante. Parecía que se ía chegar ao descanso coa igualada no marcador, pero nunha falta lonxana Matías conseguía superar a Bonano, que se víu sorprendido polo bote do balón, e poñer o 1-0 no último minuto. A piques estivo de empatar o Nantón na xogada seguinte, cando Luis rematou un córner e Manuel facía o seu primeiro paradón da tarde.
Unha vez máis espectacular
un gol, dúas asistencias
Saíu con ganas o Nantón do vestiario, intentando levar o equipo arriba na busca da igualada, e tivo a mellor ocasión aos catro minutos da reanudación cando Manolo do Cruceiro controlaba na área e o seu balón era interceptado coa man por Iván, sinalando o árbitro penalti. Un penalti que lanzaba o xogador-adestrador Luis pero era despexado por Manuel, que se convertía no heroe da tarde para os baieses. Esta xogada cambiou o partido, pois poucos minutos despois MC aproveitaba unha boa xogada de paredes con Canay para bater o porteiro visitante por baixo. Non tivo tempo o Nantón a reaccionar pois xa deseguido chegou o terceiro para os locais, nun envío en longo de Matías que aproveitou Canay para marcar de vaselina ante a saída do porteiro. As escasas esperanzas nantonesas quedaron mermadas a falta de vinte minutos cando era expulsado David Lareu por unha rigurosa segunda amonestación. A partir de aí desapareceu o Nantón e o Baio dedicouse a mover o balón, introducíu aos xuvenís que estaban no banco, e intentou aumentar o marcador, cousa que lograron a falta de quince minutos nun bonito pase de Yago a Canay, que se internou pola banda e logo de desfacerse do seu marcador deu o pase da morte a Alberto que poñía o que sería definitivo 4-0 no marcador.
Con este resultado ascende o Baio á sexta praza, con 19 puntos, e cun partido menos, o que ten que disputar en dez días fronte ao Dumbría B, aprazado polo temporal.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Iván, José Antonio, Ramón (Yago 70'), Eloy (Martín 45'), Mario, Alberto, MC (Valentín 84'), Javi Suárez, Canay (Rubio 80').

Goles: 1-0 Matías (44'), 2-0 MC (52'), 3-0 Canay (55'), 4-0 Alberto (73').

26 nov 2011

RESULTADOS

Liga da Costa: C. D. BAIO 4 - C. D. NANTÓN 0
               [Matías, MC, Canay, Alberto]
Xuvenil: PONTECESO S. D. 3 - C. D. BAIO 1
                                                    [Rafa]

Cadete: C. D. BAIO 1 - S. D. MUROS 3
            [Pablo]

Infantil: OUTES F. C. 4 - C. D. BAIO 3
                                   [Sergio (2), Éver]
* * *
Outros resultados:

Liga da Costa: Club do Mar 5 - Zas 0; Fisterra 5 - Esteirana 2; Malpica 2 - Dumbría B 2; Corme 1 - Muros 2; Sofán 1 - San Lorenzo 1; Buño 0 - Corcubión 0; Camariñas 3 - Mazaricos 1; O Pindo 0 - Castriz 3.

Xuvenil: Malpica 3 - Zas 0; Dumbría B 12 - Laxe 0; Muxía 1 - Cabana 7; Coristanco 1- Corme 0.

Cadete: Dumbría 4 - Outes 0; Porteño 3 - Cee 8; Coristanco 2 - Camariñas 4; Fisterra 1 - Malpica 1.

23 nov 2011

PARTIDOS DA VINDEIRA FIN DE SEMANA



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º) 
C. D. BAIO - C. D. NANTÓN
Domingo 27 de novembro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
PONTECESO S. D. - C. D. BAIO
Sábado 26 de novembro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:50 horas.
Campo: O Pinguel (Ponteceso).

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - MUROS S. D.
Sábado 26 de novembro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
OUTES F. C. - C. D. BAIO
Domingo 27 de novembro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 08:45 horas.
Campo: O Conchido (A Serra de Outes).

21 nov 2011

CRÓNICAS DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

MAZARICOS C. F. 2 - C. D. BAIO 3

Canay adiantou ao Baio
con dous goles seus
Partido duro e disputado este domingo sobre o céspede brando e rápido da Pedra de Ouro mazaricán, que foi controlado polo CD BAIO en todo momento, aínda que o gol local á beira do descanso puxo algo de inquietude no marcador. Saíu moi enchufado o equipo baiés, presionando arriba e buscando o erro dos rivais, e xa no minuto 2 puido marcar MC nun gol fantasma que ben puido entrar antes de que un defensa despexase baixo paus. Pero catro minutos máis tarde si subía ao marcador o primeiro gol visitante, conseguido por Canay, ao rematar de cabeza no segundo pau un córner botado por Alberto. A partir de aquí o Baio pasou a controlar o balón, impedindo que o Mazaricos se achegase á meta de Manuel, e saíndo á contra cando a ocasión o propiciaba. Nunha delas chegou o segundo gol, ao aproveitar Canay o rexeite do pau tras un tiro de MC. Parecía que aí sentenciaba o Baio o partido pois os locais apenas creaban perigo, e nas contras baiesas víase que podía chegar o terceiro. Pero os visitantes descentráronse cando Mario sufriu un cobadazo e tiña que ser atendido na banda por un corte na cabeza. Contra dez homes o Mazaricos conseguíu reducir distancias xa chegando ao descanso no lanzamento dunha falta.
Volveu a furia en Mazaricos:
"Camacho" Mario
Comezou a segunda parte coa presenza de "Camacho" Mario, pois lucía unha aparatosa venda na cabeza ao estilo dos bravos defensas doutros tempos. Nestes primeiros minutos o Mazaricos intentou ir arriba en busca da igualada pero sen crear moitas ocasións de perigo. Si tivo ocasión de poñer terra de por medio o Baio aos quince minutos da reanudación cando o colexiado sinalou un claro penalti sobre Javi Suárez, que Alberto desaproveitou. Parece que este erro deulle azos aos locais, pois tiñan a tiro de pedra a igualada, mais non conseguían superar a defensa baiesa liderada por José Antonio. Pola contra, o Baio conseguía facer o terceiro nunha xogada pola esquerda que chega a MC ao borde da área e coa esquerda coloca o balón pegado ao pau. Non tivo máis historia o partido e foron pasando os minutos en busca do final, mais no desconto o dianteiro mazaricán Kevin aproveitaba un erro de concentración na defensa baiesa para superar a Manuel, e poñer o 2-3 definitivo.
Con esta vitoria o Baio consegue poñerse no noveno posto na clasificación, sempre recordando que conta cun partido menos pois falta por disputar o suspendido contra o Dumbría B.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Iván, José Antonio, Ramón (Yago 72'), Eloy, Mario, Alberto (Martín 60'), MC (Rubio 87'), Canay (Andrés 80'), Javi Suárez.

Goles: 0-1 Canay (6'), 0-2 Canay (30'), 1-2 Aldo (44'), 1-3 MC (74'), 2-3 Kevin (92').

XUVENIL: C. D. BAIO 6 - MUXÍA 2

Pardo deslumbrou cos seus
desprazamentos de balón
Nova vitoria dos xuvenís na tarde do sábado e nova goleada que volve refrendar que este equipo non ten gol. Non opuxo moita resistencia o equipo muxián, que vía como os locais xa se adiantaban en menos de media hora con tres goles, e tan só un fermoso gol dos visitantes no desconto puxo algo de interese á segunda parte. Pero pouca historia tivo a reanudación, pois os locais abandonaron a relaxación deses últimos minutos do primeiro tempo e dedicáronse a atacar a portería muxiá, a pesar dos cambios realizados por Nacho, o que demostra que neste equipo todos son necesarios e que todos poden xogar, como o demostraron xogadores que tiveron menos minutos ata o de agora e que realizaron un magnífico partido. O Muxía só logrou marcar a través dunha falta dende case o medio do campo que sorprendeu por alto a Sergio. Pero os defensas baieses demostraron que tamén poden colaborar con goles, e Maikel e Pardo puxeron a media ducia no marcador.


Con este triunfo os baieses soben á segunda praza da clasificación aproveitando a derrota do Dumbría B en Camariñas, e figuran a cinco puntos do líder Malpica, que conta cun partido máis disputado e aínda ten que visitar o Platas Reinoso.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo (Sergio 74'), Pardo, Yago (Penelo 57'), Vereda, Fachal, David, Rubio (Valentín 69'), Cachopo, Lucas (Eloy 78'), Bieito, Martín (Maikel 78'). 

Goles: Martín (2), Lucas, Cachopo, Maikel, Pardo.

19 nov 2011

RESULTADOS

LIGA DA COSTA: MAZARICOS C. F. 2 - C. D. BAIO 3
                                                                 [Canay (2), MC]

XUVENIL: C. D. BAIO 6 - MUXÍA 2
           [Martín (2), Lucas, Cachopo, Maikel, Pardo]

CADETE: U. C. CEE 7 - C. D. BAIO 1
                                        [Pablo]

INFANTIL: C. D. BAIO 1 - SANTA COMBA 7
                    [Sergio]
* * *
Outros resultados:

Liga da Costa: Dumbría B 0 - Club do Mar 2; Fisterra 3 - Buño 1.

Xuvenil: Corme 0 - Malpica 6; Zas 3 - Ponteceso 3; Camariñas 4 - Dumbría B 3; Laxe 1 - Coristanco 2.

Cadete: Malpica 2 - Esteirana 2; Cabana 2 - Soneira 2; Outes 5 - Porteño 0; Camariñas 0 - Dumbría 5; Zas 1 - Coristanco 2; Muxía 3 - Fisterra 7; Muros 1 - Santa Comba 2.

Infantil: Cee 1 - Outes 0; Vimianzo 1 - Corme 5.

16 nov 2011

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA ELECTORAL



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
MAZARICOS C. F. - C. D. BAIO
Domingo 20 de novembro; 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:15 horas.
Campo: Pedra do Ouro (Pino do Val).

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - MUXÍA C. F.
Sábado 19 de novembro, 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
U. C. CEE - C. D. BAIO
Sábado 19 de novembro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: San Paio de Refoxos (Xallas-Cee).

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - SANTA COMBA C. F.
Sábado 19 de novembro; 11:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

14 nov 2011

PLENO DE VITORIAS

C. D. BAIO 4 - S. D. SAN LORENZO 0

Partido tranquilo e práctico o disputado polo CD BAIO na tarde deste domingo chuvioso. Diante, o San Lorenzo de Chema Eirís, ex-xogador e ex-adestrador dos baieses, que apenas inquietou a porta do meta local Manuel, salvo os perigosos saques de banda de Chucho. Tamén foi noticia a escasez de baixas no Baio, pois tan só Fredi non puido xogar por motivos laborais, e o debut esta temporada de Ramón logo de moitos meses de baixa (desde marzo) pola fractura de peroné.
Ramón volveu xogar
medio ano despois
A primeira parte foi de dominio local cunha mestura de toques en corto e balóns en largo, que desarbolou ao San Lorenzo. Aínda non se cumprira o primeiro cuarto de hora e xa marcara o Baio por mediación de MC que empuxou á rede un centro de Javi Suárez, logo dunha bonita xogada deste pola banda. Este tanto non cambiou a decoración e o Baio seguiu movendo o balón con criterio. Froito deste xogo chegou o segundo gol a piques de chegar á media hora, cando Javi Suárez recolle un balón na esquina da área e supera a Recarey cunha vaselina ao segundo pau. Puido o pichichi baiés aumentar a súa conta minutos despois pero un lanzamento seu petaba no traveseiro. Cando se estaba a piques de chegar ao descanso chegou o finiquito do partido. Unha falta á beira da área do San Lorenzo é lanzada por Matías, o porteiro non consegue atallar o balón e o rexeite quédalle franco a Canay, que só ten que empuxar o balón á rede. Nesta xogada o porteiro verdillés protestoulle ao árbitro que non lle deixara colocar a barreira, e o colexiado expúlsao por insultalo.
 
MC: De mañá vitoria como
adestrador. De tarde, 2
goles como xogador. 

A segunda parte foi soporífera. O San Lorenzo con dez apenas inquietou a portería baiesa, e os locais dedicáronse a contemporizar. Tan só nos quince minutos finais os locais tiveron algunha ocasión para aumentar o resultado, pero tan só MC conseguiu perforar de novo a portería visitante. 
En definitiva, tres puntos que quedan na casa e que serven para afianzar máis ao equipo logo das dúas derrotas consecutivas, quedando na clasificación na 13ª posición, á espera de xogar o partido aprazado contra o Dumbría B (lembremos que será o 8 de decembro). [Se picas aquí á dereita en SD SAN LORENZO podes ler a súa crónica deste partido]

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Iván, José Antonio, Ramón (Fermín 78'), Eloy (Andrés 87'), Mario, Alberto (Pirucho 75'), MC, Canay (Martín 60'), Javi Suárez.

Goles: 1-0 MC (13'), 2-0 Javi Suárez (28'), 3-0 Canay (45'), 4-0 MC (82').

XUVENIL: CABANA S. D. 0 - C. D. BAIO 5

Hat-trick de Bieito
Goleada do equipo xuvenil no seu primeiro partido da segunda volta, o que o reafirma na terceira posición a tiro de pedra dos dous primeiros, Malpica e Dumbría B, que lembremos aínda teñen que visitar o Platas Reinoso. Non tivo moito que destacar este partido, salvo a seriedade defensiva, apoiada nun gran Guillermo, e a perigosidade en ataque co fútbol de toque que practica o equipo. Parece que nas Redondas tamén se esfumou o principal defecto que se lle achacaba a este equipo que era a falta de definición ante a meta rival.
Na primeira parte o Baio adiantábase con dous goles obra de Bieito e de Pablo, e na reanudación redondearían a man Lucas e Bieito con dous goles máis, o que completaba o seu particular hat-trick.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Maikel, Yago, Pablo, Cachopo, Fachal, Rafa, Rubio, Lucas, Bieito, Valentín. Entraron na segunda parte Manuel, Alberto, Penelo, Edgar e Pollo (este como dianteiro).

CADETE: C. D. BAIO 6 - OUTES F. C. 1

Gran vitoria dos cadetes ante un Outes que chegaba invicto ao Platas Reinoso, e que levaba tan só 9 goles en contra na liga. Con todo demostrou o porqué deste feito, sobre todo na primeira parte, na que foi moi superior ao equipo local, baseándose na forza física e na corpulencia de moitos dos seus rapaces. Con todo, conseguía adiantarse o cadro local por mediación de Santi ao cuarto de hora de partido. Creaba perigo o Outes sobre todo a balón parado, e nun córner chegou o gol do empate visitante, tras unha indecisión de meta e defensa. Cando parecía que co empate se chegaba ao descanso, Christian volveu a sacar a súa variña máxica para adiantar ao equipo local, e poñer o 2-1 co que se chegou ao descanso.

Christian, suma e sigue:
26 goles.

A segunda parte xa virou a favor dos baieses, que parece que lle perderon o medo aos da Serra e empezaron a mover o balón con máis criterio e perigo, como adoitan facer normalmente. Cando conseguen mover rápido o coiro os baieses son letais, e Santi e Christian poñen a súa calidade para definir nos últimos metros. Un gol de Santi e outros tres de Christian nesta segunda parte elevaron o marcador local ata a media ducia. O Outes baixou moito o ritmo da primeira e non puideron derrubar a muralla defensiva que puxeron Kevin e Pablo (partidazo dos dous). Con esta vitoria o Baio segue na quinta praza, pero empatado co terceiro e tan só a un punto do segundo.
Polo CD BAIO xogaron: Álex, Cristian, Kevin, Pablo, Alfonso (Fran 76'), Anxo, Estefan (Alberto 70'), José Antonio (Javi 48'), Hío, Santi (Éver 74'), Christian.

INFANTIL: MUXÍA C. F. 1 - C. D. BAIO 2

Sergio leva xa 5 goles
Segunda vitoria consecutiva do equipo infantil, este domingo dirixidos desde o banco por MC. Parece que están cheos de moral, pois a pesar de empezar perdendo non se viñeron abaixo como outras veces, e conseguiron empatar por medio de Sergio antes de chegar ao descanso, e na segunda parte remontar por medio de Éver que transformaba un penalti cometido a el mesmo. Con este triunfo os infantís ascenden un posto na clasificación e achéganse á zona intermedia da táboa.

12 nov 2011

RESULTADOS

Liga da Costa: C. D. BAIO 4 - S. D. SAN LORENZO 0
             [MC (2), Javi Suárez, Canay]

Xuvenil: CABANA S. D. 0 - C. D. BAIO 5
                                   [Bieito (3), Lucas, Pablo]

Cadete: C. D. BAIO 6 - OUTES F. C. 1
        [Christian (4), Santi (2)]

Infantil: MUXÍA C. F. 1 - C. D. BAIO 2
                                     [Sergio, Éver]
* * *
Outros resultados:

Liga da Costa: Club do Mar 7 - Esteirana 2; Malpica 1 - Fisterra 3; Sofán 2 - Zas 2; O Pindo 2 - Mazaricos 6; Corcubión 1 - Nantón 0; Corme 1 - Dumbría B 0; Buño 1 - Castriz 1; Camariñas 3 - Muros 1.

Xuvenil: Malpica 5 - Laxe 0; Ponteceso 7 - Corme 1; Coristanco 2 - Camariñas 3; Muxía 1 - Zas 4.

Cadete: Soneira 2 - Muros 1; Dumbría 15 - Zas 0; Esteirana 14 - Muxía 0; Fisterra 1 - Ponteceso 2; Santa Comba 2 - Cee 1; Coristanco 2 - Malpica 4; Porteño 1 - Camariñas 4.

Infantil: Cabana 7 - Corme 2; Santa Comba 1 - Cee 1; Ponteceso 10 - As Baleas 2; Coristanco 3 - Esteirana 4; Fisterra 2 - C. de Carnota 1; Outes 0 - Dumbría 8.

9 nov 2011

PARTIDOS DO 12 E 13 DE NOVEMBRO



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. SAN LORENZO
Domingo 13 de novembro, 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Jesús España Andrade.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
CABANA S. D. - C. D. BAIO
Sábado 12 de novembro, 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: As Redondas (Neaño).
Árbitro: Carlos Cotelo Lafuente.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - OUTES F. C.
Sábado 12 de novembro, 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Javier Cives Outes.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
MUXÍA C. F. - C. D. BAIO
Domingo 13 de novembro, 10:30 horas.
Saída de Baio ás 9:00 horas.
Campo: A Arliña (Muxía).
Árbitro: Javier Cives Outes.

DERROTA EN MUROS

MUROS S. D. 2 - C. D. BAIO 0

Partido disputado na tarde do domingo en Miraflores que acabou coa vitoria local por dous tantos a cero, a pesar da superioridade no xogo e nas ocasións do equipo baiés. Como xa tantas veces esta temporada non lle vale aos baieses ter a posesión do balón se non concreta as moitas ocasións que crea. En cambio, necesita moi pouco o equipo rival para levar o partido.
Mario foi o motor do
Baio en Miraflores
Nos primeiros quince minutos de encontro, xa dispuxo o Baio de tres claras ocasións de gol, mediante dous lanzamentos de falta de Matías e un disparo de Rubio dende trinta metros que sacou Lupi da escuadra cando xa se cantaba o gol. O primeiro disparo dos muradáns foi o seu primeiro gol, un fenomenal lanzamento de falta de Mayuyo que se coaba pola escuadra de Manuel. Apenas cinco minutos despois Sexo aproveitaba unha diagonal para poñer o segundo gol nun remate de cabeza só diante do porteiro baiés. A persar destes minutos de desconcerto, o Baio tratou de virse arriba, e antes do descanso puido recortar Fermín nun cabezazo que petou no traveseiro.
Tras o descanso intentou o equipo visitante meterse no partido, mentres o Muros se agazapou atrás buscando as contras de Yanki e Sexo, mais non crearon moito perigo; tan só salientar un tiro ao pau logo dun lanzamento de córner. Si dispuxo o Baio de varias ocasións por medio de Canay, Mario, Alberto ou Javi Suárez, pero parecía que o balón non quería entrar na portería muradana.
Agora só queda levantar o ánimo despois desta sucesión de dúas derrotas e confiar que nas próximas xornadas o equipo suba na clasificación ata onde o seu xogo o merece.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Iván (Valentín 76'), Fredi, Fermín, Eloy, Mario, Rubio (Pirucho 60'), Alberto, Canay, Javi Suárez.

Goles: 1-0 Mayuyo (25'), 2-0 Sexo (30').

CRÓNICA DOS PARTIDOS DO FÚTBOL BASE



A continuación ofrecémosvos as crónicas dos partidos do fútbol base do C.D. BAIO disputados o pasado martes 1 e esta primeira fin de semana de novembro:

Valentín, goleador no derby
XUVENIL: SP. ZAS 0 - CD BAIO 1

Partido entretido e disputado este derby do concello que se resolveu cun gol de Valentín na primeira parte. Mentres o equipo local propuxo un xogo de forza e chegada rápida, o Baio apostou polo seu tradicional xogo combinativo e de posesión, o que lle permitiu controlar o balón e impediu que o Zas crease moito perigo. Con este resultado remata a primeira volta na terceira praza, consolidando o seu posto para disputar a segunda fase da liga.
Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Maikel, Yago, David, Fachal, Rafa, Rubio, Lucas, Alberto (Martín 56'), Bieito, Valentín.

CADETE: CD BAIO 7 - SP. ZAS 0

Santi leva xa 14 goles
Non tivo moita historia este derby na categoría cadete, na que quedou clara a diferenza existente na táboa clasificatoria. O partido xa quedou resolto na primeira parte, que rematou co resultado de 3-0, aínda que o equipo local fixo méritos para conseguir algún gol máis. Na segunda o Baio tomouno con máis tranquilidade, sabedor da súa superioridade, pero aínda así conseguir sumar catro tantos máis, destacando a boa actuación de Santi, que quedou reflectida cun hat-trick. Os outros goles foron obra do "pichichi" Christian (en 2 ocasións), Pablo e o infantil Éver.
Polo CD BAIO xogaron: Alberto, Miguel (Fran 61'), Pablo, Alfonso (Xenxo 51'), Anxo, José Antonio (Pedro 53'), Cristian (Álex 69'), Kevin, Javi (Éver 61'), Santi, Christian.

CADETE: CAMARIÑAS CF 1 - CD BAIO 3

Partido disputado na mañá do sábado 5, e que rematou cunha nova vitoria do equipo cadete. A mala noticia foi a lesión de Miguel, que sufriu un auténtico calvario para que unha ambulancia chegase ao campo (a ambulancia da mutua non contestaba). Con todo, o partido quedou encarrilado na primeira parte con dous goles de Christian (leva xa 22 goles), e quedou refrendado por Javi na segunda. O Camariñas conseguiu o gol do honor nos minutos finais.
Estas vitorias serviron para asentar o equipo nos postos altos da táboa, sendo na actualidade quintos, empatado co cuarto e a só cinco puntos do líder, o Dumbría.
Polo CD BAIO xogaron: Alberto (Álex 51'), Miguel (Fran 31'), Pablo, Alfonso (Éver 72'), Anxo, José Antonio (Javi 47'), Cristian, Kevin, Pedro, Santi, Christian.

INFANTIL: CD BAIO 5 - ED OS MIÚDOS 3

José Antonio, bigoleador
Primeira vitoria do equipo infantil, o que supuxo unha gran alegría entre os rapaces, pois o desánimo parecía apoderarse deles nos últimos partidos. Aínda así tiveron que remontar en dúas ocasións, pois foi o equipo muradán o que se poñía por diante, pero dous goles de Eloy e José Antonio dábanlle a volta ao marcador, para chegar así ao descanso. Na reanudación colleu impulso o conxunto visitante, que con dous goles volvíase poñer por diante, pero a ilusión dos baieses fixo que se fosen arriba e conseguisen tres goles máis, por mediación de José Antonio, Fran e Éver.
Con esta vitoria o Baio sobe un posto na clasificación, sendo na actualidade décimocuartos.
Polo CD BAIO xogaron: Julián, Alejandra (Fran Caneda 50'), Andrea, Fran, Queiro, Javi Muíño, José Antonio, Santi (Sabela 58'), Sergio (Cedrón 73'), Éver, Eloy (Anxo 40').
   

6 nov 2011

RESULTADOS DESTA FIN DE SEMANA

LIGA DA COSTA: MUROS S. D. 2 - C. D. BAIO 0

CADETE: CAMARIÑAS C. F. 1 - C. D. BAIO 3
                                                [Christian (2), Javi]

INFANTIL: C. D. BAIO 5 - E. D. OS MIÚDOS 3
          [Eloy, José Antonio (2), Fran, Éver]
* * *
 Outros resultados:
  • Liga da Costa: Malpica 0 - Buño 1; Fisterra 3 - Club do Mar 2; Nantón 2 - Castriz 2; Zas 1 - Camariñas 2; Mazaricos 0 - Corcubión 1; San Lorenzo 2 - O Pindo 0; Esteirana 3 - Corme 2; Dumbría B 0 - Sofán 1.
  • Xuvenil: Camariñas 2 - Malpica 0; Dumbría B 8 - Coristanco 1; Laxe 0 - Ponteceso 5; Zas  - Cabana 3; Corme 1 - Muxía 0.
  • Cadete: Malpica 0 - Dumbría 7; Cee 3 - Soneira 1; Ponteceso 1 - Esteirana 5; Muros 2 - Cabana 6; Zas 4 - Porteño 3; Muxía 3 - Coristanco 4; Outes 2 - Sta. Comba 2.
  • Infantil: Dumbría 5 - Santa Comba 0; Cee 9 - Muxía 0; Corme 3 - Ponteceso 6; Esteirana 5 - Fisterra 3; C. Carnota 8 - E.M. Vimianzo 0; As Baleas 0 - Outes 2.

4 nov 2011

PARTIDOS DA 1ª FIN DE SEMANA DE NOVEMBRO


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
MUROS S. D. - C. D. BAIO
Domingo 6 de novembro, 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:00 horas.
Campo: Miraflores (Muros).
Árbitro: Juan M. Prieto Rojo.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO DESCANSA

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
CAMARIÑAS F. C. - C. D. BAIO
Sábado 5 de novembro, 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: Hnas. Patiño (Camariñas).
Árbitro: Daniel González Seoane.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - E. D. OS MIÚDOS
Domingo 6 de novembro, 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Brais Lodeiros Lafuente.