C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

15 oct 2015

PREVIA DO FLAVIA SD - CD BAIO


1ª AUTONÓMICA - GRUPO 2º
FLAVIA SD - CD BAIO
Domingo 18 de outubro; 17:30 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: O Souto (Padrón).
Árbitro: Jesús Piñeiro Lugo.
Asistentes: Brandán Ramos Pintos / Iván Martínez Sequedo.
Equipo do Flavia SD da 1ª xornada [Foto: SD Sofán]


Décima temporada na que coinciden no mesmo grupo o CD Baio e o Flavia SD (as tres primeiras na Preferente), con lixeira vantaxe na estatística para os baieses, con oito vitorias, cinco empates e cinco derrotas; 21 goles a favor e 18 en contra. Tamén son bos os resultados nos partidos disputados en Padrón, con tres vitorias, catro empates e só dúas derrotas, con 10 goles a favor e 8 en contra. A pasada campaña vitoria do Baio nos dous encontros, 1-4 no Souto e 2-0 no Platas Reinoso. 
Pero cada temporada é un mundo, e agora visita o CD Baio o campo do Souto coa intención de continuar a boa xeira iniciada en Malpica, pero vaise atopar cun Flavia que ocupa a segunda posición da táboa grazas ás cinco vitorias que acumula nesta liga, só manchadas pola súa derrota na Serra de Outes. Marcou 16 goles e encaixou 7, sendo Álex Pérez con 4 e Rego con 3 os seus máximos goleadores.
Baixo a dirección de Camilo Perol no banco, 20 xogadores compoñen o plantel do Flavia SD, que se reforzou este verán con fichaxes de calidade, como é o caso do dianteiro Brais, que xogou na 3ª División a temporada pasada (Bertamiráns), os centrocampistas Chispa (do Arzúa de Preferente), David Triñanes (Unión de Asados, onde marcou 9 goles) ou o interior Álex Pérez, que aínda que a última campaña xogou na 2ª Autonómica no equipo da súa vila (Catoira, onde marcou 20 goles), ten un pasado na 3ª División en equipos como Bertamiráns, Boiro, Negreira, Ciudad de Santiago etc; ou o defensa Chechu (Praíña, antes no Estudiantil), un perigo nas xogadas a balón parado.
No capítulo de baixas hai que destacar as de Pepe Cidranes e Uxío (Villestro), César Raposo (Dodro), Álvaro, Roberto Siera e Manu Lafuente (Sar) ou Diego (A Estrada FS).

Este é o plantel do Flavia SD na temporada 2015-16:
Porteiros: Chile e Diego Perol.
Defensas: Chechu González (Praíña), Mera, Po, Roberto Esparís, Salva.
Medios: Álex Pérez (Catoira), Chispa (Arzúa), David (Flavia Xuv.), David Triñanes (Unión), Franqueiro, García, Kevin, Tito, Zoco.
Dianteiros: Brais (Bertamiráns), Damián, Lula (Catoira), Rego. 

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 2º)
PONTECESO SD - CD BAIO
Domingo 18 de outubro, 11:00 horas
Saída de Baio ás 09:45 horas.
Campo: O Pinguel (Ponteceso).

26 sept 2015

PREVIA DOS PARTIDOS DESTA XORNADA


1ª AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C.D. BAIO - C.D. UNIÓN
Domingo 27 de setembro, 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Pedro Rodríguez Penas (Colexio da Coruña).
Asistentes: Alberto Arranz Gil / Rubén Pérez Rosende.

Décimoquinto enfrontamento na historia entre dous equipos que o ano pasado acabaron en postos de honra neste grupo 2º da 1ª Autonómica. As estadísticas mostran unha pequena vantaxe dos visitantes, pois venceron en 7 dos 14 enfrontamentos, con só 5 triunfos baieses e 2 empates. A temporada pasada os rianxeiros foron capaces de gañar os dous encontros, 0-4 no Platas Reinoso e 1-0 no campo de Vilas.
O Unión parte este ano de novo como un dos favoritos ao título, e para iso renovaron boa parte do seu plantel, con ata nove fichaxes, ou oito, pois Manoliño, logo de fichar no verán polo Ribadumia da 3ª División, volveu agora a Asados. As incorporacións chegaron fundamentalmente do ascendido Puebla, do que viñeron Óscar Rebollido, Peki, Walter e Saviola; mentres que outras altas foron: Óscar (Sp. Lampón), Pablo (Crocha), Kevin Armas (Boiro Xuvenil) e Mikel (Unión Xuvenil). A estes hai que engadir a continuidade dos Miguel, Dani Conde, Santi, Víctor, Álex Lorenzo, Sergio Nieto ou Andrés. Pola contra, foron baixa neste equipo xente como Cristian (Domaio), David Triñanes (Flavia), Robinson e Kante (Berres), Charles (Puebla) ou Jacobo (Taragoña).


XUVENIL 1ª AUTONÓMICA (GRUPO 3º)
MUXÍA C.F. - C.D. BAIO
Sábado 26 de setembro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: A Arliña (Muxía).
Árbitro: Eduardo Rodríguez Penas.

O equipo xuvenil desprázase a Muxía para enfrontarse ao equipo local, nun duelo máis desta liga que se presume moi igualada polo visto ata agora. Os muxiáns contan con cero puntos, pero só disputaron un encontro, debido ás festas da Barca e a que lles correspondeu descansar, pero nel a piques estiveron de puntuar no difícil campo da Rocheira. 


CADETE 1ª AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C.D. BAIO - E.D. OS MIÚDOS
Domingo 27 de setembro, 11:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José María Carro Moreira.

Tras a derrota inxusta da pasada fin de semana na Serra, reciben os nosos cadetes a un novo equipo do sur, Os Miúdos muradáns, que suman catro puntos nas dúas xornadas disputadas, con empate en Cabana e vitoria na casa fronte ao Ponteceso.

3 sept 2015

CALENDARIO DO CD BAIO NA 1ª AUTONÓMICA GRUPO 2º 2015-16

O vindeiro domingo 6 de setembro iniciarase unha nova temporada na 1ª Autonómica Grupo 2º, no que competirá o C.D. Baio. Coincidindo coas festas patronais, os rapaces de Óscar Suárez recibirán á S.D. Piloño no Platas Reinoso, en horario das 18:30 horas. Non faltes e anima o teu equipo.
Aquí vos deixamos o calendario do C.D. BAIO para esta temporada, cos datos máis significativos dos seus rivais:






22 jul 2015

SORTEO DA COPA DEPUTACIÓN 2015


Na mañá deste mércores tivo lugar o sorteo da XXVII Copa Deputación de fútbol. Dos equipos previstos déronse de baixa o Dorneda e o Narón, co que houbo que reformar algo o modelo previsto e a fase previa quedou con só dúas confrontacións. O sorteo deparou o seguinte calendario:

PREVIA (domingo 26 de xullo):

· Villestro - Lesende
· Corme - Esteirana

PRIMEIRA ELIMINATORIA (mércores 29 de xullo):

· Meirás - Galicia Mugardos
· C. Maniños - O Val
· Rápido de Neda - Cedeira
· Club do Mar - Eume
· Amio - Dubra
· Villestro/Lesende - Negreira
· Puebla - Noia
· Unión - Arzúa
· Sigüeiro - At. Ribeira
· Flavia - Soneira
· Victoria - Betanzos
· Marino - Sp. Sada
· Olímpico - At. Arteixo
· San Tirso - Carral
· Sp. Ciudad - Orillamar
· Paiosaco - Imperátor OAR
· Boimorto - Dep. Ciudad
· Sofán - Xallas de Santa Comba
· CD Baio - Dumbría
· Malpica - Corme/Esteirana

16ª DE FINAL (domingo 2 de agosto):

· R. Neda/Cedeira - Racing Ferrol   [B 1]
· Meirás/G. Mugardos - Somozas  [B 2]
· C.Maniños/O Val - As Pontes   [B 3]
· Sigüeiro/At. Ribeira - Compostela   [B 4]
· Flavia/Soneira - Boiro   [B 5]
· Amio/Dubra - Bertamiráns   [B 6]
· Unión/Arzúa - Villestro/Lesende/Negreira   [B 7]
· Puebla/Noia - Victoria/Betanzos   [B 8]
· Boimorto/D. Ciudad - Laracha   [B 9]
· San Tirso/Carral - Bergantiños   [B 10]
· Club do Mar/Eume - Deportivo B    [B 11]
· Marino/Sp. Sada - Ordes   [B 12]
· Olímpico/At. Arteixo - Cerceda   [B 13]
· Paiosaco/Imperátor - Silva   [B 14]
· Sp. Ciudad/Orillamar - Malpica/Corme/Esteirana  [B 15]
· Sofán/XSC - Baio/Dumbría    [B 16]

OITAVOS DE FINAL (mércores 5 de agosto):

· B 6 - B 12    [C 1]
· B 16 - B 8    [C 2]
· B 10 - B 4    [C 3]
· B 2 - B 5      [C 4]
· B 9 - B 11    [C 5]
· B 15 - B 14  [C 6]
· B 7 - B 13    [C 7]
· B 1 - B 3      [C 8]

CUARTOS DE FINAL (domingo 9 de agosto):

· C 5 - C 4   [D 1]
· C 7 - C 3   [D 2]
· C 6 - C 2   [D 3]
· C 1 - C 8   [D 4]

SEMIFINAIS  (mércores 12 de agosto):

· D 3 - D 4    [E 1]
· D 1 - D 2    [E 2]

FINAL (domingo 16 de agosto):

· E 1 - E 2


6 jul 2015

COPA DEPUTACIÓN 2015


HAI DATAS DE CELEBRACIÓN, PERO AÍNDA NON DO SORTEO

A Federación Galega de Fútbol comunicou as datas para a disputa do Copa Deputación da Coruña 2015, mais aínda non hai data para a realización do sorteo, toda vez que o ente provincial non se constituirá ata o vindeiro 13 de xullo. 
Para evitar apuros de última hora a FGF adiantou as bases que rexerán a competición, que conta nesta edición con 56 equipos participantes: 3 de Segunda División B, 9 da Terceira División, 13 da Preferente Autonómica e 31 da Primeira Autonómica. 

ROLDA PREVIA (Domingo 26 de xullo)

Disputarana equipos da 1ª Autonómica en base á súa proximidade. Con tal motivo estes son os grupos creados atendendo criterios xeográficos:

· Grupo Ferrol: Cedeira, Eume, Cultural Maniños, Meirás, Narón Piñeiros, Rápido de Neda.
· Grupo A Coruña-As Mariñas: Deportivo Ciudad, Imperátor OAR, Orillamar, Spórting Ciudad, Victoria; Boimorto, Carral, Club do Mar, Marino, Olímpico de Rutis, Paiosaco, San Tirso.
· Grupo Costa: Baio, Corme, Esteirana, Malpica, Sofán, Soneira.
· Grupo Santiago-Barbanza: Amio, Sigüeiro, Villestro; Flavia, Lesende, Puebla, Unión de Asados.   

De cada grupo só haberá unha eliminatoria (dous equipos) e os demais pasarán directamente á seguinte rolda. É dicir, quedarán eliminados catro equipos da 1ª Autonómica (un por grupo).

1ª ELIMINATORIA (Mércores 29 de xullo)

Disputarana equipos da 1ª Autonómica (27 equipos: os gañadores da previa e os que quedaron exentos) e Preferente Autonómica (13 equipos), en base tamén á proximidade xeográfica, integrando os equipos da Preferente nos respectivos grupos, actuando estes como cabeza de serie, o que conleva que xoguen como visitantes a eliminatoria. Estas serían as distintas eliminatorias:

 1ª Autonómica Ferrol - Galicia Mugardos
 1ª Autonómica Ferrol - O Val
 1ª Autonómica Ferrol - 1ª Autonómica Ferrol
 1ª Autonómica Ferrol - 1ª Autonómica Coruña-Mariñas [previo sorteo campo]
 1ª Autonómica Coruña-Mariñas - At. Arteixo
 1ª Autonómica Coruña-Mariñas - Betanzos
 1ª Autonómica Coruña-Mariñas - Dorneda
 1ª Autonómica Coruña-Mariñas - Sp. Sada
 1ª Autonómica Coruña-Mariñas - 1ª Autonómica Coruña-Mariñas
 1ª Autonómica Coruña-Mariñas - 1ª Autonómica Coruña-Mariñas
 1ª Autonómica Coruña-Mariñas - 1ª Autonómica Coruña-Mariñas
 1ª Autonómica Costa - Dumbría
 1ª Autonómica Costa - XSC
 1ª Autonómica Costa - 1ª Autonómica Costa
 1ª Autonómica Costa - 1ª Autonómica Santiago-Barbanza [previo sorteo campo]
 1ª Autonómica Santiago-Barbanza - Arzúa
 1ª Autonómica Santiago-Barbanza - Dubra
 1ª Autonómica Santiago-Barbanza - Negreira
 1ª Autonómica Santiago-Barbanza - Noia
 1ª Autonómica Santiago-Barbanza - At. Ribeira

16º DE FINAL (Domingo 2 de Agosto)

Dispútanos os gañadores da 1ª eliminatoria (20 equipos), os da 3ª División (9 equipos: Bergantiños, Bertamiráns, Boiro, Cerceda, Fabril, Laracha, Ordes, As Pontes, Silva) e os da 2ª División B (3 equipos: Compostela, Rácing de Ferrol, Somozas). Os 12 clubs de categoría nacional terán calidade de cabezas de serie, actuando logo como visitantes, e emparellaranse cos gañadores da eliminatoria anterior, atendendo na medida do posible ao criterio de proximidade; os oito equipos restantes emparallaranse entre eles, disputándose o encontro no campo do equipo de categoría inferior, ou por sorteo se fosen da mesma.

OITAVOS DE FINAL (Mércores 5 de Agosto)

Sorteo puro entre os gañadores das dezaseis eliminatorias anteriores.

CUARTOS DE FINAL (Domingo 9 de Agosto)

Ídem cos oito clasificados.

SEMIFINAIS (Mércores 12 de Agosto)

Ídem cos catro clasificados.

FINAL (Domingo 16 de Agosto)

Sen data aínda segura nin sede para disputala.

26 jun 2015

CONFIGURADA XA A 1ª AUTONÓMICA GRUPO 2º

Unha vez que xa remataron as fases de promoción de ascenso que lle afectaban a este grupo, e que certos equipos, coma a S.C.D. Malpica, solventaron as dificultades que tiñan para continuar competindo, xa está configurado o Grupo 2º da 1ª Autonómica para a temporada 2015-16. Salvo sorpresa de última hora, estes son os 18 equipos que van participar, entre eles o CLUB DEPORTIVO BAIO, que será un dos seis clubs costeiros que compitan:



14 jun 2015

ÓSCAR SUÁREZ, ADESTRADOR DO C.D. BAIO PARA A TEMPORADA 2015-16

Óscar como xogador do Baio

Óscar Suárez Serrano (Carballo, 1974) vai ser o adestrador que leve a nave do C.D. Baio na temporada 2015-16 tras o acordo alcanzado esta semana co que fora xogador deste club.

O novo técnico do noso club dirixiu previamente ao San Lorenzo de Verdillo, foi segundo adestrador de Nando Martínez no Cerceda (3ª División), dirixiu varios equipos da base do Bergantiños F.C. e a pasada temporada fíxose cargo da SCD Malpica da 1ª Autonómica.

No Malpica 13-14 [Foto: L. Porto]
A súa traxectoria como técnico viuse mesturada coa de xogador nestes últimos anos, pois acaba de colgar as botas tras xogar os últimos partidos co San Lorenzo verdillés. Foi neste equipo onde desenvolveu boa parte da súa carreira futbolística, despois de saír da canteira do Bergantiños F.C., club no que tamén xogou conseguindo un ascenso á 3ª División. Na temporada 2002-03 militou no C.D. Baio, na 1ª Autonómica, quedando o equipo clasificado na terceira posición, e sendo Óscar o máximo goleador con 15 goles. Outros equipos nos que militou foron a SD Cabana, o At. Arteixo ou a SCD Malpica. Óscar despuntou sempre como goleador e así o seu nome aparece durante moitas temporadas entre os máximos artilleiros da categoría na que militaba. 

Desexamos que Óscar teña a sorte que merece e que a profesionalidade e o compromiso que o caracterizaron durante a súa carreira futbolística se vexa recompensada nesta nova andaina.

13 may 2015

FÉLIX E EFRÉN NON SEGUIRÁN NO C.D. BAIO A PRÓXIMA TEMPORADA

DEIXARÁN O CLUB DESPOIS DE TRES TEMPORADAS

A xunta directiva do C.D. Baio informa que o adestrador Félix García Raposo e o preparador físico Efrén Rodríguez Gallego non seguirán a próxima temporada no noso club. 
Consideran ambas as partes que despois de tres temporadas se cumpre un ciclo no que o club tivo unha enorme progresión a nivel deportivo, co ascenso desde a 2ª Autonómica á 1ª, e logo dúas magníficas campañas nesta categoría.
Desde a xunta directiva queremos agradecer o traballo que fixeron durante estas tres temporadas tanto Félix coma Efrén, nas que conseguiron superar con creces todas as expectativas. Chegaron precipitadamente coa temporada 2012-13 a piques de empezar, e non só cumpriron o obxectivo marcado desde a directiva de non pasar apuros na liga, senón que o C.D. Baio se proclamou subcampión e ascendeu de categoría tras unha emocionante promoción.
Dúas temporadas na 1ª Autonómica nas que seguiron asombrando pola súa aposta polo fútbol combinativo e as oportunidades á xente nova e comprometida. Este foi outro dos seus éxitos, lograr o compromiso coa súa filosofia, tanto de xogadores como de directivos, e incluso da propia afección.
O sexto posto da temporada 2013-14 viuse superado na presente campaña cunha cuarta posición, e loitando ata o final por alcanzar o podio da competición e mesmo chegar a disputar o ascenso á Preferente.
Os números que conseguiron neste club non deixan lugar ás dúbidas: Con eles disputáronse 106 partidos de liga, con 56 vitorias, 21 empates e 29 derrotas; marcáronse 182 goles e encaixáronse 131. Á parte outros partidos da Copa da Costa, Copa Deputación, amigables, e adestramentos, innumerables adestamentos aos que acudían en masa todos os xogadores.
Non nos queda máis que demostrarlles o noso agradecemento por canto aprendemos con eles e desexarlles toda a sorte do mundo na súa carreira, que a bo seguro vai ser exitosa. Aproveitaremos estes partidos da Copa da Costa para disfrutar con eles ao noso lado. GRAZAS POR TODO!!!









Desde o CD Baio mirando o futuro...

3 mar 2015

C.D. BAIO BENXAMÍN E PRE-BENXAMÍN, CAMPIÓNS DOS SEUS GRUPOS NA LIGA DE FÚTBOL SALA 'COSTA BERGANTIÑÁ'


OS ALEVÍNS QUEDARON NUN MERITORIO 4º POSTO

Rematou a liga de fútbol sala que organiza o C.D. Costa Bergantiñá, nas súas categorías de alevín, benxamín e pre-benxamín, con bos resultados para os equipos do C.D. Baio, que se proclamou campión en benxamíns e en pre-benxamíns e foi cuarto (a un punto do segundo) en alevíns. Aquí quedan as clasificacións (coma sempre, pica para agrandar).

O equipo Alevín mantívose con esperanzas ata o último partido de xogar o Play-Off, pero a derrota na última xornada en Malpica fixo que fose superado polo Razo e polo propio equipo malpicán. Con todo, moi boa participación do equipo, con seis vitorias e catro derrotas, cun total de 47 goles a favor, só tres menos que o intratable Ponteceso, campión deste grupo.
Sete integrantes do equipo alevín
O equipo Benxamín mostrouse moi forte en toda a liga, e na última xornada certificou o seu campionato ao gañar en Malpica. Dos oito partidos que disputaron gañaron sete e só perderon un, en Ponteceso, sendo os máximos goleadores e os menos goleados do grupo. 
Os benxamíns, e aínda faltaba algún

O equipo Pre-benxamín, a pesar de competiren case todos por vez primeira, fixo unha gran competición e xa se proclamou campión con unha xornada por xogar. Venceu en oito dos dez partidos e perdeu nos outros dous (co Sofán e no último en Malpica), sendo tamén os máximos goleadores.
Os pre-benxamíns [Fotos: M.A.B.R.]

O VINDEIRO SÁBADO OS PLAY-OFF EN CABANA

O sábado 7 de marzo, no pavillón de Cabana de Bergantiños, vaise disputar a xornada de semifinais do Play-Off da liga de fútbol sala, para o que se clasificaban os dous primeiros de cada grupo. As semifinais enfrontarán aos segundos cos primeiros de cada un dos dous grupos. 
Na categoría Benxamín o rival do C.D. Baio vai ser o anfitrión, o Concello de Cabana, que foi segundo no Grupo I desta categoría. Os cabaneses gañaron seis partidos e perderon dous (co campión Ponteceso). O partido será ás 12:00 horas.
Na categoría Pre-benxamín o rival do C.D. Baio é o Concello de Ponteceso, que foi segundo no seu grupo por detrás do Concello de Malpica. O partido será ás 12:50 horas. 

Este é o calendario deste sábado:

Benxamín:
PONTECESO 1 - MALPICA 2   11:10 horas
C.D. BAIO 2 - CABANA 1         12:00 horas

Pre-benxamín:
MALPICA 1 - MALPICA 2     (En Malpica)
BAIO 2 - PONTECESO 1        12:50 horas.

FALECE LOLO DE AÑÓN, UN DOS INTEGRANTES DO EQUIPO DA PRIMEIRA TEMPORADA

Manuel García Añón 'Lolo de Añón', ou 'Lolo do Hórreo' como era coñecido nos últimos tempos, faleceu no día de onte aos 74 anos de idade. 
Lolo empezara a xogar ao fútbol a mediados dos anos cincuenta, cando aínda o Baio non estaba federado, e formou parte da que se deu en chamar a Primeira Idade de Ouro do club baiés, que por volta dos anos 1957-58 tiña un equipazo. Lolo era un dos xogadores que a mediados do ano 1958 inauguran o Campo do Balsiño, nun partido contra o Oza Juvenil coruñés. Moitos dos trofeos que gañou o conxunto baiés por aqueles anos foron con el no equipo.
Lolo, á esquerda, celebrando o dobrete
Cando a comezos do ano 1964 se cree a Liga da Costa e polo tanto se federe o C.D. Baio, Lolo de Añón era un dos integrantes daquel mítico equipo. Xogaría Lolo as tres primeiras temporadas da Liga da Costa, ata a 1965-66, pero seguiría colaborando co club e co tempo tamén foi directivo. Na temporada 1973-74 era Vicepresidente, cargo que obstentaba tamén na temporada 1982-83, cando o C.D. Baio conseguira gañar a Liga e a Copa da Costa. Moitos anos máis como directivo e actualmente era un dos socios máis antigos (o nº 9).