C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

15 oct 2015

PREVIA DO FLAVIA SD - CD BAIO


1ª AUTONÓMICA - GRUPO 2º
FLAVIA SD - CD BAIO
Domingo 18 de outubro; 17:30 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: O Souto (Padrón).
Árbitro: Jesús Piñeiro Lugo.
Asistentes: Brandán Ramos Pintos / Iván Martínez Sequedo.
Equipo do Flavia SD da 1ª xornada [Foto: SD Sofán]


Décima temporada na que coinciden no mesmo grupo o CD Baio e o Flavia SD (as tres primeiras na Preferente), con lixeira vantaxe na estatística para os baieses, con oito vitorias, cinco empates e cinco derrotas; 21 goles a favor e 18 en contra. Tamén son bos os resultados nos partidos disputados en Padrón, con tres vitorias, catro empates e só dúas derrotas, con 10 goles a favor e 8 en contra. A pasada campaña vitoria do Baio nos dous encontros, 1-4 no Souto e 2-0 no Platas Reinoso. 
Pero cada temporada é un mundo, e agora visita o CD Baio o campo do Souto coa intención de continuar a boa xeira iniciada en Malpica, pero vaise atopar cun Flavia que ocupa a segunda posición da táboa grazas ás cinco vitorias que acumula nesta liga, só manchadas pola súa derrota na Serra de Outes. Marcou 16 goles e encaixou 7, sendo Álex Pérez con 4 e Rego con 3 os seus máximos goleadores.
Baixo a dirección de Camilo Perol no banco, 20 xogadores compoñen o plantel do Flavia SD, que se reforzou este verán con fichaxes de calidade, como é o caso do dianteiro Brais, que xogou na 3ª División a temporada pasada (Bertamiráns), os centrocampistas Chispa (do Arzúa de Preferente), David Triñanes (Unión de Asados, onde marcou 9 goles) ou o interior Álex Pérez, que aínda que a última campaña xogou na 2ª Autonómica no equipo da súa vila (Catoira, onde marcou 20 goles), ten un pasado na 3ª División en equipos como Bertamiráns, Boiro, Negreira, Ciudad de Santiago etc; ou o defensa Chechu (Praíña, antes no Estudiantil), un perigo nas xogadas a balón parado.
No capítulo de baixas hai que destacar as de Pepe Cidranes e Uxío (Villestro), César Raposo (Dodro), Álvaro, Roberto Siera e Manu Lafuente (Sar) ou Diego (A Estrada FS).

Este é o plantel do Flavia SD na temporada 2015-16:
Porteiros: Chile e Diego Perol.
Defensas: Chechu González (Praíña), Mera, Po, Roberto Esparís, Salva.
Medios: Álex Pérez (Catoira), Chispa (Arzúa), David (Flavia Xuv.), David Triñanes (Unión), Franqueiro, García, Kevin, Tito, Zoco.
Dianteiros: Brais (Bertamiráns), Damián, Lula (Catoira), Rego. 

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 2º)
PONTECESO SD - CD BAIO
Domingo 18 de outubro, 11:00 horas
Saída de Baio ás 09:45 horas.
Campo: O Pinguel (Ponteceso).