C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

31 ene 2014

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - CAMARIÑAS F. C.
Domingo 2 de febreiro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Daniel Rama Rama.
Asistentes: Iván Marcos Pazos / Iago Varela Rodríguez.

HISTORIAL: PX: 27 / PG: 04 / PE: 04 / PP: 19 / GF: 26 / GC: 57

Chega ao Platas Reinoso o Camariñas, a auténtica besta negra do CD Baio como quedou demostrado no encontro de ida, no que o Baio perdoou numerosas ocasións e acabou perdendo o partido. A última visita dos camariñáns ao campo baiés data da temporada 2011-12, en concreto á súa primeira xornada, e nela os visitantes gañaron 1-3. No Baio xogaron: Pollo, Matías, Iván, José Antonio, Fermín, Eloy Vilas, Mario, Martín, Alberto, Canay, Martín MC; o gol foi obra de Alberto, de penalti.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
S. D. CASTRIZ - C. D. BAIO
Sábado 1 de febreiro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: San Pedro (Castriz).
Árbitro: Marco M. Ricigliano Fernández.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO DESCANSA

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. CORISTANCO
Sábado 1 de febreiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Samuel Pardo Pose.

ALEVÍN/BENXAMÍN (FS - COSTA BERGANTIÑÁ)
S. D. SOFÁN - C. D. BAIO
Sábado 1 de febreiro; 10:00 horas.
Saída de Baio ás 08:45 horas.
Pavillón Vila de Noia (Carballo).

23 ene 2014

CALENDARIO DE PARTIDOS DESTA SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. F. NOIA - C. D. BAIO
Domingo 26 de xaneiro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: San Lázaro (Noia).
Árbitro: Miguel Ángel Vilas Lorenzo.
Asistentes: Anxo Botana Rey / Javier Garaboa Fernández.

HISTORIAL: PX: 27 / PG: 10 / PE: 02 / PP: 15 / GF: 28 / GC: 70

A piques de facerse os 39 anos que o Noia xogou un partido amigable contra o Baio para recadar fondos para as maltreitas arcas baiesas, volve o Decano da Costa á vila noiesa a xogar un partido de fútbol. Daquela fixérao no antigo campo de San Alberto e agora faino nas instalacións de San Lázaro, no que xoga o equipo líder da competición e máximo favorito ao título. Só dúas derrotas colleitou o equipo local no que vai de liga, unha delas no partido de ida, no que quizais os baieses tiveron a sorte que lles faltou noutros encontros. Esta é a 14ª temporada na que coinciden estes dous clubs competindo, a última delas foi na temporada 2005-06, no que o Noia se proclamou campión da 1ª Autonómica. Nesa ocasión o Baio viaxara a Noia moi mermado, con varios xuvenís, e recibiu unha boa malleira: 6-0. Xogara no equipo de Chema: Martín II (Iván 62'), Gerardo, Ramón, Torrila (Mel 72'), Chino, Playa, Mario, Sito, Sousa, Martin (Javi 62'), Héctor. 

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - PORTEÑO C. F.
Sábado 25 de xaneiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
SP. ZAS - C. D. BAIO
Sábado 25 de xaneiro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: San Andrés (Zas).

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
CORME C. F. - C. D. BAIO
Domingo 26 de xaneiro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: O Cairo (Corme).

ALEVÍN/ BENXAMÍN/PRE-BENXAMÍN (FS-C. BERGANTIÑÁ)
C. D. BAIO - CONCELLO DE PONTECESO
Sábado 25 de xaneiro.
Alevín A (10:00 h) / Alevín B (10:50 h)
Benxamín (11:40 h) / Pre-benxamín (12:30 h)
Pavillón Polideportivo de Baio.

16 ene 2014

CALENDARIO DE PARTIDOS DESTA SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - FLAVIA S. D.
Domingo 19 de xaneiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Bernardo Domínguez Manteiga.
Asistentes: Adrián Varela García / Jairo Esmorís Lema.

HISTORIAL: PX: 15 / PG: 05 / PE: 05 / PP: 05 / GF: 13 / GC: 16

Visita dun histórico do fútbol galego ao Platas Reinoso, o Flavia de Padrón. Esta é a oitava temporada que coinciden estes dous conxuntos no mesmo grupo e o balance ata o momento non pode ser máis parello. A última visita dos padroneses foi na temporada 2003-04, nesta mesma categoría, e o Baio perdera con facilidade (0-3) ante o que sería campión de liga. Na temporada actual producírase un empate a uns no partido disputado en Padrón, con goles de Canay e de Benson (2º máximo goleador do grupo). O Flavia vén de gañar os dous últimos encontros e destaca pola súa capacidade goleadora, pois a pesar de estar na zona media é o terceiro máximo goleador. O Baio tratará de volver á senda do triunfo, que parece que se lle nega nos últimos partidos. 

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
S. C. D. MALPICA - C. D. BAIO
Sábado 18 de xaneiro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: Pedra Queimada (Malpica).
Árbitro: Borja Sánchez García.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - FISTERRA S. D.
Sábado 18 de xaneiro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Sergio Espasandín Cores (3ª División).

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. C. R. D. ESTEIRANA
Sábado 18 de xaneiro; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Alexandre de Vega Domínguez.

ALEVÍN/BENXAMÍN/PREBENXAMÍN (FS-C. BERGANTIÑÁ)
CONCELLO DE CABANA - C. D. BAIO
Sábado 18 de xaneiro; 10:00 / 10:50 / 11:40 horas.
Saída de Baio ás 09:15 horas.
Pavillón Polideportivo de Cabana.

10 ene 2014

PARTIDOS DESTA SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
S. D. AGOLADA - C. D. BAIO
Domingo 12 de xaneiro; 16:30 horas.
Saída ás 11:30 horas (con comida en Lalín).
Campo: Hospitalillo (Agolada).
Árbitro: Logan Sampedro Valiño.
Asistentes: Rubén Maquieira Otero / Emilio F. López Rey

HISTORIAL: PX: 03 / PG: 01 / PE: 01 / PP: 01 / GF: 06 / GC: 02 

Visitamos un vello coñecido da temporada pasada co que coincidimos na fase de ascenso, que ao final conseguimos os dous equipos. No debut desa promoción perdera o Baio no campo do Hospitalillo por 2-1, con gol de Christian nos minutos finais. No partido de volta o Baio gañara con comodidade por 5-0, nun dos mellores partidos da temporada anterior. Esta campaña foi o Agolada o primeiro rival que visitou o Platas Reinoso, coincidindo coas festas, e o partido rematou sen que se movera o marcador.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - MUXÍA C. F.
Sábado 11 de xaneiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Patricia Rodríguez Cruz.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
XALLAS SANTA COMBA C. F. - C. D. BAIO
Domingo 12 de xaneiro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: San Pedro (Castriz).
Árbitro: Juan José Otero de Oliveira.

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - MUXÍA C. F.
Domingo 12 de xaneiro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Adrián Fernández Pintos.

GOLEADORES 1ª AUTONÓMICA GRUPO II

Aquí tendes a táboa de goleadores da PRIMEIRA AUTONÓMICA - GRUPO SEGUNDO unha vez rematada a primeira volta da competición (feita sobre as actas dos partidos). Igualdade máxima nos primeiros postos con catro xogadores empatados a 12 goles e ata 28 futbolistas que marcaron cinco ou máis tantos, entre eles dous do CD BAIO, Canay e Martín MC.



3 ene 2014

PARTIDOS DA 1ª XORNADA DO 2014 (SÁBADO)


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO SEGUNDO)
C. D. BAIO - BERTAMIRÁNS F. C. B
Sábado 4 de xaneiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Jorge Villamuelas Castro.
Asistentes: Diego García García / Diego Lago Barros.

HISTORIAL: PX: 0

Primeiro partido na historia entre o Baio e o filial do Bertamiráns, aínda que non entre estes dous clubs, pois xa coincidiron nesta mesma categoría o primeiro equipo do Bertamiráns e os baieses. Foi na temporada 1994-95, e en terras de Amaía disputouse o partido inaugural da liga, no que venceron os locais de xeito apertado (4-3). Na volta disputada en Baio a vitoria foi clara para os rapaces de Moncho Varela, que se colocaban con ela en postos de ascenso e estaban no medio dunha racha de 26 partidos sen perder que os levaría ao título de liga. O Baio formara con: Norberto, Gerardo, Nando, Bareta, Canillas, Javier Beiro, Pastoriza, Rolando, Manolito (Touriñán 55'), Silvariño (Víctor 60' (Pena 80')), Chema (Santi 63'). Os goles foran obra de Manolito, Nando, Javier B. e Víctor.
O do sábado será o partido 401 do CD Baio na 1ª Autonómica; nos anteriores 400 o Baio gañou 173, empatou 111 e perdeu 116; con 691 goles a favor e 551 en contra. Agora, tras un decembro negro no que se empataron dous partidos e se perderon os outros dous, chega un novo ano que esperemos que acabe coa mala sorte que están tendo os nosos rapaces, tanto en forma de resultados como de lesións. 

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
CABANA S. D. - C. D. BAIO
Sábado 4 de xaneiro; 16:00 horas.
Saída ás 14:45 horas.
Campo: As Redondas (Neaño).
Árbitro: Sergio Bermúdez Seoane.