C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 feb 2012

RESULTADOS

Liga da Costa: S. C. D. ESTEIRANA 3 - C. D. BAIO 2
                                 [Róber Pladur (3) / MC, Fermín]

Xuvenil: C. D. BAIO 2 - SANTA COMBA C. F. 1
           [Rubio, Bieito]

Cadete: MUXÍA C. F. 1 - C. D. BAIO 4
                                   [Christian (3), Adrián]

Infantil: C. F. DUMBRÍA 11 - C. D. BAIO 0

Alevín: CONCELLO PONTECESO 2 - C. D. BAIO 3

Benxamín: CONCELLO PONTECESO 0 - C. D. BAIO 3

24 feb 2012

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. C. D. ESTEIRANA - C. D. BAIO
Domingo 26 de febreiro; 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:00 horas.
Campo: Xosé Luís Vara (Esteiro).
Árbitro: Samuel Pardo Pose.

XUVENIL (LIGA DA COSTA - 2ª FASE)
C. D. BAIO - SANTA COMBA C. F.
Sábado 25 de febreiro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Javier Cives Outes.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
MUXÍA C. F. - C. D. BAIO
Sábado 25 de febreiro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: Arliña (Muxía).
Árbitro: Alfredo Rey Fariña.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. F. DUMBRÍA - C. D. BAIO
Sábado 25 de febreiro; 11:00 horas.
Saída de Baio ás 09:30 horas.
Campo: O Conco (Dumbría)
Árbitro: Adrián Pérez Rellán.

ALEVÍN/BENXAMÍN (FS COSTA BERGANTIÑÁ)
CONCELLO PONTECESO - C. D. BAIO
Sábado 25 de febreiro; 10:00 e 10:45 horas.
Saída de Baio (Pavillón) ás 09:20 horas.
Campo: Pavillón Polideportivo de Ponteceso.

22 feb 2012

CLASIFICACIÓNS E GOLEADORES

Logo duns días de problemas informáticos aquí estamos de novo coas clasificacións das distintas categorías nas que participa o CD BAIO:


E tamén as dos goleadores do CD BAIO e da Liga da Costa: 


18 feb 2012

RESULTADOS

Liga da Costa: C. D. BAIO 1 - S. D. FISTERRA 4
                                [Iván / Mané (2), Dudo, Rivas]

Xuvenil: C. F. DUMBRÍA 3 - C. D. BAIO 2
                                             [Rubio, Martín]
Cadete: C. D. BAIO 7 - PONTECESO S. D. 1
      [Christian (4), Santi (2), Pablo]

Infantil: C. D. BAIO 0 - AS BALEAS F. S. 1

* * *
Outros resultados:

LIGA DA COSTA: Corcubión 1 - Dumbría B 3; Sofán 1 - Club do Mar 2; Camariñas 1 - Malpica 1; Buño 0 - Corme 2; Nantón 1 - Muros 0; O Pindo 2 - Esteirana 4; Castriz 2 - Zas 0; Mazaricos 0 - San Lorenzo 1.

XUVENIL: Corcubión 1 - Cee 3, Santa Comba 3 - Soneira 1; Malpica 7 - Camariñas 2.

CADETE: Dumbría 3 - Esteirana 2; Soneira 0 - Malpica 1; Cee 1 - Outes 0; Muros 2 - Camariñas 2; Porteño 2 - Fisterra 2; Santa Comba 6 - Muxía 0; Cabana 9 - Zas 3.

INFANTIL: Cee 1 - Dumbría 2; Santa Comba 1 - C. Carnota 3; Ponteceso 1 - Coristanco 5; Os Miúdos 2 - Corme 2; Outes 0 - Esteirana 5; Cabana 12- Fisterra 0.

15 feb 2012

PARTIDOS EN TEMPO DE ENTROIDO


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. FISTERRA
Domingo 19 de febreiro; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Martín Aguiar Patricio.

XUVENIL (LIGA DA COSTA 2ª FASE)
C. F. DUMBRÍA - C. D. BAIO
Martes 21 de febreiro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: O Conco (Dumbría).
Árbitro: Óscar Naya Fariña.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - PONTECESO S. D.
Sábado 18 de febreiro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Borja Gestal Caridad.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - AS BALEAS F. S.
Domingo 19 de febreiro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Antonio Díaz Miras.

ALEVÍN/BENXAMÍN (FS COSTA BERGANTIÑÁ)
CONCELLO DE LAXE - C. D. BAIO
Sábado 18 de febreiro; 10:00 e 10:45 horas.
Saída de Baio ás 09:30 horas.
Pavillón Polideportivo de Laxe.

13 feb 2012

CLASIFICACIÓNS E GOLEADORES

Aquí van as clasificacións das categorías base nas que participa o CD BAIO:


E as táboas de goleadores das distintas categorías do CD BAIO e da Liga da Costa:

MAL PARTIDO E DERROTA EN MALPICA

S. C. D. MALPICA 2 - C. D. BAIO 1

Tarde moi fría na Pedra Queimada, cun forte vento que non impediu que acudise numeroso público a un dos partidos da xornada na Liga da Costa. Era este un encontro entre dous equipos que veñen de menos a máis, e que están desenvolvendo un fútbol máis vistoso. En cambio o forte vento impediu que se vise o fútbol habitual nestas escuadras, pois éralles bastante dificultoso controlar ben o balón aos xogadores. Supliuse o bo xogo coa emoción e co disputa de dous conxuntos que xogan ao ataque sempre en busca da portería rival, aínda que no encontro de onte tampouco houbo moitas ocasións de gol.
José Antonio foi o mellor
do Baio en Malpica
Comezou o partido con moita garra e moita ambición por parte dos dous equipos, con moita loita por facerse co control do medio do campo, que se acabou decantando polo lado local polo simple feito de ter o aire a favor. Non obstante, este feito non foi obvice para que o conseguise marcar fose o Baio, nun saque rápido desde o lateral da área, a través dun centro de Canay que se lle escapa ao porteiro Suso das mans e, oportuno, Javi Suárez mete a bota para inaugurar o marcador. Intentou o Malpica irse arriba e embotellou ao Baio no seu campo, pero tampouco creou grandes oportunidades, a non ser nalgún balón parado, sobre todo nos longos saques de banda, e en lanzamentos desde longa distancia aproveitando o vento.
A segunda parte comezou domindo o Baio co vento a favor, pero axiña o Malpica reaccionaría e conseguiría o empate, logo dunha xogada por banda de Cheo, que centra á área, Manuel consegue despexar de puños ante Tato, pero o rexeite quédalle a Neucha só na frontal que bate se problemas a porta baiesa. Con este gol, perdeu o control do partido o Baio e insufloulle ánimos aos locais, que se viñeron arriba, dominaron o centro do campo, e nun córner déronlle a volta ao marcador. Nun córner botado ao segundo pau, erra Mario no despexe e o balón cáelle ao goleador malpicán Pablo, que de tiro cruzado bate a Manuel. O Baio tivo que ir arriba en busca da igualada, pero non conseguía combinar cos seus dianteiros, pois os bálóns íanselle longos por efecto do aire, e quizais botasen en falta a ausencia do seu capitán Martín para dar o pase definitivo. Aínda así tivo Canay unha ocasión clarísima ao chegarlle un balón franco, pero no seu man a man co porteiro Suso, saíu vencedor este cunha magnífica intervención. A mala noticia da tarde ocorría pouco despois cando Alberto recibía un forte golpe na cabeza que o deixaba conmocionado (as primeiras probas realizadas no Hospital falan dun esguince cervical). Acabou o Baio xogando no centro do campo con tres xuvenís, o que non impedíu que no último minuto estivese a punto de empatar por medio dun lanzamento de falta de Matías, que Suso sacou da mesma escuadra.
O tridente non tivo moitas ocasións
(Foto: Toury [Baio-Buño])
En definitiva, mal partido do Baio que apenas creou ocasións de gol, ante un mellor plantado Malpica que foi digno merecedor desta vitoria. Con esta derrota o Baio continúa na sexta praza, á que se achega perigosamente o Muros, e por riba escapan un pouco o Malpica e o Fisterra, próximo rival do Baio o domingo no Platas Reinoso.

Polo Malpica xogaron: Suso, Charly, Iago, Marco, Avelino, Rancaño, Andrés, Cheo, Neucha (Charro 78'), Tato, Pablo (Manu Pardo 83').

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías (Fredi 90'), Iván (Bieito 75'), Ramón, José Antonio, Mario, Eloy (Fachal 70'), Alberto (Rubio 82'), Javi Suárez, MC, Canay.

Goles: 0-1 Javi Suárez (21'), 1-1 Neucha (51'), 2-1 Pablo (64').

11 feb 2012

RESULTADOS

Liga da Costa: S.C.D. MALPICA 2 - C. D. BAIO 1
                              [Neucha, Pablo / Javi Suárez]

Xuvenil: C. D. BAIO 4 - U. D. CORCUBIÓN 0
          [Rubio, Martín (2), Maikel]

Cadete: S. D. FISTERRA 1 - C. D. BAIO 6
                                      [Santi (3), Christian (2), Hío]

Infantil: CORME C. F. 3 - C. D. BAIO 3
                                          [Sergio (3)]

Alevín: C. D. BAIO 5 - C. DE PONTECESO 9
      [Miguel, Manuel Mª, Carlos (2), Víctor]

Benxamín: C. D. BAIO 1 - C. DE PONTECESO 5
                [José]
* * *
Outros resultados:

LIGA DA COSTA: Club do Mar 1 - Camariñas 1; Fisterra 8 - O Pindo 0; Esteirana 4 - Corcubión 2.

XUVENIL: Cee 2 - Camariñas 1; Soneira 0 - Dumbría B 5; Santa Comba 2 - Malpica 2.

CADETE: Coristanco 0 - Dumbría 18; Camariñas 0 - Cee 0; Esteirana 11 - Porteño 0; Ponteceso 2 - Santa Comba 4; Muxía 0 - Soneira 4.

INFANTIL: Vimianzo 0 - Cabana 12; Coristanco 2 - Outes 2.

10 feb 2012

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. C. D. MALPICA - C. D. BAIO
Domingo 12 de febreiro; 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: A Pedra Queimada (Malpica).

XUVENIL (LIGA DA COSTA - 2ª FASE)
C. D. BAIO - U. D. CORCUBIÓN
Sábado 11 de febreiro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. D. FISTERRA - C. D. BAIO
Sábado 11 de febreiro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: Ara Solis (Fisterra).

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
CORME C. F. - C. D. BAIO
Domingo 12 de febreiro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: O Cairo (Corme).

ALEVÍN/BENXAMÍN (FS - COSTA BERGANTIÑÁ)
C. D. BAIO - CONCELLO DE PONTECESO
Sábado 11 de febreiro; 10:00 horas e 10:45 horas.
Pavillón Polideportivo de Baio.
Árbitro: Santiago Soneira Muíño.

CLASIFICACIÓNS E GOLEADORES



6 feb 2012

PARTIDAZO E VITORIA ANTE O LÍDER

C. D. BAIO 2 - CLUB DO MAR DE CAIÓN 0


Santi Soneira fixo o saque de honor
(Foto: Santi Díaz)

Tarde nubosa e chuviñenta en Baio que non impediu unha grande afluencia de público ao Platas Reinoso, para presenciar un dos grandes partidos da Liga da Costa, como era o que enfrontaba ao CD BAIO co líder da categoría e máximo candidato ao título, o CLUB DO MAR DE CAIÓN. Visto o visto o partido non defraudou ás expectativas e foi disputado e competido ata o asubío final. Pero antes de principiar o encontro o protagonista foi Santiago Soneira, que fixo o saque de honor con motivo do seu recente título de campión galego de tiro con arco.
Canay volveuse encontrar co gol
(Foto: Santi Díaz)
E o partido non puido principiar mellor para os locais, pois na primeira xogada conseguía adiantarse no marcador, nun balón que cede entre liñas Martín para Javi Suárez, que lle chega de rebote a Canay, que só diante do porteiro caionés bate pola súa esquerda. O tanto reafirmou máis ao Baio no seu ánimo, e durante boa parte da primeira metade presionou moi arriba aos visitantes impedíndolles combinar e chegar á zona de ataque. De feito foron escasas ás aproximación do Club do Mar á portería de Manuel, en cambio o Baio roubaba e combinaba rápido con algún dos tres puntas para crear perigo na porta de Iago. Nunha destas, un marabilloso pase de Martín (deu unha clase maxistral no primeiro tempo) sobre Canay, que controla co peito e sen deixala caer marca de perfecta vaselina. Apenas transcorrera un cuarto de hora e os locais tiñan o partido encarrilado, pero aínda así non se relaxaron e continuaron apertando e presionando sobre a saída do balón e poñendo nerviosos aos caioneses que non atopaban a forma de chegar á meta rival.
Os xogadores do Baio celebran o
segundo gol.  (Foto: Santi Díaz) 
Presumíase unha segunda parte de dominio visitante e así foi. O Club do Mar fíxose dono do balón e o Baio botouse un pouco atrás, á espera de saír á contra por medio dalgunha das súas balas. E de feito, creou máis perigo o Baio nas súas contras que os caioneses, que só atopaban a maneira de crear perigo a través de balóns parados, pois a liña defensiva baiesa era infranqueable, comandados por Iván e Ramón, que secaron ao perigoso Vituco, e Matías e José Antonio nos laterais que daban conta da plantel de extremos que dispuxo o Club do Mar ao longo do encontro. Parecía que as lesións de Canay e MC ían mermar o equipo, pero os xuvenís que entraron por eles deron a talla con nota. Aínda así, MC antes de abandonar o campo tivo a ocasión máis clara da segunda parte, pero xa coxeando chegou sen forzas fronte a Iago e o seu disparo fóiselle desviado. Apertou o Club do Mar nos minutos finais, subindo xente arriba e colgando balóns, pero tanto a defensa como Manuel conxuraron unha e outra vez o perigo. Con todo, estivo máis cerca o terceiro do Baio en dúas claras ocasións, un disparo de Alberto desde a frontal da área que se lle foi lambendo o traveseiro, e nun lanzamento de falta de Javi Suárez que se foi ao poste co porteiro batido. Con motivo desta falta os visitantes quedaron cun home menos pola expulsión de Álex por dobre cartón, e aí xa baixaron os brazos ante a superioridade baiesa.
E dicían que estaba acabado!!
(Foto: Santi Díaz)
Xusta e merecida vitoria dun Baio ante un Club do Mar, que por vez primeira en toda a temporada acaba un partido sen marcar, o que dá conta do bo facer defensivo dos baieses (leva só 1 gol en contra nos últimos sete partidos como local). Con este triunfo mantense na sexta praza da clasificación, pois tamén gañaron o Malpica e o Corme, pero as derrotas dos tres primeiros achégaos un pouco máis, sobre todo ao Fisterra. A próxima semana outro interesante enfrontamento: a S.C.D. Malpica, na Pedra Queimada.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Iván, Ramón (Yago 92'), José Antonio, Eloy, Mario, Martín (Alberto 55'), MC (Fachal 73'), Javi Suárez, Canay (Rubio 65').

Polo CLUB DO MAR xogaron: Iago, David (Carlos 72'), Repi, Álex, Fran Borrazás, Juan Lareo, Jacobo, Jhonny, Santi Silva (Brais 46'), Bertín, Vituco.

Goles: 1-0 Canay (1'), 2-0 Canay (15'). 

4 feb 2012

RESULTADOS

Liga da Costa: C. D. BAIO 2 - CLUB DO MAR DE CAIÓN 0
                      [Canay (2)]
Xuvenil: CAMARIÑAS F. C. 1 - C. D. BAIO 4
                                         [Bieito, Martín (2), Rubio]

Cadete: C. D. BAIO 3 - S. C. D. ESTEIRANA 5
          [Santi, Estefan, Christian]
* * *
Outros partidos:

LIGA DA COSTA: Corcubión 1 - Fisterra 0; O Pindo 0 - Malpica 1; Buño 0 - Sofán 1; Camariñas 1 - Corme 2; San Lorenzo 3 - Muros 0; Nantón 0 - Dumbría B 2; Castriz 2 - Esteirana 3; Mazaricos 1 - Zas 0.

XUVENIL: Malpica 4 - Cee 2; Dumbría B 6 - Santa Comba 0; Corcubión 1 - Soneira 1.

CADETE: Cee 5 - Zas 0; Santa Comba 4 - Fisterra 0; Outes 3 - Camariñas 2; Cabana 5 - Muxía 1; Soneira 3 - Ponteceso 0; Muros 4 - Malpica 3; Porteño 1 - Coristanco 2.

INFANTIL: Santa Comba 3 - Coristanco 1; Outes 2 - Fisterra 2; Ponteceso 7 - Vimianzo 3; Dumbría 23 - As Baleas 0; Cee 4 - Corme 1; Muxía 1 - Esteirana 3; Os Miúdos 0 - Carnota 3.

3 feb 2012

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - CLUB DO MAR DE CAIÓN
Domingo 5 de febreiro; 16:45 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan Carlos Ramos López.

XUVENIL (2ª FASE LIGA DA COSTA)
CAMARIÑAS F. C. - C. D. BAIO
Sábado 4 de febreiro; 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: Irmás Patiño (Camariñas).
Árbitro: Jacobo Gesto Lado.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. C. D. ESTEIRANA
Sábado 4 de febreiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Bernardo Domínguez Manteiga.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO DESCANSA