C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

30 abr 2012

PARTIDOS DO MARTES 1



COPA DA COSTA (DEZASEISAVOS DE FINAL)
C. D. BAIO - CAMARIÑAS F. C.
Martes 1 de maio; 18:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

BENXAMÍN-ALEVÍN (FÚTBOL 7 - COSTA NORTE)
C. D. BAIO - S. D. CABANA
Martes 1 de maio; 11:00 horas e 12:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

28 abr 2012

RESULTADOS

Copa da Costa: C. D. BAIO 2 - S. D. ESTEIRANA 1
                      [Eloy, Alberto / Suízo] [Susp. ao quedar o Esteirana con 6 xogadores]

Liga da Costa: U. D. CORCUBIÓN 2 - C. D. BAIO 0
                                [Mario (2)]

Xuvenil: C. D. BAIO 5 - SONEIRA S. D. 0
       [Rubio, Christian, Lucas, Cachopo, Vereda]

Cadete: SONEIRA S. D. 0 - C. D. BAIO 1
                                             [Kevin]

Infantil: C. D. BAIO 0 - S. D. CABANA 13

26 abr 2012

PARTIDOS DESTA SEMANA



COPA DA COSTA (ROLDA PREVIA - VOLTA)
C. D. BAIO - S. D. ESTEIRANA
Sábado 28 de abril; 19:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
U. D. CORCUBIÓN - C. D. BAIO
Domingo 29 de abril; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: Novo Cubaleiro (Corcubión).

XUVENIL (LIGA DA COSTA - 2ª FASE)
C. D. BAIO - S. D. SONEIRA
Venres 27 de abril; 20:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. D. SONEIRA - C. D. BAIO
Sábado 28 de abril; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:15 horas.
Campo: Municipal (Vimianzo).

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. CABANA
Domingo 29 de abril; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

BENXAMÍN/ALEVÍN (FÚTBOL 7 - COSTA NORTE)
C. D. BAIO - S. D. CABANA
Martes 1 de maio; 11:00 horas e 12:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

24 abr 2012

DERROTA CONTRA O CASTRIZ


Partido intranscendente o disputado na tarde do domingo entre o CD BAIO e a SD CASTRIZ, na que os dous só se xogaban a honra dos puntos, e como tal demostrouse unha falta de intensidade en moitos momentos do encontro. Afrontaba o Baio o partido logo de disputar no día anterior o partido de Copa fronte ao Esteirana, no que xogaron case os mesmos homes, completando a formación varios xuvenís, que tamén tiveran partido na tarde do venres, polo que se deixou sentir certo cansanzo nas filas locais, sobre todo na segunda parte.
Os xogadores do Baio apoiaron a MC, desexando que pronto volva marcar goles. (Foto: Santi Díaz)

Antes do partido chegou a nota positiva do encontro ao saíren os xogadores baieses cunha camiseta de apoio ao seu dianteiro Martín MC, operado do menisco o pasado xoves no Hospital Santa Teresa da Coruña. A primeira parte apenas tivo xogadas de mención, cun Castriz pechado atrás e o Baio movendo o balón na busca dos seus dianteiros, que non conseguían desbordar a tupida defensa xalleira. Quizais a ocasión máis clara tívoa Lucas, que se foi en velocidade do seu par pero o seu lanzamento foi atallado por Herrera sen moitas dificultades. Os visitantes só se achegaban á área do xuvenil Guillermo a través do balón parado, sen conseguir impoñerse á defensa nas súas tentativas.
Partido con moito xogo áereo, pero a defensa baiesa
por veces foi unha muralla. (Foto: Santi Díaz)
Non mellorou o partido no segundo tempo, pero houbo máis ocasións, sobre todo no bando local que se achegaba algo máis á portería contraria, sobre todo no lanzamento de faltas directas. O Castriz seguía ao seu, ben pechado atrás e agardando nunha contra ou nun balón parado crear perigo. E así chegou o gol visitante, nunha falta botada no medio do campo á área, o balón escápalle das mans a Guillermo e cáelle na cabeza a Pablo, que só ten que empurrala á rede. Tentou o Baio ir máis arriba polo menos na busca do empate, pero a rigurosa expulsión de Mario por dobre cartón amarelo (min. 77), deixou tocado aos locais. Aínda así puido empatar un insistente Javi Suárez, que tras canear a varios contrarios era derrubado na área, sinalando o colexiado penalti. Lanzouno o propio dianteiro baiés, pero Herrera atinou ben na dirección e conseguiuno interceptar. Non tivo máis historia o partido e os puntos foron para terras xalleiras. Tan só hai que destacar un novo debut no Baio, neste caso de David.
Con esta derrota o Baio segue na sexta posición a falta de tres partidos para o final, pero pensando máis na Copa que na propia competición ligueira.

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Matías, Yago, Fredi (José Antonio 45'), Ramón, Eloy (David 45'), Mario, Lucas (Pardo 74'), Martín, Javi Suárez, Valentín (Andrés 82').

RESULTADOS

Liga da Costa: C. D. BAIO 0 - S. D. CASTRIZ 1
                                              [Pablo]

Xuvenil: SANTA COMBA C. F. 0 - C. D. BAIO 3
                                                   [Bieito (2), Christian]

Cadete: C. D. BAIO 1 - MUROS S. D. 3
             [Santi]

Infantil: PONTECESO S. D. 9 - C. D. BAIO 3
                                              [Sergio (2), Anxo]

Alevín: AS BALEAS F. S. 4 - C. D. BAIO 3

Benxamín: AS BALEAS F. S. 7 - C. D. BAIO 1

19 abr 2012

MARATÓN DE PARTIDOS DESTA SEMANA


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. CASTRIZ
Domingo 22 de abril; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Iván Guerra Domínguez.

COPA DA COSTA (ROLDA PREVIA)
S. C. D. ESTEIRANA - C. D. BAIO
Sábado 21 de abril; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:15 horas.
Campo: Xosé Luís Vara (Esteiro).

XUVENIL (LIGA DA COSTA - 2ª FASE)
SANTA COMBA C. F. - C. D. BAIO
Venres 20 de abril; 18:30 horas.
Saída de Baio ás 17:00 horas.
Campo: San Pedro (Castriz).
Árbitro: Alexandre López Vila.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. CABANA
Sábado 21 de abril; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Julio Domínguez Outes.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
PONTECESO S. D. - C. D. BAIO
Domingo 22 de abril; 12:00 horas.
Saída de Baio ás 10:45 horas.
Campo: O Pinguel (Ponteceso).
Árbitro: José Manuel García Martínez.

BENXAMÍN/ALEVÍN (FÚTBOL 7 - COSTA NORTE)
AS BALEAS F. S. - C. D. BAIO
Sábado 21 de abril; 17:00 e 18:00 horas.
Campo: Irmás Patiño (Camariñas).
Árbitro: Santiago Boedo Varela.

OPERACIÓN DE MARTÍN MC

Hoxe xoves terá lugar a operación de menisco Martín MC no Hospital Santa Teresa da Coruña. A lesión producida hai unhas semanas (no partido contra o Sp. Zas) deixouse sentir nos resultados do Baio, pois naquel momento MC era o máximo goleador do equipo e segundo da Liga da Costa. Desde aquí desexámoslle unha pronta recuperación a Martín e que non tardemos en velo outra vez demostrando as súas cualidades.
Del Bosque, tranquilo, que MC chega á Eurocopa!!!

14 abr 2012

RESULTADOS

Liga da Costa: C. D. NANTÓN 2 - C. D. BAIO 2
                                   [Luis (2) / Alberto, Canay]
Xuvenil: C. D. BAIO 1 - C. F. DUMBRÍA 0
            [Rubio]

Cadete: MUROS S. D. 3 - C. D. BAIO 2
                                      [Santi (2)]

Infantil: C. D. BAIO 2 - OUTES C. F. 2
          [Santi, Anxo]
Alevín: C. D. BAIO 5 - SP. ZAS 3

Benxamín: C. D. BAIO 2 - SP. ZAS 4

13 abr 2012

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. NANTÓN - C. D. BAIO
Domingo 15 de abril; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: As Fontiñas (Nantón).
Árbitro: Martín Aguiar Patricio.

XUVENIL (LIGA DA COSTA - 2ª FASE)
C. D. BAIO - C. F. DUMBRÍA
Sábado 14 de abril; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Diego Castro Besada.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
MUROS S. D. - C. D. BAIO
Sábado 14 de abril; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 08:30 horas.
Campo: Miraflores (Muros).

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - OUTES C. F.
Domingo 15 de abril; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:Julio César Otero Taboada.

BENXAMÍN/ALEVÍN (FÚTBOL 7 - COSTA NORTE)
C. D. BAIO - SP. ZAS
Sábado 14 de abril; 11:30 e 12:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Manuel García Martínez.

6 abr 2012

BENXAMÍNS E ALEVÍNS NO FÚTBOL SALA

Rematou a participación do C. D. BAIO na liga de fútbol sala "Costa Bergantiñá" nas súas categorías Alevín e Benxamín. Nesta competición participan as escolas deportivas de cinco concellos e o noso club, produto do esforzo para que os máis pequenos poidan disfrutar da práctica deportiva nos meses invernais antes de comezar co fútbol de campo.


BENXAMÍNS C. D. BAIO 2011-12  (Foto: Santi Soneira)

ALEVÍNS: Non fixeron boa liga os rapaces adestrados por Emilio, pois quedaron na 6ª e última posición, con só unha vitoria e dous empates. Foron os que menos goles meteron (28) e os máis goleados (65), a pesar de contar cun amplo plantel de quince xogadores. Xogaron esta liga: Porteiros: Cedrón e David; xogadores de campo: Antía, Ariel, Atenea, Borja, Carlos, Dani, Eloy, Manuel Mª, Martín, Miguel, Pablo, Santi e Víctor. O máximo goleador foi Carlos (13 goles), seguido por Miguel e Víctor (4 goles). Esta liga foi gañada polo Malpica, sen rival que lle fixese sombra, pois gañou os dez partidos con comodidade.

BENXAMÍNS: Fenomenal competición fixeron os nenos adestrados por Pastoriza, que a piques estiveron de facerse co título e tiveron que conformarse co subcampionato (o empate do Malpica en Baio nos últimos segundos da penúltima xornada foi clave). A pesar da marcar poucos goles (21), a fortaleza do equipo estivo na súa defensa, pois só encaixaron 10 goles. O plantel, que foi aumentando co paso dos partidos, estivo composto polos seguintes xogadores: Manuel (porteiro); Javier, José, Marcos, Marina, Martín, Miguel, Pose e Samuel; e os prebenxamíns Bruno, Guille, Pablo e Sergio. Foron os máximos goleadores José e Samuel (6 goles), seguidos por Marcos (4 goles) e Marina (3 goles). Como dixemos, o gañador desta liga foi o Malpica, cun punto de vantaxe sobre o Baio.   


5 abr 2012

PREBENXAMÍNS: A CANTEIRA NON PARA!!!!

Disputaron esta semana os rapaces do equipo prebenxamín do CD BAIO un torneo de fútbol sala en Malpica, organizado polo responsable do concello malpicán Pablo Lista. Alí estiveron os rapaces do equipo de Pastoriza disfrutando desta xornada de festa para eles. A pesar de perder en semifinais contra o Malpica (6-1) e no terceiro e cuarto posto co Coristanco (10-0), os rapaces pasárono en grande, pois para eles o importante é participar.
Deixámosvos aquí coa reportaxe fotográfica do noso enviado especial SANTI DÍAZ (pulsa na imaxe para agrandala):




2 abr 2012

NOVA VITORIA LOGO DUN DURO PARTIDO

C. D. BAIO 4 - MAZARICOS C. F. 1

Novo domingo de fútbol no Platas Reinoso en tarde de sol e moito público, boa parte del chegado desde terras mazaricanas. E é o que o Mazaricos levaba unhas cantas tempadas sen achegarse por estes lares e a importancia dos puntos para eles fixo desprazar a súa afección. A necesidade visitante apreciouse axiña na contundencia coa que se empregaron durante todo o partido, así como o seu nerviosismo que os levou a rematar con dous xogadores expulsados, ademais do seu delegado.
Lucas debutou ao grande cun golazo

O Baio presentábase con moitas baixas a este partido e varios xogadores xuvenís no once titular e no banco, todos eles titulares o día anterior contra o Corcubión. Aínda así o Baio comezou xogando do mesmo xeito, co fútbol de toque que o levou a ocupar prazas altas na clasificación. Os mazaricáns dedicáronse a defender a súa porta e na primeira parte apenas se achegaron á meta de Manuel, a non ser en lanzamentos de faltas colgadas á área baiesa desde calquera parte do campo, que non puxeron en moitos apretos á defensa baiesa. O Baio, con todo, non conseguía chegar co suficiente perigo como para poñerlle o medo no corpo aos visitantes, e cada internada dos dianteiros locais era cortada polas boas ou polas malas polos defensas. A pesar da multitude de faltas recibidas por Javi Suárez, coa permivisidade arbitral, non foron impedimento para que unha rápida combinación súa con Canay acabase cun tiro raso pegado ao poste do porteiro mazaricán. Non cambiou a súa forma de xogar o Mazaricos e o Baio, co marcador a favor, limitouse a mover o balón e que os visitantes corresen detrás del. Non houbo moitas ocasións de mención no resto do primeiro período ata os minutos finais, e un minuto antes de rematar o árbitro sinalaba un penalti cometido sobre Javi Suárez, que el mesmo se encargaría de transformar para poñer a tranquilidade no marcador.
O Baio perde coa baixa de MC, pero a
hostelería gana un auténtico barman.
Comezou a segunda parte con trocos no Mazaricos, de homes e de forma de xogar, pois a derrota non lle valía para nada. Non se levaban cinco minutos cando Kevin, en posición máis que dubidosa, recibe un pase en longo e despois de regatear a Manuel recortaba distancias. Nesta xogado o propio dianteiro mazaricán esvaraba contra o poste ao rematar e sufría un importante golpe que o levou a ter que retirarse. Este gol espoleou por un momento aos visitantes, pero axiña se fixo co control de novo o Baio, e o Mazaricos botouse de novo atrás á espera doutra contra mortal. Pero as continuas faltas e interrupcións no xogo levaron á expulsión de Ramón no minuto 61. A partir de aquí non volveu achegarse á porteria de Manuel e o Baio foi deixando pasar o tempo movendo o balón con rápidas circulacións buscando os puntas, que crearon varias xogadas de perigo sen que Martín, Alberto ou Canay chegasen a materializalas. Á falta dun cuarto de hora tivo que retirarse lesionado Javi Suárez, vítima da contundencia excesiva dos defensas, sen que chegase ningún cartón vermello máis, por moitos méritos que fixeron algúns dos defensas. A retirada de Javi coincidiu co debut de Lucas, co primeiro equipo, premio ao bo labor que viña desenvolvendo co equipo xuvenil. E non puido ter mellor debut, cando aos cinco minutos remataba unha falta coa súa clase habitual colocando o balón de vaselina no segundo pau. Os minutos finais foron xa de sobra, e só serviron para que o Baio aumentase a conta, cun gol de Canay ao aproveitar un pase de Alberto. Para o Mazaricos serviu para que o seu porteiro vise o cartón vermello polas súas protestas camiño dos vestiarios.
Con este resultado o Baio consegue subir unha praza a costa do Muros, e espera dentro de quince días o "mini derby" contra un Nantón que se vai afundindo na clasificación camiño da terceira.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Fredi (Pablo 57'), Mario, Ramón, Fachal, Martín, Bieito (Eloy 66'), Alberto, Javi Suárez (Lucas 77'), Canay.

Goles: 1-0 Javi Suárez (21'), 2-0 Javi Suárez (p., 44'), 2-1 Kevin (53'), 3-1 Lucas (82'), 4-1 Canay (89').