C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

28 nov 2013

PARTIDOS DESTA SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - LAMELA C. F.
Domingo 1 de decembro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Mª Eugenia Gil Soriano.
Asistentes: Enrique Larrosa Pérez / Alejandro Vázquez Bello.

HISTORIAL: PX: 0

Primeiro enfrontamento na historia entre estes dous equipos o que se vai producir este vindeiro domingo no Platas Reinoso. O Baio vén de gañar en Esteiro, pero nos dous últimos encontros na casa non puido gañar (ante Ponteceso e Unión). Pola súa parte, o equipo do concello de Silleda vén nunha xeira de resultados negativos, con catro derrotas consecutivas e varios sancionados.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
S. D. CORISTANCO - C. D. BAIO
Sábado 30 de novembro; 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: A Rocheira (Coristanco).
Árbitro: Enrique Larrosa Pérez.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. CORISTANCO
Sábado 30 de novembro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Joel Cabado Rodríguez.

ALEVÍN/BENXAMÍN/PREBENXAMÍN (FS-C. BERGANTIÑÁ)
CONCELLO CORISTANCO - C. D. BAIO
Sábado 30 de novembro; 10:00 h. / 10:50 h. / 11:40 h.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Pavillón Polideportivo de Coristanco.

25 nov 2013

PLENO DE VITORIAS

S. C. R. D. ESTEIRANA 2 - C. D. BAIO 3

Tarde de domingo en Esteiro con ceo despexado pero con aire frío que non amilanou aos afeccionados que se presentaron no Xosé Luís Vara en gran número, tanto por parte local como vistante. Moi bo ambiente para presenciar un partido entre os dous equipos que o ano pasado dominaron a Liga da Costa, e que practican un fútbol totalmente oposto pero igual de efectivo. Nesta ocasión o Baio foi moi superior ao seu rival, xogando quizais o mellor partido da temporada e mereceu gañar con máis solvencia e non pasar tantos apuros.
Logo duns minutos de asentamento no campo de ambos os equipos, pouco a pouco o dominio do balón pasou a poder do Baio, fronte a unha Esteirana que tampouco estaba incómoda con esta situación, pois baseaban as súas chegadas en balóns longos sobre o dianteiro Róber Pladur ou os veloces mediapuntas. A primeira grande ocasión foi de Martín MC, que desde a frontal da área lanzou un forte disparo que bateu no pau e o rexeite no lombo do porteiro saíu fóra. Inquietou a Esteirana con dous lanzamentos de Kike alto e de Róber que saíu lambendo a escuadra. Pero o Baio chegaba máis e con máis perigo, e a mala sorte cebouse con baieses, que tiveron tres grandísimas ocasións máis neste período. Bieito, logo dunha combinación con Martín MC presentábase ante o meta esteirán, pero este conseguía sacar o balón cos pés. E dous lanzamentos aos postes, primeiro por medio de Fachal, de lanzamento desde fóra da área, e chegando ao descanso por medio de Canay. Coa sensación dun marcador inxusto chegouse ao intermedio.
11 inicial do Baio en Esteiro [Foto: MMD]
O segundo periodo transcorreu polos mesmos derroteiros, co Baio embotellando o seu rival no seu campo e a Esteirana só chegaba nalgún que outro despiste dos baieses. Nun destes chegou unha ocasión de Álex, que rematou de bolea un centro de Róber, pero Anxo fixo unha grande intervención enviando a córner. No lanzamento deste córner chegou o primeiro gol, ao rematar Róber de cabeza ao adiantarse a Anxo. Parecía a historia doutros partidos, pero o Baio seguiu ao seu, e dominando por completo o encontro e chegou o froito. Unha xogada desde a banda de Bieito, que cede para Canay, que desde a frontal lanza un canonazo á escuadra. Non se conformaron os rapaces de Félix coa igualada, e foron en busca da vitoria. Logo dalgunha oportunidade de Canay e Martín MC, chegou o segundo gol dos baieses, que naceu dunha xogada de Canay desde o centro do campo, combina na frontal con Christian, que lle devolve o balón para presentarse ante Trillo e batelo colocando o balón xunto o poste. Parecía que a vitoria estaba no peto, pois nin sequera a Esteirana parecía con ánimos para remontar. Pero chegou unha nova xogada desgraciada para os baieses, que novamente encaixaron un gol "tonto". Un balón en longo sobre Róber é interceptado por Anxo de cabeza saíndo da área, pero o balón cáelle a Uru, que lanza un balón bombeado, que nin Nórber nin Mario non puideron despexar e o balón coouse na meta baiesa. Non se viñeron abaixo os visitantes sabedores da súa superioridade no campo. Puido marcar Christian, logo de que Martín MC se adiantase ao porteiro local e sen ángulo para tirar cedeu de tacón para que o xuvenil lanzase desde fóra da área lambendo o traveseiro con dous defensas como únicos atrancos. Tamén tivo a súa ocasión a Esteirana, nunha xogada pola banda de Álex, que centrou sobre Róber, que rematou fóra. Pero chegou a xustiza nunha xogada por parte de Martín MC pola banda, que logo de irse do seu rival intérnase na área e é derrubado por Damián. O árbitro Gonzalo Goyanes (da 3ª División) sinalou o claro penalti, que transformou coa súa habitual tranquilidade Alberto. Non inquietou moito o equipo local nos minutos restantes, limitándose a colgar balóns sobre a área, que foron abortados unha e outra vez pola segura defensa baiesa.
Con esta vitoria o Baio sobe ata a sexta posición, dentro dun grupo de ata oito equipos que perseguen ao intratable Noia. A vindeira semana visita o Platas Reinoso o Lamela, que perdeu os últimos catro partidos, pero que foi quen de gañarlle a grandes equipos como o Arzúa ou o Unión.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, Chema, Yago, Mario, Jose A. (Eloy 80'), Nórber (Ramón 84'), Fachal (Christian 63'), Bieito, Canay (Rubio 83'), Alberto, Martín MC.

Goles: 1-0 Róber Pladur (60'), 1-1 Canay (68'), 1-2 Canay (72'), 2-2 Uru (75'), 2-3 Alberto (p., 82').

CADETE: OUTES F. C. 3 - C. D. BAIO 4

Chegaban os cadetes do Baio á Serra de Outes con moitas baixas, pero conseguiron a primeira vitoria da temporada que se lles negara con anterioridade. Serían os locais os que se adiantasen na primeira parte, pero nada máis comezar o segundo período conseguían darlle a volta ao marcador os rapaces de Fredi, grazas a dous temperáns goles de Ayoub. Empatou o Outes, pero case sen tempo para celebralo Anxo volvía poñer en vantaxe aos baieses e Josiño sentenciaba a dez para o final, aínda que os outenses non se renderon e puxeron emoción aos minutos finais cun novo gol.

Polo CD BAIO xogaron: Julián, Éver, Queiro, Fran, Sergio (Eloy 71'), Damián, Ayoub, David, Figueiras, Josiño, Anxo. 

Goles: 1-0 Simón (21'), 1-1 Ayoub (42'), 1-2 Ayoub (45'), 2-2 Simón (55'), 2-3 Anxo (58'), 2-4 Josiño (70), 3-4 Borja (75').

INFANTIL: C. D. BAIO 2 - E. D. OS MIÚDOS 1

Primeira vitoria dos infantís que por fin lles sorriu a sorte e leváronse un partido moi igualado. Aínda que os locais gozaron na primeira parte de boas oportunidades, chegouse ao descanso sen goles. No segundo tempo foise impoñendo o maior físico dos muradáns, que gañaban nos balóns divididos ante os novos pero aguerridos xogadores locais. Nun balón recuperado en medio campo chegou o gol visitante, logo dunha boa combinación. Pero os rapaces de Julio non se renderon e buscaron coas súas armas empatar o partido, o que conseguiron a falta de cinco minutos por parte de Pablo Vidal. E o último minuto foi de infarto, cun lanzamento dos muradáns que evitaron entre David e o poste, e o contraataque baiés, que cun balón longo que sorprendeu aos defensas e porteiro dos Miúdos co seu bote, pero non ao pequeno Ezequiel, que seguiu o balón e puido rematar e marcar no último suspiro.

Polo CD BAIO xogaron: Cedrón (David 73'), Ariel, Ordóñez (Pablo 40'), Víctor, Mohedano, Eloy (Antía 53'), Torrado (Iago I 40'), Queiro (Ezequiel 65'), Miguel, Álvaro, Iago II.

Goles: 0-1 Miguel (52'), 1-1 Pablo (76'), 2-1 Ezequiel (80').




22 nov 2013

PARTIDOS DESTA SEMANA (OS PEQUENOS EMPEZAN CO FÚTBOL-SALA)


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
S. C. R. D. ESTEIRANA - C. D. BAIO
Domingo 24 de novembro; 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:00 horas.
Campo: Xosé Luís Vara (Esteiro).
Árbitro: Gonzalo Goyanes López.
Asistentes: Jesús Corredoira Fernández / Adrián Casal Barreiro.

HISTORIAL: PX: 24 / PG: 10 / PE: 03 / PP: 11 / GF: 47 / GC: 51

Novo enfrontamento contra outro equipo costeiro, que esperemos traia mellores resultados que os anteriores. A pesar de que a Esteirana se federou na temporada 1971-72 tan só coincidiron en doce temporadas; e de feito estiveron sen verse as caras desde a 1982-83 ata a 2007-08. As confrontacións entre estes dous equipos amosan un historial bastante igualado, a primeira delas foi no 1972 no vello Artón, onde gañou o Baio 2-4. Nunca foi o campo esteirán un terreo propicio para os baieses, pois dos doce partidos só gañaron tres, empataron dous e perderon en sete ocasións, algunhas delas por goleada: 7-1 (1972-73) e 8-1 (1975-76). O último enfrontamento data da temporada pasada, cando os dous equipos estaban loitando pola liga da Costa, e na segunda volta o Baio logrou empatar en campo esteirán con gol de Alberto.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO  DESCANSA

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
OUTES F. C. - C. D. BAIO
Sábado 23 de novembro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 08:30 horas.
Campo: O Conchido (A Serra de Outes).

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - E. D. OS MIÚDOS
Sábado 23 de novembro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

ALEVÍN/BENXAMÍN (FÚTBOL SALA - C. BERGANTIÑÁ)
C. D. BAIO - S. D. SOFÁN
Sábado 23 de novembro; 10:00 horas / 11:00 horas.
Pavillón Polideportivo de Baio.

21 nov 2013

1-2 (x3) + 4-0 = MALA XORNADA

C. D. BAIO 1 - C. D. UNIÓN 2

Na tarde do domingo visitaba o Platas Reinoso o CD Unión da vila de Asados (Rianxo), como xa fixera noutras cinco ocasións. E coma sempre poñendo as cousas difíciles aos baieses, que viron como o Unión igualaba un pouco a estatística que era favorable ao Baio. O que si se cumpriu foi o da vitoria pola mínima, e quizais os baieses botasen de menos ao seu capitán Martín, que marcara en tres dos últimos enfrontamentos entre estes dous equipos.
Pasando ao acontecido o domingo, ante unha boa entrada a pesar da tarde chuviñenta, temos que salientar a igualdade amosada entre os dous conxuntos durante case todo o partido. Comezou o Baio intentando dominar o xogo e chegar á meta rival, que conseguiu con lanzamentos desviados de Christian e Martín MC, pero as contras perigosas dos rianxeiros igualaron a contenda. O Baio veuse un pouco atrás logo de comprobar a velocidade e perigosidade do dianteiro Cristian, ex do Estradense entre outros equipos. Con todo, pódese dicir que o primeiro tempo foi máis ben insulso sen moitas xogadas destacadas e o empate sen goles co que se chegou ao descanso do máis xusto.
Principiou a segunda parte co Baio intentando de novo chegar con máis perigo á meta rival, e por momentos parecía que tiña o control total do partido, pero un despexe do meta Anxo cáelle franco a Breogán na liña de tres cuartos e bate a meta baiesa. Non reaccionou o Baio, afectado polo golpe, e aínda que ía arriba non tiña as cousas claras. Aproveitouse disto o Unión, que nunha rápida contra levada por Álex presentouse na área local e só tivo que cederlle o balón a Cristian para que batese a Anxo e case sentenciase o partido. Nos últimos vinte minutos si reaccionaron os baieses, que se foron arriba con todo, e embotellaron o Unión na súa área. Un lanzamento de Bieito alto foi o preludio ao gol de Canay, que aproveitou un balón solto na área logo do lanzamento dunha falta lateral. Puido empatar Fredi cun remate de cabeza que saíu lambendo o pau logo dun córner botado por Alberto, pero nesta ocasión a sorte non estivo cos baieses e produciuse a primeira derrota en campo propio da temporada.
Con esta derrota o Baio descende ata a oitava praza, pero mantense a igualdade nos postos altos e parece que se abre unha fenda na clasificación en dúas metades (ou tres se contamos coa do Noia). A vindeira semana visita ao campo da Salina, o Xosé Luís Vara esteirán, para enfrontármonos ao actual campión da liga da Costa.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, Jose, Chema (Fachal 58'), Mario, Eloy (Canay 66'), Yago (Fredi 79'), Norber, Bieito, Christian, Alberto, Martín MC.  

Goles: 0-1 Breogán (57'), 0-2 Cristian (64'), 1-2 Canay (87').

XUVENÍS: C. D. BAIO 1 - PONTECESO S. D. 2

Segundo partido disputado no Platas Reinoso que remata co marcador 1-2. Neste caso o Baio xuvenil  enfrontábase ao Ponteceso coa esperanza de achegarse aos postos altos da clasificación, pero non puido ser. Un moi malo primeiro tempo supuxo unha gran vantaxe para os rapaces do novo míster pontecesán Rubén, e aínda que os xogadores de Pastoriza reaccionaron no segundo tempo só puideron recortar distancias grazas a un lanzamento de falta de Anxo, que batía a Dani por alto. Dispuxeron de varias oportunidades de gol máis, pero non foron aproveitadas e os puntos voaron do Platas Reinoso.

Polo CD BAIO xogaron: Guille (Álex 81'), Fabián, Michi, Pablo, Silvariño (Alfonso 81'), Kevin, Anxo, Pazos (Estefan 66'), Pedro (Jose 45'), David (Javi 75'), Santi Díaz. 

Goles: 0-1 Christian (20'), 0-2 Lorenzo (35'), 1-2 Anxo (81').

CADETES: C. D. BAIO 1 - MUXÍA C. F. 2

Terceiro partido do Baio no Platas Reinoso e terceiro marcador 1-2. Neste caso foron os cadetes os que non conseguiron vencer ao Muxía, a pesar de adiantarse no marcador. A igualada muxiá ao pouco de comezar o segundo tempo e a expulsión de Oreiro (50') foron impedimentos para que os rapaces de Fredi non conseguisen puntuar.

Polo CD BAIO xogaron: Julián, Javi Muíño, Queiro (Éver 79'), Sergio, Damián, Oreiro, Alberto (Fran 49'), Ayoub (Eloy 78'), David, Santi (Figueiras 54'), Anxo.

Goles: 1-0  Oreiro (22'), 1-1 Anderson (41'), 1-2 Jose (71').

INFANTÍS: S. D. FISTERRA 4 - C. D. BAIO 0

Para completar a mala xornada das categorías baiesas o domingo o equipo infantil perdía en Fisterra por un claro 4-0, aínda que pode resultar enganoso, pois o primeiro gol local non chegou ata o minuto cinco do segundo período, e o partido estivo aberto ata o final, e foi nos últimos minutos cando os fisterráns conseguiron ampliar o marcador.

Polo CD BAIO xogaron: Cedrón (David 61'), Manuel Mª, Víctor, Mohedano, Eloy (Ariel 40'), Iago I, Queiro, Miguel, Álvaro (Ordóñez 54'), Iago II, Pablo (Antía 59'). 

Goles: 1-0 Brais (45'), 2-0 Ayoze (66'), 3-0 Ayoze (75'), 4-0 Diego (78').

14 nov 2013

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - C. D. UNIÓN
Domingo 17 de novembro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Ángel Acuña Piñeiro
Asistentes: Adrián Pardiñas García / Cagri Kaya

HISTORIAL: PX: 10 / PG: 05 / PE: 02 / PP: 03 / GF: 12 / GC: 11

Ao igual que ocorreu a semana pasada co Puebla, enfrontámonos a outro vello coñecido co que coincidimos en cinco temporadas, o CD Unión de Asados. Das cinco temporadas dúas foron na Preferente (1986-87 e 1987-88) e tres na 1ª Rexional (1983-84, 2004-05 e 2005-06). O balance total é favorable ao Baio, aínda que todos os partidos nos que se enfrontaron estiveron moi igualados e resoltos pola mínima (a excepción dun 3-1 a favor do Unión na 04-05). Dos cinco encontros disputados en terreo baiés, o Baio venceu tres, empatou un e perdeu outro. No último enfrontamento no Platas Reinoso (temporada 05-06) o resultado foi 1-0, con gol de Martín (que tamén marcara os goles baieses a temporada anterior tanto en Baio [1-1] como en Asados [3-1]). Nese partido xogado o 20-11-2005 formaron polo Baio: Poli, Gerardo, Mario, Torrila, Rilo, Sesé, Adrián, Martín, Héctor, Ramallo (Chino 86'), Felipe (Sousa 81').

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - PONTECESO S. D.
Sábado 16 de novembro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Vítor Recarey Añón.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - MUXÍA C. F.
Sábado 16 de novembro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Iván Yáñez Muíño.

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
FISTERRA S. D. - C. D. BAIO
Domingo 17 de novembro; 11:30 horas.
Saída de Baio ás 10:00 horas.
Campo: Ara Solis (Fisterra).

12 nov 2013

POBRA SUPERADA!!!

PUEBLA F. C. 2 - C. D. BAIO 3

Tarde de domingo e visita á Pobra do Caramiñal para enfrontarse a un vello coñecido, o Puebla FC, que nos recibía no seu campo veciño da praia de Cabío. Como xa anunciamos na previa do partido é este un rival que sempre se lles deu ben aos baieses e este domingo volveuse corroborar, aínda que tivo que ser sufrindo ata o último minuto. Toda a sorte que lle faltou ao Baio durante o partido xuntouse nos momentos finais para darlle a volta a un marcador que se lles puxera de cara aos locais.
Comezou o partido cunha forte presión do Puebla, desexoso de marcar para aplacar o posible nerviosismo dun marcador desfavorable, en vista da súa posición clasificatoria. Aínda que chegaban en oleadas sobre a meta de Anxo, non coa suficiente claridade para poñer en apuros aos baieses. Pero unha nova xogada desgraciada castigaba ao Baio cun gol en contra, pois aos vinte minutos un barullo na área remataba cun balón que Norber non conseguía despexar na liña de gol e introducía o balón na portería. Pouco a pouco foi o Baio atopando o camiño da portería rival, e sobre todo a través de Martín MC chegaba o perigo visitante, pero os seus remates non creaban o perigo desexado. A ocasión máis clara deste período tívoa Norberto, pero a súa volea desde o punto de penalti petaba no poste co porteiro xa batido.
Alberto: 2 goles e 1 asistencia en 45'
Mellorou o Baio na segunda parte, máis avanzado na súa presión e chegando con máis claridade arriba. Do mesmo xeito mostraba seguridade atrás, o que unido aos pases entre liñas de Alberto lle daban máis mordente. Dun destes pases chegou a ocasión máis clara, á hora do partido, cando Martín MC se presentou ante o meta Alassane, pero nunha magnífica intervención conseguía desviar o lanzamento. Non desfaleceron os baieses, e habían ter premio ao seu esforzo. Un libre directo desde a frontal lanzado por Martín MC é cortado coa man por un defensor que na barreira e o colexiado sinalaba o claro penalti, que se encargaría de converter Alberto. Ademais o penalti supoñía o segundo cartón amarelo para o defensor Carlos, polo que cun home máis o Baio foise polo partido. Pero nun lanzamento de falta a favor chegou o mazazo dun novo gol local, que nun rápido contrataque e con numerosos rexeites conseguía poñerse por diante para asombro de todos. O que podería supoñer un golpe irreversible para os baieses non foi así e nos escasos minutos que quedaban non baixaron os brazos e fóronse polo empate. Este chegaría logo dun córner que botou Alberto, e no que o porteiro local empuxaba a Rubio impedíndolle rematar. Ao árbitro non lle tremeu o pulso e sinalou o penalti, que novamente marcou Alberto rematando con tranquilidade. Pero a cousa non rematou aí e xa no desconto chegou o gol da vitoria baiesa, aproveitando o lanzamento dunha falta do Puebla sobre a área, o rexeite da defensa baiesa chégalle a Alberto que mete de primeiras un fermoso pase en profundidade sobre Martín MC, que lle gaña por velocidade aos defensas e bate de potente zurdazo a Alassane e darlle a vitoria ao Baio.
Aínda que non foi o mellor partido do Baio non merecía marchar de baleiro do campo da Alta, e os minutos finais fixeron xustiza ao visto no terreo de xogo, aínda que os locais ben poden dicir que a can fraco todo se lle volven pulgas. Con este triunfo mantense o Baio nos postos altos da clasificación, empatado con outros dous ascendidos como son Agolada e Esteirana. Na vindeira xornada visitará o Platas Reinoso o Unión de Asados, que se mantén tamén nos postos medio altos, a pesar dun comezo irregular.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, Jose (Fredi 77'), Mario, Chema, Eloy, Yago (Alberto II 89'), Norber, Fachal (Alberto I 46'), Bieito, Christian (Rubio 60'), Martín MC. 

Goles: 1-0 Norber (pp, 20'), 1-1 Alberto (p., 76'), 2-1 Savi (81'), 2-2 Alberto (p., 89'), 2-3 Martín MC (94').

XUVENÍS: C. D. BAIO 6 - S. D. CASTRIZ 0

Necesitaban os rapaces de Pastoriza un resultado contundente para volver confiar nas súas posibilidades, e aínda que tiveron que agardar á segunda parte para sentenciar, mostraron que cada xornada van a máis. Á parte dun novo hat-trick de Santi Díaz, hai que destacar a dous goleadores pouco frecuentes, Kevin e Anxo, que ademais de dous grandes goles fixeron as delicias do público co seu xogo.

Polo CD Baio xogaron: Guille (Álex 75'), Fabián (Jose 65'), Michi, Pablo, Silvariño, Kevin, Anxo, Pazos (Alfonso 75'), Pedro (Javi 67'), David, Santi Díaz.

Goles: 1-0 Pablo (26'), 2-0 Santi Díaz (48'), 3-0 Kevin (59'), 4-0 Santi Díaz (61'), 5-0 Santi Díaz (77'), 6-0 Anxo (88').

CADETES: S. C. R. D. ESTEIRANA 4 - C. D. BAIO 2

Bo partido dos cadetes, que xogaron de novo ante a Esteirana despois do enfrontamento copeiro, e parece que lle ten collida a medida porque volveron gañar. E iso a pesar de que o Baio se adiantou, pero en apenas cinco minutos tres goles locais sentenciaron.

Polo CD Baio xogaron: Julián, Javi Muíño, Queiro, Sergio, Damián, Oreiro, Alberto, David, Santi, Anxo, Eloy (Éver 48'). 

Goles: 1-0 Brais (7'), 1-1 Santi (20'), 1-2 Oreiro (46'), 2-2 David (47'), 3-2 David (50'), 4-2 Fran (53').

INFANTÍS: C. D. BAIO 0 - U. C. CEE 8

Chegaba a Baio o invito Cee e abofé que mostrou as súas condicións de grande equipo, deixando o encontro sentenciado no primeiro tempo ante un asoballado Baio.

Polo CD Baio xogaron: Cedrón (David 40'), Ariel (Ezequiel 49'), Manuel Mª, Víctor, Mohedano, Iago I, Queiro (Josué 40'), Miguel, Ordóñez (Eloy 40'), Iago II, Pablo (Martín 40').

8 nov 2013

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
PUEBLA F. C. - C. D. BAIO
Domingo 10 de novembro; 16:15 horas.
Saída de Baio ás 13:30 horas.
Campo: A Alta (A Pobra do Caramiñal)
Árbitro: Miguel Ángel Castro Castro
Asistentes: Félix Queija Pérez / José Mª Romero Rama

HISTORIAL: PX: 10 / PG: 06 / PE: 02 / PP: 02 / GF: 21 / GC: 11

Outro vello coñecido do CD Baio é o rival do encontro desta fin de semana. Coincidiron un total de cinco temporadas, dúas na 1ª Rexional (83-84 e 94-95) e tres na Preferente (84-85, 85-86 e 86-87). O balance é claramente favorable aos baieses no global, mentres que nos partidos disputados na Pobra están bastante igualados, con dúas vitorias para cada un e un empate. Nos partidos disputados na 1ª Rexional o Baio nunca perdeu, tan só cedeu un empate. A primeira temporada que coincidiron foi extraordinaria para os dous, pois ambos ascenderon á Preferente, co Puebla campión e o Baio subcampión. Ademais na temporada 85-86 os dous xogaron a final da Copa Galicia (competición que disputaban os equipos da Preferente Norte e Sur); aquí o Puebla proclamouse campión ao gañar os dous partidos. O último enfrontamento entre estes dous equipos data da temporada 94-95, na 1ª Rexional, e o Baio, que xa se proclamara campión, disputou o último partido da liga na Pobra e gañara polo avultado tanteo de 1-5 (goles de Chema Soto, Santi Pastoriza -2-, Javi Capador e Guillermo Rilo). 

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - S. D. CASTRIZ
Sábado 9 de novembro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Alejandro Gesto Moral.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. C. R. D. ESTEIRANA - C. D. BAIO
Sábado 9 de novembro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 08:30 horas.
Campo: Xosé Luís Vara (Esteiro).

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - U. C. CEE
Domingo 10 de novembro; 12:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Luis M. Insua Lago.

5 nov 2013

SEGUIMOS SEN GAÑAR NOS DERBYS

C. D. BAIO 0 - PONTECESO S. D. 0

Moita xente no Platas Reinoso para o partido de rivalidade entre o CD BAIO e o Ponteceso SD a pesar da tarde chuviosa do domingo. Despois das derrotas nos outros dous derbys disputados, chegaba a Baio un Ponteceso como vítima propiciatoria dada a súa clasificación, pero historicamente este é un club que se lle deu mal aos baieses, e o domingo volveuse confirmar. Mal partido en xeral, con escasas ocasións de gol, e no que, nin un nin outro, conseguiron impoñerse sobre o rival. O Baio non encontrou o seu fútbol e non daba chegado con perigo á área rival, ante un porteiro pontecesán que non tivo excesivo traballo.
Logo dunha decepcionante primeira parte, o partido mellorou un pouco na segunda, sobre todo por parte do Baio, que tratou de chegar con máis perigosidade á meta rival. Pero as veces que o intentaron Martín MC e Canay non tiveron bo fin. O Ponteceso intentouno tamén, pero as súas chegadas viñan dadas por xogadas a balón parado. Nunha delas puido conseguir marcar, pero o dianteiro pontecesán non puido rematar ben e estragou a oportunidade. A xogada máis clara chegou xa no desconto, cando logo dunha combinación no medio do campo, Bieito conseguiu superar a defensa e encarar ao porteiro Illote, pero antes de entrar na área era derrubado por detrás polo defensa Rubén. A expulsión do pontecesán non supuxo un problema para que puidesen defender o resultado no escaso tempo que quedou ata o final.
Con este empate o Baio descende ata a sexta praza, nunha clasificación que está cada vez máis igualada, co Noia amosando o dominio que se lle presupoñía, pero que a partir de aí calquera pode gañarlle a calquera.
A vindeira semana visita á Pobra do Caramiñal para enfrontármonos a outro vello coñecido, o Puebla.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo. José Antonio, Fredi (Costiña 82'), Mario, Eloy (Ramón 75'), Norber, Fachal (Rubio 66'), Bieito, Christian (Canay 46'), Alberto, Martín MC.

XUVENÍS: PORTEÑO C. F. 2 - C. D. BAIO 3

Por fin a sorte estivo de cara para os xuvenís de Pastoriza e conseguiu gañar un partido no último minuto. Aínda que ben é certo que os baieses puideron sentenciar antes e volvéronlle empatar no desconto, pero a sorte quixo que un lanzamento de Santi Díaz desde campo propio entrase na portería porteña. A ver se este é o impulso que necesitaba o equipo, que a dicir dos rivais non merece o posto no que figura na clasificación. A vindeira semana, no Platas Reinoso ante o Castriz, remata a primeira volta, e aí veremos ao que pode aspirar o equipo.

Polo CD BAIO xogaron: Guille, Fabián, Michi, Pablo (Santi Díaz 51'), Silvariño, Kevin, Anxo, Pedro (Álex 83'), Cristian, David, Javi (Alfonso 83'). 

Goles: 1-0 Matías (16'), 1-1 David (24'), 1-2 Javi (63'), 2-2 David (91'), 2-3 Santi Díaz (92').

CADETES: C. D. BAIO 2 - U. C. CEE 3

Mellorou o Baio con respecto aos últimos partidos da Copa e a piques estivo de sacar algo positivo na segunda parte ante un gran rival coma o Cee. Pouco a pouco vanse recuperando os xogadores lesionados e a ver se na súa visita á Esteirana, coa que xa se enfrontou en dúas ocasións esta temporada, van tendo mellores sensacións.

Polo CD BAIO xogaron: Julián, Queiro, Javi Muíño, Alberto, Damián, David, Santi (Eloy 54'), Oreiro, Sergio, Ayoub, Anxo. 

Goles: 0-1 Luis (11'), 0-2 Saulo (21'), 1-2 Oreiro (46'), 2-2 Anxo (52'), 2-3 Borja (71').

INFANTÍS: OUTES F. C. 1 - C. D. BAIO 0

Bo partido dos infantís que a piques estiveron de sacar tallada na súa visita ao Conchido na tarde do sábado.

Polo CD BAIO xogaron: Cedrón, Víctor, Mohedano, Iago II, Queiro (Josué 59'), Miguel, Álvaro, Antía (Manuel Mª 40'), Ezequiel (Torrado 40'), Pablo, Martín (Ariel 40').

Gol: 1-0 Joan (55').

1 nov 2013

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - PONTECESO S. D.
Domingo 3 de novembro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Álvaro Gil Soriano.
Asistentes: Daniel Fraga Viñuelas / Cagri Kaya

HISTORIAL: PX: 52 / PG: 15 / PE: 7 / PP: 30 / GF: 86 / GC: 119

En 26 temporadas se enfrontaron estes dous históricos clubs, ambos os dous fundadores da Liga da Costa, pero o equipo pontecesán deixou de participar durante varios anos. A historia indica unha clara superioridade do equipo da vila de Pondal, que sempre foi un rival difícil de bater polos baieses. Coincidiron na 1ª Rexional un total de 4 temporadas (1983-84, 1989-90, 1990-91 e 1999-00), e aquí as cousas están máis parellas, con tres vitorias baiesas, un empate e catro vitorias pontecesáns. A última confrontación data da temporada 2010-11, na Liga da Costa, e nela o Ponteceso campión perdeu no Platas Reinoso por 5-4, goles baieses de Canay (2), Martín MC, Rubio e Pirucho.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
PORTEÑO C. F. - C. D. BAIO
Sábado 2 de novembro; 16:15 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: A Grixa (A Ponte do Porto).
Árbitro: David Castreje Ferrío.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - U. C. CEE
Sábado 2 de novembro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: David Vázquez Lema.

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
OUTES F. C. - C. D. BAIO
Sábado 2 de novembro; 18:15 horas.
Saída de Baio ás 16:15 horas.
Campo: O Conchido (A Serra de Outes).
 

RESUMO DUNHA MALA XORNADA

S. C. D. MALPICA 2 - C. D. BAIO 1

Por problemas "técnicos" non puidemos esta semana ofrecervos as habituais crónicas dos partidos do CD Baio, vaian agora as alineacións dos tres disputados.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, Chema, Mario, Yago, José, Norber, Fachal (Eloy 81'), Bieito, Christian (Canay 56'), Alberto (Rubio 68'), Martín MC. 

Goles: 0-1 Martín MC (18'), 1-1 Óscar (40'), 2-1 Norber (pp., 62').

Podes ler aquí a crónica de José Manuel Ferreiro
Podes ler aquí a crónica deste partido e do dos xuvenís de Luis Porto
Podes ver aquí as fotos do partido obra de Santi Díaz
Podes ver aquí o gol de Martín MC por Santi Soneira

XUVENÍS: C. D. BAIO 1 - S. C. D. MALPICA 1

Polo CD BAIO xogaron: Guillermo, Fabián, Michi, Pablo, Silvariño, Kevin, Anxo, Pazos (Javi 76'), Estefan (Jose 64'), David, Santi Díaz.

Goles: 0-1 Almeida (41'), 1-1 Santi Díaz (51').

Podes ver aquí fotos deste partido de piratas de muxía

INFANTÍS: C. D. BAIO 0 - PONTECESO S. D. 2

Polo CD Baio xogaron: David, Ariel, Manuel Mª (Antía 58'), Víctor, Mohedano, Torrado (Martín 40'), Iago I, Miguel, Álvaro, Iago II, Ezequiel (Eloy 46').

Goles: 0-1 Aarón (15'), 0-2 Aarón (57').