C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

24 oct 2013

XORNADA BERGANTIÑÁ


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
S. C. D. MALPICA - C. D. BAIO
Domingo 27 de outubro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: Pedra Queimada (Malpica).
Árbitro: Ion Ander Mundín Mendizábal.
Asistentes: José Miguel Prada Moscoso / José Luis Paz Rodríguez.

HISTORIAL: PX: 40 / PG: 16 / PE: 08 / PP: 16 / GF: 71 / GC: 77

Desde que se fundou o Malpica na temporada 1973-74 coincidiron estes dous equipos en vinte temporadas, catro delas na 1ª Rexional (1983-84, 1989-90, 1990-91 e 2002-03). Bastante igualdade nos enfrontamentos totais ao longo da historia, pero cando o Malpica xogou como local a estatística é claramente favorable para eles, pois só perdeu en catro ocasións e empatou tres. En cambio, nos partidos disputados na 1ª Rexional o Baio gañou unha vez como visitante, empatou dúas e perdeu unha; mentres que como local nesta categoría gañou os catro partidos. O último enfrontamento oficial destes dous equipos data da temporada 2011-12, cando o Malpica lle gañou ao Baio por 2-1, gol baiés de Javi Suárez.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - S. C. D. MALPICA
Sábado 26 de outubro; 15:45 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: David Vázquez Lema.

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - PONTECESO S. D.
Domingo 27 de outubro; 10:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Manuel Grañas Martínez.

21 oct 2013

SEGUIMOS CO VENTO A FAVOR

C. D. BAIO 2 - C. S. D. ARZÚA 0

Tarde de domingo con chuvias intermitentes que non impediron que acudise numeroso público ao Platas Reinoso, que puideron ver un partido entretido e competido. Presentábanse os dous conxuntos na parte media-alta da táboa e demostraron o porqué da súa boa clasificación, e aínda que ao final o marcador rexistrou unha vitoria local, os visitantes fixeron méritos para sacar un mellor resultado, pero o Baio segue co vento a favor e suma novamente de tres en tres.
Comezou o partido cun Arzúa moi ben plantado, presionando a saída do balón e roubando en liña de tres cuartos, o que fixo que se lle acumulase o traballo á defensa baiesa. Ata tres ocasións de gol clarísimas dispuxo o conxunto visitante neste período, que milagrosamente non se converteron en gol: un disparo franco desde o punto de penalti que enviou ás mans do porteiro, un balón cruzado que se foi ao pau, e un remate no primeiro pau adiantándose á defensa que se foi fóra por pouco puxeron o medo na afección local. O equipo baiés non conseguía combinar a gusto e o nerviosismo apoderábase dos xogadores, que vían como non conseguían chegar á área rival. Tan só unha xogada de Bieito, que acabou cun remate brando que detivo o porteiro foi o máis destacado da primeira media hora. No final do primeiro tempo houbo algún que outro achegamento máis, tímido, como unha falta que lanzou Martín MC fóra, ata que chegou o primeiro gol local, nunha xogada desafortunada da zaga visitante. Un balón en profundiade de Fachal cara a Martín MC, é cortado polo capitán arzuán David, pero o seu despexe convértese nun tiro cara á propia portería que non pode evitar que entre o gardameta Iago. Chegábase ao descanso coa mínima renda local, que non facía xustiza ao visto no terreo de xogo.
Norber despois de marcar o segundo gol [Fotos: Santi Díaz]
Cambiou a decoración no segundo tempo, e cos cambios o Baio pasou a controlar máis o partido, non permitindo achegamentos con perigo do Arzúa e tratando de enfriar os ánimos de remontada visitante coa posesión de balón e a busca dos puntas, para que puxesen en apertos á defensa contraria. Aínda así non houbo moitas ocasións de gol, e o partido quedou sentenciado co segundo gol mediada a segunda parte, cando Norberto rouba en medio campo, e tras desfacerse de dous rivais fai a parede con Alberto, que o deixa só ante o porteiro, a quen regatea e bate a pracer. Este gol finiquitou as ansias do Arzúa, que vía como se lle escapaba o partido, que se limitou nestes minutos finais a colgar balóns sobre os seus dianteiros na busca dunha segunda xogada, que non se producía polo magnífico traballo dos rapaces de Félix. Incluso puido aumentar a conta o Baio nos minutos finais, pero o lanzamento de Alberto desde a frontal fóiselle fóra.
Conseguiu o Baio sumar os tres puntos ante un gran rival, que demostrou ser un equipo forte ao que onte condenou a súa falta de puntería. Con esta vitoria o Baio ascende á terceira praza da clasificación, e a vindeira semana visitará Pedra Queimada para enfrontarse ao Malpica no partido da xornada.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Cruz, Fredi (Alberto 46'), Mario, Yago, Eloy (Chema 56'), Norber, Fachal (Rubio 86'), Bieito, Martín MC, Canay (Christian 46').

Goles: 1-0 David (pp., 43'), 2-0 Norber (71').

Podes ver estas e outras fotos do encontro na foto-crónica de Santi Díaz se picas no seu nome.
Once inicial baiés

XUVENÍS: MUXÍA C. F. 2 - C. D. BAIO 2

Outra semana máis podemos repetir a mesma crónica de partidos anteriores, nos que o Baio é superior ao seu rival, adiántase no marcador e non é capaz de pechalo e termina empatando e perdendo puntos que o poñen nun lugar na clasificación que non merecen. O sábado na Arliña novamente se poñía por diante o Baio xa aos cinco minutos con gol de Pablo, e á media hora Estefan aumentaba a conta para os visitantes. Pero mediada a segunda metade, en cinco minutos conseguían os muxiáns empatar o encontro e os baieses non tiveron capacidade de reacción para gañar o partido.

Polo CD Baio xogaron: Guille, Pazos, Michi, Pablo (Jose 46'), Silvariño, Kevin (Alfonso 83'), Anxo, Pedro (Álex 53'), David, Estefan, Santi Díaz.

Goles: 0-1 Pablo (5'), 0-2 Estefan (32'), 1-2 Paulo (70'), 2-2 Andrés (p., 76').

CADETE: C. D. BAIO 1 - S. C. R. D. ESTEIRANA 2

Acabou a participación dos cadetes na súa Copa da Costa cunha derrota ante a Esteirana, que os deixou algo tocados moralmente, pois fixeron un bo partido e puideron gañar tranquilamente. Moitas ocasións locais na primeira parte, que non obstante non lograron materializar e chegaron ao descanso sen goles. Na segunda seguiu atacando o Baio na busca do gol que lle dese o pase aos cuartos de final, pero en dúas contras os esteiráns sentenciaron o partido e o Baio só puido recortar distancias no lanzamento de penalti que converteu Oreiro. Agora a preparar a liga que xa comeza en quince días.

Polo CD Baio xogaron: Julián, David, Fran, Queiro, Damián, Alberto (Éver 50'), Javi Muíño, Sergio, Santi (Eloy 58'), Ayoub, Oreiro. 

Goles: 0-1 Fran (60'), 0-2 Brais (72'), 1-2 Oreiro (p., 75').

INFANTIL: S. D. CORISTANCO 6 - C. D. BAIO 1

Segue a súa participación o combativo equipo infantil na liga con resultados máis negativos do que merece, pero son xente nova e pouco a pouco van mellorando. Na tarde do sábado comezaron marcando os baieses, pero xa neste período os locais conseguiron sentenciar o partido. Máis igualada estivo a segunda parte, pero xa estaba todo o peixe vendido.

Polo CD Baio xogaron: David (Miguel 40'), Ariel, Manuel Mª (Antía 49'), Víctor, Mohedano, Eloy (Cedrón 40'), Iago I (Martín 52'), Queiro (Ezequiel 40'), Álvaro, Iago II, Pablo.

Goles: 0-1 Mohedano (1'), 1-1 Jordan (7'), 2-1 Diego (19'), 3-1 Cosmin (23'), 4-1 Rubén (30'), 5-1 David (38'), 6-1 Diego (48').

17 oct 2013

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - C. S. D. ARZÚA
Domingo 20 de outubro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Miguel Souto Mínguez.
Asistentes: David Vázquez Lema / Pedro Rodríguez Penas.

HISTORIA: PX: 14 / PG: 6 / PE: 5 / PP: 3 / GF: 19 / GC: 13

Despois de doce anos vólvense encontrar estes dous equipos, que coincidiron na historia en sete temporadas, as catro primeiras na Preferente (84-85, 86-87, 87-88 e 88-89) e as tres últimas na 1ª Autonómica (94-95, 99-00 e 01-02). Dos catorce partidos disputados o balance é favorable ao Baio, gañador en seis encontros e derrotado en tres; mentres que nos celebrados como local, o Baio gañou catro, empatou dous e perdeu un. No último enfrontamento no Platas Reinoso, o Baio gañou pola mínima (1-0).

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
MUXÍA C. F. - C. D. BAIO
Sábado 19 de outubro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 15:00 horas.
Campo: Arliña (Muxía).
Árbitro: Adrián Fernández Pintos.

CADETE (COPA DA COSTA - PREVIA)
C. D. BAIO - S. C. R. D. ESTEIRANA
Sábado 19 de outubro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Adrián Pardiñas García.

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
CORISTANCO S. D. - C. D. BAIO
Sábado 19 de outubro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: Rocheira (Coristanco).
Árbitro: Alejandro Montes Montes.

14 oct 2013

VITORIA EN VALGA

CORDEIRO C. F. 1 - C. D. BAIO 2

Volvía o Baio a xogar en Valga e volvía coma sempre cunha vitoria, iso si, rompeuse o habitual 0-2 das anteriores confrontacións e onte o equipo local puxo as cousas máis difíciles e houbo que suar para traer a vitoria. Tarde chuviosa que non afectou ao campo de herba natural e os xogadores non tiveron problema para desenvolver un xogo fluído e combinativo, como é habitual nos dous equipos.
Comezou o partido da mellor forma para o equipo baiés, cun gol de Martín MC aos dous minutos, pero o equipo local veuse arriba e sobre todo a través de internadas pola súa banda esquerda levou o perigo á área visitante. Nunha delas conseguía Leandro de cabeza igualar o encontro e amosar algo de inseguridade na zaga baiesa. Aínda que sería o Cordeiro o que dominou a parte final do primeiro tempo, a ocasión máis clara veu da man do baiés Bieito, que enviou fóra cando se atopa man a man co porteiro Diego.
O auténtico Messi? [Foto: S. Díaz]
A segunda parte cambiou a decoración e o Baio controlou en todo momento o encontro movendo o balón con comodidade, sobre todo cando Bieito entraba en xogo, buscando a Martín MC e Canay, ou Christian cando se incorporou. A pesar de todo non había grandes ocasións, por falta do remate final, pero chegou a gran xogada do xuvenil Christian, que, emulando a Messi, recolleu o balón na esquina da área e foise internando en diagonal aguantando e sorteando as entradas da defensa, para bater de tiro cruzado coa esquerda a meta local. Non pasou apuros o equipo baiés no que quedou de encontro, e só os balóns colgados á área de Anxo poñían algo de incerteza, pero tanto o porteiro como a defensa mostrouse segura e mesmo permitía saír en contragolpe algunha que outra vez.
Con esta vitoria o Baio ascende á cuarta praza, empatado a puntos con outros dous ascendidos como Agolada e Esteirana, a catro puntos do líder Noia. A vindeira semana visita o Platas Reinoso o Arzúa, que tras a vitoria de onte písalle os pés ao equipo baiés.

Polo CD Baio xogaron: Anxo, Chema (Eloy 57'), Yago, Mario, José A., Norber (Fredi 76'), Fachal, Bieito, Martín MC, Alberto (Rubio 71'), Canay (Christian 62').

Goles: 0-1 Martín MC (2'), 1-1 Leandro (21'), 1-2 Christian (76').

XUVENIL: C. D. BAIO 3 - S. D. CABANA 3

Segue a mala sorte dos rapaces de Pastoriza, e na tarde do sábado vían como lle empataban no último minuto un partido que dominou e controlou, e no que tivo numerosas ocasións para sentenciar na segunda parte pero acabou pagando unha xornada máis a súa falta de definición. Con todo, deixou unha boa imaxe e partido a partido demostra que vai a máis aínda que a clasificación non reflicte a realidade do xogo do equipo. Así o manifesta que soubo repoñerse as dúas veces que o rival se puxo por diante e darlle a volta antes do descanso, só lles falta saber matar os partidos.

Polo CD Baio xogaron: Guille, Fabián (Javi 86'), Michi, Pablo, Silvariño, Kevin, Anxo, Pazos (Pedro 81'), Estefan, Santi Díaz, David. 

Goles: 0-1 Sergio (4'), 1-1 David (9'), 1-2 Iván (18'), 2-2 Santi Díaz (38'), 3-2 Pablo (42'), 3-3 Pablo (89').

CADETE: S. D. FISTERRA 7 - C. D. BAIO 0

Terceiro partido do equipo cadete nesta fase previa da Copa da Costa, na que saíron fortemente derrotados ante un rival que se mostrou como o de máis entidade do grupo. Aínda así viaxaban con importantes baixas, coma a do porteiro Julián ou a do dianteiro Anxo, e tiveron a axuda de varios xogadores infantís. A próxima semana decidirase que conxunto acompaña aos fisterráns na seguinte fase da competición, unha vitoria ante a Esteirana chégalles aos baieses.

Polo CD Baio xogaron: Cedrón, Queiro, Javi Muíño, Fran, Damián (Iago 66'), Alberto, Oreiro, Sergio, Ayoub, Éver (Mohedano 48'), Eloy (Dani 58'). 

INFANTIL: C. D. BAIO 0 - CORME C. F. 4

Na mañá do domingo os rapaces de Julio recibían ao líder invicto, e a pesar de comezar con algún que outro despiste, en xeral fixeron un bo partido e demostraron que teñen máis dentro do que sinala a clasificación, e que con confianza en si mesmos poden obter mellores resultados.

Polo CD Baio xogaron: Cedrón (David 65'), Manuel Mª, Víctor, Mohedano, Eloy (Martín 50'), Torrado (Ariel 19'), Miguel, Álvaro, Iago, Ezequiel (Antía 65'), Pablo.

Goles: 0-1 Samuel (5'), 0-2 Martín (11'), 0-3 Eloy (12'), 0-4 Samuel (p., 42').

10 oct 2013

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA DO PILAR


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
CORDEIRO C. F. - C. D. BAIO
Domingo 13 de outubro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:00 horas.
Campo: Municipal de Valga.
Árbitro: Antonio San Miguel García
Asistentes: Alberto Zas Varela / Miguel A. Piñeiro Rial.

HISTORIAL: PX: 4 / PG: 3 / PE: 0 / PP: 1 / GF: 7 / GC: 3.

Toca visita ao Municipal de Valga para enfrontarnos ao titular do terreo, o Cordeiro CF, un vello coñecido do CD Baio, co que coincidiron en dúas temporadas (1983-84 e 2005-06) e as dúas na 1ª Autonómica. Na primeira delas o Baio gañou os dous partidos (3-0 en Baio e 1-2 en Valga), e na segunda, o Baio gañou en Valga 0-2, pero perdeu polo mesmo marcador no Platas Reinoso, nun dos partidos máis esperpénticos da historia do club baiés, con graves erros do colexiado, repetición de parte do partido, penaltis errados e unha derrota que ao final custou o descenso. Esperemos que este ano se sigan cumprindo as estadísticas e o equipo baiés volva gañar en Valga.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4ª)
C. D. BAIO - S. D. CABANA
Sábado 12 de outubro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Adrián Varela García.

CADETE (COPA DA COSTA - PREVIA)
S. D. FISTERRA - C. D. BAIO
Sábado 12 de outubro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: Ara Solis (Fisterra).

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - CORME C. F.
Domingo 13 de outubro; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Eneko Pérez Gil.

7 oct 2013

SET E PARTIDO

C. D. BAIO 6 - AMIO S. D. 2
11 incial do Baio, que estreaba a equipación 50 Aniversario [Fotos: Santi Díaz]

Na soleada tarde do domingo enfrontábanse o CD Baio e o Amio SD por vez primeira na historia, e o partido resolveuse de maneira fácil e cómoda por parte do equipo local, que ben puido colleitar un marcador máis amplo. Tardou un pouco o equipo baiés en facerse co control do xogo, logo dos minutos de tanteo iniciais, pero pronto atopou os ocos na defensa rival, e a través de Bieito, onte ao seu mellor nivel, e das penetracións por banda, achegouse unha e outra vez ao marco dun superado Amio.
Un man a man de Bieito que detiña Adrián foi o preludio dos dous primeiros goles baieses, que chegaron nun intervalo de dous minutos, o primeiro do Martín MC, que colocaba o balón na escuadra desde o interior da área, e o segundo de Bieito, que rematou o pase da morte logo dunha gran xogada de Canay por banda. Puxo algo de medo o Amio co magnífico gol de falta de David, pero axiña os inspirados rapaces de Félix desbotaron calquera sorpresa, e antes do descanso, un novo gol de Martín MC e outro de Canay sentenciaban o marcador. 
 Camiseta personalizada
A segunda parte trouxo un Baio máis relaxado, agardando por un rival que quería e non podía, e que o Baio matou nas contras. Puido ser unha auténtica malleira se non fose pola actuación do meta Adrián ou pola mala puntería baiesa, pero Martín MC, Canay e Fachal non atinaron a converter en gol claras ocasións. Tan só anotou dous o Baio nesta segunda parte, o primeiro un golazo de Bieito, que recolle o balón no centro do campo e vaise aproximando á portería rival sen que ningún defensa consiga quitarlle o balón, que introduce na meta do Amio de lanzamento por baixo. O segundo dos goles foi obra de Canay, que recolle un balón interior para regatear o porteiro e marcar a porta baleira. Os minutos restantes serviron para os debuts do capitán Martín, lesionado desde a pretemporada, e do porteiro Manuel, e para a volta do tamén lesionado Christian. No último minuto o Amio maquillou o resultado cun gol logo dunha boa xogada do seu dianteiro Jairo.
Bi (goleador/asistente)
Con esta vitoria o Baio sitúase na parte alta da clasificación, deixando boas sensacións neste arranque de temporada na nova categoría, e sobre todo se os tres de arriba están tan atinados como o estiveron na tarde de onte. Igual foi a nova equipación, que estreaban onte co logo do 50 Aniversario do club. A vindeira semana toca desprazarse a Valga, para visitar o Cordeiro, un vello coñecido do equipo baiés.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo (Manuel 75'), José Cruz, Fredi, Mario, Yago, Eloy (Rubio 75'), Norber (A. Carballo 64'), Fachal, Bieito (Martín 78'), Martín MC (Christian 81'), Canay.

Goles: 1-0 Martín MC (23'), 2-0 Bieito (25'), 2-1 David (29'), 3-1 Martín MC (31'), 4-1 Canay (38'), 5-1 Bieito (55'), 6-1 Canay (71'), 6-2 Jairo (89').

[Podes ver a súa foto-crónica do partido se picas no nome de Santi Díaz]

XUVENIL: CAMARIÑAS F. C. 2 - C. D. BAIO 1

Ao igual que lle pasou ao equipo de afeccionados a semana pasada no Irmás Patiño, o CD Baio mostrouse moi superior ao Camariñas, pero coma aqueles veu de baleiro para terras baiesas. Infinidade de ocasións dos rapaces de Pastoriza, que a pesar de poñerse por diante con gol de Cristian Pazos, vían como nuns minutos de desconcerto os locais lle daban a volta ao marcador e quedaban coa vitoria.

Polo CD BAIO xogaron: Guille (Álex 82'), Fabián (Alfonso 78'), Michi, Pablo (Javi 78'), Silvariño, Jose, Anxo, Pazos (Pedro 51'), David, Estefan (Kevin 60'), Santi Díaz.

Goles: 0-1 Pazos (51'), 1-1 Aitor (69'), 2-1 José M (74').

INFANTIL: S. C. R. D. ESTEIRANA 8 - C. D. BAIO 3

Tardou en espertar o equipo baiés na súa viaxe a Esteiro e cando o fixo xa levaba unha boa renda en contra. A segunda parte serviu para ver a mellor cara dos rapaces de Julio, que colleitaron tres goles ante un rival que xa tiña a vitoria no peto.

Polo CD BAIO xogaron: Cedrón (David 61'), Ariel (Torrado 40'), Manuel Mª (Dani 48'), Víctor, Mohedano, Queiro (Ezequiel 40'), Miguel, Álvaro, Iago I, Pablo (Antía 55'), Iago II.

Goles: 1-0 Álex (2'), 2-0 Álex (5'), 3-0 Rodri (9'), 4-0 Roberto (26'), 5-0 Carlos (34'), 6-0 Manuel (37'), 7-0 Jaime (45'), 7-1 Mohedano (50'), 8-1 Sergio (65'), 8-2 Mohedano (69'), 8-3 Ezequiel (74').
   

3 oct 2013

PARTIDOS DA PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO


PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. D. BAIO - AMIO S. D.
Domingo 6 de outubro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Pablo Rama Cotelo.
Asistentes: Eric Vázquez Veiras / Rubén Ruiz Redondo.

HISTORIAL: PX: 0 / PG: 0 / PE: 0 / PP: 0 / GF: 0 / GC: 0

Primeiro enfrontamento na historia entre o Baio e o Amio santiagués, que participa por segunda temporada consecutiva na Primeira Autonómica. É unha oportunidade do conxunto local para facerse forte no seu campo, logo da vitoria ante o Noia e a inxusta derrota a semana pasada en Camariñas. Pola súa parte, o Amio conseguiu gañar na primeira xornada en Lamela e perdeu co Villestro e en Piloño, antes de empatar no campo do Sigüeiro a semana pasada.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
CAMARIÑAS F. C. - C. D. BAIO
Sábado 5 de outubro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 15:00 horas.
Campo: Irmás Patiño (Camariñas).
Árbitro: Bernardo Domínguez Manteiga.

CADETE (COPA DA COSTA - PREVIA)
C. D. BAIO  DESCANSA

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
S. C. R. D. ESTEIRANA - C. D. BAIO
Domingo 6 de outubro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 08:30 horas.
Campo: Xosé Luís Vara (Esteiro).

O FÚTBOL É ASÍ

CAMARIÑAS F. C. 2 - C. D. BAIO 0

Baio: Anxo, José Antonio, Mario, Yago (Ramón 80'), Eloy, Norber, Fachal, Rubio (Costiña 59'), Bieito, Martín MC, Canay (Santi Díaz 80').

Goles: 1-0 Pepe Wii (58'), 2-0 Brais (76').

XUVENIL: C. D. BAIO 1 - CORME C. F. 1

Baio: Guillermo (Álex 84'), Fabián, Michi (Kevin 37'), Pablo, Silvariño (Alfonso 84'), José Antonio, Anxo, Pazos (Javi 67'), David, Estefan (Pedro 72'), Santi Díaz. 

Goles: 0-1 Silvariño (pp., 54'), 1-1 Anxo (84').

CADETE: S.C.R.D. ESTEIRANA 1 - C. D. BAIO 0

Baio: Julián, Queiro, Javi Muíño, Fran, Damián, Alberto, Mohedano, Ayoub, Sergio, Éver (Dani Domínguez 62'), Eloy.

Gol: 1-0 Jaime (72').

INFANTIL: MUXÍA C. F. 6 - C. D. BAIO 2

Baio: Cedrón (David 64'), Ariel, Manuel Mª, Eloy (Martín 32'), Miguel, Álvaro, Iago Vázquez (Ezequiel 45'), Pablo, Torrado (Samuel 64'), Iago Martínez, Queiro.

Goles: 1-0 Xan (4'), 2-0 Lucas (10'), 3-0 Rodrigo (p., 22'), 3-1 Queiro (29'), 4-1 Rodrigo (52'), 5-1 Rodrigo (63'), 5-2 Ariel (68'), 6-2 Abdulai (73').

Podes ver unha serie de fotos deste partido no web piratasdemuxia.es se picas aquí.
CD Baio na Arliña [Foto: X. Búa (piratasdemuxia.es)]