C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 jun 2015

CONFIGURADA XA A 1ª AUTONÓMICA GRUPO 2º

Unha vez que xa remataron as fases de promoción de ascenso que lle afectaban a este grupo, e que certos equipos, coma a S.C.D. Malpica, solventaron as dificultades que tiñan para continuar competindo, xa está configurado o Grupo 2º da 1ª Autonómica para a temporada 2015-16. Salvo sorpresa de última hora, estes son os 18 equipos que van participar, entre eles o CLUB DEPORTIVO BAIO, que será un dos seis clubs costeiros que compitan:



14 jun 2015

ÓSCAR SUÁREZ, ADESTRADOR DO C.D. BAIO PARA A TEMPORADA 2015-16

Óscar como xogador do Baio

Óscar Suárez Serrano (Carballo, 1974) vai ser o adestrador que leve a nave do C.D. Baio na temporada 2015-16 tras o acordo alcanzado esta semana co que fora xogador deste club.

O novo técnico do noso club dirixiu previamente ao San Lorenzo de Verdillo, foi segundo adestrador de Nando Martínez no Cerceda (3ª División), dirixiu varios equipos da base do Bergantiños F.C. e a pasada temporada fíxose cargo da SCD Malpica da 1ª Autonómica.

No Malpica 13-14 [Foto: L. Porto]
A súa traxectoria como técnico viuse mesturada coa de xogador nestes últimos anos, pois acaba de colgar as botas tras xogar os últimos partidos co San Lorenzo verdillés. Foi neste equipo onde desenvolveu boa parte da súa carreira futbolística, despois de saír da canteira do Bergantiños F.C., club no que tamén xogou conseguindo un ascenso á 3ª División. Na temporada 2002-03 militou no C.D. Baio, na 1ª Autonómica, quedando o equipo clasificado na terceira posición, e sendo Óscar o máximo goleador con 15 goles. Outros equipos nos que militou foron a SD Cabana, o At. Arteixo ou a SCD Malpica. Óscar despuntou sempre como goleador e así o seu nome aparece durante moitas temporadas entre os máximos artilleiros da categoría na que militaba. 

Desexamos que Óscar teña a sorte que merece e que a profesionalidade e o compromiso que o caracterizaron durante a súa carreira futbolística se vexa recompensada nesta nova andaina.