C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

29 jun 2012

RESUMO DA TEMPORADA: XUVENIL

TOCANDO O CEO

CLUB DEPORTIVO BAIO XUVENIL 2011-2012
(Foto: Santi Díaz)
 Magnífica a temporada do equipo XUVENIL do CD BAIO, que foi de menos a máis e acabou como campión da 2ª fase da Liga da Costa e puido xogar a fase de ascenso á Liga Galega, onde a sorte non acompañou. Ao igual que o ano pasado, a preparación física dos rapaces de Nacho deixouse notar nos últimos meses da competición, e se a temporada anterior fixeron unha gran Copa da Costa, nesta coa novidade da Segunda Fase que calibra os mellores clubs dos dous grupos costeiros, deu a posibilidade de comprobar como o equipo xuvenil estaba moi ben traballado e enfocado a este final de campaña, que era o importante e decisivo.
Contaba Nacho cun plantel amplo de 20 xogadores, que tiveron o hándicap (e a sorte) de teren moitos deles que xogar co primeiro equipo pola súa falta de efectivos. Por este mesmo motivo tampouco puido tirar o seu adestrador do equipo cadete ata o final da temporada. Conseguiu Nacho facer que este equipo fose recoñecido por todos os rivais como o que mellor fútbol desenvolvía, pois esta foi a súa bandeira: é máis fácil gañar xogando ben, e o fútbol combinativo, de toque, co xogo por bandas, foise impoñendo a outros equipos máis físicos e defensores do fútbol directo.
A primeira fase da liga acabou co Baio na cuarta posición do seu grupo, o que lle daba praza para disputar a segunda fase. As 11 vitorias e 5 empates déronlle os 38 puntos finais; con 56 goles a favor e 28 en contra. Foi demasiado irregular no seu xogo, con grandes resultados e con perdas de puntos ante rivais de moita menor entidade. Con todo, conseguiu o seu obxectivo de meterse entre os catro primeiros; o Malpica, que destacou nesta fase mostrándose completamente intratable, o Dumbría B e o Camariñas acompañárono.
Pero na segunda fase xa se viu un equipo distinto, un equipo que aspiraba ao máximo, competindo de ti a ti ante calquera rival. A pesar dalgún resultado adverso na primeira volta (derrota en Dumbría e Malpica, empate na casa co Cee), a igualdade entre estes catro equipos fixo que cresen sempre nas súas posibilidades. Cunha fantástica segunda volta, só empañada pola estraña derrota en Corcubión, foi aumentando as súas posibilidades: un clara vitoria ante o Dumbría B, un "baño" ao Malpica e a vitoria na xornada final en Cee, déronlle o título a este equipo. 10 vitorias, 1 empate e 3 derrotas valeron para os 31 puntos, con 41 goles a favor e 18 en contra.
O premio de disputar a fase de ascenso á Liga Galega viuse empañado pronto ao caer eliminados na primeira rolda, fronte ao San Marcos compostelán, logo dun mal partido na ida (5-0), condicionado polo campo de area ao que non estaban afeitos os baieses. A vitoria mínima (2-1) na volta deixou un bo sabor de boca a esta fenomenal campaña do equipo xuvenil.
O equipo celebrando a súa gran temporada.
(Foto: Rebeca Facal)
Analizamos agora brevemente cada xogador:

· Guillermo Domínguez: Porteiro. Xogou 1807 minutos no seu debut como xuvenil. Grandes reflexos, tivo actuacións espectaculares. Debutou cos maiores.
· Álvaro Villar 'Pollo': Porteiro. Xogou 1319 minutos. Combinou a súa presenza aquí co equipo maior. Demostrou a súa seguridade e sangue frío.
· Sergio Lema: Porteiro. Xogou 67 minutos. A pesar da gran competencia que tiña, sempre estivo disposto a axudar ao equipo demostrando gran compañerismo.
· Maikel Gavín: Defensa. Xogou 2011 minutos. 6 goles. Cando está é un auténtico portento físico, perigoso en ataque.
· Manuel Santos 'Pardo': Defensa. Xogou 1685 minutos. 3 goles. Dispuxo de menos minutos por culpa dos seus estudos, pero nos momentos importantes mostrou a súa forza e contundencia.
· Pablo Romero: Defensa. Xogou 1979 minutos. 2 goles. Un fixo, tanto de central como de lateral, demostrou seguiridade. Tamén dispuxo de bastantes minutos cos maiores.
· Yago Couto: Defensa. Xogou 2125 minutos. 2 goles. A "fichaxe" desta temporada acabou por converterse en fixo no equipo xuvenil e nos grandes. Intelixencia e clase son as súas bazas.
· Edgar Veres "Vereda": Defensa. Xogou 669 minutos. 2 goles. De menos a máis, tivo un gran final de temporada polo seu estado físico, tanto na defensa coma de interior.
· Marcos García 'Penelo': Defensa. Xogou 287 minutos. Dispuxo de poucos minutos, pero sempre comprometido co equipo, sempre incansable no esforzo.
· Eloy Veres: Defensa. Xogou 141 minutos. No seu primeiro ano como xuvenil xogou pouco debido á gran competencia no seu posto.
· José M. Vázquez 'Cachopo': Defensa. Xogou 1848 minutos. 8 goles. Desde o lateral ou do interior foi un puñal pola banda, sempre perigoso na área rival, foi o 4º na lista de goleadores do club.
· Rodrigo Fachal: Medio. Xogou 2827 minutos. 3 goles. Deu o salto de calidade que se espaba del e converteuse no auténtico líder do equipo, organizando e traballando sen descanso. Dispuxo de moitos minutos co primeiro equipo.
· Rafa Pérez: Medio. Xogou 2398 minutos. 3 goles. Foi o complemento de Fachal e foi importante para o xogo de toque dese medio do campo.
· David Fariña: Medio. Xogou 2312 minutos. 2 goles. Tanto no medio centro, como na defensa, David desenvolveu unha gran campaña no seu debut como xuvenil.
· Iván García 'Rubio': Medio. Xogou 2725 minutos. 20 goles. O goleador do equipo a pesar de xogar no medio ou no interior. Sempre decisivo, cando el estaba ben o equipo daba un salto de calidade. Xogou tamén moito co primeiro equipo.
· Lucas Espasandín: Medio. Xogou 2528 minutos. 7 goles. No seu primeiro ano como xuvenil Lucas fíxose dono do interior dereito, sempre chegando con perigo á área. Debutou cos maiores.
· Bieito Pose: Medio. Xogou 2977 minutos. 14 goles. Imprescindible para Nacho, xogou todos os partidos nesa mediapunta, ou falso dianteiro, na que demostrou a súa gran clase e visión de xogo.
· Alberto Silvariño: Medio. Xogou 662 minutos. 1 gol. Xogou case sempre de interior ou extremo, demostrando a súa velocidade.
· Valentín Fuentes: Dianteiro. Xogou 1260 minutos. 5 goles. Era a temporada da súa confirmación pero as lesións xogáronlle unha mala pasada. Non puido apenas xogar a segunda fase.
· Martín Paredes: Dianteiro. Xogou 1707 minutos. 12 goles. Moi irregular por motivos de traballo e estudos, que non lle deixaron adestrar e render como nel é habitual. Aínda así cumpriu de sobra.
· Christian Ordóñez: Dianteiro. Xogou 809 minutos. 6 goles. A estrela dos cadetes tivo que incorporarse ao final da segunda fase, e demostrou todo o fútbol que leva dentro.
· Os cadetes Santi Diaz e Anxo Rodríguez tamén dispuxeron de minutos (109 e 13) no tramo final do campionato.
· Adestrador: Nacho Barreiro. O pai deste equipo demostrou as súas capacidades facendo deste grupo de xogadores un auténtico equipo, un equipo campión, a pesar de non ser fácil ser profeta na súa terra.
· Delegado: Iván López 'Vilas'.  Siiiiiiiii!!!!

O trofeo concedido pola Xunta Directiva ao mellor xogador, baixo o consello e opinión do seu adestrador, foi para:
Fachal recibe o trofeo do vicepresidente 'Chino'
(Foto: Rebeca Facal)
RODRIGO FACHAL RIAL  

28 jun 2012

RESUMO DA TEMPORADA: CADETE

FE EN CHRISTIAN E NO SEU APÓSTOLO SANTI

Fenomenal temporada a do equipo CADETE do CD BAIO, dirixidos por Emilio, a pesar dos moitos atrancos que tiveron ao longo da campaña. Se xa partían cun plantel curto, as continuas lesións, algunhas delas de longa duración coma as de Xoel e Javi, supliron con esforzo todas as trabas que ían xurdindo e confiando no poder desequilibrante dos seus dous dianteiros, sacar adiante os partidos.
Contaban de inicio con só 13 xogadores, aos que houbo que engadir catro infantís que disputaron toda a competición cos cadetes (Estefan, Michi, Alberto e Senande); pero coas continuas baixas chegaron no "mercado invernal" Adrián e Diego, ademais do infantil Fran. Tivo que romper a cabeza Emilio para compoñer un equipo, e a fe que logrou compoñer un equipo competitivo e que disputaba un fútbol alegre e combinativo. 
É de destacar a temporada de Pablo e de Anxo, que disputaron case todos os minutos; o primeiro foi o xefe da defensa e incluso marcou 7 goles, o segundo demostrou a súa clase no centro do campo. Tamén destacou a fortaleza de Kevin, que foi de menos a máis; e dous infantís que disputaron moitos minutos e a gran nivel: Michi e Estefan. Ao redor deles grandes xogadores que cumpriron co encomendado polo seu adestrador, facendo ese labor de equipo tan importante. Na parte negativa, como dixemos, as lesións, sobre todo a fractura de brazo de Javi, e a dobre lesión no menisco de Xoel, o auténtico líder deste equipo, que a pesar de non poder xogar seguíu exercendo o seu papel desde fóra.
Capítulo aparte merecen as actuacións dos dous dianteiros: Christian e Santi. Se o primeiro chegaba á cifra de 50 goles, o segundo non quedou lonxe con 39 (e iso que ao final non xogaron moito por iren convocados cos xuvenís). Eles coa súa clase resolvían os problemas cando xurdían e facían marabillar ao público que acudía a ver estas máquinas de facer fútbol.
A clasificación final do equipo foi o sexto posto, que ao final puido saber a pouco, pois as baixas nos últimos partidos fixo que se perdesen puntos para estar máis arriba. Os 60 puntos conseguidos son produto de 19 vitorias e 3 empates, con 10 derrotas; puideron marcar 128 goles e recibiron 71.
 Aquí podedes ver o ránking de minutos xogados e os goleadores do equipo, e a clasificación final:

O plantel cadete estivo composto polos seguintes xogadores:

Porteiros: Álex Blanco e Alberto Fuentes.
Defensas: Xenxo Espasandín, Xoel García, Fran Gavín, Pablo Rodríguez, Diego Simal, Michi Suárez e Alfonso Villar.
Medios: Kevin Fandiño, Estefan González, Adrián Lema, Javi Lema, Cristian Pazos, Anxo Rodríguez, José A. Souto Senande.
Dianteiros: Santi Díaz, Christian Ordóñez, Pedro Pérez, Hío Rodríguez, e o infantil Éver López.
Adestrador: Emilio Corzón. Delegados: Kiko Lema e Chema Rey.

O trofeo outorgado pola Xunta Directiva ao mellor xogador, contando coa opinión do seu adestrador, foi para:
Christian co trofeo entregado por Emilio.
(Foto: Rebeca Facal)
CHRISTIAN ORDÓÑEZ GARCÍA

27 jun 2012

RESUMO DA TEMPORADA: INFANTIL

NA PROCURA DE TEMPOS MELLORES

 
Temporada complicada para o equipo INFANTIL do CD BAIO, que dirixiu un ano máis Diego. A escasez de xogadores cadetes fixo que moitos dos infantís de segundo ano tivesen que disputar a liga cadete, non participando da infantil, o que se deixou resentir neste equipo. Con case todos os xogadores de primeiro ano, e incluso botando man dos alevíns, a temporada fíxose longa. Moitos notaron o cambio do campo de fútbol-7 ao campo grande, custándolle adaptarse ás novas dimensións, sobre todo en terreos como o Platas Reinoso.

Diego utilizou durante a temporada a 21 xogadores de categoría infantil, e outros 9 de categoría alevín tamén dispuxeron de minutos. Ao final quedaron na 14ª posición dun total de 16 equipos, conseguindo evitar nos últimos partidos o farol vermello. Sumaron un total de 12 puntos, produto de tres vitorias e tres empates. Marcaron 43 goles e recibiron 175. O pichichi do equipo foi Sergio, con 14 tantos. 
O plantel estivo composto polos seguintes xogadores:

Porteiros: Julián Fuentes, Alberto Fuentes, Ayoub Eissiadi, e o alevín Manuel Cedrón [todos os porteiros xogaron tamén noutras posicións].

Defensas: Fran Caneda, Andrea Domínguez, Alejandra Facal, Fran Gavín, Manuel Queiro, Michi Suárez (1 partido), e os alevíns Víctor Facal e Eloy Pena.

Medios: José Antonio Figueiras, Santi Moreira, Javi Muíño, Álex Senande, José Antonio Souto, Sabela Ulloa, Anxo Vigueret, e os alevíns Carlos Claro e Manuel Mª Leal.

Dianteiros: Sergio Antelo, Noelia Fernández, Aarón García, Éver López, Eloy Silvariño, e os alevíns Ariel Bouzas e Miguel Fernández.

Adestrador: Diego Díaz. Delegado: Cristóbal Paredes.

Na seguinte táboa tendes os rapaces que xogaron máis minutos e os goleadores do equipo:
O trofeo que outorga a Xunta Directiva ao mellor xogador, elixido co consello do seu adestrador, foi para:
Diego fai entrega do trofeo a Andrea
(Foto: Rebeca Facal)
Andrea Domínguez Calviño

 
   

26 jun 2012

RESUMO DA TEMPADA: ALEVÍN-BENXAMÍN


Os máis pequenos tiveron este ano máis importancia que nunca no seo do C.D. BAIO, pois alevíns, benxamíns e incluso os prebenxamíns-biberóns, disputaron as ligas de fútbol sala e de fútbol 7 desde o mes de setembro ata ben entrado xuño. Dez meses de adestramentos e competición para os moitos rapaces que o pasaron ben adestrando e xogando, baixo as ordes de Emilio e Pastoriza, e coa axuda inestimable de Miguel, Marcos, Cristóbal e Diego. Aquí están as clasificacións (fútbol-sala e fútbol-7):

ALEVÍNS: Composto por un plantel de 17 xogadores, e dirixidos por Emilio, debutaron na Liga de fútbol-sala "Costa Bergantiñá" (o Baio era o único club presente ao lado das escolas deportivas municipais). A súa participación foi de menos a máis, e pagaron o mal comezo de liga non podendo remontar e saír do sexto e último posto final. Tan só marcaron 28 goles, dos cales Carlos marcou 13, mentres que Víctor e Miguel quedaron con 4, Manuel Mª e Ariel marcaron 2, e completaron con un Atenea, Borja e Pablo.
Mellor lle foron as cousas no Fútbol-7, pois xa tiñan os mecanismos adquiridos do ano anterior, e co paso das xornadas foron xogando mellor e gañando partidos, chegando ao final desexando que continuase a competición, pois era cando mellor estaban. Ao final quedaron na cuarta praza do Grupo Norte da Costa, non podendo chegar ao podio.

O plantel alevín estivo formado polos seguintes xogadores: Manuel Cedrón e David Conde (porteiros); Ariel Bouzas, Carlos Claro, Raúl Corzón, Víctor Facal, Miguel Fernández, Santiago Lozano, Eloy Pena, Pablo Queiro, Mencía Reborido, Borja Romero, Martín Romero, Atenea Senande, Antía Suárez e Daniel Torrado. O adestrador foi Emilio Corzón, axudado por Cristóbal Paredes, e o delegado Miguel Fernández.

O trofeo ao mellor xogador alevín outorgado pola directiva do CD BAIO, a partir da opinión do seu adestrador, foi esta temporada para:
Carlos Claro Varela

BENXAMÍNS: Formado por un plantel de 14 xogadores (4 deles prebenxamíns), e dirixidos por Pastoriza, participaron no outono-inverno na liga de fútbol-sala "Costa Bergantiñá", e fixérono con éxito, pois a piques estiveron de gañar a liga. Ao final quedaron en segunda posición a un só punto do campión Malpica (foi decisivo un gol malpicán nos últimos segundos no Baio-Malpica da antepenúltima xornada). Quizais a escasez de efectivos do comezo puido influír no resultado, pois fóronse sumando rapaces conforme discorría a temporada. Coa portería defendida explendidamente por Manuel, chegaron os 21 goles para conseguir importantes resultados. Os máximos goleadores no fútbol-sala foron Josiño e Samuel, con 6 goles, seguidos por Marcos con 4, Marina con 3, e Javi e Pose con 1.
Sufriron máis no Fútbol-7, pois a maioría nunca xogara e as dimensións do campo -sobre todo as do Platas Reinoso- facíanselle moi grandes e non se adaptaron a el. Con todo, cumpriron unha boa temporada e remataron na sexta posición do Grupo Norte da Costa.

Os benxamíns en fútbol-sala (Foto: Santi Soneira)
O plantel benxamín estivo formado polos seguintes xogadores: Manuel Rodríguez e Javier Santiago (porteiros); Miguel Claro, José Denís, Samuel Fuentes, Manuel Pose, Martín Quintáns, Marina Sendón, Marcos Villar; e os prebenxamíns Guillermo Eiroa, Bruno Fuentes, Pablo Gabín e Sergio Rodríguez. O adestrador foi José Pastoriza, coa axuda de Roi Fachal, e o delegado foi Marcos Fuentes.

O trofeo ao mellor xogador benxamín outorgado pola directiva do CD BAIO, a partir da opinión do seu adestrador, foi esta temporada para:
Marina Sendón Sousa

O adestrador tamén quixo destacar a Marcos Villar Rossi, por ser o xogador que acudiu a máis adestramentos ao longo da temporada (estivo en todos). Os pais dos xogadores tamén quixeron premiar a todos os benxamíns entregándolles unha medalla conmemorativa.

PREBENXAMÍNS-BIBERÓN: Aínda que non participaron en competición oficial pois o número de prebenxamíns non daba para facer un equipo, os desta idade e os da categoría Biberón estiveron adestrando e xogando algúns partidos amigables, tanto en fútbol-sala como en fútbol-7. Ademais dos prebenxamíns que participaron cos benxamíns, participaron os seguintes xogadores de categoría Biberón: Fabián Bouzas, Adrián Busto, David Díaz, Hugo Pastoriza, Yago Pazos, Daniel Rama, Yago Regueira e María Souto. O adestrador foi José Pastoriza, axudado por Roi Fachal.
Os máis pequenos en Malpica (Foto: Santi Díaz)
O adestrador quixo destacar na xornada final a Hugo Pastoriza Bargo, por ser o xogador que acudiu a máis adestramentos (estivo en todos).