C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

28 sept 2011

PARTIDOS PARA A 1ª FIN DE SEMANA DE OUTUBRO




LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA  - GRUPO 3º):
C. D. BAIO - S. C. D. MALPICA
Domingo 2 de outubro, 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Daniel Lens Ares.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º):
S. C. D. MALPICA - C. D. BAIO
Sábado 1 de outubro, 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:50 horas.
Campo: A Pedra Queimada (Malpica).
Árbitro: Luis Santiago Pérez Ponte.

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º):
C. D. BAIO - S. D. CORISTANCO
Sábado 1 de outubro, 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Bernardo Domínguez Manteiga.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º):
C. D. BAIO - E. F. C. DE CARNOTA
Domingo 2 de outubro, 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Jorge López Lesta.

26 sept 2011

GRAN PARTIDO E POUCO PROVEITO

Gran partido o disputado polo CD BAIO na tarde do sábado na Porta Santa de Paiosaco contra o Club do Mar, que non se tradiciu nun resultado positivo. Dominou o encontro boa parte do partido, tendo o control do balón sen deixar que os perigosos atacantes caioneses se aproximasen á portería de Pollo. No único despiste defensivo da primeira parte, un balón que lle chegou a Santi Silvar, o mellor dos locais, puxo un centro magnífico que rematou Bertín adiantándose á defensa visitante. A pesar da inxustiza do resultado non se veu abaixo o equipo baiés, e non tardou en chegar o empate por medio de Fermín, que rematou diante do porteiro local logo dunha serie de rexeites despois dunha falta lateral.
Fermín, dous goles e unha lesión
Antes de chegar o descanso unha gran xogada de Fermín, que arrancou desde o seu lateral esquerdo, e despois de facer a parede con Javi Suárez, batía por baixo ao porteiro local e poñía aos visitantes por diante. Non reaccionou o equipo caionés na segunda parte, incapaz de facerlle dano ao equipo baiés, que incluso puido ampliar a súa vantaxe se o árbitro sinalase un claro penalti cometido sobre Javi Suárez, e Matías non enviase fóra unha clara ocasión chegando polo lateral. A falta dun cuarto de hora o Club do Mar conseguía o empate nunha xogada a balón parado, rematando en segunda instancia un córner, xogada esta moi protestada polos visitantes pois parece que Pollo foi empuxado por un rival cando tiña o balón nas mans. A partir de aquí os locais colleron novos ánimos e os visitantes moi mermados polas lesións de Mario e Fermín, non aguantaron o vendaval caionés con goles de Repi e, xa na última xogada do partido, de Bertín, esta tamén protestada por un máis que posible fóra de xogo.
En definitiva, marchou o CD BAIO de baleiro da Porta Santa dun partido no que o colexiado tivo unha directa intervención no resultado. Non está facendo o fútbol xustiza co equipo baiés neste Tourmalet das seis primeiras xornadas, nas que se enfronta a todos os favoritos para estar arriba na liga.

Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Matías, Iván, José Antonio, Fermín (Pablo 76'), Eloy, Mario (Rubio 55'), Martín, Alberto (Canay 80'), Martín MC, Javi Suárez. 

Goles: 1-0 Bertín (20'), 1-1 Fermín (34'), 1-2 Fermín (44'), 2-2 Alberto (75'), 3-2 Repi (86'), 4-2 Bertín (92').

24 sept 2011

RESULTADOS DESTE SÁBADO 24

LIGA DA COSTA: CLUB DO MAR DE CAIÓN 4 - C. D. BAIO 2
                                                                     [Fermín (2)]
XUVENIL: C. D. BAIO 2 - PONTECESO S. D. 1
              [Valentín, Bieito]

CADETE: C. F. DUMBRÍA 5 - C. D. BAIO 1
                                               [Christian]

INFANTIL: S. D. ESTEIRANA 10 - C. D. BAIO 2
                                                  [Sergio, Anxo]
Outros resultados:

LIGA DA COSTA: Fisterra 4 - Corcubión 2; Esteirana 2 - Castriz 2; Sofan 2 - Buño 2; Malpica 4 - O Pindo 1; Dumbría B 4 - Nantón 2; Zas 1 - Mazaricos 1; Muros 2 - San Lorenzo 0; Corme 0 - Camariñas 3.

XUVENIL: Laxe 0 - Dumbría B 8; Corme 1 - Coristanco 1; Sp. Zas 1 - Malpica 4; Cabana 4 - Muxía 1.

CADETE: Muxía 2 - Cee 12; Fisterra 2 - Cabana 3; Sp. Zas 0 - Camariñas 11; Ponteceso 2 - Muros 1; Esteirana 1 - Soneira 2; Malpica 1 - Outes 1; Coristanco 0 - Santa Comba 7.

INFANTIL: Coristanco 3 - Os Miúdos 3; EM Vimianzo 0 - Santa Comba 7; Cabana 5 - Outes 2; Fisterra 3 - Muxía 1; Corme 7 - As Baleas 1; EF Carnota 2 - Cee 5.

22 sept 2011

PARTIDOS DA PRÓXIMA FIN DE SEMANA



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º):
CLUB DO MAR DE CAIÓN - C. D. BAIO
Sábado 24 de setembro, 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: A Porta Santa (Paiosaco)
Árbitro: Eloy Galán Lagüela.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º):
C. D. BAIO - PONTECESO S. D.
Sábado 24 de setembro, 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio)
Árbitro: Bernardo Domínguez Manteiga

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º):
C. F. DUMBRÍA - C. D. BAIO
Sábado 24 de setembro, 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: O Conco (Dumbría)
Árbitro: Rubén Baldomar Obelleiro.

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º):
S. D. ESTEIRANA - C. D. BAIO
Sábado 24 de setembro, 12:00 horas.
Saída de Baio ás 10:00 horas.
Campo: Xosé Luís Vara (Esteiro)

17 sept 2011

RESULTADOS C. D. BAIO

LIGA DA COSTA: C. D. BAIO 0 - CORME C. F. 3

XUVENIL: MUXÍA C. F. 3 - C. D. BAIO
                   [Rubio (2), Martín]

CADETE: C. D. BAIO 15 - PORTEÑO F. C.
                [Santi (4), Christian (4), Xoel (3), Estefan (2), Pablo, Pedro]

INFANTIL: C. D. BAIO 1 - S. D. CORISTANCO 1  
                    [Sergio]
* * *
Outros resultados:

LIGA DA COSTA: Corcubión 1 - Malpica 3; O Pindo 0 - Club do Mar 4; Camariñas 3 - Sofán 0; Nantón 3 - Esteirana 2; San Lorenzo 2 - Zas 2; Buño 3 - Muros 3; Mazaricos 0 - Dumbría B 0; Castriz 1 - Fisterra 1.

XUVENIL: Dumbría B 6 - Camariñas 0; Malpica 7 - Corme 0; Coristanco 3 - Laxe 2; Ponteceso 1 - Zas 6.

CADETE: Cabana 3 - Esteirana 4; Outes 10 - Muxía 1; Santa Comba 1 - Dumbría 2; Cee 4 - Ponteceso 2; Muros 4 - Fisterra 0; Soneira 3 - Coristanco 0; Camariñas 1 - Malpica 2.

INFANTIL: Dumbría 5 - EFM Carnota 1; Cee 5 - Esteirana 2; Os Miúdos 2 - Fisterra 3; Outes 7 - Ponteceso 4; Santa Comba 2 - Cabana 3; As Baleas 4 - Zas 3; Muxía - EMF Vimianzo (día 20); Corme (descansou por retirada do Porteño).

16 sept 2011

PARTIDOS PARA ESTA FIN DE SEMANA



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º):
C. D. BAIO - CORME C. F.
Domingo 18 de setembro, 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º):
MUXÍA C. F. - C. D. BAIO
Sábado 17 de setembro, 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: A Arliña (Muxía)

CADETE (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º):
C. D. BAIO - PORTEÑO F. C.
Sábado 17 de setembro, 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

INFANTIL (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º):
C. D. BAIO - S. D. CORISTANCO
Domingo 18 de setembro, 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).

11 sept 2011

OS TRES PRIMEIROS PUNTOS

S. D. SOFÁN 1 - C. D. BAIO 2

Matías logrou o primeiro
Partido competido no Carral entre dous equipos aos que lle gusta o fútbol combinativo. Comezou mellor o Baio o encontro, con ocasións de Canay e Eloy, mais un erro defensivo custoulle o gol na primeira chegada do Sofán cun tiro de fóra da área do lateral Diego que non puido atrapar Pollo. A partir de aquí o equipo local veuse arriba, todo o contrario que o Baio, que se mostrou bastante nervioso na parcela defensiva. Nestes minutos puido incrementar o Sofán o marcador con dúas claras ocasións que milagrosamente se foron fóra dos tres paus. Cando peor o estaba pasando o Baio chegou o gol do empate nun lanzamento durísimo de falta botada por Matías que ímpactaba no poste, logo no porteiro Richard e remataba no fondo da rede.


Na segunda parte parece que o Baio lle volvía a coller o rítmo do partido, e aos poucos minutos chegou a xogada que resultou clave no desenvolvemento do encontro. David Pensado facíalle unha falta por detrás a Eloy co que viu a súa segunda tarxeta amarela e consecuente expulsión. A partir de aquí o Baio foi amo e señor do encontro, perdoando varias ocasións de gol, por parte de Javi Suárez, Alberto ou Martín, ata que a cinco minutos para o final unha internada na área de MC foi cortada en falta por Diego, sinalando o colexiado o penalti, perdoándolle a expulsión ao lateral sofanista (nin sequera lle ensinou o cartón amarelo, que era o segundo). Transformou o penalti Alberto e aí rematou o partido, pois os desesperados intentos finais do equipo local, morrían na ben colocada defensa baiesa.
Non errou Alberto o penalti

En definitiva, os tres primeiros puntos desta liga, que polos marcadores rexistrados, parece que vai ser moi igualada, pois calquera lle pode gañar a calquera. Destacar o debut de Javi Suárez, que a pesar de non marcar, fixo un gran partido loitando contra a experimentada zaga sofanista.

Pola SD SOFÁN xogaron: Richard, Adrián García, Juan Rabuñal, Juanjo, Diego (Jacobo Boedo 89'), Alberto Pensado (Berti 54'), Alemán, Suso Docampo, Iván Rey, David Pensado, Abel (Edu Miranda 86').

Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Matías, Mario, Iván, José Antonio (Andrés 37'), Eloy, Martín, MC, Alberto (Rubio 87'), Canay, Javi Suárez.

Goles: 1-0 Diego (25'), 1-1 Matías (42'), 1-2 Alberto (p., 85').

* * *
Outros resultados:
Club do Mar 3 - Corcubión 0; Fisterra 0 - Nantón 1; Camariñas 1 - Buño 2; Malpica 1 - Castriz 3; Dumbría B 5 - San Lorenzo 3; Sp. Zas 1 - Muros 3; Esteirana 2 - Mazaricos 1; Corme - O Pindo (susp.).

EMPATE DO EQUIPO XUVENIL NO SEU DEBUT

CD BAIO 3 - CABANA SD 3

Gran primeira parte dos baieses na que se adiantaron aos poucos minutos e na que perdoaron múltiples ocasións, e aínda así conseguiron unha cómoda renda de dous goles. Pero o descanso parece que foi malo para eles, pois nos primeiros primeiros minutos da reanudación conseguía empatar o Cabana, e aínda pasada a hora de xogo poñíase por diante o equipo visitante cun fermoso gol de libre directo. Os nervios apoderáronse dos locais e non foi ata o tempo de desconto que conseguiron a igualada.

Xogaron polo CD BAIO: Pollo, Maikel, Manuel, Pablo, Cachopo (Yago 46'), Fachal, Rubio, Rafa, Lucas (David 62'), Valentín (Vereda 65'), Bieito.

Goles: 1-0 Valentín (8'), 2-0 Lucas (41'), 2-1 Diego (47'), 2-2 Diego (49'), 2-3 Rubén (61'), 3-3 Yago (93').
* * *
Outros resultados:

Liga da Costa: Club do Mar 3 - Corcubión 0; Fisterra 0 - Nantón 1; Camariñas 1 - Buño 2.

9 sept 2011

JAVI SUÁREZ FICHA POLO CD BAIO


Javier Suárez Amado, "Javi Suárez", formalizou por fin a súa ficha polo CD BAIO para a presente temporada. O xogador, natural de Vilar-Zas, ten 22 anos e procede do Sporting Zas, no que xogou a pasada campaña. Javi Suárez fixo toda a pretemporada co club baiés pero problemas contratuais fixeron que non conseguise asinar ata agora co CD BAIO. A este respecto a directiva do CD BAIO quere facer pública a seguinte nota:

NOTA DA XUNTA DIRECTIVA DO C. D. BAIO

A xunta directiva do C. D. Baio anuncia que no día de onte se fixo oficial a fichaxe de Javier Suárez Amado, "Javi Suárez", por este equipo, procedente do Sporting Zas. Este xogador, como así foi o seu desexo, fixo toda a pretemporada co noso equipo, a pesar de que non conseguía a liberdade do seu club de procedencia, inmerso nunhas eleccións para obter nova directiva. Foi por este motivo polo que se demorou a súa fichaxe. Unha vez aclarada a situación entre esta directiva e a nova directiva do Sp. Zas chegouse agora a bo fin. A xunta directiva do CD BAIO quere, por se nalgún momento se produciu algún malentendido, pedir desculpas á xunta directiva e aos socios do Sporting Zas. Ademais, quere agradecerlle ao xogador, Javi Suárez, o seu respecto á palabra dada con este club, a pesar destes problemas xurdidos e da interferencia doutros clubs.  

DEBUT DO EQUIPO XUVENIL DO CD BAIO


O sábado 10 de setembro debutará o equipo xuvenil do CD BAIO na Liga da Costa (Grupo 4º) na segunda xornada desta competición (na primeira tocoulle descansar). Farao no Platas Reinoso ás 17 horas fronte á SD CABANA, equipo que na primeira xornada se impuxo ao Sp. Zas por 3-2 e que conta con bos xogadores procedentes do equipo cadete que o ano pasado xogou a fase de ascenso á Liga Galega.

Contará Nacho para esta temporada cun plantel de 20 xogadores, polo que terá que facer algún descarte cada xornada. Para este partido conta coas baixas seguras de Eloy, Alberto e Martín.

C. D. BAIO - CABANA S. D.
Sábado 10 de setembro, 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
 

O DOMINGO 11 TODOS AO CARRAL


Segunda xornada na Liga da Costa e primeiro desprazamento do CD BAIO. Neste caso a Sofán, para enfrontarse no campo do Carral á SD SOFÁN, un dos conxuntos que mellor fútbol fixo nas últimas campañas. Para esta que agora comeza cambiou de adestrador, e o carismático David Baña deixou paso ao binomio Vicente García - Miniño. No aspecto deportivo chegaron ao cadro sofanista os seguintes xogadores: o porteiro Richard (Paiosaco), os defensas David Velo (Ponteceso) e Iván Rey (San Lorenzo), os centrocampistas Eloy Boedo (At. Arteixo) e Víctor Docampo (sen xogar), e os dianteiros Abel (At. Arteixo) e Berti (Buño); que suplen as baixas habidas, sobre todo as do porteiro Álex (Laracha) e o dianteiro Bertín (Club do Mar).
Intentará contar Tono con todo o plantel dispoñible, mais ten varias dúbidas en forma de molestias ou lesións, como son as de Fermín, Fredi ou Martín. O partido disputarase no horario habitual das 17 horas.


S. D. SOFÁN - C. D. BAIO
Domingo 11 de setembro, 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: O Carral (Sofán).


4 sept 2011

COMA SEMPRE... DERROTA NAS FESTAS

BAIO 1 - CAMARIÑAS 3

Partido igualado e de poucas ocasións o que se disputou este domingo no Platas Reinoso. O encontro comezou cun forte ritmo, que se viu freado cando o Camariñas logrou o primeiro gol nun erro defensivo baiés. Non houbo moitas máis ocasións na primeira parte, salvo algún que outro lanzamento lonxano.
Na segunda o Baio apretou na busca da igualada, pero nunha xogada afortunada Leo conseguía o segundo dos camariñáns, tras rebotar nun defensa e descolocar ao porteiro Pollo. Logo duns minutos de desconcerto, o Baio intentou ir polo partido, e conseguiu meterse nel logo dun penalty sinalado polo colexiado tras mans de Carlos, que convertía Alberto. Tivo varias ocasións para obter o empate, pero non estaban atinados o xogadores locais. Co partido case rematado, Leo conseguía o gol da tarde cun lanzamento de falta pola escuadra desde corenta metros.

Polo CD BAIO xogaron: Pollo, Matías, Iván, José Antonio, Fermín (Valentín 87'), Mario, Eloy, Martín, Alberto, Martín MC, Canay.

Polo CAMARIÑAS: Pombo, Pesqui, Breo, Carlos, Maikel, Moriño, De la Sierra, David (Alberto 81'), Javier (Dani 70'), Juan O Vello (Yuyu 89'), Leo.

Goles: 0-1 De la Sierra (7'), 0-2 Leo (49), 1-2 Alberto (p., 65'), 1-3 Leo (88').

* * *

Outros resultados da xornada: O Pindo 0 - Sofán 2; Corcubión 1 - Corme 1; Mazaricos 0 - Fisterra 1; San Lorenzo 0 - Esteirana 3; Muros 1 - Dumbría B 2; Buño 1 - Sp.Zas 3; Nantín 1 - Malpica 6; Castriz - Club do Mar 4.