C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

27 mar 2013

TORNEOS DE SEMANA SANTA

TORNEO FÚTBOL-8 DO AT. ARTEIXO 
CATEGORÍA INFANTIL

O xoves 28 de marzo o equipo INFANTIL do C. D. BAIO vai participar no Torneo de Fútbol-8 que organiza o At. Arteixo no seu campo da Ponte dos Brozos. O equipo que dirixe Pastoriza quedou encadrado no Grupo A, xunto co At. Arteixo A, Laracha e Cultural Leonesa, que é unha das atraccións deste campionato. Os horarios dos partidos do CD BAIO son os seguintes:


10:00 horas: AT. ARTEIXO A - CD BAIO
12:00 horas: CD BAIO - LARACHA CF
16:00 horas: CD BAIO - CULTURAL LEONESA




TORNEO FÚTBOL-8 DA S. C. R. D. DORNEDA
CATEGORÍAS ALEVÍN, BENXAMÍN, PRE-BENXAMÍN

Do xoves 28 ao sábado 30 disputarán os máis pequenos o Torneo de Fútbol-8 que organiza a S. C. R. D. Dorneda, no campo Eugenio Pardo Conchado (máis coñecido coma O Condús) de Oleiros. O xoves será a vez dos alevíns, que están encadrados no Grupo D, xunto con Raio Sadense, Galicia de Caranza e Ordes. O venres xogarán os benxamíns, que están tamén no Grupo D, xunto con Raio Sadense, Olímpico de Rutis e Ordes. Quedan para o sábado os pre-benxamíns, que terán no Grupo C os seguintes rivais: Miño, Imperátor e Laracha. O calendario e horario das distintas categorías é o seguinte:

ALEVÍN - Xoves 28 de marzo


10:30 horas:  SD ORDES - CD BAIO
12:30 horas:  GALICIA DE CARANZA - CD BAIO
14:30 horas:  RAIO SADENSE - CD BAIO





BENXAMÍN - Venres 29 de marzo


10:30 horas:  OLÍMPICO DE RUTIS - CD BAIO
12:30 horas:  SD ORDES - CD BAIO
14:30 horas:  RAIO SADENSE - CD BAIO





PRE-BENXAMÍN - Sábado 30 de marzo


10:00 horas:  LARACHA CF - CD BAIO
12:00 horas:  AD MIÑO - CD BAIO
14:00 horas:  IMPERÁTOR OAR - CD BAIO


GOLEADORES E CLASIFICACIÓNS

Aquí están as táboas de goleadores do CD BAIO e da Liga da Costa. Na primeira poucos cambios, só subliñar que en xuvenís Christian superou a Santi Díaz unha vez rematada a primeira fase da Copa. Na clasificación de goleadores costeiros esta semana non marcou ningún dos tres primeiros, e o sofanista Abel xa alcanzou a Juan Chans.

Nas clasificacións das categorías de base, esta semana non traemos as de fútbol-8, pois con motivo da semana santa moitos partidos foron aprazados e variados de día. En canto aos xuvenís esta que figura no cadro é a definitiva unha vez rematada a primeira fase da Copa da Costa. Agora empezan os oitavos de final, xa mediante eliminatorias a dobre volta.

26 mar 2013

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA

CABANA S. D. 0 - C. D. BAIO 1

Partido disputado no estraño horario das 12:30 horas do domingo, no que se enfrontaban dous equipos con obxectivos claramente distintos. Un Cabana que busca saír dos postos perigosos, ante posibles arrastres de descensos desde a Primeira Rexional, e un Baio que pelexa polos postos altos e que quería volver á senda dos triunfos logo do revés sufrido a pasada semana fronte ao Buño. Boa entrada nas Redondas a pesar da hora, con moitos afeccionados desprazados desde Baio, nun día de orballo continuo.
Principiou o Baio disposto a ir polo partido e del foron todas as ocasións claras de perigo que houbo no encontro. O Cabana, ben plantado atrás, tentaba controlar as acometidas do ataque baiés, e só a boa intervención do seu meta Añón impediu que se visen máis goles nas Redondas. A primeira clara ocasión veu dun contraataque levado por Martín pola banda dereita, o seu centro cara Martín MC é desviado por un defensa e o balón quédalle franco a Rubio que, só no punto de penalti, non é quen de bater a Añón. Minutos despois unha boa xogada de Martín MC acaba cun perigoso centro ao que non chega por pouco Rubio. Tivo outra clara ocasión Alberto, quen tamén desde a frontal da área, remata colocado pero detén novamente Añón. Eran bastantes as aproximacións baiesas, pero non chegaba o gol. Intentábano tamén Martín e Martín MC con lanzamentos desde fóra da área, pero non se movía o marcador. O perigo do Cabana só viña a través de saques de banda que buscaban ao ex-xogador baiés Iván, pero a defensa estivo sempre expeditiva e conxuraba os intentos locais.
A segunda parte principiou cun xogo algo máis embarullado, Félix modificou a posición dalgúns xogadores, pero non se conseguía crear situacións realmente perigosas. A entrada de Christian deulle máis posibilidades atacantes ao Baio, e comezaron a chegar as ocasións. Entre as máis claras un disparo de Alberto desde o chan que bateu no poste e unha internada de Martín MC desde a dereita pero o seu lanzamento fóiselle desviado. O Cabana, dando por bo o empate, só colgaba balóns a área baiesa cando dispoñía dalgún balón parado, pero sen que Anxo tivese que facer ningunha intervención de mérito. A pouco para o final chegou a mellor ocasión do Baio, do partido e quizais da temporada, cando unha internada de Martín MC pola banda esquerda remata cun centro para que Jorge só teña que empurrala a portería baleira, pero incriblemente o balón pasa por debaixo da bota do dianteiro baiés sen rematar. Parecía que non era o día e que a sorte estaba en contra, pero xa no tempo de desconto, un balón en longo non é despexado fóra da área por Añón, no seu único erro en todo o encontro, e Jorge que seguía a xogada consegue meter o balón na porta cabanesa e darlle os merecidos tres puntos ao Baio.
Con esta vitoria mantense o Baio empatado co Cee e estréitanse máis as cousas polo empate do líder Esteirana no campo do Buño. A vindeira xornada visita o Platas Reinoso outro equipo que non quere verse metido en problemas ao final da liga, o Volantes de Baño. 

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Antonio, Fredi, Mario, Eloy Lema, Norberto (Fachal 81'), Eloy Vilas (Christian 58'), Rubio (Jorge 69'), Alberto (Ramón 89'), Martín MC, Martín.

Gol: 0-1 Jorge (89'). 

21 mar 2013

PARTIDOS DE VENRES A MARTES


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
CABANA S. D. - C. D. BAIO
Domingo 24 de marzo; 12:30 horas.
Saída de Baio ás 11:00 horas.
Campo: As Redondas (Neaño).
Árbitro: Antonio Fuentes Seoane.

XUVENIL (COPA DA COSTA - GRUPO 1º)
C. D. BAIO - CAMARIÑAS F. C.
Sábado 23 de marzo; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Marco Gil Soriano.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. C. R. D. ESTEIRANA
Sábado 23 de marzo; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan Carlos Ramos López.

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
AS BALEAS F. S. - C. D. BAIO
Domingo 24 de marzo; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: Irmás Patiño (Camariñas).
Árbitro: Manuel Casanova Vázquez.

ALEVÍN/PRE-BENXAMÍN (F. S.- COSTA BERGANTIÑÁ)
CONCELLO DE MALPICA - C. D. BAIO
Venres 22 de marzo; 18:00 horas.
Saída de Baio ás 17:15 horas.
Pavillón de Deportes de Malpica de Bergantiños.

ALEVÍN/BENXAMÍN/PRE-BENXAMÍN (F. S. - COSTA BERGANTIÑÁ)
CONCELLO DE PONTECESO - C. D. BAIO
Sábado 23 de marzo; 10:00 horas.
Saída de Baio ás 09:15 horas.
Pavillón de Deportes de Ponteceso.

PRE-BENXAMÍN (FÚTBOL 8 - LIGA DA COSTA)
XALLAS DE SANTA COMBA C. F. - C. D. BAIO
Martes 26 de marzo; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 16:00 horas.
Campo: San Pedro (Castriz).
Árbitro: Miguel Ángel Piñeiro Rial.

19 mar 2013

PRE-BENXAMÍN I DO CD BAIO

Sergio, Bruno, Fabián, Yago P., María, Yago R.; Pablo, David, Adrián, Inés, Brais, Hugo
HABEMUS PRE-BENXAMÍNS na Liga da Costa e no CD BAIO. Este domingo os rapaces de papa-Fredi debutaron en Fútbol-8 fronte ao Fisterra e Santi Díaz estivo alí, no Platas Reinoso, para traernos esta reportaxe fotográfica:
























OS INFANTÍS (POR SANTI DÍAZ)

Achegouse un dos nosos fotógrafos de cabeceira na mañá do domingo ao Platas Reinoso, para dar testemuña gráfica do que aconteceu no partido de categoría infantil entre o Baio e o Coristanco. Esta é a selección de fotos de Santi Díaz:
Impresionante parada do penalti por Julián

Cacicada!!!
Beckenbauer!!!


40 goles leva Anxo


Anxo "Moto GP"
Golazo de tacón de Eloy Suárez...
..."o Tigre da Hermida"


Vale, Radamel, vale
Tembla, Anxo, que está en racha


Que estilo!!!
Fila india


ALEX - LAXE
Dani, da canteira de Anos


Equilibrio
MVP


 José Figueiras "Karate Kid"
Cedrón "o home tranquilo"


Queirooooo