C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

26 abr 2013

PARTIDOS DESTA SEMANA


LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
U. D. CARNOTA - C. D. BAIO
Domingo 28 de abril; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:00 horas.
Campo: Lombáns (Carnota).
Árbitro: Jacobo Gesto Lago.

COPA DA COSTA (DEZASEISAVOS DE FINAL)
C. D. BAIO - S. D. CABANA
Mércores 1 de maio; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Pedro Patiño García.

XUVENIL (COPA DA COSTA - 1/4 VOLTA)
C. D. BAIO - S. D. CABANA
Sábado 27 de abril; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Daniel Rama Rama.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - S. D. CORISTANCO
Sábado 27 de abril; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Daniel Fraga Viñuelas.

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO DESCANSA

ALEVÍN/BENXAMÍN (FÚTBOL-8 COSTA NORTE)
C. D. BAIO DESCANSA

PRE-BENXAMÍN (FÚTBOL-8 LIGA DA COSTA)
C. D. BAIO - OUTES F. C.
Domingo 28 de abril; 12:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Rubén Rivas Rodríguez.

25 abr 2013

GOLEADORES E CLASIFICACIÓNS

Aquí están as táboas de goleadores actualizadas, tanto as das catro primeiras categorías do CD BAIO como da Liga da Costa. Poucos cambios nelas, pois poucos foron os goles que marcaron nas distintas categorías baiesas, tan só destacar os goles dos "veteranos" Martín e Alberto no equipo de afeccionados. Na clasificación da Liga da Costa, o cormelán Juan Chans achégase un pasiño máis á cabeza, e deixa a táboa emocionante para estas tres últimas xornadas.

No tocante ás clasificacións, diremos primeiro que os xuvenís xogaron un bo partido de ida nos cuartos de final da Copa, e o marcador final non fai xustiza ao visto no campo. Os cadetes volveron de Muros cunha moi preocupante goleada, mentres que os infantís foron sorprendidos polos Miúdos no seu campo, sen que anotasen un só gol a pesar das moitas oportunidades das que dispuxeron. Os alevíns gañaron o seu primeiro partido, mentes que benxamíns e pre-benxamíns deixárono todo no campo, pero non conseguiron colleitar ningún punto.

22 abr 2013

UN PASO MÁIS NO CAMIÑO

C. D. BAIO 2 - OUTES F. C. 0

Foise cubrindo o ceo na tarde do domingo e o sol deixou paso a un incómodo vento que non impediu que un bo número de persoas se achegasen ao Platas Reinoso para presenciar un novo partido da Liga da Costa. Visitaba o Outes o Platas Reinoso despois de 19 anos (a última vez que o fixo o Baio ascendeu á 1ª Rexional), e fíxoo deixando a boa imaxe que xa ofrecera no encontro de ida, coa condición dun equipo ben traballado e que practica un bonito fútbol, polo que ao noso entender a súa clasificación non está acorde cos seus méritos futbolísticos. O Baio, na súa liña de toque e combinacións, con máis paciencia que outras tardes, despregou un bo fútbol, o que converteu o partido de onte nun bo espectáculo que deixou satisfeitos aos espectadores que se achegaron ao terreo baiés.
Empezou o partido co Baio moi enchufado, e na primeira xogada xa estivo Alberto de aproveitar un erro dun defensa rival, pero este reaccionou a tempo para impedir que se inaugurase o marcador. A pesar do xogo combinativo dos dous conxuntos non se viron moitas ocasións neste primeiro tempo, a pesar dos intentos baieses de achegarse con perigo á meta rival, pero o Outes moi ben pertrechado non deixaba ocos atrás. Intentárono Martín MC, Alberto e Martín pero non tivo problemas o meta da Serra en conxurar o perigo, polo que se chegou ao descanso co empate inicial.
Como na 1ª volta, Martín volveulle marcar ao Outes
Puxo unha marcha máis o Baio no segundo tempo na busca do gol da vitoria, abrindo moito o campo a través de Martín MC e Eloy Vilas, pero os remates non eran francos. A primeira grande oportunidade veu dun violento remate de Mario desde fóra da área que era rexeitado polo porteiro e Martín MC non conseguía aproveitar o balón morto pola boa intervención do porteiro na segunda acción. O Outes, ao que quizais se lle notou falta de contundencia nos metros finais, tivo a súa oportunidade nun córner, que tras ser peinado no primeiro pau, a intervención prodixiosa de José Antonio impedíu o remate a pracer da dianteira outiense. A entrada de Christian deulle máis mordente ofensiva ao Baio, e encerraba ao Outes no seu campo, ata que se abriu a lata grazas a unha combinación entre Martín MC con Martín, que tras driblar ao seu rival lanzaba un forte disparo desde fóra da área ao que non podía facer nada o porteiro Gato. Non tivo resposta o Outes para este gol, e o Baio cerrou o partido cunha combinación entre Martín MC con Christian, que mete moi ben entre liñas para a chegada de Alberto que remata colocando o balón xunta o poste da portería visitante e sentenciaba o encontro. A pesar de que Martín MC tivo dúas novas oportunidades o marcador non se moveu e a vitoria quedaba na casa.
Con este triunfo continúa o Baio na segunda praza, con tres de vantaxe sobre o Cee, e a dous puntos do líder, a Esteirana, que onte empataba no seu campo co Castriz. A vindeira semana hai que visitar o campo de Lombáns, no que espera un sempre combativo Carnota.

Polo CD BAIO xogaron: Anxo, José Antonio (Ramón 76'), Chema, Mario, Pablo (Eloy Lema 45'), Norberto, Martín, Eloy Vilas (Jorge 73'), Rubio (Christian 64'), Alberto, Martín MC.

Goles: 1-0 Martín (74'), 2-0 Alberto (80').


18 abr 2013

PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA



LIGA DA COSTA (2ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - OUTES F. C.
Domingo 21 de abril; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Miguel Antonio González Rey.

XUVENIL (COPA DA COSTA - 1/4 IDA)
S. D. CABANA - C. D. BAIO
Sábado 20 de abril; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: As Redondas (Neaño).
Árbitro: Daniel Lens Ares.

CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
MUROS S. D. - C. D. BAIO
Sábado 20 de abril; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 08:30 horas.
Campo: Miraflores (Muros).

INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
C. D. BAIO - E. D. OS MIÚDOS
Domingo 21 de abril; 10:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Julián Carlos Brea Sánchez.

ALEVÍN/BENXAMÍN (FÚTBOL-8 COSTA NORTE)
C. D. BAIO - MUXÍA C. F.
Sábado 20 de abril; 18:00 e 19:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Luis M. Insua Lago.

PRE-BENXAMÍN (FÚTBOL-8 LIGA DA COSTA)
C. F. DUMBRÍA - C. D. BAIO
Venres 19 de abril; 18:30 horas.
Saída de Baio ás 17:15 horas.
Campo: O Conco (Dumbría).
Árbitro: Adonay Pérez Espallardó.

16 abr 2013

CADETES E PRE-BENXAMÍNS (POR S.D.)

Santi Díaz pasou a mañá do sábado no Platas Reinoso coa súa cámara de fotos e deixounos unha serie de imaxes dos dous partidos de categoría CADETE e PRE-BENXAMÍN que enfrontaron ao CD BAIO e UC CEE.
CADETES























 PRE-BENXAMÍNS

























BIBERÓN

 

GOLEADORES E CLASIFICACIÓNS

Xa están aquí as táboas de goleadores das distintas categorías do CD BAIO e da Liga da Costa. Cando parecía que a loita polo pichichi costeiro era cousa de dous, esta semana o cormelán Juan Chans anotaba nada menos que seis goles, para postularse ao título de máximo goleador. Tamén o esteirán Kike marcaba dous tantos, polo que se achega perigosamente ao líder Martín MC.


En canto ás categorías de base do CD BAIO, esta semana disputouse o partido de volta da Copa da Costa Xuvenil, na que os baieses tiveron que recorrer á prórroga para derrotar ao Corme, que fixo un excelente encontro no Platas Reinoso. Os cadetes caeron derrotados ante un dos grandes da competición, aínda que foron gañando ata ben entrado o segundo tempo; mentres que os infantís tiveron que remontar no último minuto para levar a vitoria de Corme. Os alevíns e benxamíns non tiveron opcións de vitoria no seu desprazamento a Carballo fronte ao Sofán, mentres que os pre-benxamíns conseguían a súa primeira vitoria ante o Cee por 6-3 (resultado real) ou 5-4 (resultado oficial). En breve podes ver aquí as fotos do partido dos cadetes e dos pre-benxamíns.

O CASTRIZ-BAIO POR SANTI DÍAZ

Aquí vos van unha cantas instantáneas do que se puido ver no campo de San Pedro o pasado domingo no partido que enfrontou a SD CASTRIZ e CD BAIO da man de Santi Díaz:



























MTV (Monte Torán Visión)