DEIXARÁN O CLUB DESPOIS DE TRES TEMPORADAS
A xunta directiva do C.D. Baio informa que o adestrador Félix García Raposo e o preparador físico Efrén Rodríguez Gallego non seguirán a próxima temporada no noso club.
Consideran ambas as partes que despois de tres temporadas se cumpre un ciclo no que o club tivo unha enorme progresión a nivel deportivo, co ascenso desde a 2ª Autonómica á 1ª, e logo dúas magníficas campañas nesta categoría.
Desde a xunta directiva queremos agradecer o traballo que fixeron durante estas tres temporadas tanto Félix coma Efrén, nas que conseguiron superar con creces todas as expectativas. Chegaron precipitadamente coa temporada 2012-13 a piques de empezar, e non só cumpriron o obxectivo marcado desde a directiva de non pasar apuros na liga, senón que o C.D. Baio se proclamou subcampión e ascendeu de categoría tras unha emocionante promoción.
Dúas temporadas na 1ª Autonómica nas que seguiron asombrando pola súa aposta polo fútbol combinativo e as oportunidades á xente nova e comprometida. Este foi outro dos seus éxitos, lograr o compromiso coa súa filosofia, tanto de xogadores como de directivos, e incluso da propia afección.
O sexto posto da temporada 2013-14 viuse superado na presente campaña cunha cuarta posición, e loitando ata o final por alcanzar o podio da competición e mesmo chegar a disputar o ascenso á Preferente.
Os números que conseguiron neste club non deixan lugar ás dúbidas: Con eles disputáronse 106 partidos de liga, con 56 vitorias, 21 empates e 29 derrotas; marcáronse 182 goles e encaixáronse 131. Á parte outros partidos da Copa da Costa, Copa Deputación, amigables, e adestramentos, innumerables adestamentos aos que acudían en masa todos os xogadores.
Non nos queda máis que demostrarlles o noso agradecemento por canto aprendemos con eles e desexarlles toda a sorte do mundo na súa carreira, que a bo seguro vai ser exitosa. Aproveitaremos estes partidos da Copa da Costa para disfrutar con eles ao noso lado. GRAZAS POR TODO!!!
Desde o CD Baio mirando o futuro... |