C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

9 nov 2011

DERROTA EN MUROS

MUROS S. D. 2 - C. D. BAIO 0

Partido disputado na tarde do domingo en Miraflores que acabou coa vitoria local por dous tantos a cero, a pesar da superioridade no xogo e nas ocasións do equipo baiés. Como xa tantas veces esta temporada non lle vale aos baieses ter a posesión do balón se non concreta as moitas ocasións que crea. En cambio, necesita moi pouco o equipo rival para levar o partido.
Mario foi o motor do
Baio en Miraflores
Nos primeiros quince minutos de encontro, xa dispuxo o Baio de tres claras ocasións de gol, mediante dous lanzamentos de falta de Matías e un disparo de Rubio dende trinta metros que sacou Lupi da escuadra cando xa se cantaba o gol. O primeiro disparo dos muradáns foi o seu primeiro gol, un fenomenal lanzamento de falta de Mayuyo que se coaba pola escuadra de Manuel. Apenas cinco minutos despois Sexo aproveitaba unha diagonal para poñer o segundo gol nun remate de cabeza só diante do porteiro baiés. A persar destes minutos de desconcerto, o Baio tratou de virse arriba, e antes do descanso puido recortar Fermín nun cabezazo que petou no traveseiro.
Tras o descanso intentou o equipo visitante meterse no partido, mentres o Muros se agazapou atrás buscando as contras de Yanki e Sexo, mais non crearon moito perigo; tan só salientar un tiro ao pau logo dun lanzamento de córner. Si dispuxo o Baio de varias ocasións por medio de Canay, Mario, Alberto ou Javi Suárez, pero parecía que o balón non quería entrar na portería muradana.
Agora só queda levantar o ánimo despois desta sucesión de dúas derrotas e confiar que nas próximas xornadas o equipo suba na clasificación ata onde o seu xogo o merece.

Polo CD BAIO xogaron: Manuel, Matías, Iván (Valentín 76'), Fredi, Fermín, Eloy, Mario, Rubio (Pirucho 60'), Alberto, Canay, Javi Suárez.

Goles: 1-0 Mayuyo (25'), 2-0 Sexo (30').

No hay comentarios:

Publicar un comentario