PRIMEIRA AUTONÓMICA (GRUPO 2º)
C. F. NOIA - C. D. BAIO
Domingo 26 de xaneiro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: San Lázaro (Noia).
Árbitro: Miguel Ángel Vilas Lorenzo.
Asistentes: Anxo Botana Rey / Javier Garaboa Fernández.
HISTORIAL: PX: 27 / PG: 10 / PE: 02 / PP: 15 / GF: 28 / GC: 70
A piques de facerse os 39 anos que o Noia xogou un partido amigable contra o Baio para recadar fondos para as maltreitas arcas baiesas, volve o Decano da Costa á vila noiesa a xogar un partido de fútbol. Daquela fixérao no antigo campo de San Alberto e agora faino nas instalacións de San Lázaro, no que xoga o equipo líder da competición e máximo favorito ao título. Só dúas derrotas colleitou o equipo local no que vai de liga, unha delas no partido de ida, no que quizais os baieses tiveron a sorte que lles faltou noutros encontros. Esta é a 14ª temporada na que coinciden estes dous clubs competindo, a última delas foi na temporada 2005-06, no que o Noia se proclamou campión da 1ª Autonómica. Nesa ocasión o Baio viaxara a Noia moi mermado, con varios xuvenís, e recibiu unha boa malleira: 6-0. Xogara no equipo de Chema: Martín II (Iván 62'), Gerardo, Ramón, Torrila (Mel 72'), Chino, Playa, Mario, Sito, Sousa, Martin (Javi 62'), Héctor.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 4º)
C. D. BAIO - PORTEÑO C. F.
Sábado 25 de xaneiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
CADETE (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
SP. ZAS - C. D. BAIO
Sábado 25 de xaneiro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: San Andrés (Zas).
INFANTIL (1ª AUTONÓMICA - GRUPO 3º)
CORME C. F. - C. D. BAIO
Domingo 26 de xaneiro; 10:30 horas.
Saída de Baio ás 09:00 horas.
Campo: O Cairo (Corme).
ALEVÍN/ BENXAMÍN/PRE-BENXAMÍN (FS-C. BERGANTIÑÁ)
C. D. BAIO - CONCELLO DE PONTECESO
Sábado 25 de xaneiro.
Alevín A (10:00 h) / Alevín B (10:50 h)
Benxamín (11:40 h) / Pre-benxamín (12:30 h)
Pavillón Polideportivo de Baio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario